DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2005 Páx. 2.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 298/2004, do 16 de decembro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 249, do 24 de decembro de 2004, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 18.055, na epígrafe B), onde di: «Déficit 3-B-hidroxiesteroide deshidroxenasa», debe dicir: «Déficit 3-b-hidroxiesteroide deshidroxenasa»; onde di: «Déficit 17-hidroxilasa», debe dicir: «Déficit 17-a-hidroxilasa», e onde di: «Déficit 11-B-hidroxilasa», debe dicir: «Déficit 11-b-hidroxilasa».