DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2005 Páx. 2.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de xaneiro de 2005 pola que se crean e modifican determinados ficheiros de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer por medio dunha disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou no diario oficial correspondente.

A posta en marcha do Sistema de Publicación e Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Siplex) fai necesaria a creación deste ficheiro, co obxecto de regularizar e adecuar este á normativa legal vixente en materia de protección de datos, de acordo co establecido no mencionado artigo 20.

Por outra banda, mediante esta disposición, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública modifica e adecua os ficheiros da súa responsabilidade creados mediante a orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 146, do 27 de xullo de 1994.

A Xunta de Galicia, dentro do Proxecto de Reforma Administrativa, desenvolveu un Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) con destino a todas as consellerías e delegacións provinciais da Xunta de Galicia, que permite definir, de maneira global, a problemática da xestión de procedementos administrativos desde o punto de vista de todos os axentes involucrados nestes: cidadáns, xestores e directivos.

Os ficheiros que soportan este sistema son SXPA, SXPA-XEST e SXPA-SUBVEN (información xenérica, específica e subvencións do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos). A responsabilidade destes está compartida entre a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (como órgano encargado da racionalización e mellora dos procedementos e organización administrativa, normalización e estandarización documental) e as consellerías titulares de cada un dos procedementos (atendendo á titularidade da competencia de cada un dos procedementos administrativos que lle corresponde por razón de materia).

En consecuencia, e de acordo ao artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, dispoño:

Primeiro.-Créanse, modifícanse e adecúanse os seguintes ficheiros, que se detallan no anexo:

Ficheiro:

1. Siplex: ficheiro de nova creación.

2. Catálogo recursos informáticos: ficheiro de nova creación.

3. SXPA-SUBVEN: ficheiro de nova creación.

4. SXPA: ficheiro preexistente.

5. SXPA-XEST: ficheiro preexistente.

6. RAC: ficheiro preexistente.

7. Axudas: ficheiro preexistente.

8. Finanzas: ficheiro preexistente.

9. Fondo: ficheiro preexistente.

10. Listas: ficheiro preexistente.

11. OP-CON92: ficheiro preexistente.

12. OP-ESP92: ficheiro preexistente.

13. OP-XER92: ficheiro preexistente.

14. RPT (uso Función Pública): ficheiro preexistente.

15. TR2: ficheiro preexistente.

16. Ssus.Dbf: ficheiro preexistente.

17. RPT (uso Inspección Servizos): ficheiro preexistente.

Os ficheiros denominados Alumnos INEF, Cursos EGD, Participantes en Deporte Escolar, Registro de Clubs, Alumnos CGTD pasan a depender da Dirección Xeral para o Deporte, adscrita á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude da nova repartición de competencias entre departamentos da Xunta de Galicia.

Segundo.-Os titulares responsables destes ficheiros adoptarán as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, a que se refiren os anexos só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos exerce as funcións de responsable de seguridade do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos, do Siplex, do Catálogo de Recursos Informáticos e do RAC, funcións definidas no Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal.

Quinto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Sexto.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2005.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Ficheiros de nova creación

1. Ficheiro: Siplex, Sistema de Publicación e Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro.

Xestión completa da contratación administrativa por medios telemáticos, desde a publicación da licitación ata a sinatura do contrato.

b) Persoas sobre as cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigadas a subministralos.

Licitadores que presentan ofertas a concursos, usuarios internos do sistema autorizados á publicación de concursos e interesados en recibir información a través dunha lista de subscrición.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

A información é recollida a través da web institucional da Xunta de Galicia para licitadores e interesados e a través da intranet para usuarios internos.

d) Estrutura básica do ficheiro.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo postal, enderezo electrónico e sinatura electrónica.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos dependente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Organización e Sistemas. Edificio administrativos de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Básico.

2. Ficheiros: catálogo de recursos informáticos.

a) Finalidade do ficheiro.

Xestión completa do catálogo de recursos informáticos da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

b) Persoas sobre as cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigadas a subministralos.

Responsables e contactos de cada equipo.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través dunha aplicación informática para o efecto.

d) Estrutura básica do ficheiro.

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, teléfono de contacto.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos dependente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Organización e Sistemas. Edificio administrativo de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Básico.

3. Ficheiro: SXPA-SUBVEN.

a) Finalidade do ficheiro.

Xestión e seguimento de información de cada expediente tramitado, de contido económico, polo Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos con destino a todas as consellerías e delegacións provinciais da Xunta de Galicia.

b) Persoas sobre as cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Cidadáns que solicitan á Xunta de Galicia a tramitación de procedementos administrativos.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Formularios de solicitude en papel ou vía telemática.

d) Estrutura básica do ficheiro.

Datos de carácter identificativo: DNI, NIF ou CIF, nome e apelidos, enderezo postal, número de teléfono.

Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

Datos de circunstancias sociais: características de aloxamento, vivenda, pertenza a clubs, asociacións, licenzas, permisos, autorizacións.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións.

Datos de información comercial: actividades e negocios.

Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, datos bancarios, datos económicos de nómina, subsidios, beneficios.

Datos de transaccións: bens e servizos recibidos polo afectado.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Responsabilidade compartida entre a Consellería da Presidencia, Relacións Institucións e Administración Pública e a consellería titular de cada procedemento.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Edificio administrativo de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Nivel medio.

ANEXO II

Ficheiros modificados

4. Ficheiro: SXPA.

a) Finalidade do ficheiro.

Xestión e seguimento xeral dos procedementos administrativos con destino a todas as consellerías e delegacións provinciais da Xunta de Galicia.

b) Persoas sobre as cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Cidadáns que solicitan á Xunta de Galicia a tramitación de procedementos administrativos.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Formularios de solicitude en papel ou vía telemática.

d) Estrutura básica do ficheiro.

Datos de carácter identificativo: DNI, NIF ou CIF, nome e apelidos, enderezo postal, número de teléfono.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Responsabilidade compartida entre a Consellería da Presidencia, Relacións Institucións e Adminis

tración Pública e a consellería titular de cada procedemento.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Consellería da Presidencia, Relacións Institucións e Administración Pública. Edificio administrativo de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Nivel básico.

5. Ficheiro: SXPA-GEST.

a) Finalidade do ficheiro.

Xestión e seguimento de información específica de cada expediente tramitado polo Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos con destino a todas as consellerías e delegacións provinciais da Xunta de Galicia.

b) Persoas sobre as que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Cidadáns que solicitan á Xunta de Galicia a tramitación de procedementos administrativos.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Formularios de solicitude en papel ou vía telemática.

d) Estrutura básica do ficheiro.

Datos de carácter identificativo: DNI, NIF ou CIF, nome e apelidos, enderezo postal, número de teléfono.

Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

Datos de circunstancias sociais: características de aloxamento, vivenda, pertenza a clubs, asociacións, licenzas, permisos, autorizacións.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións.

Datos de información comercial: actividades e negocios.

Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos, rendas, datos económicos de nómina.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Responsabilidade compartida entre a Consellería da Presidencia, Relacións Institucións e Administración Pública e a consellería titular de cada procedemento.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Consellería da Presidencia, Relacións Institucións e Administración Pública. Edificio administrativo de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Nivel básico.

6. Ficheiro: RAC.

Modifícase o ficheiro RAC control de acceso aos edificios de San Caetano coa nova denominación RAC, control de acceso aos edificios administrativos da Xunta de Galicia e modifícase a finalidade deste ampliando o seu ámbito, segundo se indica a continuación.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestionar o acceso aos edificios administrativos da Xunta de Galicia de persoal non acreditado.

7. Ficheiro: Axudas.

Modifícase o ficheiro Axudas nas epígrafes Responsable de ficheiros e descrición deste, segundo se indica a continuación.

-Responsable do ficheiro: Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral da Presidencia.

-Descrición: xestión de axudas orientadas a persoas ou familias moi necesitadas.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible: nivel básico.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, transferencias de datos que se prevexan a países terceiros: ningunha.

Modificacións dos seguinte ficheiros:

Os seguintes ficheiros, enumerados na seguinte táboa e creados no DOG número 146, do 30 de xullo de 1994, modifícanse e complétanse engadindo as epígrafes que se mencionan a continuación, cuxa redacción queda da seguinte maneira:

-Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible: nivel básico.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, transferencias de datos que se prevexan a países terceiros: ningunha.

8. Fianzas.Entidade con información das oposicións á escala de finanzas da Xunta de Galicia.Xestión de oposicións á escala de finanzas.

9. Fondo.Entidade con información relativa ao Fondo Social da Xunta de Galicia.Xestión do Fondo Social da Xunta de Galicia.

10. Listas.Entidade con información relativas ás listaxes reguladas da Xunta de Galicia.Xestión das listaxes reguladas da Xunta de Galicia.

11. OP-CON92.Entidade con información relativa a oposicións a confrarías de pescadores.Oposicións a confrarías de pescadores.

12. OP-ESP92.Entidade con información relativa a oposicións a corpos especiais.Xestión das oposicións a corpos especiais da Xunta de Galicia.

13. OP-XER92.Entidade con información relativa ás oposicións a corpos xerais.Oposicións a corpos xerais da Xunta de Galicia.

14. RPT.Grupo de entidades con toda a información para a xestión das relacións de postos de traballo.Xestión de persoal da Xunta de Galicia.

15. TR2.Grupo de entidades con toda a información para a xestión de concursos na Xunta de Galicia.Xestión de concursos na Xunta de Galicia.

16. Ssus. Dbf.Subscritores do Diario Oficial de Galicia.Xestión de subscricións.

17. RPT.Datos persoais da relación de postos de traballo da Xunta de Galicia.Xestión e inspección de persoal funcionario e laboral.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA