DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2005 Páx. 1.883

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xaneiro de 2005 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Música de Tui (Pontevedra).

O Conservatorio Profesional de Música de Tui vén impartindo as ensinanzas de grao medio de música, con carácter provisional, en virtude do disposto na disposición transitoria sétima do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, BOE do 28 de abril.

Realizadas polo Concello de Tui as obras necesarias para adaptar as instalacións aos requisitos mínimos previstos no artigo 15.1º do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), créase o dito conservatorio por Decreto 304/2004, do 2 de decembro, (DOG do 28 de decembro).

Polo anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Música de Tui segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-Facúltanse as direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa e a de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as medidas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tui.

Localidade: Tui.

Enderezo: avda. da Concordia, s/n.

Código: 36024306.

Titular: Concello de Tui.

Denominación: Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Postos escolares autorizados: 180 grao medio.