DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2005 Páx. 1.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 11/2005, do 20 de xaneiro, polo que se declara a Praia das Catedrais como monumento natural.

A Praia das Catedrais, situada no extremo oriental da provincia de Lugo dentro do termo municipal de Ribadeo, está constituída por unha serie de pequenos cantís e praias distribuídos en dirección leste-oeste ao longo dunha superficie de arrasamento

moi plana denominada rasa litoral cantábrica. A intensa erosión exercida polo mar sobre estes cantís, formados fundamentalmente por xistos e lousas, iníciase nas zonas de debilidade estrutural dando lugar progresivamente a un sistema de covas, bufadores e xigantescos arcos que forman un conxunto de extraordinaria beleza. Na parte superior dos cantís, os escasos predios dedicados á produción agrícola intercálanse entre unha boa representación de uceiras -toxais aerohalinos nos que destaca a presenza de Erica vagans, especie que en Galicia está restrinxida a algúns puntos do seu extremo setentrional. Estas uceiras secas costeiras de Erica vagans constitúen un hábitat prioritario segundo a Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Estes recursos naturais necesitan dunha protección que asegure a súa conservación compatible co uso público e gozo da natureza neste espazo, tal como se sinala na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandado recollido no artigo 45 da vixente Constitución española e unha necesidade para asegurar a supervivencia dos nosos ecosistemas.

A citada Lei 9/2001, do 21 de agosto, define no seu artigo 13 a figura de monumento natural como aqueles espazos ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza que merecen ser obxecto dunha protección especial, así como as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos.

As competencias en materia de protección do ambiente e da paisaxe foron conferidas á Comunidade Autónoma de Galicia polo artigo 27.30º do Estatuto de autonomía e asumidas pola Xunta de Galicia a través do Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño.

Por esta razón e por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Establécese un réxime xurídico especial para o espazo denominado Praia das Catedrais, mediante a súa declaración como monumento natural, de acordo co establecido na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Este réxime xurídico especial oriéntase á protección e conservación dos importantes valores naturais que coexisten en canto á singularidade da súa xea, fauna e flora, así como á dos seus propios ecosistemas e hábitats naturais, e beleza da súa paisaxe.

Artigo 2º

O monumento natural ten unha superficie de 28,94 ha e os seus límites, representados gráficamente no anexo I e cuxas coordenadas se relacionan no anexo II, son os seguintes:

Polo sur e no seu extremo occidental, comeza no punto no que a estrada costeira cruza o rego de Vigo, seguindo por este vial cara ao leste ata o punto con coordenadas x: 649.001,24 e y: 4.824.050,23, onde xira cara ao norte ata o punto con coordenadas x: 648.995,64 e y: 4.824.163,30, que coincide co marco número 748 do deslinde do dominio público marítimo terrestre. Desde aquí continúa polo de linde do dominio público marítimo terrestre, pasando do marco número 746 ao 736 e do 734 ao 732, ata o punto con coordenadas x: 650.029,13 e y: 4.824.415,94, coincidente co marco número 659 do deslinde. Desde aquí prolóngase mar a fóra, en dirección noroeste, ata o punto con coordenadas x: 649.952,00 e y: 4.824.516,00, seguindo cara ao oeste ata o punto con coordenadas x: 649.096,00 e y: 4.824.340,00 e prolongándose ata o punto con coordenadas x: 648.430,00 e y: 4.824.400,00. Desde aquí, cara ao sur, ata a desembocadura do rego de Vigo, seguindo pola marxe dereita do seu leito ata a estrada

costeira.

Artigo 3º

No ámbito do monumento natural da Praia das Catedrais establécense as seguintes medidas de protección:

1ª O réxime xurídico aplicable aos terreos pertencentes ao dominio público marítimo-terrestre e das súas zonas de servidume verá determinado pola Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas e polo seu regulamento de desenvolvemento e execución (R.D. 1471/1989, do 1 de decembro), e as normas urbanísticas aplicables, sen prexuízo das prohibicións que se establezan con carácter xeral para todo o ámbito do monumento natural.

2ª Prohíbese en todo o ámbito do monumento natural:

a) Os campamentos e acampadas.

b) Os desmontes e terrapléns.

c) Os vertedoiros e verteduras de calquera tipo.

d) As queimas.

e) A colocación de anuncios publicitarios, agás os que teñan relación coa defensa e sinalización do propio monumento natural.

f) A extracción de area.

g) A instalación de infraestruturas que menoscaben a calidade paisaxística do contorno.

h) Os aproveitamentos mineiros da xea presente na área.

i) A construción de edificacións permanentes de calquera tipo.

j) A recolección de especies de flora e fauna silvestre sen autorización da Consellería de Medio Ambiente.

3ª Fóra dos camiños e vías existentes, só se permitirá o estacionamento e circulación de vehículos e maquinaria propios da actividade agrícola, forestal ou para o servizo das instalacións públicas existentes.

4ª Quedarán prohibidas ademais, todas aquelas accións que poidan supoñer a destrución ou alteración dos hábitats naturais identificados na área como de especial interese ou prioritarios de acordo co disposto na Directiva 92/43/CEE.

Artigo 4º

A Consellería de Medio Ambiente instará a suspensión de toda actividade que non dispoña de autorización preceptiva, non se axuste ás condicións desta ou incumpra as prescricións deste decreto.

Artigo 5º

A infracción do réxime de protección establecido para o monumento natural no artigo 3 deste decreto e nas normas que se deriven do plano de conser

vación que o desenvolve, serán sancionadas de acordo co disposto na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza ou nas normas que, se é o caso, a substitúan ou demais disposicións que a teor da natureza da infracción resulten aplicables.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Medio Ambiente para ditar as disposicións necesarias para desenvolver este decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO II

Coordenadas UTM dos límites descritos no artigo 2º (mar e marcos do deslinde do dominio público marítimo terrestre):

MarcoXY

Mar 1648.430,004.824.400,00
Mar 2649.096,004.824.340,00
Mar 3649.952,004.824.516,00
659650.029,134.824.415,94
660649.994,904.824.413,45
661649.968,564.824.419,04
662649.952,774.824.406,01
663649.934,084.824.406,31
664649.879,374.824.396,15
665649.873,564.824.384,03
666649.872,964.824.368,49
667649.866,614.824.365,57
668649.851,084.824.373,57
669649.776,014.824.355,45
670649.779,094.824.346,93
671649.868,394.824.323,79
672649.871,574.824.310,32
673649.845,724.824.306,59
674649.791,914.824.323,61
675649.740,574.824.337,29
676649.719,964.824.324,93
677649.691,714.824.314,12
678649.693,984.824.295,73
679649.743,404.824.262,54
680649.803,564.824.246,42
681649.831,734.824.184,54
682649.801,814.824.177,02
683649.792,644.824.169,25
684649.768,004.824.189,16
685649.753,334.824.196,35
686649.727,584.824.203,84
687649.722,434.824.218,13
688649.697,444.824.225,35
689649.682,854.824.218,59
690649.645,644.824.219,37
691649.618,394.824.194,33
692649.604,714.824.201,41
693649.620,914.824.246,63
694649.603,594.824.252,49
695649.606,654.824.291,76
696649.594,294.824.344,29
697649.554,544.824.338,30
698649.537,214.824.329,25
699649.514,304.824.338,18
700649.492,374.824.334,73
701649.460,774.824.340,10
702649.434,924.824.310,66
703649.372,404.824.288,42
704649.333,234.824.253,93
705649.342,594.824.238,66
706649.344,394.824.217,79
707649.296,614.824.191,58
708649.289,264.824.202,09
709649.289,344.824.217,05
710649.282,874.824.237,49
711649.290,014.824.250,90
712649.285,884.824.258,06
713649.257,744.824.242,75
714649.253,644.824.231,51
715649.243,144.824.228,80
716649.241,044.824.231,40
717649.228,664.824.223,42
718649.217,504.824.209,60
719649.209,284.824.209,07
720649.187,764.824.219,49
721649.177,404.824.236,49
722649.171,264.824.234,63
723649.164,674.824.237,48
724649.145,464.824.222,35
725649.145,564.824.208,52

MarcoXY

726649.169,274.824.191,72
727649.191,934.824.185,49
728649.191,664.824.176,73
729649.175,754.824.173,37
730649.166,374.824.183,99
731649.140,994.824.181,87
732649.123,044.824.188,06
734649.106,774.824.168,36
735649.099,294.824.164,58
736649.094,424.824.165,22
746649.082,414.824.165,22
747649.027,434.824.164,55
748648.995,644.824.163,30
Terra 1649.001,244.824.050,23