DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2005 Páx. 2.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xaneiro de 2005 pola que se aproba a modificación dos artigos 8, 11 e 49 dos estatutos da Fundación Escuelas Populares Gratuitas e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación Escuelas Populares Gratuitas, domiciliada na Coruña.

Resultando que esta fundación foi declarada institución benéfico-docente de carácter particular con data do 1 de xuño de 1912, polo Ministerio de Educación Nacional; e que por resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 4 de marzo de 1986, se aprobou a adaptación dos estatutos da fundación á lexislación vixente, encontrándose inscrita no Rexistro de Fundacións desta consellería co número 17.

Resultando que a Fundación Escuelas Populares Gratuitas solicitou ante este protectorado a modificación dos artigos 8, 11 e 49 dos estatutos, co fin de adaptalos á Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, segundo consta na certificación da súa aprobación polo padroado, con data do 10 de decembro de 2004, e na escritura pública do notario da Coruña, Francisco Manuel Ordóñez Armán, con data do 28 de decembro de 2004, co número de protocolo 4.437/04.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modificar os seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos exixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar a modificación dos artigos 8, 11 e 49 dos estatutos da Fundación Escuelas Populares Gratuitas, segundo consta na certificación do padroado de data 10 de decembro de 2004, e na escritura pública do notario da Coruña, Francisco Manuel Ordóñez Armán, con data 28 de decembro de 2004, protocolo número 4.437/04.

Segundo.-Practicar a inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrará en vigor tal cambio estatutario.

Terceiro.-A presente disposición, que pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá ser impugnada potestativamente mediante o recurso de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ou ben impugnada directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria