DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2005 Páx. 2.389

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 17/2005, do 13 de xaneiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en obras de albanelaría.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2212/1993, do 17 de decembro, establece o título de técnico en obras de albanelaría e as súas correspondentes ensinanzas mínimas e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, epígrafe 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao seu contorno sociocultural.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se

dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se require do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xaneiro de dous mil cinco.

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico en obras de albanelaría, regulado polo Real decreto 2212/1993, do 17 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son as que se establecen na epígrafe 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións, os criterios de realización e o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen na epígrafe 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece na epígrafe 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan na epígrafe 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan na epígrafe 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan na epígrafe 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan na epígrafe 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nas epígrafes 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por teren superada a formación profe

sional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato que se especifican na epígrafe 4.3.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece na epígrafe 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen nesta epígrafe serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpriren, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de xaneiro de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: obras de albanelaría.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Organizar e realizar os traballos de obras de albanelaría, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e construción de conducións lineais sen presión, en condicións de seguridade e calidade establecidas, com

probando e dispondo os medios de seguridade na obra.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar e comprender a información e, en xeral, toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións e ao control dos traballos de obras de albanelaría.

* Executar as obras de impermeabilización, pechamentos e particións, revestimentos e conducións lineais sen presión, cubertas e coberturas de edificios, preparando e mantendo as ferramentas, os medios e os materiais, con observación constante das medidas de seguridade necesarias e conseguindo a calidade establecida.

* Realizar as operacións de montaxe e desmontaxe de medios auxiliares e de seguridade, e comprobar a súa correcta instalación.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases do proceso produtivo en que se está involucrado.

* Executar de xeito autónomo un conxunto de accións de contido politécnico e/ou polifuncional, no marco das técnicas propias da súa profesión e baixo métodos establecidos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou precedentes definidas dentro do ámbito da súa competencia, e consultar as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Organizar e distribuír os traballos e os medios para obras de albanelaría, cubertas, impermeabilizacións, revestimentos e conducións lineais sen presión, distribuíndo as cargas de traballo, instruíndo as cuadrillas, controlando a produción e coordinando os traballos de albanelaría cos doutros oficios.

* Administrar e xestionar unha pequena empresa ou taller de construción, e comercializar os produtos, cumprindo as obrigas legais que lle afecten.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instrucións claras con rapidez, e informando e solicitándolles axuda aos membros que proceda do equipo, cando se produzan continxencias na operación.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.

* Manter relacións fluídas cos membros do equipo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e dos subordinados.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

O técnico en obras de albanelaría integrarase previsiblemente nun equipo de traballo do seu mesmo nivel de cualificación (formado por técnicos de obras de formigón e de acabados de construción) ou ben poderá traballar integrado nun equipo de impermeabilizadores, xeseiros, telladores, etc., aínda que, debido á súa polivalencia tecnolóxica e formación, poderá desempeñar a coordinación ou a dirección destes traballos baixo a dirección dun mando intermedio que, á súa vez, dependa do responsable da execución (xefe de obra), dos que dependerá organicamente.

Este técnico é autónomo nas seguintes funcións ou actividades:

* Disposición e instalación de medios auxiliares normalizados. Comprobación e disposición dos medios de seguridade previstos no plan. Execución dos traballos programados e segundo os planos de obra. Elaboración de partes de traballo. Preparación e mantemento de ferramentas e operacións de fin de xornada.

Pode ser asistido en:

* Definición dos métodos para a execución. Interpretación da documentación gráfica. Toma de mostras para control de calidade. Preparación dos equipamentos e das instalacións auxiliares. Resolución de continxencias ou detalles non previstos na documentación gráfica.

Debe ser asistido en:

* Comprobación de replanteos. Disposición e instalación de medios auxiliares especiais. Supervisión da seguridade. Supervisión da calidade acadada. Localización e organización dos grupos de obra. Secuenciación e temporalización dos procesos.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar os traballos de obras de albanelaría.

2. Construír pechamentos e particións de fábrica.

3. Construír e impermeabilizar cubertas.

4. Realizar revestimentos continuos conglomerados.

5. Realizar conducións lineais sen presión.

6. Comprobar os medios de seguridade previstos no plan.

7. Realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar os traballos de obras de albanelaría.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1Materializar convenientemente os replanteos da súa competencia e sinalar os traballos diarios de acordo con eles.* Os elementos de apoio para materializar o replanteo foron convenientemente afianzados no terreo e postos suficientemente lonxe da área de traballo e das zonas de abasto para permitir a circulación, manobras e operacións do persoal de obra e da maquinaria.
* As indicacións gráficas, resultado do replanteo, son claras, lexibles e estables.
* O replanteo axústase ás medidas do plano coa precisión requirida.
* Os replanteos complementarios refírense sempre aos fundamentais, co obxecto de mínimizar os erros.
1.2Acondicionar os lugares de traballo, organizando a súa localización e sinalando zonas de abasto de acordo co plan de seguridade de obra, de forma que se facilite o traballo e se aproveiten optimamente os espazos e os percorridos.* Afianzouse convenientemente a sinalización dos traballos, de maneira que quedara suficientemente visible, mesmo de noite, pechara toda a área de posibles riscos e permanecera operativa o tempo necesario.

* Materializouse o valado coa antelación prevista, de maneira que cercara totalmente o solar, tivera a altura mínima esixida e dispuxera de entradas independentes para maquinaria e persoal de obra.

* Detectáronse, sinalizáronse e acoutáronse todas as instalacións existentes e, en caso necesario, desviáronse ou anuláronse en tempo e forma adecuados.
* Contivéronse, esteáronse ou estabilizáronse eficazmente os terreos e as construcións lindantes.
* Dispuxéronse coa antelación suficiente á execución dos traballos as medidas de protección colectiva, tales como redes ou viseiras, de maneira que permitiran o seu desenvolvemento e se axustaran ás especificacións do plan de seguridade de obra.
* Ilumináronse e ventiláronse suficientemente os lugares de obra, que dispoñen nas súas inmediacións de zonas de provisión de materiais apropiadas, seguras e abastecibles.
* Instaláronse e dispuxéronse para a súa utilización os medios auxiliares necesarios, tales como estadas, plataformas, escaleiras ou elevadores.
* Dispuxéronse as instalacións provisionais de obra, manténdose en tempo e forma segundo se especifica no plan de seguridade.
* Comunicáronse coa prontitude necesaria os traballos de acondicionamento e as continxencias acontecidas para posibilitar a súa supervisión, resolución ou obtención de licenzas e permisos preceptivos.
* Sinalizáronse convenientemente os camiños de rodaxe previstos para a maquinaria, manténdose operativos todo o tempo e posibilitando a evacuación das augas procedentes de filtracións ou da chuvia.
1.3Adaptar, establecer ou modificar a produción, segundo a magnitude da obra, axeitando o ritmo dos traballos e a provisión de materiais á marcha xeral da obra.* Determináronse correctamente as características dos equipos e das cuadrillas necesarias para conseguir o rendemento esperado.

* A planificación a curto prazo considera os parámetros específicos de cada traballo (puntos de parada e inspección obrigatoria, tempos de espera e de fraguado, elaboración de xuntas, etc.), os equipos, as cuadrillas e os medios auxiliares precisos, ademais de procurar a óptima utilización dos recursos e diminuír os tempos mortos de espera.

* No caso de alteracións na marcha dos traballos, procuráronse alternativas razoables e/ou intercambios de recursos.
* Evitouse a falta de subministracións, xa que o control das provisións permitiu a súa prevención.
1.4Distribuír diariamente as cargas de traballo entre as cuadrillas de albanelaría, documentándoas sobre o traballo que cómpre realizar e instruíndoas sobre os riscos inherentes a el e a súa prevención.* Distribuíronse adecuadamente os equipos nos lugares de obra, e supervisáronse as provisións e os medios necesarios.

* Incrementáronse ou diminuíronse os equipamentos en función das necesidades de produción especificadas na planificación dos traballos.

* Comunicáronse in situ, clara e concisamente as ordes de traballo, especificando o método proposto, os procedementos adecuados e as características cualitativas e cuantitativas da produción que se debía acadar mediante planos de obra e planos de detalle.

RealizaciónsCriterios de realización

* Extraéronse do plan de seguridade de obra os riscos previstos inherentes ao traballo específico que cumpría realizar, completáronse, de ser o caso, e comunicáronselles oportunamente aos operarios.
1.5Controlar e comunicar diariamente a produción acadada polas cuadrillas de albanelaría, resumindo os partes de traballo, contrastándoos cos rendementos esperados, e informando o responsable do seguimento da planificación de obra.* Controlouse coa periodicidade necesaria o rendemento real dos equipos en obra, axustándose, de ser o caso, a produción ao establecido.

* Os resumos dos partes de traballo conteñen a información suficiente para identificar os equipamentos empregados, a unidade de obra acometida, a parte executada e a produción prevista.

* Comunicáronselle oportunamente ao responsable do seguimento da planificación as desviacións na execución, con indicación das posibles causas, e propuxéronse alternativas razoables para as corrixir.

* Propuxéronse, de ser o caso, sistemas de execución alternativos para aproveitar convenientemente os recursos e mellorar a produción, con indicación dos procedementos que para empregar, os medios necesarios e unha primeira análise de custos.
* Supervisáronse as operacións de principio e fin de xornada, compilando, para a súa tramitación, os partes de incidencias e de petición de materiais, equipamentos ou repostos.
1.6Realizar, ao seu nivel, ensaios de obra, obtendo e custodiando mostras de materiais de acordo co especificado no plan de calidade.* Obtivéronse as mostras ou probetas polos procedementos especificados e/ou normalizados, identificáronse convenientemente, almacenáronse e entregáronse para o seu control, de acordo cos plans de mostraxe.
* Comunicáronse oportunamente os resultados dos ensaios de obra e probas de carga e, de ser o caso, suspendéronse preventivamente os traballos ou rexeitáronse as partidas pertinentes.
* Comprobouse que os selos de homologación dos produtos ou materiais recibidos cumpriran as especificacións esixidas no plan de calidade de obra; arquiváronse e transmitíronselle ao responsable da execución, rexeitándose as partidas non conformes.
1.7Valorar axeitadamente traballos obxecto de subcontratación a partir das especificacións do proxecto, realizando as medicións de obra precisas.* O conxunto de unidades de obra contempla os traballos que se vaian realizar.

* Ordenáronse adecuadamente as unidades de obra en capítulos e expresáronse de xeito claro e conciso, de maneira que contiveran o criterio de medición oportuno e se axustaran ás especificacións.

* Reflectíronse claramente no documento correspondente as medicións obtidas sobre os planos ou na obra, e situáronse na unidade de medida, permitindo a súa comparación.
* Os prezos descompostos están axustados aos rendementos establecidos e ás especificacións da unidade de obra medida.
* Os capítulos de obra e o cadro resumo de capítulos están debidamente totalizados.
1.8Coordinar as axudas de albanelaría precisas a outros oficios, posibilitando a execución de acabados e instalacións, solicitando oportunamente a supervisión ou a autorización precisa e resolvendo ou comunicando as continxencias que se presenten.* Planificáronse e comunicáronse en tempo e forma necesarios os traballos de axuda a oficios para posibilitar a súa execución, reducindo os tempos de espera entre oficios e acondicionando os lugares de obra coa suficiente antelación.

* As rozas, os pasos e os rexistros para as instalacións non comprometen a estabilidade de muros ou tabiques e permiten o tendido dos condutos.

* Prevíronse, identificáronse e respectáronse os ocos de paso en elementos estruturais.

* Realizáronse as ancoraxes sobre elementos con suficiente capacidade portante, axustándose ao replanteo ou patróns de montaxe coa tolerancia admisible e permitindo a recepción de estruturas auxiliares, equipamentos ou instalacións.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Útiles, ferramentas e instrumentos simples para replanteos. Aparellos sinxelos para ensaios de obra e probas de carga. Medios de protección individual e colectiva. Medios auxiliares. Instalacións provisionais. Talleres de obra. Máquinas e ferramentas específicas.

Materiais e produtos intermedios.

* Distribución de cargas de traballo e recursos. Control da produción. Valoración dos traballos para sub

contratar. Informes periódicos. Organización da axuda a oficios.

Procesos, métodos e procedementos.

* Procedementos de replanteo. Métodos de programación gráfica. Normas para a recepción de materiais. Normas para a realización de ensaios de obra e probas de carga. Interpretación de proxectos. Dosificación de morteiros e formigóns.

Información, natureza, tipo e soporte.

* Plano de obra. Planificación de obra. Plan de seguridade de obra. Plan de calidade de obra.

2.5.2. Unidade de competencia 2: construír pechamentos e particións de fábrica.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1Preparar e manter ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e os medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica, e redactáronse clara e concisamente os partes de traballo.

* As ferramentas, os materiais e os medios auxiliares son os axeitados e, unha vez rematado o traballo, recóllense e almacénanse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas consideradas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas, mantendo libre de riscos a zona de traballo e colaborando con outros oficios sen entorpecer o seu labor.
2.2Replantear muros, tabiques e elementos de fábrica, conseguindo a distribución requirida.* Pasáronse convenientemente os niveis e sinaláronse de xeito claro e indeleble.

* Realizouse o replanteo sobre a superficie limpa e materializouse de xeito estable, conforme as medidas do plano.

* Apromáronse as miras, recibíronse ben e escantilláronse respecto ao nivel de obra, para sinalizar fiadas e ocos de acordo cos planos.
2.3Preparar morteiros de agarre, conseguindo as características especificadas.* O tipo e o tamaño do árido, o aglomerante, a auga e os aditivos utilizados foron os especificados.

* A dosificación do morteiro foi a consignada na memoria.

* A mestura foi homoxénea, coa consistencia axeitada, na cantidade requirida e coa suficiente antelación á súa utilización.
2.4Levantar muros, tabiques e elementos de fábrica segundo especificacións técnicas, dotándoas da suficiente trabazón e illamento e en condicións de seguridade.* O aparello foi o especificado, as ringleiras son continuas e horizontais e non se empregaron pezas rotas nin defectuosas.

* Nos encontros de muros prevíronse as correspondentes xuntoiras para garantir a trabazón.

* Os ocos ou interrupcións na fábrica están axustados ás medidas e á situación marcadas no plano.
* A limpeza dos paramentos eliminou manchas e eflorescencias.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
2.5Recibir elementos complementarios conseguindo a suficiente unión ás fábricas e en condicións de seguridade.* O elemento para recibir quedou suficientemente apromado, fixado e nivelado.

* Empregáronse os medios para que o elemento recibido non se deforme por efecto das presións, como sopandas nos cargadoiros ou arriostamentos nos cercos.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

Medios de produción ou tratamento da información.

* Formigoneira e cortadora. Paleta e nivel de albanel, chumbada e cinta métrica. Medios de protección individual (casco e cinto de seguridade). Medios de protección colectiva (escadas de acceso, redes e viseiras de protección). Medios auxiliares (estadas normalizadas).

Materiais e produtos intermedios.

* Cal, xeso, cemento, auga, area de río, grava e grixo. Pedras, ladrillos, bloques prefabricados e illantes térmico-acústicos. Morteiros.

Principais resultados do traballo: produtos e/ou servizos.

* Fábricas de pechamento de pedra, ladrillo e bloque de formigón ou cerámica. Particións de ladrillo e bloque de formigón ou cerámica.

Procesos, métodos e procedementos.

* Replanteo, provisión e preparación de materiais, preparación do material de agarre.

Información: natureza, tipo e soportes.

* Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.3. Unidade de competencia 3: construír e impermeabilizar cubertas.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e os medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas, así como a documentación gráfica, e redactáronse os partes de traballo de xeito claro e conciso.

* Unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenándose correctamente as ferramentas, os materiais e os medios auxiliares, que resultaron ser os adecuados.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.
3.2Replantear a cuberta e as súas caídas, materializando pendentes e baixantes.* Pasáronse convenientemente os niveis e sinaláronse de xeito claro e indeleble.

* O replanteo axustouse ás medidas do plano, realizouse sobre unha superficie limpa e materializouse de xeito estable.

* Apromáronse ben as miras, recibíronse correctamente e escantilláronse convenientemente respecto ao nivel de obra.
3.3Preparar morteiros ou formigóns, conseguindo as características especificadas, para formación de pendentes.* O tipo e tamaño do árido, a auga, o aglomerante e os aditivos utilizados foron os especificados.

* A dosificación dos compoñentes foi a requirida.

* A mestura foi homoxénea, coa consistencia axeitada e na cantidade requirida, e realizouse coa suficiente antelación á súa utilización.
3.4Realizar a formación de pendentes segundo as especificacións, conseguindo a correcta evacuación das augas en condicións de seguridade.* O sistema de formación de pendentes utilizado correspóndese co especificado en proxecto.

* A pendente ten a inclinación requirida e verte as súas augas no lugar establecido.

* Apromáronse debidamente as mestras, que gardan entre si a separación requirida.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
3.5Construír faldróns de cuberta dispondo os illamentos especificados e en condicións de seguridade.* Respectáronse e enchéronse con material elástico as xuntas de dilatación.

* O grosor das capas de illamento e a natureza do material son os especificados.

* A inclinación dos faldróns é a requirida, e a auga discorre por elas con facilidade, sen que se produzan embolsamentos.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
3.6Impermeabilizar superficies dispondo as capas especificadas, e resolver encontros e discontinuidades en condicións de seguridade.* Realizáronse adecuadamente os solapamentos das membranas entre si e con outros corpos saíntes da cuberta.

* Respectáronse e enchéronse con material elástico as xuntas de dilatación.

* O grosor, o tipo e o número das capas son os especificados.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
3.7Recibir elementos complementarios ás cubertas (como sumidoiros ou canos) e resolver as súas unións, en condicións de seguridade.* Non quedaron poros nin fendas nas unións.

* Os corpos saíntes quedaron correctamente recollidos pola impermeabilización.

* A nivelación dos elementos foi a adecuada.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

RealizaciónsCriterios de realización

3.8Realizar a cobertura dos planos de cuberta, dispondo e fixando as placas con soporte, e en condicións de seguridade.* O sistema de fixación utilizado foi o correspondente para o material de cubrición.

* Solapáronse convenientemente as pezas.

* Uníronse correctamente as pezas entre si e con outros elementos ou corpos saíntes.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

Medios de produción ou tratamento da información.

* Mesturadora, cortadora, soprete de gas e bomba de formigonar. Paleta e nivel de albanel, chumbada e cinta métrica. Medios de protección individual, como casco, gafas, cinto de seguridade e botas antiesvarantes. Medios de protección colectiva, como escadas de acceso, redes e viseiras de protección. Medios auxiliares, como estadas normalizadas.

Materiais e produtos intermedios.

* Cemento, auga, area de río, grava e grixo. Morteiros e formigóns preparados. Ladrillos, bloques de formigón ou cerámicos, e illantes térmicos e acústicos. Formigón celular e lixeiro. La de rocha e perlita. Láminas bituminosas antihumidade. Ancoraxes. Silicona e selantes. Alcatrán. Tea metálica, pranchas de chumbo e cinc. Canos. Cravos e puntas de aceiro. Lousa e tellas de cerámica ou de cemento.

Principais resultados do traballo: produtos e/ou servizos.

* Azoteas axardinadas, non transitables e transitables. Cubertas de tella ou lousa. Impermeabilizacións en xeral.

Procesos, métodos e procedementos.

* Replanteo, provisión e preparación de materiais. Preparación do material de agarre.

Información: natureza, tipo e soportes.

* Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realizar revestimentos continuos conglomerados.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e os medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas, así como a documentación gráfica, e redactáronse de xeito claro e conciso os partes de traballo.

* Unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente as ferramentas, os materiais e os medios auxiliares, que resultaron ser os adecuados.

* As medidas de seguridade aplicadas correspondéronse coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoal e colectiva, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.
4.2Preparar superficies garantindo o agarre dos revestimentos, en condicións de seguridade.* Humectouse e limpouse convenientemente a superficie do soporte.

* Reparáronse os danos existentes e comprobouse que a superficie resultante fose plana.

* De ser o caso, solapáronse e fixáronse ben ao soporte os elementos para facilitar o agarre do revestimento continuo, como teas metálicas ou similares.
* Colocáronse e apromáronse correctamente os gardavivos previstos.
* Recibíronse ben os cercos e os ganchos de fixación.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

RealizaciónsCriterios de realización

4.3Confeccionar morteiros segundo as normas en condicións adecuadas para revocar, lucir, gornecer ou revestir superficies.* A cantidade de morteiro ou de pasta elaborada é exclusivamente a que se vai utilizar.

* Elaborouse o morteiro no momento de usalo.

* A temperatura da auga de amasado é a especificada.

* A dosificación e a plasticidade do morteiro son as especificadas.
4.4Aplicar o morteiro conseguindo o revestimento especificado coa calidade requirida e en condicións de seguridade.* O procedemento de aplicación foi o adecuado ao tipo de soporte e de morteiro.

* Cubríronse as irregularidades co mesmo tipo de morteiro.

* De seren necesarias, as mestras foron suficientes, separáronse á distancia especificada e garantiron o grao de planitude requirido.

* O revestimento final ten o grosor especificado e a planitude requirida.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
4.5Acabar a superficie do revestimento segundo as especificacións e en condicións de seguridade.* Respectáronse as xuntas estruturais.

* O sistema e as ferramentas para o acabado responderon á natureza e ao tipo do revestimento.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Proxector, compresor e mesturadora. Paleta, esparavel e trolla. Regras, niveis, pisóns e vibradores. Medios auxiliares, como estadas normalizadas. Medios de protección individual, como máscaras, cinto de seguridade, casco e gafas. Medios de protección colectiva, como escaleiras de acceso, redes e viseiras de protección.

Materiais e produtos intermedios.

* Xeso, cemento, cal, area, grava, escaiola, auga, tea metálica e resinas sintéticas. Morteiros.

Principais resultados do traballo: produtos e/ou servizos.

* Recebos de morteiro de cemento, cal ou bastardos. Gornecidos e lucidos con morteiros de xeso. Revocos de pasta de cemento, cal ou resinas sintéticas.

Procesos, métodos e procedementos.

* Replanteo, abasto e preparación de materiais. Preparación do morteiro.

Información: natureza, tipo e soportes.

* Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realizar conducións lineais sen presión.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e medios de seguridade necesarias e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas, así como a documentación gráfica e redactáronse de xeito claro e conciso os partes de traballo.

* Unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente as ferramentas, os materiais e os medios auxiliares, que resultaron ser os axeitados.

* As medidas de seguridade aplicadas correspondéronse coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.

RealizaciónsCriterios de realización

5.2Replantear o tendido de tubos e cámaras de rexistro, seguindo un trazado óptimo e nivelándoo convenientemente, en condicións de seguridade.* Pasáronse convenientemente os niveis e sinaláronse de xeito claro e indeleble, de maneira que a rasante dos condutos entre os pozos foi a especificada.

* O replanteo axustouse ás medidas do plano, realizouse sobre a superficie limpa e materializouse de forma estable.

* Apromáronse e recibíronse ben as miras, e escantilláronse correctamente respecto ao nivel de referencia.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
5.3Preparar morteiros ou formigóns, segundo especificacións, para recibidos, ancoraxes e apoios, en condicións de seguridade.* O tipo e o tamaño do árido, así como o aglomerante, a auga e os aditivos utilizados son os especificados.

* A dosificación dos compoñentes é a requirida.

* A mestura é homoxénea, coa consistencia adecuada e na cantidade requirida, e elaborouse coa suficiente antelación á súa utilización.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
5.4Colocar tubos segundo especificacións, uníndoos adecuadamente en condicións de seguridade.* A rasante dos condutos entre os pozos é a especificada.

* O diámetro e o tipo de tubo son os especificados.

* A cota da soleira é a especificada.

* O procedemento de unión é o adecuado á natureza da canalización, e elimináronse as babas.
* Os recalzamentos, os corchetes e os recheos tiveron as medidas do plano e axustáronse ás especificacións.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
5.5Construír e ensamblar cámaras segundo especificacións, conseguindo o grao de estanquidade, acceso e funcionamento requiridos, e en condicións de seguridade.* As dimensións das cámaras son as especificadas.

* O grao de estanquidade das cámaras é o requirido.

* O desnivel desde as bocas de entrada e saída dos tubos ao rexistro ou á cámara é o consignado.

* Achaiáronse debidamente co pavimento as tapas e as reixas.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.
5.6Limpar e reparar redes de condución, manténdoas en réxime operativo e en condicións de seguridade.* Realizouse a limpeza e a retirada de graxas e lodos no tempo e no xeito previstos.

* Comprobouse o funcionamento das cámaras e dos pozos coa periodicidade establecida.

* Substituíronse os elementos rotos.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Formigoneira, bomba de formigonar, compresor e bomba de achicamento. Pisóns, vibradores, paleta, esparavel, trolla, regra, escuadra e nivel de albanel, cinta métrica e chumbada. Medios auxiliares de elevación. Medios de protección individual, como casco, máscara e botas. Medios de protección colectiva, como ventilación forzada, iluminación, valas de protección e sinalización, gaiolas de evacuación rápida, esteos normalizados e escaladas de acceso.

Materiais e produtos intermedios.

* Cemento, auga, áridos e aditivos. Tubos porosos e non porosos. Ladrillos e bloques. Tapas de fundición e formigón. Pates, guías e platinas de aceiro. Rexistros e depósitos prefabricados. Morteiros e formigón.

Principais resultados do traballo: produtos e/ou servizos.

* Rede horizontal de saneamento. Rede de sumidoiros. Drenaxe. Canalizacións sen presión (teléfono, audiovisuais e electricidade).

Procesos, métodos e procedementos.

* Replanteo, nivelación, impermeabilización, limpeza e mantemento.

Información: natureza, tipo e soportes.

* Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.6. Unidade de competencia 6: comprobar os medios de seguridade previstos no plan.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas de seguridade necesarias e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas, así como a documentación gráfica, e redactáronse de xeito claro e conciso os partes de traballo.

* Unha vez terminado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente as ferramentas, os materiais e os medios auxiliares, que resultaron ser os adecuados.

* As medidas de seguridade aplicadas correspondéronse coas recollidas no plan de seguridade.
* Respéctanse as normas de seguridade persoais e colectivas, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.
6.2Comprobar a seguridade das instalacións provisionais de obra, dispondo as medidas recollidas no plan.* Comprobouse que os locais se axustasen ás normas segundo distribución, iluminación, dimensións, estado de conservación, limpeza, ventilación, temperatura e dotación de servizos hixiénicos.
* Comprobouse que a instalación eléctrica estivese sectorizada, que os cadros de distribución fosen regulamentarios e que existisen e estivesen en bo funcionamento os dispositivos de posta a terra das masas e os de corte por intensidade de defecto.
* Comprobouse o bo estado dos materiais e das conexións antes do seu uso, así como a sinalización de perigo en caso de avaría, deixando sen tensión o elemento estragado.
* O lugar e a cantidade dos abastos correspóndense coas especificacións previamente establecidas.
* O persoal que utiliza as instalacións foi debidamente instruído sobre o seu manexo e levou en cada momento os medios de protección necesarios.
6.3Comprobar periodicamente o estado de conservación e disposición dos medios auxiliares, así como os de protección colectiva, de acordo co plan de seguridade de obra.* Realizáronse correctamente as operacións de rutina diaria segundo o manual de mantemento, comunicáronse as posibles anomalías e corrixíronse as da súa competencia.

* Comprobouse que as proteccións colectivas fosen as recollidas no plan, que se axustasen á normativa, que impedisen a caída do operario durante todas as fases do traballo e que superasen as probas de carga regulamentarias.

* Comprobouse que a instalación fose realizada por persoal competente, de acordo, de ser o caso, coas normas do fabricante canto a estabilidade e dispositivos de protección e seguridade.
* O persoal que manexa cada un dos medios auxiliares foi debidamente instruído sobre o seu manexo e levou en cada momento os medios de protección individual necesarios.
6.4Comprobar periodicamente a seguridade da maquinaria, dispondo as medidas recollidas no plan.* Comprobouse o correcto funcionamento dos indicadores visuais e acústicos de manobra, coa periodicidade que indica a norma.

* Sinalizáronse e protexéronse debidamente as zonas de posible atrapamento.

* Comprobouse que os operadores das máquinas recibiran instrucións sobre os riscos do traballo que foran realizar, así como as normas de comportamento para os previr, eliminar ou reducir.
* Comprobouse que na zona de actuación das máquinas non circulasen persoas a pé e que a zona estivese debidamente sinalizada.
6.5Comprobar a seguridade nos lugares de obra, verificando o correcto emprego dos medios de seguridade previstos no plan.* O operador leva roupa de protección persoal normalizadas e foi instruído sobre os riscos do traballo que debía realizar, así como sobre o comportamento en caso de accidente.

* Acoutouse e sinalizouse permanentemente a zona de traballo, mesmo á noite, de maneira que non se permita que traballe unha soa persoa de xeito illado e en lugares recónditos.

* Comprobouse a correcta iluminación e ventilación dos lugares de obra, así como a non existencia de gases nocivos.
* Comprobouse a fortaleza e a seguridade da protección colectiva, así como que impedise a caída do operario en todas as fases do traballo, que cubrise todos os ocos, que fora instalada por persoal competente e que evitase o derrubamento e a caída dos materiais.
* Comprobouse que as subministracións de materiais ao lugar de traballo se fixeran de xeito correcto e observando todas as medidas de seguridade.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Medios de protección colectiva, como varandas, redes, escadas de acceso e viseiras de protección. Medios de protección individual, como casco, botas, luvas, gafas e cinto de seguridade. Medios auxiliares, como estadas normalizadas, plataformas de traballo, escadas, valos e sinais. Equipamentos de medida, como omniómetros, amperímetros e telurómetros. Maquinaria de obra e as súas proteccións.

Principais resultados do traballo: produtos e/ou servizos.

* Lugares de traballo coas súas proteccións colectivas instaladas. Zonas de paso e de traballo limpas e ordenadas. Operarios usando o equipo de protección persoal necesario. Máquinas traballando cos seus equipamentos e cos sinais de seguridade montados. Informes sobre causas de eventuais accidentes. Partes de traballo e de incidencias. Accesos limpos, protexidos e sinalizados. Instalación, seguimento e control de elementos e medios de protección. Uso e bo estado de conservación dos equipos individuais.

Procesos, métodos e procedementos.

* Normativa sobre seguridade e hixiene na construción. Plan de seguridade da obra. Métodos de mantemento.

Información: natureza, tipo e soportes.

* Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias. Libro de incidencias. Estatística sobre accidentes.

2.5.7. Unidade de competencia 7: realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

7.1Avaliar a posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, o volume de negocio e os obxectivos.* Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada aos recursos dispoñibles, aos obxectivos e ás características da actividade.

* Realizouse a análise previa á implantación, valorando:-A estrutura organizativa adecuada aos obxectivos.

-A localización física e o ámbito de actuación (distancia entre clientes e provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva, etc).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estrutura e a composición do inmobilizado.
-As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determinouse axeitadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e os procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, á experiencia e ás condicións actitudinais, se procede.
7.2Determinar os xeitos de contratación máis idóneos en función do tamaño, a actividade e os obxectivos dunha pequena empresa.* Identificáronse as formas de contratación vixentes, determináronse as súas vantaxes e os seus inconvenientes e establecéronse os máis habituais no sector.

* Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

RealizaciónsCriterios de realización

7.3Elaborar, xestionar e organizar a documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade, de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) elaboráronse no formato establecido pola empresa, cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas, etc).
7.4Promover a venda de produtos ou servizos mediante os medios e as relacións axeitadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tívose en conta a capacidade produtiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus produtos e dos seus servizos.

* Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permitiu establecer as canles de distribución dos diversos produtos ou servizos.
7.5Negociar con provedores e clientes, procurando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servizo posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas aos clientes tivéronse en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobramento.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.
7.6Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes atendéronse cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, resolvéronse as súas reclamacións con dilixencia e prontitude, e promovéronse as futuras relacións.
* Comunicóuselles aos clientes calquera modificación ou innovación da empresa que lles puidera interesar.
7.7Identificar en tempo e forma as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identificouse a documentación exixida pola normativa vixente.

* Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identificáronse en tempo e forma as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

Información que manexa.

* Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio e cheques.

Documentación cos distintos organismos oficiais.

* Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas, TC1, TC2 e alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

Tratamento da información.

* Terá que coñecer os trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para os realizar o propio interesado ou xa para contratar a súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado, utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

Persoas coas que se relaciona.

* Provedores e clientes. Ao ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servizos que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Menciónase deseguido unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* Prevese unha maior diversificación das actividades empresariais, ao ampliarse a gama de servizos ofrecidos, e un maior desenvolvemento das empresas especializadas en subministración de servizos. As dedicadas á instalación serán as que teñan un especial peso, co conseguinte aumento das subcontratacións. Incrementaranse tamén as actividades de rehabilitación e mantemento, o que ha paliar parcialmente as restricións de solo, así como as actividades en materia de obra civil.

* Aumento do tamaño empresarial, medido en volume de capital, o que favorecerá a competitividade empresarial, en especial de cara aos mercados internacionais. Como consecuencia da liberalización dos contratos públicos, favorecerase a asociación con empresas europeas para a realización de obras no mercado europeo, o que ha repercutir positivamente nas estruturas empresariais. Darase tamén un aumento da participación de empresas europeas na nosa estrutura empresarial, que lles permitirá operar con maior facilidade.

* Utilización de materiais e elementos de maior calidade ante a presión exercida pola Unión Europea en materia de certificación de produtos. Prevese tamén un aumento dos niveis de calidade exixidos en execución de obras.

* Penetración de novos sistemas de construción, pavimentos confortables e menos ruidosos e sistemas de prevención de contaminación dos edificios, ante a presión por cuestións de protección ambiental.

* Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención e maior exixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

O aumento dos niveis de calidade exixidos nas unidades de obra ha determinar unha actividade máis rigorosa para o seu control, baseada na comprensión e na adecuada aplicación do plan de calidade específica. Algo similar ocorrerá co plan de seguridade, do que a súa aplicación e control sistemático debe constituír unha actividade de importancia crecente.

Daranse tamén cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novos materiais e equipamentos.

2.6.3. Cambios na formación.

A formación en calidade débese enfocar a conseguir unha concepción global desta no proceso da obra e uns coñecementos en materiais, unidades de obra e medios de control que permitan a actuación sistemática neste campo e a posta ao día.

Deberase coñecer a utilidade e a instalación dos distintos medios de protección e ter unha visión global da seguridade na obra, así como un coñecemento da súa normativa e da documentación específica, que leve a ter en conta dun xeito permanente este aspecto, en todas as actuacións.

Hai outras necesidades de formación que se poderían deducir dos cambios previsibles no sector, que non parecen xeneralizables e poderían ser atendidas mediante formación ocupacional ou de posto de traballo, como poden ser: coñecemento de materiais e técnicas aplicables á rehabilitación; operacións con novos materiais; utilización de novos equipos, así como a súa influencia na organización dos lugares e grupos de obra, etc.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exercerá a súa actividade no sector da construción, na área de execución.

Os principais subsectores nos que pode desenvolver a súa actividade son:

* Edificación: edificios industriais, edificios comerciais e de servizos, edificios singulares, vivendas e rehabilitación.

* Obra civil: aeroportos, estradas, obras marítimas, obras subterráneas, ferrocarrís, conducións lineais e obras especiais.

* Outros sectores produtivos onde se realicen axudas de albanelaría aos procesos.

En xeral, grandes, medianas e pequenas empresas construtoras, e, eventualmente, de xeito autónomo como subcontratista.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións e subfuncións de produción e execución, seguridade, calidade e toma de mostras, e ensaios de obra.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo da execución de obras de albanelaría, os revestimentos continuos conglomerados, o tendido de conducións e a construción de rexistros para fluídos sen presión.

Atópanse ligadas directamente a:

* Proceso de execución: conxunto de equipamentos para a elaboración de morteiros e formigóns, para a instalación de medios auxiliares e de seguridade, para a construción de obras de fábrica, para o revestimento de paramentos con revocados e recebos, para canalización e rexistro de conducións lineais sen presión, así como técnicas e procedementos para a súa realización.

* Coñecementos das características e as propiedades dos materiais de construción (bloques, aglomerantes, áridos, aditivos, morteiros preparados, impermeabilizantes, tellas, lousa e prefabricados de formigón) para a súa correcta manipulación e colocación na obra, así como do plan de seguridade de obra para a disposición e comprobación dos medios necesarios.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Con fins de orientación profesional enuméranse deseguido ocupacións e postos de traballo que podarían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Albanel; teitador en lousa, en tella ou en asfalto; instalador de material illante; lucidor; escaiolista; revocador; colocador de tubaxes; poceiro; montador de estadas; técnico en seguridade e hixiene.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Comprender e aplicar a terminoloxía, os instrumentos, as ferramentas, os equipamentos e os métodos necesarios para a organización e a execución dos traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión.

* Interpretar a información técnica contida nos proxectos de construción e nos folletos de información das casas comerciais relacionados con materiais e métodos construtivos, así como os útiles, as ferramentas e os medios auxiliares e de seguridade que se empregan nos traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión.

* Planificar os traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión, en función do plan establecido e tendo en conta os recursos materiais e humanos dispoñibles, organizando os lugares de obra e as cuadrillas, e determinando os útiles, as ferramentas e os medios auxiliares e de seguridade que cumpran para levar a cabo o traballo.

* Definir solucións construtivas sinxelas para casos concretos de obras de pequena entidade que non requiran proxecto facultativo (tales como pequenas reparacións ou reformas), determinando os materiais, os útiles, as ferramentas e a maquinaria para empregar, así como o número de operarios e os medios auxiliares e de seguridade, elaborando o correspondente orzamento.

* Replantear obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión a partir das especificacións dos planos e das condicións particulares do replanteo, determinando as ferramentas e o método para empregar, e aplicando as técnicas de replanteo con precisión, estabilidade, claridade e seguridade.

* Preparar morteiros e formigóns adecuados ao tipo de unión ou ao uso que se lles vai dar, a partir das especificacións técnicas do proxecto e tendo en conta as peculiaridades dos equipamentos, das ferramentas e das condicións de execución, realizando todas as operacións necesarias para conseguir mesturas homoxéneas coa consistencia adecuada, na cantidade e calidade requirida e coa suficiente antelación ao seu uso.

* Realizar traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión aplicando as técnicas construtivas e a orde de execución das tarefas, con destreza, seguridade e calidade, tanto en obra nova como en traballos de reparación.

* Verificar a produción de traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión, comprobando as condicións técnicas de realización, as tomas de mostras, as unidades de obra executadas e os niveis de produción conseguidos; cumprimentar a correspondente documentación de control e relacionar as desviacións respecto do plan preestablecido coas súas posibles causas, determinando accións correctoras e solucións alternativas.

* Controlar as medidas de seguridade correspondentes aos traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión en canto ás instalacións provisionais de obra, os medios auxiliares e de protección colectiva, a maquinaria, as condicións de traballo, así como o acondicionamento e a subministración dos lugares de obra.

* Coordinar un equipo destinado a traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión, analizando a interrelación de funcións e as relacións humanas, para facer óptima a actuación profesional de todos os membros.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial para traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que poidan presentarse neles.

* Utilizar e procurar vías de información relacionada co exercicio da profesión que posibiliten o coñecemento e a inserción no sector da construción e a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización dos traballos de obras de albanelaría.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar os traballos de obras de albanelaría.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar correctamente os documentos relativos a un proxecto no relativo a modos de execución, materiais e dimensións, relacionándoos adecuadamente entre si.

* Interpretar debidamente o plan de seguridade da obra e describir as medidas e os medios necesarios para o seu cumprimento.

* Coñecer e aplicar as normas de recepción dos materiais que se utilicen na obra.

* Explicar os métodos de control de calidade para materiais, elaboración, transporte, colocación, posta en obra, terminacións, etc.

* Seleccionar do proxecto os documentos informativos necesarios para cada un dos lugares da obra: traballos de construción de obras de fábrica, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión.

* Relacionar correctamente os planos de conxunto e de detalle que especifican unha mesma unidade de obra, e interpretar correctamente as vistas e seccións que os definen.

* Determinar as medidas de seguridade, as instalacións provisionais, a clase e a localización da maquinaria, as zonas de abastecemento de materiais e as de paso, ventilación e iluminación.

* Determinar as fases de realización da obra, a partir da documentación do proxecto ou da inspección dos lugares de obra.

* Determinar os recursos humanos e materiais, os equipamentos e os medios auxiliares e de seguridade necesarios en cada fase de obra.

* Realizar esbozos de obra con indicación de cotas, tomando as medidas cos instrumentos axeitados.

* Definir claramente o plan diario de traballo, en función dos recursos, da data de entrega, do tamaño da obra e do ritmo necesario, segundo o calendario previsto.

* Organizar os lugares de obra distribuíndo as cargas e os recursos, os medios auxiliares, as instalacións provisionais, os espazos e os percorridos, coa adopción das correspondentes medidas de seguridade segundo o plan previsto.

* Repartir os traballos diarios previstos para cada cuadrilla no planeamento previsto, segundo os datos do proxecto.

* Controlar os traballos realizados diariamente e detectar as posibles desviacións entre o previsto e o realizado.

* Calcular as cubicacións de obra executada para un suposto punto de control.

* Corrixir o plan de traballo en función das desviacións ou posibles continxencias xurdidas, intentando mellorar o rendemento e aproveitar optimamente os recursos.

* Realizar informes periódicos dos partes de traballo nos que se identifique a unidade de obra acometida, os equipamentos empregados, a parte executada e a produción que estaba prevista.

* Comunicarlle oportunamente as desviacións detectadas no punto anterior ao responsable do seguimento da planificación, así como as posibles causas e as propostas de corrección.

* Detectar e definir coa suficiente antelación os detalles conflitivos que cumpra realizar, para llos comunicar adecuada e oportunamente ás cuadrillas implicadas na súa execución, levando a cabo o debido seguimento e control.

* Vixiar o cumprimento das normas de seguridade individuais ou colectivas de cada lugar da obra.

* Realizar a toma de mostras daqueles materiais que cumpra analizar no laboratorio, seguindo os procesos especificados e/ou normalizados, ademais de identificalas, almacenalas e entregalas para o seu control.

* Planificar as axudas a outros oficios, aproveitando sempre convenientemente os recursos.

* Realizar medicións das diferentes unidades de obra, sobre plano e/ou sobre obra real, de acordo cos criterios establecidos.

* Detectar erros e desviacións na medición das diferentes unidades de obra, entre o establecido no proxecto e a medición realizada na obra.

* Valorar unidades de obra partindo de medicións correctas e aplicando prezos debidamente actualizados.

* Realizar orzamentos de traballos que poidan ser obxecto de subcontratación.

Contidos (duración 320 horas)

Contidos procedementais

Representación gráfica.

* Identificación das formas e das dimensións do elemento que se represente.

* Elaboración de esbozos acoutados de detalles construtivos.

* Interpretación da simboloxía.

Realización de medicións e valoracións.

* Elección da unidade de medida máis axeitada para realizar a medición.

* Realización de medicións sobre o plano.

* Realización de medicións en obra.

* Elaboración de prezos unitarios.

* Determinación de custos da man de obra das cuadrillas de operarios.

* Realización de actualizacións de prezos.

* Valoración do custo dos capítulos.

* Valoración de partidas alzadas.

* Elaboración do orzamento de execución material.

* Elaboración do orzamento de contrata.

* Elaboración do orzamento de liquidación.

Realización de replanteos.

* Interpretación correcta dos planos.

* Elección dos útiles e dos instrumentos máis idóneos para materializar o replanteo.

* Elección do método de replanteo máis apropiado ao caso concreto.

* Realización de replanteos.

* Comprobación do traballo realizado.

Organización, seguimento e control da obra.

* Identificación das características dos traballos a partir dos planos, as memorias e o prego de condicións do proxecto.

* Determinación dos recursos humanos e materiais necesarios.

* Distribución dos recursos materiais e humanos, e dos medios de seguridade.

* Organización do procedemento de traballo en cada lugar de obra.

* Organización das operacións de albanelaría, establecendo a orde de prioridades.

* Reaxuste do proceso de execución da obra, tendo en conta as modificacións ou os cambios que se poidan producir.

* Interpretación e contraste do plan de traballo e dos partes de avance da obra para detectar as posibles desviacións e as súas causas, co fin de realizar as oportunas correccións.

Toma de mostras na obra.

* Obtención das mostras ou probetas polos procedementos especificados ou normalizados.

* Etiquetaxe das mostras ou probetas.

* Almacenaxe e custodia das probetas na obra.

* Interpretación dos resultados enviados polos laboratorios.

Contidos conceptuais

Tipoloxía de obras de construción. Traballos de albanelaría para realizar en cada tipo.

* Edificación pública.

-Edificios industriais e comerciais.

-Edificios culturais e pedagóxicos.

-Edificios de organismos oficiais.

-Edificios relixiosos.

-Edificios deportivos.

* Edificación privada.

-Edificios de vivendas: unifamiliar e plurifamiliar.

* Obra civil: estradas, pontes, ferrocarrís, túneles e obras de urbanización.

Documentos que integran o proxecto.

* Memoria.

* Planos.

* Prego de condicións.

* Orzamento.

Representación gráfica.

* Útiles e materiais de debuxo.

* Unidades de medida.

* Sistemas de representación.

* Escalas: gráfica e numérica.

* Formatos.

* Criterios e técnicas de representación.

* Esbozos: proceso, proporción e acoutación.

* Normalización.

* Simboloxía.

Medicións e valoracións.

* Instrumentos de medida.

* Criterios e formas de medición.

* Unidades de medición.

* Modos de medición en obra e sobre o plano.

* Unidades de obra.

* Capítulos.

* Prezos elementais simples e compostos.

* Prezos auxiliares.

* Orzamentos: de execución material, de contrata e de liquidación.

* Actualizacións de prezos. Revisións.

* Beneficio industrial, gastos xerais e IVE.

Replanteos.

* Plano de replanteo.

* Instrumentos de replanteo.

* Características dun bo replanteo.

* Métodos de replanteo.

Organización e control dos traballos e dos recursos.

* Instalacións provisionais.

* Ferramentas e máquinas empregadas na construción.

* Elementos auxiliares e de seguridade.

* Plan de calidade.

* Medios de seguridade individuais e colectivos.

* Plan de seguridade. Normas de seguridade e hixiene.

* Recursos humanos.

* Traballos previos, fases, operacións e recursos dos procesos de traballo nas diferentes obras de acabado.

* Modos de elaboración do plan de traballo.

* Gráficos.

Recepción e control de calidade dos materiais empregados nos acabados.

* Recepción e almacenaxe de materiais.

* Probas dos materiais, na obra e no laboratorio.

* Criterios de toma de mostras.

* Métodos e técnicas de preparación das mostras.

* Ferramentas para a toma de mostras.

* Ensaios de laboratorio.

* Certificados e selos de calidade.

Organización dos distintos traballos de albanelaría.

* Muros.

* Divisións.

* Teitos.

* Escaleiras.

* Arcos, bóvedas e cúpulas.

* Elementos de urbanización.

* Cubertas e impermeabilizacións.

* Revocaduras, enxesados, lucidos e gornecidos.

* Redes de abastecemento e de desaugamento.

* Acondicionamento dos lugares de obra.

Contidos actitudinais

* Antelación na organización do traballo para evitar posibles imprevistos.

* Rapidez e sensatez na toma de decisións.

* Actitude crítica ante os traballos realizados, de cara a posibles melloras.

* Preocupación polo mantemento dos útiles, dos instrumentos e das ferramentas.

* Preocupación polo uso correcto das ferramentas.

* Hábito de realizar o traballo observando as normas de seguridade.

* Interese pola precisión na toma de medidas.

* Hábito de limpeza no posto de traballo.

* Interese polo mantemento de relacións fluídas cos membros do equipo.

3.2.2. Módulo profesional 2: obras de fábrica.

Asociado á unidade de competencia 2: construír pechamentos e particións de fábrica.

Capacidades terminais elementais

* Analizar e interpretar a documentación gráfica escrita relativa a obras de fábrica, distinguindo as vistas, seccións e detalles de cada tipo de obra.

* Analizar e interpretar a normativa de obrigado cumprimento e recomendada que se debe aplicar en cada caso concreto.

* Seleccionar o método de execución máis adecuado canto á orde e secuencia de traballos, para cada caso concreto, tendo en conta o tempo dispoñible e a normativa de seguridade para aplicar.

* Seleccionar as máquinas, os métodos de traballo e os medios de seguridade e/ou protección, de acordo co tipo de traballo que se realice e o plan de seguridade establecido.

* Establecer a orde de traballos canto á participación de recursos humanos e materiais, a partir da documentación do proxecto e dos partes de obra.

* Identificar os puntos críticos de realización de pechamentos e particións que inflúen no desenvolvemento da obra.

* Relacionar as propiedades físicas, químicas e mecánicas dos materiais máis empregados, co fin de empregar sempre o máis conveniente para cada caso concreto.

* Planificar as existencias e distribución do material, tanto no lugar da obra como no almacén, en función do tempo e do momento de utilización.

* Preparar as mesturas de morteiros de unión, en función da dosificación, a consistencia, a homoxeneidade e os aditivos previstos para cada caso.

* Preparar os materiais empregados nas obras de fábrica, tendo en conta o uso e as normas de seguridade.

* Replantear as obras de fábrica con claridade, precisión e estabilidade, observando as especificacións e a distribución previstas no plan de seguridade.

* Executar os traballos de construción de obras de fábrica (muros, particións, forxados, escaleiras, arcos, bóvedas e cúpulas con ladrillo, pedra ou bloque de vidro, cerámica ou de formigón), así como asegurar as bases de apoio e recibir todos os elementos complementarios de albanelaría (cercos, cargadoiros, accesorios e elementos de urbanización) colocados no seu correcto emprazamento e debidamente apromados e nivelados, identificando os sistemas de ancoraxe e respectando as xuntas de dilatación, de maneira que se consiga a calidade especificada no proxecto.

* Revisar as obras executadas, identificar os defectos e as súas posibles causas e reparalos con precisión, pulcritude, rapidez e seguridade, en función das ordes de traballo e das posibilidades técnicas, de tempo e de orzamento.

* Manter as ferramentas, os utensilios, as máquinas e os medios auxiliares en estado operativo, observando as instrucións dos manuais de uso e conservación.

* Montar e desmontar os medios auxiliares e os elementos de protección colectiva necesarios para realizar os traballos de xeito preciso e seguro.

* Coordinarse cos outros oficios que afecten ao desenvolvemento dos traballos de obras de fábrica, axustando os tempos e a forma de traballo.

Contidos (duración 350 horas)

Contidos procedementais

Materiais.

* Organización de materiais na obra.

-Recepción de materiais: comprobación de cantidades e calidades.

-Distribución dos materiais nos lugares da obra.

-Conservación dos materiais na obra.

* Elaboración de morteiros.

-Normativa para ter en conta.

-Determinación dos compoñentes do morteiros.

-Abastecemento de materiais.

-Disposición de ferramenta e maquinaria.

-Dosificación e temporalización de morteiros.

-Planificación da cadencia e volume das amasadas.

Ferramentas e maquinaria.

* Selección e análise da información técnica da maquinaria e das ferramentas.

* Selección e axuste da maquinaria e as ferramentas para empregar.

* Determinación das medidas de seguridade que atinxen a esa maquinaria e ás ferramentas.

* Utilización da maquinaria e das ferramentas.

* Detección de disfuncións.

* Limpeza, lubricación e conservación.

* Montaxe e desmontaxe de medios auxiliares.

Realización de obras de fábrica.

* Operacións previas á execución de obras de fábrica.

-Execución de derrubamentos e demolicións.

-Realización de movementos de terra e apertura de gabias e pozos.

-Execución de cimentos ou alicerces.

-Traballos de consolidación.

* Replanteo de obras de fábrica.

-Interpretación dos planos.

-Identificación de referencias externas.

-Limpeza e estabilización da superficie.

-Sinalización dos niveis.

-Replanteo dos elementos exteriores e interiores.

-Comprobacións.

* Execución de obras de albanelaría.

-Montaxe e comprobación de estadas e aparellos auxiliares e de seguridade.

-Preparación de encofrados e/ou bases de suxeición.

-Execución de obras de fábrica: elementos estruturais, pechamentos exteriores, divisións interiores, teitos e gabias.

-Axudas a outros oficios.

-Comprobacións para realizar.

Contidos conceptuais

Materiais.

* Características e compoñentes dos morteiros e dos formigóns.

-Propiedades dos seus compoñentes: aglomerantes, áridos, auga e aditivos.

-Dosificación das mesturas.

-Consistencia das mesturas.

-Métodos de fabricación.

-Normativa de obrigado cumprimento e recomendable.

* Características e compoñentes dos materiais empregados nas obras de fábrica.

-Ladrillos.

-Bloques de formigón e cerámica.

-Pedras.

-Paneis prefabricados.

-Outros.

Ferramentas e maquinaria.

* Instalacións e medios auxiliares.

* Instrumentos de replanteo.

* Maquinaria e ferramentas de obra.

* Ferramentas persoais.

* Aparellos e útiles de seguridade na obra.

* Normas de utilización, de seguridade, de mantemento e de conservación de ferramentas, máquinas e medios auxiliares.

Realización de obras de fábrica.

* Traballos previos.

-Derrubamentos e demolicións: tipoloxía, maquinaria e vertedura de refugallo.

-Os terreos: clasificación e características.

-Movemento de terras: tipoloxía, maquinaria e vertedura de refugallo.

* Cimentos e muros.

-Tipoloxía de cimentos e a súa función.

-Muros de cimento: tipoloxía e funcións.

-Medianeiras: problemas que crean.

-Recalzamento de cimentos.

* Estruturas.

-Tipoloxías estruturais; a súa función e o seu comportamento.

-Estruturas de fábrica: cerámica, bloques, pedra, etc.

-Estruturas prefabricadas.

-Estruturas de formigón necesarias nas obras de fábrica: formigón, armaduras, encofrados e nós.

-Estruturas metálicas.

-Estruturas de madeira.

-Elementos singulares: arcos, bóvedas e cúpulas.

-Solucións construtivas de todas as estruturas de fábrica.

-Patoloxías dos elementos estruturais de obras de fábrica.

* Muros de carga.

-Tipoloxías, función e condicións.

-Denominación das xuntas.

-Tipos de aparellos.

-Elementos que constitúen os muros de contención, portantes, illantes, de distribución interior, de acabado e auxiliares.

-Solucións construtivas.

-Patoloxías destes muros.

* Escaleiras e ramplas.

-Elementos que as configuran e a súa denominación.

-Tipoloxías.

-Proporcións.

-Solucións construtivas de fábrica.

Contidos actitudinais

* Orde na secuenciación de operacións que se realizan en cada tarefa.

* Orde na situación de material e ferramentas no posto de traballo.

* Preocupación pola conservación das ferramentas e da maquinaria.

* Pulcritude e esmero na execución e no acabado dos traballos.

* Hábito de comprobación visual dos traballos realizados nada máis rematar as tarefas, para detectar posibles defectos que se deban reparar no momento.

* Interese pola coordinación cos membros do equipo para mellorar a efectividade e o rendemento.

* Respecto polas normas de seguridade e prevención.

* Costume de recoller os refugallos unha vez rematada a tarefa, e de os depositar no contedor adecuado, procurando manter en todo momento a debida limpeza do posto de traballo.

3.2.3. Módulo profesional 3: cubertas e impermeabilizacións.

Asociado á unidade de competencia 3: construír e impermeabilizar cubertas.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar os planos xerais e os detalles construtivos referentes a cubertas e impermeabilizacións, a partir do proxecto de execución e dos planos de obra.

* Analizar os traballos relacionados coa construción de cubertas e impermeabilizacións, así como doutros traballos xerais propios da cubrición de edificios, describindo os métodos de traballo máis axeitados e as medidas de seguridade que se deban adoptar.

* Seleccionar o método de execución máis axeitado para a construción de cubertas e impermeabilizacións canto á orde e a secuencia de traballo, segundo as características do traballo, o tempo dispoñible e as normas de seguridade.

* Establecer as ordes de execución de traballos de cubertas e impermeabilizacións canto á participación de recursos humanos e materiais, a partir da documentación do proxecto e dos comunicados de obra.

* Analizar, seleccionar e aplicar os útiles, as máquinas e as ferramentas, así como os métodos e os medios de seguridade e protección, en función do traballo que se realice e do plan de seguridade.

* Relacionar as propiedades físicas, químicas e mecánicas dos materiais máis empregados nos traballos de cubertas e impermeabilizacións, para poder interpretar e aplicar correctamente a selección de materiais indicados no proxecto.

* Preparar os materiais máis usuais na construción de cubertas e impermeabilizacións co tratamento máis axeitado, en función do uso e das condicións, observando as normas de seguridade.

* Preparar as mesturas de formigóns, morteiros e pastas en función da dosificación, a homoxeneidade, a consistencia e os aditivos previstos para cada mestura.

* Planificar as existencias e a localización de materiais de cubrición e impermeabilizacións no lugar de obra.

* Replantear as obras de construción de cubertas e impermeabilizacións con precisión, claridade e estabilidade, observando as especificacións e a distribución previstas no plan de seguridade.

* Construír cubertas planas, inclinadas e mixtas, con coberturas de diferentes materiais e impermeabilizacións e elementos complementarios, coa calidade

especificada no proxecto canto a cortar, fixar e colocar pezas, placas, pranchas, tiras e outros elementos complementarios, de acordo coas normas de boa construción, e tamén de cara á realización de xuntas e pendentes, así como á situación e a execución de limas, buratos e ancoraxes.

* Impermeabilizar superficies de cubertas e outros paramentos, dispondo as capas especificadas e resolvendo adecuadamente os encontros e as discontinuidades, respectando as normas de seguridade.

* Revisar as obras de cubertas e impermeabilizacións executadas, detectar os posibles defectos e as súas causas e reparalos con precisión, pulcritude, rapidez e seguridade, en función das posibilidades técnicas, do tempo e do orzamento.

* Manter as ferramentas, os utensilios, as máquinas e os medios auxiliares e de seguridade en estado operativo, observando as instrucións dos manuais de uso e conservación.

* Montar e desmontar os medios auxiliares e os elementos de protección colectiva necesarios para realizar os traballos de cubertas e impermeabilizacións.

* Coordinarse con outros oficios que afecten ao desenvolvemento dos traballos de cubertas e impermeabilizacións, axustando os tempos e o xeito de traballo.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Materiais.

* Organización de materiais na obra.

-Recepción de materiais: comprobación de cantidades e calidades.

-Distribución de materiais nos lugares de obra.

-Conservación dos materiais na obra.

* Elaboración de mesturas de morteiros e formigóns.

-Aplicación da normativa para ter en conta.

-Determinación dos compoñentes da mestura.

-Abastecemento de materiais.

-Disposición de ferramentas e maquinaria.

-Dosificación e temporalización da mestura.

-Comprobación da homoxeneidade e consistencia da mestura.

-Planificación da cadencia e volume das amasadas.

* Ferramentas e máquinas.

-Selección e análise da información técnica da maquinaria e das ferramentas.

-Selección e axuste da maquinaria e das ferramentas para empregar.

-Determinación das medidas de seguridade que atinxen a esa maquinaria e ás ferramentas.

-Utilización da ferramenta e da maquinaria.

-Detección de disfuncións e solución de problemas.

-Limpeza, lubricación e conservación.

-Montaxe e desmontaxe de medios auxiliares.

* Realización de obras de construción de cubertas e impermeabilizacións.

-Replanteo de cubertas: determinación de pendentes e situación de cumios, limas, beirís, canles, baixantes e xuntas de dilatación.

-Proceso de execución de cubertas: pendentes, xuntas, chemineas, illantes, impermeabilizantes, encontros e coberturas.

-Proceso de execución de impermeabilizacións en xeral: preparación de paramentos, imprimacións, xuntas, solapes, encontros, illantes e acabados.

Contidos conceptuais

Materiais para formación de pendentes.

* Formigóns normais e alixeirados.

-Características, aplicacións e propiedades dos morteiros e formigóns, e dos seus compoñentes.

-Dosificación, homoxeneidade e consistencia das mesturas.

-Métodos e normativa de elaboración das mesturas.

* Ladrillos: tipos, características, propiedades e aplicacións en cubertas.

* Bloques de formigón e cerámicos: tipos, características, propiedades e aplicacións en cubertas.

* Pranchas cerámicas e de formigón: tipos, características, propiedades e aplicacións en cubertas.

* Outros materiais empregados na formación de cubertas.

Materiais de cubrición.

* Características, propiedades e aplicacións dos distintos materiais que se poden utilizar para a cubrición de edificios:

-Tellas cerámicas e de formigón: distintos tipos.

-Diversos tipos de lousa. Características.

-Pranchas de fibrocemento, metal, plásticos, vidros, etc.

-Pinturas e asfaltos.

-Cantos rodados.

-Outros materiais.

Materiais illantes.

* Compoñentes do formigón alixeirado: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Placas illantes térmicas e acústicas: tipos, características, propiedades e aplicacións.

Materiais impermeabilizantes.

* Teas asfálticas: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Alcatráns e betumes: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Siliconas e outros selantes: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Pranchas de chumbo, cinc, etc.: tipos, características, propiedades e aplicacións.

Materiais complementarios.

* Cimbros.

* Correas e pontóns.

* Cangos, cangos de tesoiras.

* Rastreis.

* Taboados.

* Ganchos e outros elementos de unión e ancoraxe.

Materiais para recollida e evacuación de augas.

* Pezas de encontro de vertentes: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Canos de augas: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Sumidoiros: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Baixantes: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Elementos de suxeición.

Ferramentas e maquinaria.

* Instalacións e medios auxiliares necesarios nas obras.

* Instrumentos para o replanteo.

* Maquinaria e ferramentas necesarias nas obras de cubertas e impermeabilizacións.

* Aparellos e útiles de seguridade nas obras de cubertas e impermeabilizacións.

* Normas de utilización, seguridade, mantemento e conservación de ferramentas, máquinas e medios auxiliares utilizados nas obras de cubertas e impermeabilizacións.

Tipoloxías de cubertas.

* Funcións e requisitos exixibles ás cubertas.

* Partes e elementos das cubertas.

* Cubertas planas e inclinadas.

* Cubertas abovedadas.

* Cubertas segundo os distintos tipos de material de cubrición.

-De tellas: distintos tipos.

-De lousa: distintos tipos.

-De placas: distintos tipos.

-Outras.

* Normativa de construción de cubertas.

Solucións construtivas de cubertas.

* Formación de pendentes en cubertas inclinadas e planas: métodos de execución.

* Modos de colocación de illantes e impermeabilizantes.

* Xuntas de dilatación.

* Elementos de suxeición das cubricións á vertente: tipos e métodos de execución para cada material de cubrición.

* Modos de realización de encontros de vertentes.

-Cumios, lima convexa e lima cóncava.

-Remates e encontros con paramentos.

* Modos de colocación de pezas. Solapamentos.

* Recollida de augas pluviais para os distintos tipos de cubertas: canos de auga, baixantes e elementos auxiliares.

* Diferentes acabados de cubertas.

Solucións construtivas de impermeabilización de paramentos.

* Tipos de paramentos para impermeabilizar.

* Sistemas de impermeabilización.

* Xuntas de dilatación e puntos críticos. Encontros.

* Acabados destes paramentos.

Contidos actitudinais

* Orde na secuenciación das operacións que se realizan en cada tarefa.

* Orde na situación do material e das ferramentas no posto de traballo.

* Preocupación pola conservación das ferramentas e da maquinaria.

* Pulcritude e esmero na execución e no acabamento dos traballos.

* Hábito de comprobación visual dos traballos realizados nada máis rematar as tarefas para detectar posibles defectos que se deben reparar no momento.

* Interese pola coordinación cos membros do equipo para mellorar a efectividade e o rendemento.

* Respecto extremado polas normas de seguridade e prevención.

* Costume de recollida de desperdicios unha vez rematada a tarefa, procurando manter en todo momento a debida limpeza do posto de traballo e evitando polucionar o ambiente coa poeira xerada no alto da cuberta.

3.2.4. Módulo profesional 4: revestimentos continuos conglomerados.

Asociado á unidade de competencia 4: realizar revestimentos continuos conglomerados.

Capacidades terminais elementais

* Analizar e interpretar a documentación gráfica e escrita do proxecto relativa aos revestimentos continuos conglomerados, distinguindo as vistas, as seccións e os detalles de cada tipo de obra.

* Analizar e interpretar a normativa de uso obrigatorio e optativo para aplicar a cada caso concreto.

* Seleccionar o método de execución máis adecuado canto á orde e á secuencia de traballos, para cada caso concreto.

* Seleccionar as máquinas, os métodos e os medios de seguridade e protección, de acordo co tipo de traballo que se realice e o plan de seguridade establecido.

* Establecer as ordes de traballo canto á participación de recursos humanos e materiais, a partir da documentación do proxecto e dos partes de obra.

* Identificar os puntos críticos de realización de revestimentos que inflúen no desenvolvemento da obra.

* Relacionar as propiedades físicas, químicas e mecánicas dos morteiros máis empregados, para utilizar o máis axeitado en cada caso.

* Planificar as existencias e a ordenación do material tanto no lugar de obra como no almacén, en función do tempo e do momento de utilización.

* Preparar as mesturas dos morteiros en función da dosificación, a homoxeneidade, a consistencia e os aditivos previstos para cada unha.

* Replantear as mestras, observando as especificacións e a distribución de elementos previstas no proxecto.

* Preparar o soporte, reparándoo previamente, en caso necesario, cos materiais adecuados ata restablecer as condicións orixinais, imprimándoo e illándoo con precisión e pulcritude.

* Respectar as xuntas de dilatación, os pasos, os rexistros, os buratos e as ancoraxes, a partir do proxecto e dos criterios de realización.

* Revestir paramentos horizontais, verticais, inclinados, interiores e exteriores, mediante calquera tipo de revestimento continuo conglomerado, conseguindo a calidade especificada no proxecto.

* Revisar a obra executada para identificar os defectos e as súas posibles causas e, posteriormente, reparalos con precisión, pulcritude, rapidez e seguridade, en función das ordes de traballo e das posibilidades técnicas, de tempo e de orzamento.

* Identificar os medios de protección colectiva instalados no lugar da obra.

* Identificar os medios de protección das máquinas-ferramenta.

* Manter as ferramentas, os utensilios, as máquinas e os medios auxiliares en estado operativo, observando os manuais de uso e conservación.

* Montar e desmontar os medios auxiliares e os elementos de protección colectiva necesarios para realizar os traballos, de xeito preciso e seguro.

* Coordinarse cos outros oficios que afecten ao desenvolvemento dos traballos de revestimentos continuos conglomerados, axustando os tempos e a forma de traballo.

Contidos (duración 200 horas)

Contidos procedementais

Preparación das mesturas.

* Interpretación da normativa e instrucións de fabricación canto a materiais e a execución.

* Determinación dos compoñentes (tipo e medida): áridos, aglomerantes, auga e aditivos.

* Aprovisionamento dos materiais.

* Disposición das ferramentas e da maquinaria.

* Dosificación e temporalización da mestura.

* Planificación da cadencia e do volume das amasadas.

Manexo de útiles, ferramentas e maquinaria.

* Selección e análise da información técnica.

* Selección e axustamento de ferramentas e máquinas para empregar en cada traballo.

* Determinación das medidas de seguridade necesarias para cada traballo.

* Utilización da maquinaria específica empregada para a execución de revestimentos continuos: proxectador, compresor, mesturadora, vibrador e pisón.

* Uso das ferramentas persoais empregadas na execución de revestimentos continuos: paleta, paletiña, esparavel, trolla, regra, nivel, chumbada, cinta métrica, etc.

* Detección de disfuncións da maquinaria.

* Limpeza e lubricación da maquinaria.

* Montaxe e desmontaxe de medios auxiliares.

Realización de revestimentos.

* Montaxe de estadas.

* Distribución do material no lugar de obra.

* Reparación e/ou preparación do soporte, eliminando en caso necesario o revestimento antigo.

* Replanteo de mestras.

* Construción de arestas.

* Construción de xuntas de dilatación.

* Imprimacións e/ou aplanados dos soportes.

* Aplicación do revestimento coa técnica e acabado previsto.

* Colocación de elementos de remate ou acabado.

* Comprobación e reparación de defectos.

Contidos conceptuais

Materiais de revestimentos conglomerados continuos.

* Características e compoñentes dos morteiros: aglomerante, auga, area e aditivos.

* Tipos de morteiros e pastas, e as súas propiedades e aplicacións: de cemento, de cal, bastardos, con resinas sintéticas e de xeso.

* Dosificación de morteiros.

* Métodos de fabricación de morteiros.

* Consistencia de morteiros.

* Normativas de uso obrigatorio e optativo relativas aos morteiros.

Tipos de revestimentos e a súa execución.

* Revocado.

* Gornecido.

* Enxesado.

* Lucido.

* Técnicas de revestimento: revocado previo, á boa vista e mestrado.

* Técnicas de acabado: esparavelado, salpicado e lucido.

* Execución sobre muros: horizontais, verticais, inclinados, interiores e exteriores.

* Patoloxías propias destes revestimentos.

* Normativa de uso obrigatorio e optativo relacionada coa execución destes revestimentos.

Ferramentas, máquinas e medios auxiliares.

* Instalacións e medios auxiliares.

* Instrumentos de replanteo.

* Tipos, características, funcionamento e aplicación das máquinas e ferramentas de obra.

* Tipos, características, funcionamento e aplicación das ferramentas persoais.

* Aparellos e útiles de seguridade na obra.

* Normas de utilización, de seguridade, de mantemento e de conservación das ferramentas, máquinas e medios auxiliares.

Contidos actitudinais

Organización dos revestimentos continuos conglomerados.

* Hábito de planificar os recursos materiais e humanos necesarios coa suficiente antelación.

* Interese pola ordenación racional das operacións que se realicen en cada traballo.

* Hábito de manter a orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas nos lugares máis cómodos.

* Valoración da importancia de coordinación das tarefas co resto dos compoñentes do equipo.

* Claridade e precisión nos replanteos.

* Hábito de conservación e mantemento sistemático de ferramentas e maquinaria.

* Costume de manter limpo o posto de traballo e de verter o lixo nos lugares habilitados para este mester.

* Actitude crítica ante os métodos empregados para intentar mellorar os factores de calidade e tempo, co fin de diminuír os tempos empregados, os riscos e a fatiga física.

* Interese por comunicar as ordes con claridade e precisión.

* Valorar a importancia de tomar decisións con rapidez.

* Respecto escrupuloso das medidas de seguridade e protección.

* Autosuficiencia e seguridade na execución dos traballos individuais.

* Pulcritude no acabado dos traballos.

3.2.5. Módulo profesional 5: conducións lineais sen presión.

Asociado á unidade de competencia 5: realizar conducións lineais sen presión.

Capacidades terminais elementais

* Analizar a documentación gráfica de uso común para a realización dos traballos de condución de fluídos sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, fundamentalmente os planos xerais e os de detalles construtivos, a partir do proxecto de execución e dos planos de obra.

* Identificar as rasantes, os diámetros e as dimensións dos tubos, das arquetas, dos pozos, das cámaras e dos desniveis de entrada e saída, segundo as prescricións do proxecto.

* Interpretar a normativa de uso obrigatorio e optativo.

* Identificar os puntos críticos na realización de traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións que inflúen no desenvolvemento da obra.

* Relacionar as construcións de conducións lineais sen presión coas súas aplicacións principais, a partir da documentación gráfica do proxecto.

* Analizar os traballos relacionados coa construción de obras de condución de fluídos sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, e describir os métodos de traballo máis axeitados e as medidas de seguridade.

* Establecer as ordes de execución de traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións canto á participación de recursos humanos e materiais, a partir da documentación do proxecto e dos comunicados de obra.

* Seleccionar o método de execución máis axeitado para os traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións canto á orde e a secuencia de traballo, tendo en conta as características do traballo, o tempo dispoñible e as medidas de seguridade.

* Seleccionar as máquinas, os métodos e os medios de seguridade e protección que cómpren para acometer os traballos, en función do traballo que se realice e do plan de seguridade.

* Relacionar as propiedades químicas, físicas e mecánicas dos materiais máis utilizados nos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións.

* Preparar os materiais máis usuais nos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, en función do seu uso.

* Preparar as mesturas de formigóns, morteiros e pastas en función da dosificación, a homoxeneidade, a consistencia e os aditivos previstos para cada unha.

* Planificar as existencias e a colocación do material no lugar de obra e no almacén, segundo o tempo e o momento de utilización.

* Analizar e aplicar os útiles, as máquinas, as ferramentas e os medios auxiliares empregados nos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións.

* Manter as ferramentas, os utensilios, as máquinas e os medios auxiliares en estado operativo, observando as indicacións dos manuais de uso e conservación.

* Describir, elixir e instalar os medios auxiliares e de seguridade precisos para a realización dos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións.

* Replantear e nivelar os elementos que integran as canalizacións, segundo os planos do proxecto.

* Construír canalizacións sen presión para paso de fluídos ou como condución protectora de instalacións, coa calidade especificada no proxecto.

* Axustar tubos e construír cámaras que garantan a estanquidade prevista no proxecto, deixando expedita a canalización e asegurando os elementos de soporte, en función das normas de boa construción.

* Detectar as obturacións, a acumulación de graxa, lamas, os elementos deteriorados e os posibles defectos, visibles ou ocultos, que se poidan producir dentro das conducións sen presión.

* Identificar as posibles causas que orixinan os defectos nas conducións sen presión.

* Limpar e reparar as redes de condución sen presión e cambiar os elementos necesarios para a súa conservación.

* Verificar o funcionamento das redes de condución sen presión e das cámaras e os pozos de rexistro.

* Coordinarse con outros oficios que interveñan nos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, axustando o traballo en tempo e forma.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Materiais.

* Comprobación da recepción de materiais: calidades e cantidades.

* Disposición dos materiais no almacén e no lugar de obra.

* Tratamento, conservación e protección dos materiais dentro do recinto de obra.

Preparación de mesturas de morteiros e formigóns.

* Identificación dos tipos de mesturas para preparar.

* Determinación e aprovisionamento dos materiais necesarios.

* Interpretación da normativa aplicable.

* Disposición de ferramentas e maquinaria para utilizar nas mesturas.

* Dosificación e temporalización da elaboración das mesturas, segundo o tipo de aplicación.

* Comprobación da homoxeneidade e a consistencia da mestura.

* Previsión do ritmo, a cantidade e a frecuencia das amasadas.

Ferramentas e maquinaria.

* Selección e análise da información técnica.

* Selección e axuste das ferramentas e máquinas.

* Determinación das medidas de seguridade e protección aplicables.

* Utilización de máquinas e ferramentas.

* Inspección visual, revisión, detección de disfuncións, limpeza e lubricación.

Medios auxiliares e de seguridade.

* Colocación de valas protectoras.

* Colocación de apeos e estibacións.

Construción de canalizacións.

* Selección e interpretación da normativa de uso obrigatorio e optativo.

* Aprovisionamento dos materiais no lugar de obra.

* Replanteo e nivelación dos diferentes elementos da rede.

* Demolición de lousas e pavimentos.

* Apertura de gabias.

* Preparación de soleiras de asento de conducións.

* Colocación de conducións verticais e horizontais, e fixacións e conexións de baixantes e tubos.

* Construción de arquetas, cámaras, pozos e fosas sépticas.

* Colocación de sinais.

* Colocación de illantes e impermeabilizantes.

* Colocación de tapas e rexistros.

* Construción de obras de remate e outros elementos adicionais.

* Limpeza e reparación da rede de condución e dos distintos elementos que a compoñen.

* Comprobacións.

* Recheo e compactación.

* Reposición de lousas e pavimentos.

Contidos conceptuais

Materiais.

* Propiedades físicas, químicas e mecánicas dos materiais e dos produtos intermedios máis usuais, así como as súas aplicacións en construcións de conducións lineais.

-Materiais cerámicos.

-Fibrocemento.

-Plásticos.

-Metais.

-Outros.

* Materiais empregados para conducións lineais sen presión, segundo o seu uso.

-Tubos porosos e non porosos.

-Ladrillos.

-Bloques de formigón.

-Tapas de fundición e formigón.

-Rexistros.

-Depósitos prefabricados.

-Outros elementos complementarios.

* Morteiros e formigóns.

-Compoñentes, dosificación e consistencia para cada aplicación.

-Normativa que cómpre respectar.

Gabias.

* Replanteo e nivelación das gabias.

* Apertura de gabias.

-Demolicións de lousas e enlousados.

-Tipos de terreos.

-Maquinaria empregable.

-Secuenciación de tarefas.

* Apontoamentos e esteos:

-Normativa de seguridade aplicable.

-Tipos de esteos.

* Modos de recheo e compactación das gabias.

* Modos de reposición do acabado superficial.

Construción das canalizacións.

* Tipoloxía de gabias.

* Disposicións construtivas.

* Soleiras.

* Colocación de tubos: horizontais e verticais.

* Fixacións e conexións.

* Distancias entre as distintas redes.

* Colocación de sinais.

* Illantes e impermeabilizantes.

* Detalles construtivos de pozos e arquetas, cámaras e fosas sépticas.

Características das distintas redes.

* Saneamento.

-Esquemas de evacuación.

-Elementos da rede.

-Disposicións construtivas. Unións.

-Normativa de uso obrigatorio e optativo.

-Reparacións.

* Rede de sumidoiros.

-Augas pluviais e residuais, domésticas e industriais.

-Sistemas unitario e separativo.

-Elementos da rede.

-Disposicións construtivas. Unións.

-Tratamento das augas: fosas sépticas, depuradoras, etc.

-Normativa de uso obrigatorio e optativo.

-Reparacións.

* Canalizacións para abastecemento de fluídos sen presión.

-Tipos de redes de abastecemento.

-Conducións e elementos singulares.

-Unións e disposicións construtivas.

-Normativa de uso obrigatorio e optativo.

-Reparacións.

* Canalizacións de protección de instalacións.

-Electricidade: conducións e elementos singulares, arquetas de toma de terra, conexións e estacións transformadoras.

-Auga potable: conducións e elementos singulares, reforzos, válvulas, derivacións e hidrantes de incendios

-Gas: conducións e elementos singulares.

-Telefonía e comunicacións: conducións e elementos singulares.

-Galerías de servizo.

-Outras instalacións: industriais, hospitalarias, etc.

-Unións e disposicións construtivas.

-Normativa de uso obrigatorio e optativo.

-Reparacións.

Ferramentas, máquinas e medios auxiliares.

* Instalacións e medios auxiliares.

* Máquinas e equipamentos de posta en obra.

* Ferramentas persoais.

* Aparellos e utensilios de seguridade na obra.

* Normas de uso e de seguridade.

* Normas de mantemento e conservación.

Contidos actitudinais

* Interese pola organización persoal da secuencia de operacións para realizar, tratando de facer óptima a relación entre calidade e tempo empregado.

* Hábito de ordenación do posto de traballo, dispondo as ferramentas, os utensilios, os instrumentos e o material para utilizar sempre no lugar máis cómodo para ser empregado.

* Pulcritude no acabado dos traballos, facendo unha verificación visual sistemática dos resultados finais.

* Preocupación pola conservación das ferramentas, os utensilios e os instrumentos, realizando o mantemento máis usual, a limpeza e o engraxamento.

* Valoración do uso correcto de cada ferramenta e utensilio, segundo a operación que realizar.

* Preocupación por manter sempre a debida sinalización e protección das obras, sobre todo naqueles lugares frecuentados por persoas alleas á obra.

* Costume de realización das tarefas observando as normas legais e as recomendacións de seguridade.

* Hábito de recollida de desperdicios no contedor destinado a cada cousa, para recibir o tratamento que corresponda.

3.2.6. Módulo profesional 6: seguridade na construción.

Asociado á unidade de competencia 6: comprobar os medios de seguridade previstos no plan.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os riscos máis comúns do sector da construción, os métodos de prevención, os de protección e as medidas de seguridade empregadas, en función da normativa e dos plans de seguridade e hixiene.

* Relacionar os riscos do sector cos medios e as medidas de prevención correspondentes, como roupas de protección individual, instalacións provisionais, almacéns e talleres de obra, medios auxiliares de seguridade, maquinaria, lugares de traballo na obra, etc.

* Determinar os recursos materiais, individuais e colectivos necesarios, a partir da documentación técnica e gráfica do plan de seguridade da obra.

* Describir situacións de risco e perigo no desenvolvemento dos traballos.

* Preparar as ferramentas, os equipamentos, os materiais e os medios auxiliares, coas medidas de seguridade necesarias.

* Describir os modos de comprobar a seguridade das instalacións provisionais, dos almacéns, dos talleres e postos de traballo, dos medios auxiliares e da maquinaria, a partir de inspeccións e observacións visuais, tendo en conta o plan de seguridade da obra.

* Describir o modo de executar accións de emerxencia, de evacuación e contra incendios en diversos

supostos prácticos, en función dos plans de seguridade previamente definidos.

* Determinar os sinais necesarios e a súa situación física nos lugares de traballo da obra, en función das zonas de risco, do risco específico e da simboloxía normalizada.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Análise de riscos nunha obra.

* Situacións concretas de risco que se poden dar na obra analizada.

* Determinación de elementos implicados neses riscos.

* Medición dos riscos e valoración da súa incidencia.

* Selección da normativa aplicable neses casos concretos.

* Proposta de actuacións de prevención e protección.

Medios e equipamentos de protección e seguridade.

* Selección, segundo o risco, de equipamentos de protección individual, medios auxiliares, maquinaria e instalacións.

* Modo de utilización dos equipamentos e dos medios.

Situacións de emerxencia.

* Identificación do risco e do alcance da emerxencia.

* Determinación das prioridades das accións para realizar.

* Determinación dos obxectivos que se perseguen.

* Determinación dos recursos humanos e materiais dispoñibles.

* Asignación de funcións.

* Execución dos traballos encomendados no plan.

* Seguimento dos traballos.

* Valoración do grao de eficacia da acción levada a cabo.

* Realización de prácticas de primeiros auxilios.

Extinción de incendios.

* Identificación do tipo de lume e do seu alcance.

* Selección dos equipamentos de extinción e das medidas de protección persoal.

* Determinación das medidas de evacuación e de seguridade.

* Extinción.

Contidos conceptuais

Plans e normas de seguridade e hixiene.

* Normativa de seguridade e hixiene do sector da construción.

* Normativa de limpeza e orde no posto de traballo.

* Normativa sobre hixiene persoal.

* Plan de seguridade na obra.

* Organización dos traballadores en situacións de emerxencia. Responsabilidades.

* Almacenaxe de produtos perigosos.

Factores e situacións de risco.

* Tipos de risco más frecuentes no sector da construción.

-Por caídas (traumatismos).

-Por aparellos mecánicos ou eléctricos.

-Por derrubamentos e afundimentos.

-Por manipulación de produtos químicos ou explosivos.

* Axentes xeradores de riscos.

* Os incendios.

-Teoría do lume. Triángulo do lume.

-Tipos de lume.

-Métodos de detección.

-Medios de prevención.

* Mapa de riscos.

Sistemas e normas de protección.

* Do persoal: casco, cinto, luvas e gafas.

* Da maquinaria.

-De movemento de terras.

-De elevación.

-De tratamento de áridos.

-De fabricación e posta en obra do formigón.

-De perforación e cimentación marítima e fluvial.

* Dos medios auxiliares: estadas, cabaletes, plataformas, escaleiras, etc.

* Das instalacións complementarias: vestiarios, comedores e aseos.

* Dos talleres de obra: mecánicos, eléctricos, de soldadura e de carpintaría.

* Dos sistemas especiais: de ventilación e de evacuación de residuos.

Situacións de emerxencia.

* Extinción de incendios.

* Evacuación.

* Primeiros auxilios.

* Traslado de accidentados.

Accidentes de traballo.

* Tipos máis comúns: caídas, afundimentos, descargas eléctricas, queimaduras, incendios, inhalacións asfixiantes, explosións, etc.

* Notificación e rexistro do accidente.

* Métodos de investigación de accidentes.

* Índice de accidentes.

Contidos actitudinais

* Preocupación pola observación das normas de seguridade e pola aplicación das normas de prevención e protección sinaladas.

* Valoración da iniciativa e rapidez na toma de decisións nas actuacións para realizar en caso de accidente.

* Responsabilidade e autosuficiencia no desenvolvemento das funcións asignadas en caso de emerxencia.

* Interese pola colaboración cos compañeiros nas actuacións en casos de emerxencias.

3.2.7. Módulo profesional 7: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 7: realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identificar a forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e as características da actividade económica da empresa.

* Determinar a localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estrutura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudo de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identificar os trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identificar as fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e as axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determinar as necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formalizar a documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Definir as obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identificar os impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplicar as técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identificar as ofertas de produtos ou servizos máis vantaxosas con relación ao prezo de mercado, ao prazo de entrega, á calidade, ao transporte, ao desconto, ao volume de pedido, ás condicións de pagamento, á garantía e á atención posvenda.

* Describir as formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos exixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, con explicación das vantaxes e os inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferenzas respecto á duración do contrato, o tipo de xornada, as subvencións e as exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización dos seguintes documentos, con explicación da finalidade de cada un deles: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de produtos ou servizos existentes no mercado, en función do prezo, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de venda.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudo económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno.

* Estrutura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas.

* Forma xurídica da empresa: empresario individual, sociedades mercantís e cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa.

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios e con recursos alleos; subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal.

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa.

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial.

* Produto ou servizo: características e requisitos.

* Función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* Función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* Distribución do produto: canles e modalidades.

* Comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ao cliente e servizos posvenda.

Obrigas fiscais.

* Calendario fiscal.

* Principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos e indirectos; municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estrutura organizativa e funcional.

* Rigor na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na procura e no tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións axeitadas na procura das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do produto ou servizo.

3.3. Módulo profesional transversal.

3.3.1. Módulo profesional 8: relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describir as diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instrucións e información.

* Utilizar de xeito eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

* Analizar as relacións humanas en xeral e as establecidas no ámbito laboral, ou relacións laborais, en particular.

* Analizar os conflitos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

* Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, unhas políticas e/ou unhas directrices predeterminadas.

* Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Impulsar o proceso de motivación e analizar a súa influencia no clima laboral.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

* Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

* Identificar as alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

Negociación e solución de problemas.

* Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflito.

* Discriminar entre datos e opinións.

* Distinguir as diferentes posturas e os intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

* Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

Equipos de traballo.

* Procura e análise de información referida á formación e ao funcionamento de grupos.

* Identificación das pautas de conduta que deben adoptar os participantes nun grupo de traballo.

* Exposición das ideas propias de xeito claro e conciso.

* Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

* Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Detección do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación das diferenzas entre as principais teorías sobre a motivación.

* Distinción entre os factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo e os que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Técnicas de comunicación.

* Comunicación oral e escrita de instrucións.

* Mensaxe publicitaria.

* Comunicación como xeradora de comportamentos.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

Negociación e solución de problemas.

* Concepto e elementos dunha negociación.

* Tácticas negociadoras.

* Proceso de resolución de problemas.

* Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

Relacións humanas.

* Relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos e a solidariedade.

* Relacións laborais: teorías de Taylor, Ford e Mayo.

* Relacións humanas na empresa.

Equipos de traballo.

* Características dos grupos formais e informais.

* Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

* Papeis dos comportamentos.

* Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* Reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto de motivación.

* Principais teorías da motivación.

* Clima laboral.

* O clima laboral e a súa influencia na produtividade da empresa.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Logro da práctica da comunicación efectiva.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Capacidade para escoitar.

* Costume de falar en público.

* Reacción de xeito creativo ante as barreiras comunicativas.

Negociación e solución de problemas.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Comportamento de maneira responsable e coherente.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

Equipos de traballo.

* Recoñecemento das vantaxes do traballo en grupo fronte ao individual.

* Adaptación e integración nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes, segundo os casos.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Fomento do uso de reunións participativas.

Motivación no contorno laboral.

* Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Interese pola problemática que pode suscitar a falta de motivación e interese no traballo.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1Analizar os plans de traballo diario comprobando o rendemento obtido; distribuír adecuadamente os recursos humanos e materiais e preparar a zona de traballo para que este se poida desenvolver libremente e sen riscos.* Calcula o rendemento diario, no lugar de obra, dos recursos humanos e materiais, medindo e valorando a cantidade de obra executada.

* Distribúe os recursos segundo o rendemento esperado.

* Identifica a normativa vixente canto a controis na seguridade e na calidade da obra, e prevé os medios e os recursos necesarios para os levar a cabo.

* Realiza as operacións precisas para o replanteo diario e a preparación da zona de traballo.
2Executar nos lugares de obra reais as operacións precisas para a construción de unidades de obra de fábricas, cubertas, coberturas, impermeabilizacións, revestimentos continuos conglomerados e conducións lineais sen presión.* Obtén toda a información necesaria para organizar o lugar de obra e controlar a seguridade e a calidade.

* Elixe as ferramentas, os medios auxiliares e os equipamentos adecuados en función do lugar de obra.

* Realiza a acumulación de materiais necesarios para executar a obra.

* Dispón a zona de materiais dentro do lugar de obra, de forma segura e sen estorbar no desenvolvemento dos traballos.

* Realiza as operacións de principio e final de xornada para manter os medios e os equipamentos no estado de operatividade e dispoñibilidade óptimo.
* Executa o traballo nas condicións de calidade e seguridade establecidas, e co rendemento axeitado.
* Mantén a zona de traballo libre de riscos e cunha certa orde e limpeza.
* Coordínase cos outros oficios que precisan axudas de albanelaría, axustándose con eles en tempo e forma.
3Montar e desmontar no lugar de obra os medios auxiliares e de seguridade, tanto a nivel como en altura, así como comprobar a súa correcta utilización.* Usa as roupas e os equipamentos de protección individual necesarios para cada operación, en función dos riscos típicos do lugar de obra.

* Aplica as normas de seguridade establecidas no plan de seguridade da obra.

* Monta estadas, plataformas, escaleiras, elevadores, etc.

* Dispón as medidas de protección colectivas (redes, viseiras, etc.) axustándose ao plan de seguridade da obra.
* Sinala e acouta todas as instalacións existentes na obra.
* Comproba a ensamblaxe e a estabilidade dos distintos medios de seguridade, interpretando a documentación técnica precisa.
* Comproba o estado dos medios auxiliares e de seguridade, e redacta o correspondente informe.
4Comportarse en todo momento de xeito responsable na empresa.* Interpreta e executa con dilixencia as instrucións que recibe e responsabilízase do traballo que desenvolve, comunicándose eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.
* Amosa en todo momento unha actitude de respecto cara aos procedementos e ás normas internas da empresa.
* Cumpre cos requisitos das normas de boa práctica na construción, demostrando un bo facer profesional, cumprindo as tarefas en orde de prioridade e finalizando o traballo nun tempo límite razoable.
5Construír pechamentos e divisións de fábrica.* Replantea os distintos elementos, despois de limpar e estabilizar as superficies, para sinalar medidas e niveis de forma clara e estable.
* Prepara os morteiros e as pastas segundo as dosificacións especificadas na memoria do proxecto, coa consistencia e a homoxeneidade adecuadas, na cantidade debida e coa suficiente antelación.
* Realiza as fiadas continuas e horizontais e os encontros e as esquinas ben trabadas.
* Fixa os marcos apromados, nivelados e ben suxeitos, asegurados con trabas e puntais.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

6Construír cubertas e impermeabilizacións.* Replantea as cubertas, materializando as pendentes e as baixantes.
* Constrúe as pendentes dos faldróns coa inclinación requirida e coa evacuación de augas no lugar adecuado.
* Coloca as mestras apromadas e coa separación adecuada.
* Coloca os materiais illantes co número, tipo, grosor e solapamentos adecuados.
* Enche as xuntas de dilatación co material adecuado.
* Coloca os sumidoiros, os canos de auga e outros elementos complementarios de forma correcta.
* Coloca as pezas de cubrición convenientemente solapadas e coa fixación adecuada ao material utilizado.
7Realizar revestimentos continuos conglomerados.* Elimina o revestimento anterior de forma completa coas ferramentas e os métodos máis adecuados.
* Prepara o soporte, eliminando as irregularidades, as humidades ou outras imperfeccións.
* Coloca o revestimento sobre o soporte, xuntando as pezas e casando os debuxos, eliminando os pregues e as bolsas.
8Construír conducións lineais sen presión.* Replantea as conducións e as cámaras de rexistro.
* Coloca os tubos, comprobando os diámetros e a cota da soleira, enlazándoos de forma adecuada e recalzando e reenchendo segundo especificacións.
* Constrúe as cámaras segundo as dimensións e os requisitos especificados, comprobando os desniveis entre as bocas de entrada e saída, e rasando as tapas e as reixas co nivel do pavimento.
* Comproba o funcionamento de pozos e das cámaras coa periodicidade establecida.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analizar as actuacións para seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de Obras de albanelaría.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización dos traballos en obras de albanelaríaConstrucións civís e edificación (1)Profesorado de ensino secundario

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

2Obras de fábrica (*)Construcións civís e edificación Profesorado de ensino secundario

3Cubertas e impermeabilizacións (*)Construcións civís e edificaciónProfesorado de ensino secundario

4Revestimentos continuos conglomerados (*) Construcións civís e edificación Profesorado de ensino secundario

5Conducións lineais sen presión (*)Construcións civís e edificación Profesorado de ensino secundario

6Seguridade na construciónConstrucións civís e edificación (1)Profesorado de ensino secundario

7Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

8Relacións no equipo de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

9Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

(*) Na impartición deste módulo colaborará un profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

(1) Os profesores de ensino secundario da especialidade de debuxo -en posesión do título de arquitecto, enxeñeiro de camiños, canles e portos, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico de obras públicas ou enxeñeiro técnico en topografía- teñen competencia docente para impartir este módulo profesional, sen prexuízo da prioridade e da obriga que para impartir este módulo ten o profesorado da especialidade citada na táboa.

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Debuxo técnicoConstrucións civís e edificación Profesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Título de licenciatura en Administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciado en ciencias actuariais e financeiras; licenciado en economía: licenciado en investigación e técnicas de mercado; diplomado en ciencias empresariais, e diplomatura en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Construcións civís e edificación

-Arquitectura técnica.-Enxeñaría técnica industrial, en todas as súas especialidades.-Enxeñaría técnica en obras públicas, en todas as súas especialidades.-Enxeñaría técnica en topografía.

Formación e orientación laboral

-Diplomatura en ciencias empresariais.-Diplomatura en relacións laborais.-Diplomatura en traballo social.-Diplomatura en educación social.-Diplomatura en xestión e administración pública.

4.2. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de obras de albanelaría require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m40%

Taller de técnicas de construción240 m180 m40%

Espazo de terreo cercado ao aire libre (1)2.000 m2.000 m20%

(1) Espazo singular non necesariamente situado no centro docente.

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados deban se diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Obras de fábrica.

* Cubertas e impermeabilizacións.

* Revestimentos continuos conglomerados.

* Conducións lineais sen presión.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Obras de fábrica.

* Cubertas e impermeabilizacións.

* Revestimentos continuos conglomerados.

* Conducións lineais sen presión.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.3.3. Modalidades do bacharelato ás que dá acceso.

* Tecnoloxía.

4.4. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

320Organización dos traballos de obras de albanelaría

350Obras de fábrica

130Conducións lineais sen presión

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

4º, 5º e 6º trimestre

240Cubertas e impermeabilizacións

200Revestimentos continuos conglomerados

110Seguridade na construción

55Relacións no equipo de traballo

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.