DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2005 Páx. 1.828

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 31 de xaneiro de 2005 pola que se desenvolve o Decreto 134/2001, do 7 de xuño, se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións ao funcionamento das unidades de promoción e desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para 2005.

A Comunidade Autónoma de Galicia, desde o 1 de xaneiro de 1998 e mediante o Decreto 289/1997, ten asumida, xunto coa doutras medidas activas de emprego, a transferencia da xestión das unidades de promoción e desenvolvemento e que, ata esa data, lle correspondía ao Instituto Nacional de Emprego, hoxe Servizo Público de Emprego Estatal.

Como consecuencia da nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida a través do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e en virtude do previsto polo Decreto 301/2004, do 22 de decembro, correspóndelle á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a xestión da totalidade das políticas activas de emprego, sendo a súa Dirección Xeral de Promoción do Emprego a que ten encomendada a dos programas de fomento do emprego, entre os que están as unidades de promoción e desenvolvemento.

Establecidas polo Decreto 134/2001, do 7 de xuño, as liñas básicas do programa, faise preciso proceder ao seu desenvolvemento, xunto co establecemento das bases que regularán a convocatoria das correspondentes axudas e subvencións para 2005, seguindo as previsións contidas na normativa autonómica na materia (Decreto 287/2000 e texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999) e na da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, así como nas directrices do Consello da Unión Europea sobre as políticas de emprego dos Estados membros.

De conformidade co previsto no citado texto refundido, o financiamento, entre outras, das axudas e subvencións previstas nesta orde, realizaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.02.241-A.460.2 e 16.02.241-A.480.0 da Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Os ditos créditos poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas e subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Consecuentemente co exposto, informado o Comité Autonómico de Emprego, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo dos informes favorables da Asesoría Xurídica Xeral, Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, Inspección Xeral de Servizos e Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e autorizada polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 28

de xaneiro de 2005, a concesión de anticipos, a forma de pagamento das axudas e subvencións reguladas nesta orde así como o seu carácter plurianual; e no exercicio das facultades que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 134/2001, do 7 de xuño, polo que se establece o programa de unidades de promoción e desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia, xunto co establecemento das bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e subvencións ao seu funcionamento pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Así mesmo, e por medio da súa publicación, procédese á convocatoria das ditas axudas e subvencións para 2005.

Artigo 2º.-Concepto.

As unidades de promoción e desenvolvemento son módulos de intervención en ámbitos territoriais de carácter supramunicipal, que teñen por finalidade actuar sobre as potencialidades de desenvolvemento, fomentando a creación de emprego.

Constitúen un instrumento que, mediante a elaboración de plans e proxectos integrais de execución de políticas activas de emprego, ten como obxectivo último a inserción laboral de desempregados.

Artigo 3º.-Funcións.

1. As unidades de promoción e desenvolvemento, seguindo as directrices, orientacións e prioridades fixadas pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, realizarán as seguintes funcións:

a) Investigar as oportunidades de desenvolvemento e emprego, por medio dunha axeitada prospección e avaliación dos recursos dispoñibles e do uso de métodos e sistemas que permitan a planificación, coordinación e posta en práctica de accións e estratexias de políticas activas de emprego, fundamentalmente vinculadas aos novos viveiros de emprego.

b) Facilitar información sobre o emprego e desenvolvemento, a través da súa organización, sistematización e divulgación aos técnicos e axentes de emprego, ás escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego e ás entidades interesadas no desenvolvemento local e na creación de emprego.

c) Apoiar, dinamizar e avaliar proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

d) Desenvolver estratexias e metodoloxías de apoio dirixidas á inserción laboral por conta allea, á creación de iniciativas empresariais e ao autoemprego dos desempregados e, especialmente, dos partici

pantes en escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e outros programas de cooperación.

e) Coordinar, sen prexuízo do establecido no punto seguinte, as actuacións dos técnicos locais de emprego que desenvolvan o seu cometido no seu ámbito de actuación cando a entidade á que se subvenciona a súa contratación estea integrada na entidade promotora da unidade de promoción e desenvolvemento. Estas funcións axustaranse aos plans concretos de actuación do ámbito territorial de cada unidade de promoción e desenvolvemento.

2. As unidades de promoción e desenvolvemento colaborarán na implantación das políticas activas de emprego no seu territorio de actuación, en coordinación cos técnicos locais de emprego, desenvolvéndose esta colaboración no marco da actuación conxunta entre a entidade promotora e a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, seguindo as directrices fixadas por esta.

Artigo 4º.-Entidades promotoras.

1. Os proxectos de unidades de promoción e desenvolvemento poderán ser promovidos por:

a) Organismos autónomos e entes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Órganos, organismos autónomos e entes públicos da Administración xeral do Estado.

c) Entidades locais de carácter supramunicipal e os seus organismos autónomos.

d) Consorcios.

e) Fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro cun ámbito de actuación superior ao municipal.

2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución dos servizos que pretenden prestar a través da unidade de promoción e desenvolvemento e dispoñer da suficiente capacidade técnica e de xestión para garantir o seu adecuado desenvolvemento.

Artigo 5º.-Duración.

1. A duración das unidades de promoción e desenvolvemento será de dous anos e estará dividida en fases de seis meses.

2. Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, a unidade de promoción e desenvolvemento considerarase finalizada.

Artigo 6º.-Persoal.

1. Para a realización das funcións encomendadas ás unidades de promoción e desenvolvemento, as súas entidades promotoras deberán contratar persoal directivo e técnico, especialista nas materias obxecto de estudo e actuación, así como o persoal de apoio necesario, baixo a modalidade contractual máis adecuada en cada caso ás actividades e tarefas que se van desenvolver.

2. A súa selección e contratación levarase a cabo de conformidade co previsto nos artigos seguintes.

Capítulo II

Selección e contratación

Artigo 7º.-Normas xerais: grupo de traballo mixto.

1. A selección do director, técnicos e persoal de apoio será realizada por un grupo de traballo mixto constituído para tal fin por persoal da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e da entidade promotora. A presidencia do dito grupo recaerá no representante da consellería que para o efecto sexa designado pola respectiva delegación provincial.

2. A este grupo corresponderalle establecer os criterios de selección de todo o persoal da unidade de promoción e desenvolvemento, de acordo co previsto nesta orde e nas resolucións, circulares e instrucións que poidan desenvolvela.

3. Finalizados os procedementos selectivos, o grupo de traballo mixto preparará a relación dos seleccionados como persoal directivo, técnico e de apoio, estendendo acta, por duplicado, de todo o actuado e remitiralle un exemplar á entidade promotora para o seu cumprimento e outro á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 8º.-Procedemento de selección.

1. Na selección do persoal da unidade de promoción e desenvolvemento, o grupo de traballo mixto establecerá o procedemento selectivo, podendo utilizar oferta de emprego tramitada pola oficina de emprego, convocatoria pública ou ambas.

2. Así mesmo, corresponderalle ao grupo de traballo mixto:

-Determinar o perfil, as características e os requisitos que deben cumprir os candidatos.

-Elaborar as convocatorias.

-Establecer os baremos e, se é o caso, as probas que poidan aplicarse.

-Preparar as ofertas de emprego que se tramitarán á oficina de emprego, se procedese.

-Difundir as convocatorias a través dos medios de comunicación que se determinen, se é o caso.

3. A selección definitiva deberase realizar entre os preseleccionados pola oficina de emprego e as solicitudes presentadas á convocatoria pública, se é o caso, debendo considerar, na medida do posible, tres candidatos por posto.

Artigo 9º.-Contratación do persoal.

1. A entidade promotora contratará o persoal directivo, técnico e de apoio que fose seleccionado e figure como tal nas actas do grupo de traballo mixto.

2. Os contratos de traballo formalizaranse por escrito no modelo oficial correspondente, debendo facerse constar a súa pertenza á unidade de pro

moción e desenvolvemento, a denominación do proxecto para o que se formaliza e, se é o caso, o número da oferta de emprego utilizada. Así mesmo, os ditos contratos serán rexistrados na oficina de emprego e codificados coa clave T02.

Artigo 10º.-Baixas.

A selección do persoal directivo, técnico e de apoio que se contrate para a cobertura das vacantes que se produzan unha vez iniciado o proxecto, efectuarase polo procedemento que para os efectos determine o grupo de traballo mixto, respectando, en todo caso, os trámites e requisitos establecidos nesta orde.

Artigo 11º.-Incidencias e reclamacións.

1. As incidencias e reclamacións que se puideran suscitar, derivadas dos procesos de selección, serán resoltas polo grupo de traballo mixto, sen que caiba ulterior recurso en vía administrativa.

2. Calquera que sexa o sistema de selección utilizado, seguiranse os criterios e procedementos establecidos polo Servizo Público de Emprego para a cobertura de ofertas de emprego, polo que non será de aplicación a normativa establecida para os procedementos de selección do persoal das distintas administracións públicas aínda cando a entidade promotora sexa un organismo público. Neste último caso, o persoal seleccionado non se considerará incluído no correspondente cadro de persoal ou relación de postos de traballo, polo que non será precisa oferta de emprego público previa.

Capítulo III

Procedemento para a concesión de subvencións

Artigo 12º.-Solicitudes. Prazo de presentación.

1. As entidades que estando previstas no artigo 4 desexen promover unha unidade de promoción e desenvolvemento e obter as axudas e subvencións establecidas nesta orde, deberán formalizar a correspondente solicitude, por exemplar duplicado, de conformidade co disposto no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no modelo que se publica como anexo I e que estará ao seu dispor nas oficinas de emprego e nas delegacións provinciais e servizos centrais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, subscrita polo seu representante legal, xunto coa documentación sinalada no artigo seguinte.

2. As solicitudes dirixiranse ás delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. O prazo de presentación de solicitudes para a obtención das axudas e subvencións reguladas por esta orde, tendo en consideración o previsto no artigo 15º.2, rematará o 15 de xullo.

Artigo 13º.-Documentación.

Xunto coa solicitude, a documentación que se presentará, sempre por duplicado exemplar e en orixinais ou en copias compulsadas, será a seguinte:

a) A que acredite a personalidade xurídica da entidade solicitante, tendo en conta que:

-Se é un órgano da Administración xeral do Estado, ente público desta ou da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismo autónomo estatal, autonómico ou local, mancomunidade ou consorcio, deberá achegarse, segundo proceda, norma ou acordo de creación ou estatutos publicados no diario oficial correspondente, podendo substituírse por unha certificación expedida para tal efecto.

-Se é unha fundación, asociación ou outra entidade sen ánimo de lucro, achegarase, segundo proceda, escritura pública de constitución ou acta fundacional outorgada en documento público ou privado, así como os seus estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, que acrediten a súa condición de entidade sen ánimo de lucro e o seu ámbito territorial de actuación.

b) Tarxeta de identificación fiscal.

c) A que acredite a personalidade e o apoderamento suficiente e subsistente de quen actúa en nome e representación da entidade solicitante. Esta circunstancia farase constar mediante copia da norma ou acordo de nomeamento publicada no correspondente diario oficial ou por medio de certificación expedida para o efecto.

d) As entidades locais e os seus organismos autónomos deberán achegar certificación expedida polo secretario, na que se recolla o acordo de aprobación do proxecto da unidade de promoción e desenvolvemento e de solicitude de subvención á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, adoptado polo órgano competente.

As demais entidades solicitantes deberán achegar a documentación que acredite que os seus órganos de goberno ou administración aprobaron o proxecto e a solicitude de subvención á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

e) Declaración do representante legal na que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos nacionais ou internacionais, segundo o modelo que se acompaña como anexo II.

f) Certificado no que consten as fontes de financiamento da parte do custo do proxecto que non sexa subvencionada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

g) Certificado das retribucións que, segundo o convenio colectivo aplicable, lle corresponderán ao persoal directivo, técnico e de apoio que sexa contratado con cargo ás axudas e subvencións que se solicitan para o funcionamento da unidade de promoción e

desenvolvemento. De non existir convenio colectivo aplicable, achegarase certificación en tal sentido.

h) Proxecto para o que se solicita a subvención e que, como mínimo, constará dunha memoria, segundo o modelo que se publica como anexo III, na que se recollerán os seguintes aspectos:

-Identificación da entidade promotora (denominación, ámbito territorial e demais datos de localización), así como a estrutura, servizos e experiencia coa que, en principio, conta ao respecto.

-Contido do proxecto de unidade de promoción e desenvolvemento que incluirá a súa finalidade e obxectivos, metodoloxía que se vai utilizar, estratexias previsibles de fomento do emprego, principais colectivos afectados e calendario de actuacións.

-Data prevista de comezo e duración do proxecto.

-Orzamento de gastos, expresando os custos máximos, periodificados por fases semestrais desde a data prevista de comezo e derivados da contratación do persoal técnico e de apoio así como do funcionamento da unidade de promoción e desenvolvemento.

-Orzamento de ingresos, indicando a parte financiada pola entidade promotora e por outros posibles organismos ou entidades colaboradoras e a parte para a que se solicita financiamento á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 14º.-Emenda.

No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos exixidos ou a documentación achegada contivese erros ou fose insuficiente, a delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, competente por razón do territorio para a instrución do expediente, requirirá a solicitante para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co estipulado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 15º.-Avaliación de solicitudes. Comisión Central de Valoración.

1. Os expedientes, unha vez completos, serán remitidos, no prazo de quince días, xunto co informe técnico emitido pola delegación provincial e no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, á Comisión Central de Valoración para o seu estudo e proposta de resolución.

2. Con carácter xeral, a avaliación dos ditos expedientes pola referida comisión terá lugar en dúas fases:

a) Para os recibidos ata o día 15 de marzo: na segunda quincena do dito mes.

b) Para os recibidos ata o día 15 de xullo: no mes de setembro.

3. Aquelas solicitudes das que na primeira fase de concesión non se formulase proposta de reso

lución, non se considerarán expresamente desestimadas e poderán ser obxecto de ulterior avaliación na seguinte fase.

4. A comisión central de valoración estará composta polo director xeral de Promoción do Emprego, que a presidirá; e serán vogais os catro delegados provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, actuando como secretario, con voz pero sen voto, o subdirector xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación.

5. Cando a Comisión Central de Valoración propoña unha variación do número de compoñentes da unidade de promoción e desenvolvemento ou do tempo de duración solicitados, a entidade promotora, no prazo de quince días, deberá realizar os axustes e modificacións pertinentes no proxecto presentado, para os efectos da súa aprobación segundo o previsto no artigo 17º.1.

Artigo 16º.-Criterios de valoración dos proxectos.

Na valoración dos proxectos teranse en consideración os seguintes criterios:

a) Número de desempregados existente no ámbito territorial no que se desenvolva o proxecto.

b) Carácter innovador do proxecto.

c) Calidade do proxecto, atendendo á súa finalidade e obxectivos e á metodoloxía e estratexias previstas de fomento do emprego, inserción laboral dos desempregados e dos beneficios sociais que se prevexa xerar.

d) Achegas da entidade promotora ou doutras entidades colaboradoras, téndose en conta o esforzo investidor en cada caso.

e) Resultados cualitativos e cuantitativos de anteriores unidades de promoción e desenvolvemento, escolas obradoiros, casas de oficios ou obradoiros de emprego promovidos ou impulsados pola entidade solicitante.

f) Participación dos axentes económicos e sociais con presenza no territorio na elaboración do contido e o desenvolvemento do proxecto, ou cando este estivese vinculado ou xurdise en aplicación dun pacto local ou territorial de emprego.

Artigo 17º.-Resolución.

1. Dentro dos nove meses seguintes á entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación, cumpridos os trámites previstos no artigo 15 e fiscalizada a proposta de resolución pola respectiva intervención, o/a delegado/a provincial, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ditará e notificaralle á entidade solicitante a resolución que proceda.

2. A resolución favorable conterá, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Finalidade, obxectivos básicos do proxecto e número e características dos seus compoñentes para os que se concede a subvención.

b) Subvención outorgada con cargo aos orzamentos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para o financiamento dos custos sinalados no artigo 19º, debendo facerse constar que o seu importe ten o carácter de estimado.

c) Duración da unidade de promoción e desenvolvemento e datas previstas para o seu comezo e para cada unha das súas fases.

d) Referencia a que a Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, mediante o Programa Operativo de Obxectivo 1 núm. 2000ES051PO017, que configura o Marco Comunitario de Apoio 2000/2006, cofinancia a subvención concedida pola totalidade dos gastos da unidade de promoción e desenvolvemento.

e) Calquera outra especificación que se estime oportuna en cada caso concreto.

3. Transcorrido o prazo de nove meses sen que se notificase resolución expresa, a entidade solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude, de acordo co disposto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Sen prexuízo do previsto no artigo 29 desta orde, toda alteración das condicións tidas en consideración para a concesión da axuda ou subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

5. As resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro do disposto nesta orde esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se fose expresa; se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para a solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Malia o anterior, cando a recorrente sexa Administración pública, poderá facer uso do requirimento previo ao que alude o artigo 44 da antedita Lei 29/1998.

Potestativamente, de non ser a entidade solicitante Administración pública, con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso

de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, se o dito acto fose expreso; se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para a solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Todo isto sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses da entidade solicitante e outros posibles interesados.

Artigo 18º.-Modificacións do proxecto.

1. Calquera modificación que implique un cambio de titularidade da entidade promotora ou dos obxectivos e actuacións básicas do proxecto que sexan consideradas como substanciais, deberán ser solicitadas segundo o procedemento indicado anteriormente.

2. De ter as modificacións o carácter de substanciais, as delegacións provinciais remitiranlle as solicitudes, cando o informe técnico sexa favorable, á Dirección Xeral de Promoción do Emprego para que esta ditamine sobre a procedencia da modificación pretendida. A súa resolución correspóndelles aos/ás delegados/as provinciais, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Os mencionados cambios deberán responder a causas excepcionais debidamente xustificadas que así o exixan.

3. Para a tramitación do cambio de titularidade, a entidade promotora titular deberá presentar ante a correspondente delegación provincial a seguinte documentación:

a) Solicitude de aceptación da súa renuncia e de cambio de titularidade do proxecto, debidamente xustificada.

b) Escrito de aceptación do cambio de titularidade pola nova entidade, xunto coa documentación esixible a teor do previsto no artigo 13º.

c) Balances dos dereitos e obrigas que se transfiren e de situación e xustificación das subvencións recibidas da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

d) Acta conxunta aceptando a liquidación e transferencia dos dereitos e obrigas co visto e prace do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

4. As solicitudes de modificacións non esenciais non precisarán do ditame de procedencia da Dirección Xeral de Promoción do Emprego para seren resoltas pola delegación provincial. Da resolución que se dite enviarase copia á dita dirección xeral.

Capítulo IV

Financiamento e xustificación de subvencións

Artigo 19º.-Financiamento e obxecto da subvención.

1. As unidades de promoción e desenvolvemento serán financiadas con cargo aos orzamentos xerais

da Comunidade Autónoma, a través das axudas e subvencións que conceda a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou ben directamente con medios propios con cargo ás partidas orzamentarias correspondentes.

2. As aplicacións orzamentarias coas que se financiarán, entre outras, as anteditas axudas e subvencións son as 16.02.241-A.460.2 e 16.02.241-A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005, respectivamente polos importes de 1.702.246,18 euros e 110.000 euros.

Para exercicios futuros as subvencións financiaranse con cargo ás aplicacións 16.02.241-A.460.2 e 16.02.241-A.480.0 e que, en 2006, serán polos importes respectivos de 1.500.000 euros e 1.000.000 de euros; e, en 2007, de 1.000.000 de euros e 750.000 euros. Estes importes poderán ser incrementados ou minorados en función das solicitudes que se presenten e das axudas e subvencións que efectivamente se concedan.

3. As axudas e subvencións que conceda a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para cada unidade de promoción e desenvolvemento, e que se determinarán na resolución que aprobe o proxecto, destinaranse exclusivamente a sufragar os seguintes custos:

-Os salariais derivados dos contratos que se subscriban co director, técnicos e persoal de apoio previsto no artigo 6º.

-Os derivados do funcionamento da unidade de promoción e desenvolvemento.

4. En ningún caso, o importe da subvención concedida pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo do proxecto.

Artigo 20º.-Subvención para custos salariais.

1. A contía da subvención prevista para a contratación do persoal técnico, incluídas as cotas patronais á Seguridade Social, estímase, para o ano 2005, en 30.209,53 euros por xornada completa, ano e traballador, reducíndose proporcionalmente, de ser o caso, en función da xornada e da duración de cada contrato. A dita subvención incrementarase nun 20% para a contratación do director da unidade de promoción e desenvolvemento.

2. O importe da subvención para custos salariais, incluídas as cotas patronais á Seguridade Social, derivados da contratación do persoal de apoio será, en 2005, de 16.418,22 euros por xornada completa, ano e traballador, reducíndose proporcionalmente, de ser o caso, en función da xornada e da duración de cada contrato.

3. As referidas cantidades considéranse subvencións máximas por custos salariais e cotas patronais

derivadas da contratación do persoal da unidade de promoción e desenvolvemento pero non condicionarán os salarios efectivamente pactados entre ese persoal e a entidade promotora. Así mesmo, as ditas cantidades serán obxecto de minoración en función do que resulte do convenio colectivo aplicable.

4. Non serán susceptibles de financiarse con cargo á subvención concedida as indemnizacións por morte e as correspondentes a traslados, suspensións, despedimentos, cesamentos ou finalizacións de contratos.

Artigo 21º.-Subvención para gastos de funcionamento.

1. Os gastos derivados do funcionamento das unidades de promoción e desenvolvemento establécense, para 2005, en 3.021,39 euros por traballador e ano, reducíndose proporcionalmente, se é o caso, en función da xornada e duración de cada contrato.

2. Consideraranse como gastos de funcionamento susceptibles de seren subvencionados:

-Os medios e materiais de consumo e oficina.

-As amortizacións de instalacións e equipos. Para o seu cálculo utilizaranse as táboas de coeficientes anuais de amortización oficialmente establecidas. Cando a entidade promotora achegue para o desenvolvemento do proxecto, bens (equipos e instalacións) amortizables, xuntarase ao orzamento de gastos relación valorada destes, incluíndo as cotas de amortización que deriven da aplicación das táboas de coeficientes de amortización anualmente establecidas.

-O alugamento de instalacións, maquinaria e equipos, excluído o leasing.

-Os gastos xerais.

-De ser o caso, a póliza de responsabilidade civil para lles facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da actuación profesional do persoal participante durante todo o funcionamento do proxecto.

-Outros gastos de funcionamento necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

3. Non poderán financiarse con cargo á subvención concedida:

-Os gastos de investimento, tales como a adquisición de inmobles, instalacións, maquinarias e equipos.

-O alugamento de edificios, locais ou similares.

-Os gastos financeiros xerados por avais, anticipos bancarios ou análogos.

Artigo 22º.-Actualización da subvención.

As cantidades previstas nos artigos 20 e 21 en concepto de subvención para custos salariais e gastos de funcionamento serán obxecto dun incremento

anual equivalente a un 3%, mentres non se dite disposición en contrario.

Artigo 23º.-Convenios de colaboración.

As entidades promotoras poderán subscribir convenios de colaboración con outras entidades públicas ou privadas, mediante os cales se comprometan a achegar parte ou a totalidade do custo do proxecto, descontándose estas achegas da subvención que poida conceder a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Esta circunstancia farase constar na memoria prevista no artigo 13º, letra h).

Artigo 24º.-Pagamento da subvención.

1. Correspóndelles ás delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o pagamento das subvencións concedidas, logo da solicitude da entidade promotora, no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, por períodos semestrais e en función das fases do proxecto que se indiquen na resolución de concesión.

2. Unha vez iniciada a primeira fase, e despois da xustificación do comezo mediante a oportuna certificación emitida en tal sentido pola entidade promotora, aboaráselle a esta, en concepto de anticipo, unha cantidade equivalente ao custo subvencionado correspondente a ese período, que, en ningún caso, poderá superar o 30% do importe total da subvención.

Rematada a fase anterior e logo da xustificación de gastos, no prazo dun mes contado desde a data da súa solicitude, aboaráselle ao promotor, en concepto de pagamento a conta da liquidación definitiva e, a medida que o beneficiario xustifique os gastos, unha cantidade equivalente ao custo subvencionado correspondente á nova fase, sen que en ningún caso se supere o límite do 80% do importe dos libramentos non xustificados pola entidade promotora de acordo co establecido no artigo 26º.

3. O 20% restante aboáraselle á entidade promotora unha vez rematado o proxecto, xustificados todos os gastos e presentada a acta de liquidación do expediente nos termos dispostos nos artigos 26º e 27º.

4. No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 25º.-Garantías.

1. No suposto de que as entidades promotoras teñan a condición xurídica de entes de dereito privado, con carácter previo á recepción dos libramentos previstos no artigo anterior, deberán constituír a favor da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais garantía para responder da correcta

aplicación da subvención concedida, na forma e condicións previstas no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A garantía será liberada cando sexa acreditado que a subvención concedida se aplicou á finalidade prevista e que foron xustificadas correctamente as cantidades percibidas en tal concepto.

Artigo 26º.-Forma de xustificación.

1. A entidade promotora, dentro do mes seguinte ao remate de cada fase, remitiralle á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais os xustificantes dos pagamentos efectuados con cargo aos fondos recibidos. A xustificación presentarase segundo o detalle indicado nos modelos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, non podendo efectuarse compensacións entre os distintos conceptos. Así mesmo, xuntarase relación dos pagamentos realizados con identificación dos perceptores e detalle das cantidades aboadas.

Unha vez verificada a xustificación por gastos efectuados axustarase o correspondente saldo na próxima transferencia que se vaia efectuar.

2. Cando as entidades promotoras sexan organismos públicos, consideraranse documentos xustificativos dos pagamentos efectuados as certificacións expedidas para o efecto polos órganos competentes e nas que consten detallados os pagamentos correspondentes a cada unha das partidas subvencionadas. Igualmente deberán achegar relación de xustificantes de gastos e pagamentos realizados.

En calquera caso, os documentos xustificativos individualizados deberán quedar dispoñibles para as actuacións de comprobación e control.

3. As asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro presentarán documentos xustificativos individualizados dos pagamentos efectuados.

4. No caso de que non se xustifique segundo o previsto nas epígrafes anteriores, non se realizarán novas provisións de fondos e procederase á reclamación das cantidades non xustificadas de conformidade co procedemento establecido para o efecto.

Artigo 27º.-Liquidación do expediente.

1. Dentro do mes seguinte ao remate da unidade de promoción e desenvolvemento, a entidade promotora remitiralle á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, nos modelos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, a seguinte documentación:

-Xustificación dos pagamentos efectuados con cargo aos fondos correspondentes á segunda ou sucesivas fases, segundo proceda.

-Relación de gastos realizados e os correspondentes xustificantes de pagamento.

-Acta de liquidación e cadro-resumo de xustificantes de gastos.

2. Despois de verificada a xustificación presentada, e no caso de acordo, a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dará a súa conformidade aos documentos antes sinalados, ao mesmo tempo que procede ao aboamento das cantidades previstas no artigo 24º.3 e, se é o caso, expide o certificado necesario para liberar a garantía constituída.

No suposto de desconformidade ou discrepancia, a delegación provincial descontará do pagamento do 20% restante as cantidades non xustificadas.

3. Revisada a xustificación, e de existir saldo positivo a favor da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a delegación provincial iniciará o procedemento establecido para o reintegro das cantidades non xustificadas.

4. En todo caso, no prazo de tres meses posteriores á finalización da actividade da unidade de promoción e desenvolvemento, a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais remitiralle á Dirección Xeral de Promoción do Emprego a documentación sinalada na letra c) do punto 1 deste artigo.

Capítulo V

Obrigas, seguimento e control

Artigo 28º.-Obrigas.

As entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás axudas e subvencións públicas, deberán:

a) Realizar as actividades para as que se concede a subvención seguindo as directrices, orientacións e prioridades fixadas pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e de conformidade coas disposicións previstas na presente orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.

b) Acondicionar e dotar as instalacións de xeito que reúnan as condicións de seguridade e saúde laboral que permitan o normal desenvolvemento das actividades da unidade de promoción e desenvolvemento desde o inicio do seu funcionamento.

c) Contratar o persoal directivo, técnico e de apoio que se determine.

d) Acreditar ante a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

e) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que

corresponden á Intervención Xeral da comunidade autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, á Comisión e Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

f) Comunicarlle á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público nacional ou internacional, no momento de presentar a solicitude, así como con ocasión da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do derradeiro pagamento.

g) Identificar convenientemente, para os efectos de difusión pública, a sede da unidade de promoción e desenvolvemento así como as súas actividades e servizos, tendo en conta que as actividades de publicidade e divulgación se adecuarán á normativa correspondente e ás previsións do Fondo Social Europeo.

h) Satisfacer, ao seu vencemento, as obrigas económicas que se deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

Artigo 29º.-Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención.

O incumprimento total ou parcial por parte da entidade beneficiaria das obrigas establecidas nesta orde así como na demais normativa aplicable ás unidades de promoción e desenvolvemento e, con carácter xeral, ás axudas e subvencións públicas que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, orixinará, tendo en consideración a natureza e causas do incumprimento, o reintegro total ou parcial das cantidades recibidas en concepto de axudas ou subvencións máis os xuros de demora.

Artigo 30º.-Asistencia, seguimento e avaliación.

1. As delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais son os órganos encargados de realizar as tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control da xestión das unidades de promoción e desenvolvemento así como das axudas e subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolver o expediente de solicitude e, de ser o caso, transferir os fondos correspondentes, deben realizar, na forma e cos procedementos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo tanto á entidade promotora na preparación do proxecto como á propia unidade de promoción e desenvolvemento na realización das actividades para as que se concede a subvención, para conseguir o éxito do proxecto: creación de emprego,

así como a correcta realización dos traballos e actividades previstas.

b) Seguimento da xestión, obtendo das unidades de promoción e desenvolvemento a información que se considere de interese para o seguimento puntual da xestión, especialmente daqueles que serviron de base para a concesión da subvención.

c) Control das axudas e subvencións concedidas e liquidación do expediente.

d) Control dos resultados das actividades realizadas polas unidades de promoción e desenvolvemento. Para estes efectos, a entidade promotora, dentro do mes seguinte ao final de cada unha das fases, remitirá unha memoria na que se reflictan as actuacións desenvolvidas durante o dito período e as previstas para o novo semestre. Con ocasión do remate do proxecto, presentará unha memoria final das actividades e resultados obtidos. Así mesmo, estará obrigada a proporcionar calquera outra información que se considere pertinente con tal finalidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas e subvencións ao programa de unidades de promoción e desenvolvemento son cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, mediante o Programa Operativo de Obxectivo 1 núm. 2000ES051PO017 que configura o Marco Comunitario de Apoio 2000/2006, conforme as decisións de aprobación da Comisión Europea e cun cofinanciamento da totalidade dos gastos das ditas unidades de promoción e desenvolvemento.

Segunda.-A concesión das axudas e subvencións reguladas por esta orde estará supeditada á existencia de crédito nas aplicacións orzamentarias 16.02.241-A.460.2 e 16.02.241-A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 2005.

As entidades sinaladas no artigo 4º, letras a) e b), desta orde poderán obter a concesión das referidas axudas e subvencións, logo de existencia de crédito nas aplicacións orzamentarias que, polo carácter das ditas entidades, corresponda. Para tales fins, realizaranse as oportunas modificacións orzamentarias.

Terceira.-Os créditos correspondentes a subvencións que conteñan fases que se inicien en exercicios futuros terán o carácter de plurianuais, de conformidade co preceptuado polo artigo 58.1º b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa sesión do 28 de xaneiro de 2005.

Cuarta.-Os créditos previstos para o financiamento das axudas e subvencións que se concedan ao abeiro desta orde poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución dos fondos destinados a custear os programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Con

ferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas e subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Quinta.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos/as delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, aprobación ou denegación das modificacións dos proxectos así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos.

Sexta.-Se por calquera causa, no momento que a Comisión Central de Valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que sexa designada pola conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Sétima.-As entidades beneficiarias das axudas e subvencións previstas nesta orde están suxeitas ao réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións, de conformidade co previsto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Oitava.-Por resolución do director xeral de Promoción do Emprego estableceranse as pautas de actuación a seguir na selección do persoal integrante das unidades de promoción e desenvolvemento.

Disposicións transitorias

Primeira.-As unidades de promoción e desenvolvemento en funcionamento á entrada en vigor desta orde continuarán rexéndose pola normativa ao abeiro da que foron aprobadas.

Segunda.-As solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 6 de marzo de 2004 e que non se resolveran dentro de 2004, así como as presentadas entre o 1 de xaneiro de 2005 e a data de entrada en vigor desta orde, poderán resolverse no exercicio de 2005, sempre que reúnan os requisitos exixidos por esta norma. Para estes efectos, será suficiente con que a entidade solicitante presente cumprimentado o modelo que, como anexo I a esta orde, figura coa referencia Solicitude S-1.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Promoción do Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2005.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e

Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA