DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2005 Páx. 2.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de febreiro de 2005 pola que se anuncia a convocatoria da campaña Entre nós, en galego.

Obxectivos.

A Dirección Xeral de Política Lingüística, na liña de fomentar o uso da lingua galega, de acordo co establecido na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, anuncia a convocatoria da campaña de normalización lingüística Entre nós, en galego, estruturada esencialmente en tres grandes obxectivos:

1. Que a sociedade valore o feito de posuír unha lingua propia como unha riqueza cultural e un patrimonio histórico que cómpre conservar.

2. Contribuír a prestixiar a lingua galega, tanto polo seu valor referencial da nosa identidade como por ser o noso principal elemento de comunicación cos falantes do mundo.

3. Impulsar o uso da lingua galega nas nosas comunidades escolares.

Accións.

1. Publicidade en lingua galega. Concurso de cartel e lema; dirixido a alumnos/as de educación infantil, primaria e secundaria.

2. Concurso de relato curto; dirixido a alumnos de educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

3. Concurso de poesía; dirixido a alumnos de educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

4. Certame de recitado de poemas; dirixido a alumnos e centros de educación infantil, primaria e secundaria.

5. Certame de contacontos; dirixido a alumnos e centros de educación infantil, primaria e secundaria.

6. Certame de teatro; dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundaria.

7. Certame de música; dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundaria.

8. Concurso de revistas escolares; dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundaria.

9. Concurso anuncio para a televisión; dirixido a alumnos/as de educación primaria e secundaria.

10. Concurso anuncio para a radio; dirixido a alumnos/as de educación primaria e secundaria.

Pagamento.

O gasto ocasionado por esta campaña financiarase con cargo á partida orzamentaria 07.06.353E.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, aprobados pola Lei 13/2004, do 29 de decembro. A contía máxima, no que fai referencia aos premios que se lles entre

garán aos centros educativos, será de 232.400 A (douscentos trinta e dous mil catrocentos euros).

Bases comúns para todos os concursos.

Primeira.-Para cada unha das fases do concurso constituirase un xurado dos premios que se lles anunciará a todos e cada un dos centros educativos.

Segunda.-Os traballos premiados e a documentación sinalada nas bases dos concursos enviaranse aos respectivos gabinetes de normalización lingüística das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, preferentemente por correo electrónico, nos prazos que figuran nas respectivas bases específicas dos concursos.

Terceira.-A participación nos concursos e certames implica a total aceptación das bases.

Cuarta.-Prazos.

Marzo de 2005: resolución da fase nos centros.

Marzo-abril de 2005: data de remate da entrega dos traballos da fase provincial.

Abril-maio de 2005: resolución da fase provincial.

Maio de 2005: entrega de premios da fase provincial.

Maio de 2005: resolución da fase autonómica.

Maio-xuño de 2005: entrega de premios da fase autonómica.

Os traballos entenderanse desestimados de non resolverse esta convocatoria no prazo de seis meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

1. Bases específicas para o concurso de cartel e lema.

Bases:

Primeira.-Poderán participar todos os alumnos dos centros de educación infantil, primaria e secundaria, públicos e privados, mesmo da Galicia exterior.

Segunda.-A elaboración do cartel e do lema farase de maneira individual.

Terceira.-O tema será o da lingua galega (coñecemento, usos, actitudes, prexuízos, promoción, factores culturais, afectivos...). Os traballos enviaranse por correo en tamaño A4 e poderanse enviar tamén por correo electrónico ou gravados nun disquete en formato dixital.

Cuarta.-Os traballos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. O equipo de normalización recibirá os exemplares orixinais e realizará unha selección previa dos traballos presentados. O xurado constituído no centro determinará cáles son os traballos premiados (un por ciclo educativo).

Quinta.-Establécense os seguintes premios para os distintos niveis educativos:

Premios por provincia: serán outorgados polas respectivas delegacións provinciais.

Educación infantil e 1º ciclo de primaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1200 euros1 orden. persoal e 1 impresora

2150 euros1 ordenador persoal

3100 euros1 equipo de música

12-1 discman

Educación primaria (2º ciclo).

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1200 euros1 orden. persoal e 1 impresora

2150 euros1 ordenador persoal

3100 euros1 equipo de música

12-1 discman

Educación primaria (3º ciclo).

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1200 euros1 orden. persoal e 1 impresora

2150 euros1 ordenador persoal

3100 euros1 equipo de música

12-1 discman

Educación secundaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1200 euros1 orden. persoal e 1 impresora

2150 euros1 ordenador persoal

3100 euros1 equipo de música

12-1 discman

Premios autonómicos: nesta fase só participarán os primeiros premios do ámbito provincial e serán outorgados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Haberá tamén premios especiais para a participación da Galicia exterior.

Educación infantil e 1º ciclo de primaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1300 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1200 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1150 euros1 equipo de música

Educación primaria (2º ciclo).

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1300 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1200 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1150 euros1 equipo de música

Educación primaria (3º ciclo).

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1300 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1200 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1150 euros1 equipo de música

Educación secundaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1300 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1200 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1150 euros1 equipo de música

2. Bases específicas para o concurso de relato curto.

Bases:

Primeira.-A elaboración do relato farase de maneira individual, en galego normativo e poderá conter ilustracións.

Segunda.-O tema será libre, a extensión mínima de 4 folios e a máxima de 10 (a dobre espazo). Os traballos entregaranse, preferentemente, en formato dixital (documento de Word ou Wordperfect) e poderanse enviar por correo electrónico ou gravados nun disquete.

Terceira.-Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. O equipo de normalización recibirá os exemplares orixinais e realizará unha selección previa dos traballos presentados. O xurado constituído no centro determinará cales son os traballos premiados, un para ESO e outro para ESPO.

3. Bases específicas para o concurso de poesía.

Bases:

Primeira.-A elaboración dos poemas farase de maneira individual, en galego normativo e poderá conter ilustracións.

Segunda.-O tema versará sobre calquera aspecto da realidade sociocultural de Galicia e a extensión mínima será de 24 versos. Os traballos entregaranse, preferentemente, en formato dixital (documento de Word ou Wordperfect) e poderanse enviar por correo electrónico ou gravados nun disquete.

Terceira.-Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. O equipo de normalización lingüística recibirá os exemplares orixinais e realizará unha selección previa dos traballos presentados. O xurado constituído no centro determinará cales son os traballos premiados, un para ESO, e outro para ESPO.

4. Bases comúns para os concursos de relato curto e poesía.

Primeira.-Poderán participar todos os alumnos de educación secundaria de Galicia dos centros públicos e privados, mesmo da Galicia exterior.

Segunda.-Establécense os seguintes premios para os niveis de educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria:

Premios por provincia: serán outorgados polas respectivas delegacións provinciais.

Educación secundaria obrigatoria (ESO).

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1200 euros1 orden. persoal e 1 impresora

2150 euros1 ordenador persoal

3100 euros1 equipo de música

12-1 discman

Educación secundaria postobrigatoria (ESPO).

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1200 euros1 orden. persoal e 1 impresora

2150 euros1 ordenador persoal

3100 euros1 equipo de música

12-1 discman

Premios autonómicos: nesta fase só participarán os primeiros premios do ámbito provincial e serán outorgados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Haberá tamén premios especiais para a participación da Galicia exterior.

Educación secundaria obrigatoria (ESO).

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1300 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1200 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1150 euros1 equipo de música

Educación secundaria postobrigatoria (ESPO).

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1300 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1200 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1150 euros1 equipo de música

Terceira.-Os traballos premiados no ámbito autonómico serán publicados na internet, a través da páxina institucional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5. Bases específicas para o concurso anuncio para televisión.

Primeira.-A técnica será libre e admitirase a montaxe de imaxes, debuxos, animación por ordenador ou calquera outro modelo audiovisual que permita a súa emisión en televisión.

6. Bases comúns para os concursos anuncio para radio e para televisión.

Primeira.-Poderán participar, de xeito individual ou en grupo (neste caso, será o centro quen se encargue de distribuír a dotación do alumnado) os/as alumnos/as todos os alumnos de educación primaria e secundaria

de Galicia dos centros públicos, privados e privados concertados de Galicia e dos centros de fóra de Galicia que seguen programas de ensino en galego.

Segunda.-A elaboración do anuncio poderá facerse tanto de xeito individual como en grupo.

Terceira.-O tema do anuncio será a lingua galega: coñecemento, usos, actitudes, prexuízos... e, moi especialmente, a súa promoción.

Cuarta.-O anuncio debe ser inédito, realizado en galego, e non superará en ningún caso os vinte segundos de duración.

Quinta.-Establécense os seguintes premios para os niveis de educación primaria e educación secundaria:

Premios por provincia: serán outorgados polas respectivas delegacións provinciais.

Educación primaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1400 euros1 orden. persoal e 1 impresora

1300 euros1 ordenador persoal

1200 euros1 equipo de música

8-1 discman

Educación secundaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1400 euros1 orden. persoal e 1 impresora

1300 euros1 ordenador persoal

1200 euros1 equipo de música

8-1 discman

Premios autonómicos: nesta fase só participarán os primeiros premios do ámbito provincial e serán outorgados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Haberá tamén premios especiais para a participación de Galicia exterior.

Educación primaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1500 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1400 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1300 euros1 equipo de música

Educación secundaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1500 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1400 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1300 euros1 equipo de música

Os anuncios gañadores no ámbito autonómico poderán ser difundidos como cuñas publicitarias ou spots nas emisoras de radio e nas canles de televisión de ámbito galego.

7. Bases específicas para os certames de recitado de poemas e contacontos.

Bases:

Primeira.-Poderán participar todos os centros educativos de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma galega e tamén da Galicia exterior, presentando, de maneira individual (alumno/a) ou colectiva (grupo), recitados de poemas e/ou narracións orais de contos en galego nos que se valorará a calidade lingüística dos participantes, a boa dicción e a correcta ortofonía galega. Tamén se terán en conta os contidos que poidan, dalgunha maneira, incidir na maior estima da lingua galega.

Segunda.-Os textos dos poemas e contos poderán ser inéditos ou publicados con anterioridade á convocatoria deste certame.

Terceira.-O xurado terá en conta a orixinalidade do texto, o seu valor de cara á defensa da lingua, a boa dicción e a posta en escena. Poderanse acompañar con recursos audiovisuais e escénicos, sempre e cando non sexan executados en directo por persoas adultas ou alumnos/as de superior categoría a aquela na que se concursa. No caso dos contacontos, valorarase de maneira especial o que entendemos por contacontos tradicional, é dicir, un/unha alumno/a que, sen máis medios que os propios, conta unha historia.

Cuarta.-Establécense dúas categorías:

A) Para os alumnos e alumnas de centros de educación primaria.

B) Para os alumnos e alumnas de calquera modalidade de educación secundaria.

Quinta.-Os certames terán tres fases:

1ª fase, no propio centro educativo.

No caso de que nun centro educativo houbese máis dun alumno ou alumna en cada categoría, deberase facer unha selección interna para decidir que alumno ou alumna representará o centro na seguinte fase. Isto significa que un centro escolar soamente poderá presentarse aos certames de recitado de poemas e contacontos, na 2ª fase, cun único representante en cada modalidade (recitado de poemas, contacontos) e en cada unha das categorías (A, primaria; B, secundaria).

2ª fase, provincial.

De entre todas as cintas de vídeo remitidas polos centros participantes no certame, o xurado provincial seleccionará tres finalistas en cada modalidade (recitado de poemas, contacontos) e en cada categoría (A, primaria; B, secundaria), aos que se lles outorgarán os tres premios establecidos en cada provincia. Os seleccionados deberán comprometerse a participar nos actos que se organicen entre os meses de abril e maio de 2005, preferiblemente en horario lectivo. Aos ditos actos, abertos á comunidade educativa, asistirá unha representación do xurado cualificador que disporá de localidades reservadas. Deberán participar tamén nos actos finais que se desenvolverán na fase final provincial e autonómica, se así o requirise a organización.

3ª fase, autonómica.

Nesta fase participarán soamente os gañadores dos primeiros premios provinciais. O xurado autonómico

do certame, logo das representacións que realicen os finalistas, emitirá o seu ditame e proclamará os premiados do certame galego de recitado de poemas e do certame galego de contacontos. Os gañadores comprometeranse a participar no acto de finalización da campaña, no lugar e data que determine a Dirección Xeral de Política Lingüística.

Sexta.-As persoas responsables da participación dos alumnos e alumnas dos centros escolares neste certame (un por categoría e modalidade, se fose o caso) serán nomeadas polo director/a do centro por proposta do equipo de normalización lingüística. A súa participación na dita campaña será valorada pola consellería, no caso de ser membro do claustro, como un mérito para concursos de traslados, sexenios, concursos de méritos, etc., e computará 25 horas.

Sétima.-As deliberacións do xurado serán secretas e delas estenderase a acta correspondente, tanto para a proclamación dos gañadores provinciais, como para decidir os gañadores dos certames.

Oitava.-A decisión do xurado farase pública no mes de maio de 2005.

Novena.-Establécense os seguintes premios para cada un dos certames (recitado de poemas e contacontos):

Premios por provincia: serán outorgados polas respectivas delegacións provinciais.

Educación infantil e primaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1200 euros1 orden. persoal e 1 impresora

2150 euros1 ordenador persoal

3100 euros1 equipo de música

12-1 discman

Educación secundaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1200 euros1 orden. persoal e 1 impresora

2150 euros1 ordenador persoal

3100 euros1 equipo de música

12-1 discman

Premios autonómicos: nesta fase só participarán os primeiros premios do ámbito provincial e serán outorgados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Haberá tamén premios especiais para a participación de Galicia exterior.

Educación infantil e primaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1300 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1200 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1150 euros1 equipo de música

Educación secundaria.

CategoríaNº de

premios

Dotación para

o centro

Dotación para o alumnado

1300 euros1 equipo de música, 1 figura e 1 lote de libros

1200 euros1 equipo de música e 1 lote de libros

1150 euros1 equipo de música

8. Bases específicas para o certame de teatro.

Bases:

Primeira.-Poderán participar neste certame todos os grupos de teatro escolar dos centros educativos de Galicia e tamén da Galicia exterior, públicos e privados, que impartan educación infantil, primaria ou calquera modalidade de ensinanza secundaria e presenten unha obra teatral en lingua galega.

Segunda.-O grupo de actores da obra escollida soamente poderá estar formado por alumnos e alumnas. Estes deberán estar matriculados no centro educativo de referencia durante o curso 2004/2005 no nivel educativo correspondente á categoría na que participan.

Terceira.-A obra representada poderá ser inédita ou publicada con anterioridade á convocatoria deste certame.

Cuarta.-Establécense dúas categorías:

A) Para os centros de educación infantil e primaria.

B) Para os centros de educación secundaria. No caso de centros educativos nos que se impartan educación infantil, primaria e secundaria, poderán presentarse nas dúas categorías, se así o quixesen.

Quinta.-A representación teatral ou a dramatización faranse en lingua galega e terán unha duración mínima de 12 minutos, na categoría A (infantil e primaria), e de 25 minutos, na categoría B (secundaria).

Sexta.-Os grupos de teatro escolar que desexen participar no certame terán que comunicarllo, antes do día 1 de abril de 2005, ao gabinete de normalización lingüística da súa provincia. Para iso, deberán achegar unha cinta de vídeo coa gravación da representación da obra coa que participan no certame.

Sétima.-O certame terá tres fases:

1ª fase, no propio centro educativo.

No caso de que nun centro educativo houbese máis dun grupo de teatro en cada categoría, deberase facer unha selección interna para decidir que grupo representará o centro na seguinte fase. Isto significa que un centro escolar soamente poderá presentarse ao certame de teatro, na 2ª fase, cunha única obra en cada unha das categorías (A, infantil e primaria; B, secundaria).

2ª fase, provincial.

De entre todas as cintas de vídeo remitidas polos centros participantes no certame, o xurado provincial seleccionará tres representacións en cada categoría ás que se lles outorgarán os tres premios establecidos en cada provincia. Os grupos seleccionados deberán comprometerse a representar a obra nas instalacións do seus centros, ou ben nas que se dispoñan para a ocasión, entre os meses de abril e maio de 2005, preferiblemente en horario lectivo. Á dita representación, aberta á comunidade educativa, asistirá unha

representación do xurado cualificador, que disporá de localidades reservadas. Os grupos escolares que participen no certame tamén comunicarán a data que prefiren para representar a peza, aínda que esta deberá fixarse definitivamente en coordinación co gabinete de normalización lingüística de cada delegación provincial para facilitar a asistencia do xurado.

3ª fase, autonómica.

Nesta fase participarán soamente os gañadores dos primeiros premios provinciais. O xurado autonómico do certame, logo das representacións que realicen os finalistas, emitirá o seu ditame e proclamará o grupo gañador do certame galego de teatro escolar. Os gañadores comprometeranse a representar de novo a obra nos actos de finalización de campaña, no lugar e na data que determine a Dirección Xeral de Política Lingüística.

Oitava.-Establécese unha dotación económica global de 45.000 euros para repartir entre todos os grupos participantes, na fase provincial nas dúas categorías, que non acaden ningún dos premios establecidos na base común primeira.

9. Bases específicas para o certame de música.

Bases:

Primeira.-Poderán participar neste certame todos os solistas ou grupos musicais dos centros educativos de Galicia, públicos e privados, mesmo da Galicia exterior que impartan educación infantil, primaria ou calquera modalidade de ensinanza secundaria e presenten unha canción con letra en lingua galega.

Segunda.-O solista, ou os membros do grupo, se é o caso, alumnos do centro educativo de referencia, deberán estar matriculados durante o curso 2004/2005 no nivel educativo correspondente á categoría na que participan.

Terceira.-A canción que interpreten poderá ser orixinal ou unha versión dunha xa editada con anterioridade á convocatoria deste certame. O xurado terá en conta a presenza nas letras das cancións de contidos que poidan, dalgunha maneira, incidir na maior estima da lingua galega.

Cuarta.-Establécense dúas categorías:

A) Para os centros de educación infantil e primaria.

B) Para os centros de educación secundaria.

No caso de se inscribir neste certame algún alumno ou grupo procedente dun conservatorio ou dunha escola de música, concorrerá fóra de concurso a un premio especial, cunha dotación que se contempla na base novena.

Quinta.-Os solistas ou grupos musicais poderán interpretar calquera estilo musical. A única condición que se require é que a letra da canción (obrigatoria) sexa en lingua galega.

Sexta.-No caso dos grupos musicais, estes poderán estar constituídos por alumnos e alumnas de diferentes cursos, sempre que se respecte a base segunda.

Sétima.-Os solistas ou grupos que desexen participar no certame terán que comunicarllo, antes do día 1 de abril de 2005, ao gabinete de normalización lingüística da súa provincia. Para iso, deberán achegar unha cinta de vídeo formato VHS ou CD formato dixital

DVD coa gravación da interpretación musical e a partitura coa letra da canción.

Oitava.-O certame terá tres fases:

1ª fase, no propio centro educativo.

No caso de que nun centro educativo houbese máis dun solista ou dun grupo musical en cada categoría, deberase facer unha selección interna para decidir qué solista ou grupo representará o centro na seguinte fase. Isto significa que un centro escolar só poderá presentarse ao certame musical na 2ª fase cunha única canción en cada unha das categorías (A, infantil e primaria; B, secundaria).

2ª fase, provincial.

De entre todas as cintas de vídeo ou CD en formato dixital ou DVD remitidas polos centros participantes no certame, o xurado provincial seleccionará tres interpretacións en cada categoría ás que se lles outorgarán os tres premios establecidos en cada provincia. Os solistas ou grupos seleccionados deberán comprometerse a interpretar a canción nas instalacións que se dispoñan para o desenvolvemento da fase final provincial. A dita actuación desenvolverase no mes de maio de 2005, preferiblemente en horario lectivo. Á dita representación, aberta á comunidade educativa, asistirá unha representación do xurado cualificador, que disporá de localidades reservadas.

3ª fase, autonómica.

Nesta fase participarán soamente os gañadores dos primeiros premios provinciais. O xurado autonómico do certame, logo das actuacións que realicen os finalistas, emitirá o seu ditame e proclamará o grupo gañador do certame de música. Os gañadores comprometeranse a representar de novo a obra nos actos de finalización de campaña, no lugar e na data que determine a Dirección Xeral de Política Lingüística, se así o dispuxese.

Novena.-Establécese unha dotación económica global de 28.000 euros en accésits, que se repartirá entre todos os participantes na fase provincial nas dúas categorías que non acaden ningún dos premios establecidos na base común primeira, entre aqueles grupos ou alumnos procedentes de conservatorios ou escolas de música e aqueles que acheguen cancións inéditas para o certame musical.

10. Bases comúns para os certames de teatro e de música.

Primeira.-Premios.

Premios por provincia: serán outorgados polas respectivas delegacións provinciais. As dotacións económicas serán para os centros educativos.

Educación infantil e primaria.

CategoríaNº de premiosDotación para o centro

1700 euros

1500 euros

1400 euros

Educación secundaria.

CategoríaNº de premiosDotación para o centro

1700 euros

1500 euros

1400 euros

Premios autonómicos: nesta fase só participarán os primeiros premios do ámbito provincial e serán outorgados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. As dotacións económicas serán para os centros educativos.

Educación infantil e primaria.

CategoríaNº de premiosDotación para o centro

1700 euros

1500 euros

1400 euros

Educación secundaria.

CategoríaNº de premiosDotación para o centro

1700 euros

1500 euros

1400 euros

Segunda.-A persoa responsable do grupo de teatro e/ou de música será nomeada polo director/a do centro por proposta do equipo de normalización lingüística. A súa participación na dita campaña será valorada pola consellería, no caso de ser membro do claustro, como un mérito para concursos de traslados, sexenios, concursos de méritos, etc., e computará 25 horas.

Terceira.-As deliberacións do xurado serán secretas e delas estenderase a acta correspondente, tanto para a proclamación dos gañadores provinciais, como para decidir o gañador do certame.

Cuarta.-A decisión do xurado farase pública no mes de maio de 2005.

11. Bases específicas para o certame de revistas escolares.

Bases:

Primeira.-Poderán participar todos os centros da Comunidade Autónoma de Galicia -públicos e privados, escolas unitarias de ensinanza primaria, centros de ensinanza secundaria, centros integrados, escolas oficiais de idiomas, centros de educación de adultos, centros rurais agrupados- que o desexen e que veñan editando regularmente calquera tipo de revista do que habitualmente se denomina prensa escolar, e mesmo da Galicia exterior.

Segunda.-Para os efectos do concurso, enténdese por prensa escolar galega calquera publicación impresa, multicopiada en impresora ou mediante fotocopias, redactada, montada, organizada e distribuída dentro das actividades da vida escolar dun centro de ensino e que estea redactada integramente en galego.

Terceira.-Establécese unha dotación económica global de 38.000 euros en accésits para repartir entre os centros participantes na fase provincial nas dúas categorías (distribuídos proporcionalmente segundo a participación en cada provincia), que non acaden ningún dos premios establecidos na base cuarta.

Cuarta.-Establécense os seguintes premios para os niveis de ensinanza primaria e de ensinanza secundaria:

Premios por provincia: serán outorgados polas respectivas delegacións provinciais. As dotacións económicas serán para os centros educativos.

Á mellor revista publicada no curso 2004-2005:

Educación primaria.

CategoríaNº de premiosDotación para o centro

11.200 euros

1 600 euros

1 300 euros

Educación secundaria.

CategoríaNº de premiosDotación para o centro

11.200 euros

1 600 euros

1 300 euros

Premios autonómicos: nesta fase só participarán os primeiros premios do ámbito provincial e serán outorgados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. As dotacións económicas serán para os centros educativos.

Á mellor revista publicada no curso 2004-2005:

Educación primaria.

CategoríaNº de premiosDotación para o centro

11.500 euros

11.200 euros

1 900 euros

Educación secundaria.

CategoríaNº de premiosDotación para o centro

11.500 euros

11.200 euros

1 900 euros

Quinta.-Os centros que desexen participar deberán enviar, antes do día 30 de abril de 2005, un exemplar do número publicado durante o curso escolar 2004-2005, ao gabinete de normalización lingüística da delegación provincial correspondente.

Sexta.-Todos os exemplares recibidos constituirán un fondo de hemeroteca escolar coa que se poderá

facer unha exposición itinerante polos centros que o soliciten.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Política Lingüística para ditar as instrucións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Enderezos dos gabinetes de normalización lingüística provinciais aos que se ten que enviar a documentación dos diferentes concursos:

A Coruña.

Gabinete de Normalización Lingüística.

Delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Rúa Salvador de Madariaga, s/n. 15008 A Coruña.

manuel.rico.verea*xunta.es

Teléfono: 981 18 48 98-981 18 47 20.

Lugo.

Gabinete de Normalización Lingüística.

Delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Edificio administrativo Rolda da Muralla, 70. 27071 Lugo.

fernando.vazquez.cadahia*xunta.es

Teléfono: 982 29 41 62.

Ourense.

Gabinete de Normalización Lingüística.

Delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Rúa Concello, 11. 32004 Ourense.

gnl.ou.ceoug*xunta.es

Teléfono: 988 38 66 60.

Pontevedra.

Gabinete de Normalización Lingüística.

Delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Rúa Montero Ríos, s/n. 36001 Pontevedra.

rosario.iglesias.rua*xunta.es

Teléfono: 986 80 59 71.