DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2005 Páx. 2.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 3 de febreiro de 2005 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde.

A fórmula da delegación competencial é utilizada polas administracións públicas, entre elas os organismos autónomos, co fin de conseguir unha maior axilización no trámite e na resolución dos asuntos administrativos, en beneficio tanto do funcionamento da Administración como dos administrados.

Publicado o Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, que estableceu a nova estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, procede adecuar á nova estrutura do organismo alí establecida as normas de delegación existentes.

Esta delegación faise de conformidade cos principios recollidos no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (modificada por Lei 4/1999) sobre réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, e nos artigos 43 e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (modificada por Lei 11/1988, do 20 de outubro) reguladora da Xunta e do seu presidente.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro) reguladora da Xunta e do seu presidente, o artigo 3.2º do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e tendo en conta os artigos 9.b e 72.4º do Decreto lexislativo 1/1999 (modificado polas leis 5/2000, do 28 de decembro, e 8/1999, do 30 de decembro) que aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro.-Deléganse na Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde as seguintes facultades:

a) A execución dos acordos de carácter xeral do Consello de Dirección.

b) O despacho e a resolución de cantos expedientes lle estean atribuídos ao presidente por disposición legal ou regulamentaria, sempre que non estean expresamente delegados por esta orde noutra autoridade ou órgano administrativo.

c) A resolución na vía administrativa dos recursos interpostos contra as resolucións das autoridades do organismo, agás as ditadas nos expedientes sancionadores non disciplinarios, sobre materias ou asuntos cuxa resolución non estea atribuída competencialmente ou por delegación a outros órganos do Sergas.

d) A resolución das reclamacións previas ás vías xudiciais civil e social, en materia de expedientes disciplinarios, de todo o persoal do organismo autónomo.

e) A concesión de permisos ou licenzas que non teñan repercusión no capítulo I dos orzamentos, respecto do persoal dos servizos centrais, por proposta da correspondente división.

f) A autorización das comisións de servizo con dereito a indemnización, en relación co persoal da Secretaría Xeral.

g) En relación aos directores provinciais e persoal directivo de institucións sanitarias, tanto no ámbito de atención primaria como de especializada, a autorización das comisións de servizos con dereito a indemnización que se deban levar a cabo fóra da Comunidade Autónoma, así como a concesión de permisos ou licenzas que non teñan repercusión no capítulo I dos orzamentos de gastos.

h) En relación co persoal das divisións e direccións provinciais e por proposta destas, a autorización de asistencia a cursos, xornadas e, en xeral, actos de capacitación ou perfeccionamento.

Respecto do persoal directivo das institucións sanitarias, unha vez concedida a autorización a que

se refire o parágrafo anterior, a institución daralle conta aos directores provinciais da referida asistencia.

Para tal efecto, enténdese por persoal directivo os directores xerentes e demais directores e subdirectores de institucións sanitarias, tanto no ámbito da atención primaria como da especializada.

i) A autorización das vacacións anuais de todo o persoal de servizos centrais e direccións provinciais do Sergas, por proposta da correspondente división ou dirección provincial.

Segundo.-Deléganse na División de Asistencia Sanitaria as seguintes facultades:

a) A resolución, logo de información da respectiva dirección provincial, dos expedientes de reintegro de gastos aos beneficiarios de asistencia sanitaria da Seguridade Social, en contía superior a 30.000 A.

b) En relación co persoal do seu centro directivo, a autorización das comisións de servizo con dereito a indemnización.

Terceiro.-Deléganse na División de Recursos Económicos, ademais do previsto no artigo 12.3º do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, as seguintes facultades:

a) Actuar como órgano de contratación do Sergas para os concertos de asistencia sanitaria, e para os concertos sociosanitarios, e outros contratos para a prestación de servizos sanitarios.

b) A autorización do uso temporal de centros e servizos que non fosen aínda concertados.

c) En relación co persoal do seu centro directivo, a autorización das comisións de servizo con dereito a indemnización.

d) Proposta e, se é o caso, aprobación das modificacións orzamentarias que correspondan ao Sergas así como a proposta de recoñecemento de ingresos do organismo.

e) Actuar -de conformidade co disposto no artigo 13.1º do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro- como órgano de contratación do Sergas para a elaboración do expediente, adxudicación e formalización do contrato, nos expedientes que afecten unha pluralidade de centros de gasto, cando así se acorde por resolución do presidente do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo de que a súa execución corresponda a cada un dos respectivos centros de xestión.

f) Xestión e resolución das actuacións e procedementos derivados de normas regulamentarias, contratos, acordos ou convenios, exclusivamente en materia de financiamento, que lle correspondan ao Sergas, agás nas competencias atribuídas á Secretaría Xeral.

g) A resolución dos expedientes e asuntos de índole patrimonial, e a formalización dos correspondentes negocios xurídicos, así como o exercicio daqueloutras competencias en materia patrimonial atribuídas

ao presidente do organismo, agás nos supostos establecidos na alínea k) do artigo 5º desta orde.

h) A formalización dos contratos programa que se subscriban con entidades públicas con personalidade xurídica propia.

Cuarto.-Deléganse na División de Recursos Humanos, ademais do previsto no artigo 16.2º do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, as seguintes facultades:

a) A resolución dos recursos interpostos contra actos das autoridades e órganos do Sergas ditadas en materia de recursos humanos, con exclusión das previstas no alínea d) do número 1º desta orde, así como das reclamacións previas á vía xudicial laboral.

b) A convocatoria e resolución dos procesos selectivos para a cobertura de postos de traballo de persoal laboral, sen prexuízo do previsto na disposición transitoria terceira do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, en relación cos directores provinciais do Sergas.

c) A aprobación das bases xerais para as convocatorias de acceso a prazas de área de saúde, institucións e servizos sanitarios.

d) A convocatoria de probas selectivas para o ingreso nos corpos ou escalas de carácter sanitario, o nomeamento de funcionarios pertencentes aos ditos corpos e escalas, e a expedición dos correspondentes títulos, así como ditar as resolucións sobre xubilacións.

e) A convocatoria e resolución dos procesos de selección e provisión de prazas das áreas de saúde, institucións e servizos sanitarios.

f) A concesión de comisións de servizo ao persoal estatutario entre institucións dependentes do Sergas e doutros servizos de saúde, así como a adscrición daquel persoal aos servizos centrais, e a autorización para que poida pasar a prestar servizos noutras entidades ou organismos das administracións públicas.

g) A concesión das comisións de servizo de duración inferior a 3 meses, recollidas no artigo 15.7º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

h) A concesión das prestacións estatutarias referidas á acción social.

i) En relación co persoal do seu centro directivo, a autorización das comisións de servizo con dereito a indemnización.

j) En relación co persoal de servizos centrais ou direccións provinciais, a concesión de permisos ou licenzas que teñan repercusión no capítulo I dos orzamentos de gastos.

k) A declaración de situacións administrativas que non supoñan dereito á reserva de posto de traballo, así como as declaracións da situación de servizos especiais.

l) A resolución dos expedientes de modificación do cadro de persoal do Sergas que correspondan a este organismo, de conformidade co establecido na normativa vixente.

m) En relación co persoal estatutario e co persoal funcionario e laboral dependente do organismo, non incluído nas relacións de postos de traballo, a resolución en materias de réxime retributivo que correspondan ao organismo de conformidade co previsto na normativa vixente.

n) Todos aqueles actos da administración e xestión ordinaria do persoal do organismo que non fosen delegados expresamente por esta orde noutros órganos.

Quinto.-Deléganse nos directores de área ou nos seus equivalentes en relación cos seus respectivos centros de gasto, as seguintes facultades:

a) En relación co persoal non directivo dependente do centro, a autorización de comisións de servizo con dereito a indemnización, e a autorización para a asistencia a cursos, xornadas e, en xeral, actos de capacitación ou perfeccionamento.

b) En relación co persoal funcionario e laboral dependente do centro que ocupe postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo, a concesión de permisos e licenzas que non teñan repercusión na súa nómina.

c) En relación co persoal estatutario e co persoal funcionario e laboral dependente do centro non incluído nas relacións de postos de traballo, a concesión de permisos e licenzas que non excedan dun mes de duración, e as súas prórrogas.

d) A autorización para o persoal estatutario dos permisos sen soldo regulamentarios, e as súas prórrogas.

e) O nomeamento ou a contratación de persoal temporal das institucións e servizos deles dependentes logo de autorización da División de Recursos Humanos para a cobertura de prazas de cadro de persoal. A selección e o nomeamento de persoal temporal na categoría de facultativo especialista, logo de autorización da División de Recursos Humanos para a cobertura de prazas do cadro de persoal e nomeamentos de fóra de cadro de duración superior a tres meses.

f) A expedición das dilixencias de posesión, incorporación ou cesamento que, se é o caso, se produzan. Tales dilixencias notificaránselle á respectiva dirección provincial.

g) O control do horario e da asistencia e presenza física do persoal do seu centro.

h) A autorización de gastos, actos de disposición de créditos e propostas de pagamento, con cargo aos orzamentos dos seus respectivos centros, agás nos expedientes a que se refiren a alíneas a), b) e c) do artigo 3º desta orde, nos cales será competencia da División de Recursos Económicos do Sergas a retención de crédito, a autorización do gasto e os actos de disposición de crédito correspondente.

i) A actuación como órgano de contratación nos contratos imputables aos seus respectivos orzamen

tos de gastos -agás nos supostos previstos no punto anterior- que se refiran a:

-Contratos de obras ata un importe de 300.000 A, e sempre que a obra non requira informe da oficina de supervisión de proxectos por afectar a estabilidade, seguridade ou estanqueidade.

-Contratos de consultoría e asistencia, e de servizos, ben que cando a contía exceda de 300.000 A requirirá a autorización expresa da División de Recursos Económicos, e se a contía excede de 1.200.000 A requirirá autorización expresa do presidente do Sergas.

-Contratos de subministracións nas mesmas condicións previstas no parágrafo anterior, agás os contratos de subministracións mediante a modalidade de arrendamento que requirirá autorización expresa da División de Recursos Económicos cando a súa contía exceda de 60.000 A e autorización expresa do presidente do Sergas cando a contía exceda de 1.200.000 A. Na modalidade de arrendamento con opción de compra, computarase a contía prevista da opción para os efectos de determinar os importes referidos neste parágrafo.

Os contratos de subministracións mediante a modalidade de arrendamento financeiro requirirán autorización expresa do presidente do Sergas en todos os casos.

Esta delegación entenderase para a autorización de gastos, propostas de pagamento e celebración de contratacións consideradas, individual ou conxuntamente, no mesmo expediente para os diferentes centros de gasto dependentes da xerencia.

j) A celebración dos contratos administrativos especiais, logo de autorización expresa da División de Recursos Económicos.

k) A celebración dos contratos patrimoniais de concesión da ocupación de dominio público nos cales se perciba un canon pola dita ocupación, e que afecten aos edificios públicos da súa competencia, unicamente naqueles casos nos que así se acorde expresamente por resolución do presidente do Servizo Galego de Saúde.

l) A declaración de situacións administrativas que supoñan dereito a reserva de posto de traballo, agás a declaración da situación de servizos especiais. Así mesmo, resolveranse as solicitudes de reducións de xornada de conformidade coa normativa vixente.

Sexto.-Facúltanse os secretarios provinciais, xefes dos servizos de Xestión Económica e Investimentos, e directores de xestión ou os seus equivalentes nos respectivos centros de gasto, para formular as correspondentes propostas nos expedientes tramitados con cargo aos orzamentos dos seus respectivos centros de gasto, integrados no orzamento do organismo autónomo.

Sétimo.-Facúltanse os directores de xestión, ou os seus equivalentes nos respectivos centros de gasto da rede do Sergas, para levar a cabo as actuacións necesarias en materia de ingresos que deriven de

servizos prestados no ámbito do seu centro e que teñan a consideración de prezo público.

Isto sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Consellería de Economía e Facenda.

Oitavo.-As resolucións e actos administrativos emanados no uso destas delegacións respectarán os requisitos formais e limitacións establecidos no artigo 13 da Lei 30/1992 (modificada pola Lei 4/1999) sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 43 e 44 da Lei 1/1983 (modificada por Lei 11/1988) reguladora da Xunta e do seu presidente.

Disposición transitoria

De conformidade co establecido no artigo 4.3º do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, as delegacións efectuadas a prol do secretario xeral do organismo, entenderanse referidas á secretaría xeral da Consellería de Sanidade.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e cantas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2005.

José Manuel González Álvarez

Conselleiro de Sanidad

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL