DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2005 Páx. 1.695

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Setex Aparki, S.A. (ORA).

Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Setex Aparki, S.A. (ORA) (código 2700652), da provincia de Lugo, asinado o día 29 de outubro de 2004, pola representación da mencionada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto da revisión do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de novembro de 2004.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Acta de firma da táboa salarial 2004 para os

traballadores da empresa Setex Aparki, S.A.

de Lugo

Asistentes:

Pola empresa: Manuel Pérez Gegúndez, Lourdes López de Aguilar.

Pola parte social: Javier Reguera Pérez, Agustín Gallego Vigo.

Reunidos en Lugo, sendo as 10.00 horas do día 29 de outubro de 2004, nos locais da empresa, os arriba citados, integrantes todos eles da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Setex Aparki, S.A. de Lugo, tomáronse os seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar a táboa salarial para o ano 2004 para os traballadores da empresa Setex Aparki, S.A. de Lugo, que se anexa á presente acta, calculada de acordo co artigo 24 do convenio colectivo da citada empresa.

Segundo.-Remitir este documento, cos seus anexos, á autoridade laboral competente para cumprir os efectos legais oportunos, entre eles o da súa publicación no BOP.

E sen máis asuntos que tratar asinan esta acta, sendo as 12.00 horas do día anteriormente sinalado.

Táboa salarial ano 2004 Setex Aparki, S.A. de Lugo

CategoríasSalario brutoSalario baseIncentivoTransporte

Mensual14 pagas14 pagas14 pagas14 pagas

Vixilante848,00664,0638,19145,75

Encargado serv.1.267,53865,08135,06267,39

Encargado mant.1.182,64771,77154,8256,07

Administrativo1.187,12732,63160,35294,14

Paga mes de set.552,27