DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2005 Páx. 2.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xaneiro de 2005 pola que se aproba a modificación dos artigos 35 e 3 dos estatutos da Fundación Universidad de A Coruña e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación Universidad de A Coruña.

Resultando que esta fundación foi constituída o día 24 de marzo de 1997, en escritura pública outorgada ante o notario da Coruña Pablo Valencia Ces, co número de protocolo 893, figurando como anexo a esta carta fundacional os estatutos da citada fundación, coa modificación dos seus artigos 17, 26 e 28, segundo consta en escritura pública de rectificación ante o mesmo notario, con data do 13 de novembro de 1997, co número de protocolo 3.391.

Resultando que a Consellería de Presidencia e Administración Pública por Orde do 2 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), clasificou como de interese docente a Fundación Universidad de A Coruña, e foi declarada de interese galego por Orde do 3 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 29 de abril), pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que se encontra inscrita no Rexistro de Fundacións desta consellería co número 183.

Resultando que a Fundación Universidad de A Coruña solicitou ante este protectorado a modificación dos artigos 35 (co fin de adaptalos á Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado), e 3 (traslado do domicilio social) dos estatutos, segundo consta na certificación de aprobación polo padroado, con data do 18 de decembro de 2004, e na escritura pública do notario da Coruña, Nelson Rodicio Rodicio, con data do 23 de decembro de 2004, co número de protocolo 1.893.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modificar os seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos exixidos no artigo 10 da Lei 7/1983 e 32.3º e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar a modificación dos artigos 35 e 3 dos estatutos da Fundación Universidad de A Coruña, segundo consta na certificación do padroado con data do 18 de decembro de 2004, e na escritura pública do notario da Coruña, Nelson Rodicio Rodicio, con data do 23 de decembro de 2004, protocolo número 1.893.

Segundo.-Practicar a inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrará en vigor tal cambio estatutario.

Terceiro.-A presente disposición, que pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá ser impugnada potestativamente mediante o recurso de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ou ben impugnada directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria