DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2005 Páx. 1.695

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o 30 de novembro de 2004 pola comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da edificación e obras públicas da provincia de Lugo.

Visto o texto do acordo asinado o día 30 de novembro de 2004 pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector da edificación e obras públicas da provincia de Lugo (código 2700255), integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) de Lugo e das centrais sindicais MCA-UGT (36%), Fecoma-CC.OO (50%) e FCM-CIG (8,5%) (que non asinou a acta), mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2005, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de decembro de 2004.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo