Visto o texto acordo asinado o día 30 de novembro de 2004 pola comisión negociadora do convenio colec
tivo para o sector materiais e prefabricados da construción da provincia de Lugo (código 2700395), integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) de Lugo e das centrais sindicais M.C.A.-UGT (27%) Fecoma-CC.OO. (54,1%) e F.C.M.-CIG (16,2%) (que non asinou a acta), mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2005, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co diposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos
traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistros e depósitos de convenios colectivos de traballo. Esta delegacio provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.
Segundo.-Remitir o texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 10 de decembro de 2004.
Ana Chao Vázquez
Delegada provincial de Lugo