DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2005 Páx. 1.668

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 21 de xaneiro de 2005 pola que se convocan axudas do Programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica para o ano 2005.

A Lei 12/1993 de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas xerais figura o programa de promoción xeral da investigación, que ten como obxectivo alimentar a base que sosterá o sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, fundamentalmente a través da investigación básica e a formación de investigadores.

En consecuencia, e co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas, esta orde aproba as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ao Programa de Promoción Xeral de Investigación e procede á súa convocatoria para o ano 2005.

Trátase dun programa que ten como obxecto dar soporte á I+D+I nos aspectos básicos e xerais que afectan o Sistema Público de I+D, e nalgúns aspectos tamén os centros tecnolóxicos.

A convocatoria está dedicada á promoción xeral de investigación, que inclúe axudas para a formación de grupos de investigación novos, proxectos de investigación de grupos consolidados e de excelencia, incentivos para participar noutros programas e outras medidas de apoio tales como axudas para redes temáticas, publicacións periódicas, organización de congresos, asistencia a congresos e investigadores/tecnólogos visitantes.

Polo que antecede, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convocar en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva as axudas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do programa de promoción xeral da investigación que se rexerán polas respectivas bases que se inclúen como anexos a esta orde:

1. Axudas para grupos de investigación novos (anexo I).

2. Axudas para proxectos de promoción xeral do coñecemento (anexo II).

3. Axudas e incentivos para a participación noutros programas (anexo III).

4. Axudas para redes temáticas (anexo IV).

5. Axudas para publicacións periódicas (anexo V).

6. Axudas para organización de congresos (anexo VI).

7. Axudas para asistencias a reunións científicas por parte de investigadores non vinculados ás universidades galegas (anexo VII).

8. Axudas para investigadores/tecnólogos visitantes (anexo VIII).

Artigo 2º

Para os efectos das axudas dos anexos I-II-III, enténdese por:

1. Grupo de investigación: conxunto de persoas que baixo a dirección continuada dunha delas realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias. O grupo ten carácter de permanencia dentro da súa natureza dinámica. Un investigador só poderá formar parte dun grupo de investigación.

2. Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación que, baixo a dirección dun deles realizan, un proxecto de investigación concreto. Nun grupo pode haber máis dun equipo de investigación.

3. Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación en que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación de varios organismos da Comunidade Autónoma de Galicia, que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto. Nestes proxectos tamén poderán participar equipos doutras comunidades autónomas, sempre que estas financien os correspondentes subproxectos.

4. Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral indefinido ou fixo, e outras figuras equivalentes. Tamén se inclúen os investigadores contratados con cargo ao programa Ramón y Cajal, ao programa Isidro Parga Pondal, ou a outros programas equiparados, e os profesores contratados doutores da LOU sempre que a duración do contrato cubra a duración do proxecto solicitado.

5. Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual temporal, bolseiros de FPU, FPI, bolseiros de predoutoramento da Xunta de Galicia, e beneficiarios de bolsas destinadas á realización da tese de doutoramento.

Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria. En ningún caso na composición mínima de equipos de investigación se admitirá como persoal vinculado ao organismo aquel que estea contratado ou sexa bolseiro con cargo a un proxecto, independentemente do organismo financiador.

6. Grupo de investigación novo: conxunto formado por un só equipo de investigación que terá que cumprir as seguintes características de composición:

6.1. Ter como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ao mesmo organismo, e ningún deles

poderá ter durante máis de 8 anos de vinculación estable co correspondente organismo.

6.2. O director do grupo, que será tamén o investigador principal do proxecto, deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos e con vinculación estable co correspondente organismo.

6.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ao mesmo organismo que o investigador principal. Para este caso e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo de segundo ano.

7. Grupo consolidado: é un grupo experimentado de investigadores dotado dunha certa coherencia interna, é dicir, con experiencia investigadora afín ou complementaria. Un grupo consolidado poderá integrar un ou varios equipos de investigación. Cada equipo, e polo tanto o grupo, deberá cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

7.1. Estar integrado por tres membros, todos eles pertencentes, como norma, ao mesmo organismo.

7.2. O director e os outros membros do grupo consolidado que pretendan ser investigadores principal dun proxecto deberán ser doutores con vinculación estable ao correspondente organismo, ter polo menos un sexenio recoñecido ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de catro anos e acreditar nos últimos catro anos unha actividade investigadora que como mínimo responda a algún dos seguintes puntos:

a) Ter dirixida unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudos técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudo técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada, no modelo que para tal efecto se incluirá na solicitude, polo vicerreitor de investigación no caso das universidades, ou polo órgano competente do correspondente organismo.

7.3. O segundo membro do grupo deberá ser doutor con vinculación ao mesmo organismo que o investigador principal.

7.4. Os restantes membros do grupo (mínimo un) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ao mesmo organismo que o investigador principal.

8. Grupo de excelencia: é un grupo experimentado de investigadores con certa coherencia interna que, ademais de cumpriren unhas condicións mínimas en canto á súa composición, cumpren tamén uns criterios preestablecidos de calidade. Un grupo de excelencia poderá integrar un ou varios equipos de investigación. Cada equipo de investigación, e polo tanto o grupo, terá que reunir como mínimo as seguintes características de composición e calidade.

8.1. Características mínimas de composición:

8.1.1. Cada equipo terá como mínimo cinco membros, todos eles pertencentes, como norma, ao mesmo organismo.

8.1.2. Entre os membros do equipo, e polo tanto do grupo, deberá figurar un mínimo de tres doutores:

8.1.2.1. O director do grupo e os outros membros do grupo que pretendan ser investigador principal dun equipo de excelencia deberán ser doutores con vinculación estable ao correspondente organismo e deberán ter polo menos dous sexenios recoñecidos ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de oito anos e acreditar actividade investigadora nos últimos catro anos que, como mínimo, responda a algún das seguintes alíneas ou á combinación de dúas delas ao 50%.

a) Ter dirixido dúas teses de doutoramento que xa fosen lidas.

b) Ter publicado catro artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado catro estudos técnicos de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada, no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude, polo vicerreitor de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

8.1.2.2. O segundo membro do grupo/equipo deberá ter as características establecidas no número 7.2 para o director dun grupo consolidado.

8.1.2.3. O terceiro membro do grupo/equipo deberá ser doutor con vinculación ao mesmo organismo que o investigador principal e dedicación a tempo completo.

8.1.2.4. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, polo menos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ao mesmo organismo do investigador principal.

8.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir, polo menos, catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas dun importe superior a 12.100 euros cada un deles.

9. Acadada a composición mínima, aos grupos tanto en formación como consolidados e de excelencia poderán incorporarse:

-Colaboradores.

-Asesores científicos.

-Investigadores asociados.

-Especialistas.

9.1. Colaboradores.

Enténdese por colaborador aquela persoa que ou ben non está vinculada a ningún organismo de investigación ou non cumpre os requisitos mínimos exixidos ao membro menos cualificado de todos os que forman o grupo/equipo mínimo.

9.2. Asesores científicos.

Enténdese por asesor científico aquel investigador de recoñecido prestixio. No caso de que o asesor científico estea integrado nun grupo dos definidos nesta orde, deberá achegar autorización do director do grupo ao que pertence.

9.3. Investigadores asociados.

Enténdese por investigador asociado o titulado superior con vinculación a un organismo de investigación e non integrado en ningún grupo.

9.4. Especialista.

Enténdese por especialista o persoal técnico que en función da súa capacitación colabora en determinadas etapas da investigación que se vai realizar.

Os investigadores ou técnicos que se definen nos puntos 9.1 a 9.4 non se computarán para efectos da composición mínima dos equipos ou grupos establecidos nos puntos anteriores.

10. Os profesores numerarios de ensinanzas medias que sexan doutores e que estean colaborando regularmente nun grupo de investigación desde hai catro anos, poderán ser contabilizados para a composición mínima do dito grupo con dedicación a media xornada, pero non poderán figurar como investigadores principais nin como directores do grupo. Para tal obxecto deberán xustificar o seu labor investigador mediante as correspondentes publicacións.

11. Cando existan investigadores con vinculación estable a distintos organismos e que non se poidan integrar en ningún grupo de investigación por non existir grupo adecuado na súa institución, poderán formar, con carácter excepcional, un grupo interinstitucional cunha composición mínima de tres membros.

Artigo 3º

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos deriven da súa aplicación, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 4º

O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo, as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estimar a presentación deste recurso poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 5º

Os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedarán obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Artigo 6º

Os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e os xuros de demora percibidos desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime orzamentario de Galicia, na súa vixente redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Artigo 7º

As resolucións de concesión das axudas convocadas nesta orde poderán modificarse no caso de alteración das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 8º

As bases recollidas nesta orde entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG e terán vixencia ata a finalización do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005 (PGIDIT).

Artigo 9º

Os modelos oficiais de solicitudes PXI01, PXI02, PXI03, PXI06, PXI07, PXI08, PXI09 e PXI10, cuxas caras externas se publican como anexos IX, X, XI, XII, XIII, XIV, XV e XVI desta orde, estarán á disposición dos interesados de forma íntegra na internet nos enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in.

Os solicitantes dalgunha das axudas que se convocan nesta orde, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo do cal depende o dito hospital.

Artigo 10º

Os créditos destinados a financiar esta convocatoria son os que a continuación se indican, detallándose igualmente o prazo de presentación de solicitude para cada tipo de axuda:

Créditos

Tipo de axudaAplicaciónAnualidades (EUR)Prazo de solicitude

orzamentaria2005200620072008

Axudas para grupos de investigación novos (anexo I).

Proxectos de promoción xeral do coñecemento (anexo II).

Axudas e incentivos para a participación noutros programas (anexo III).

Axudas para redes temáticas (anexo IV).

08.05.432A.740.0

08.05.432B.740.0

08.05.432A.781.0

120.000

740.000

115.000

400.000

2.000.000

500.000

300.000

1.000.000

300.000

200.000

500.000

200.000

40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Axudas para publicacións periódicas (anexo V).08.05.432A.740.0

08.05.432A.781.0

2.000

10.000

- - - - - - 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Axudas para organización de congresos (anexo VI).08.05.432A.440.0

08.05.432B.440.0

8.000

98.000

- - - - - - 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Axudas para asistencia a reunións científicas por parte de investigadores non vinculados ás universidades galegas (anexo VII).08.05.432A.480.018.000- - - 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Axudas para investigadores/tecnólogos visitantes (anexo VIII).08.05.432A.442.0

(1) 08.05.432B.442.0

(1)Cofinanciada con fondos FSE nun 75%

10.000

160.000

- - - - - - 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Sen embargo, todas as cantidades antes citadas se poderán incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación novos

Os grupos de investigación novos, definidos no artigo 2º desta orde, poderán solicitar dous tipos de axudas e deberán optar en cada convocatoria anual por só unha delas.

1. Axuda preparatoria.

Trátase dunha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo e, polo tanto, é unha axuda que só poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte deste. A contía máxima desta axuda ascende a 6.000 euros, para un período dun ano e só se poderá conceder por unha soa vez.

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación precompetitivos.

Os grupos en formación poderán solicitar proxectos de investigación precompetitivos; un grupo en formación poderá gozar dun máximo de dúas axudas para a realización de proxectos precompetitivos que evidentemente non poderán concorrer temporalmente na súa execución e mentres teña vixente un proxecto precompetitivo non poderá gozar doutros proxectos doutras convocatorias independentemente de cal sexa o organismo convocante. A contía máxima destas axudas ascende a 12.500 euros, para un período de dous anos, a primeira, e a 18.500 euros, para un período de dous anos a segunda. Non se permite a adquisición de infraestruturas por importe superior a 3.000 euros con cargo a estes proxectos. Non obstante, se o grupo xustifica a necesidade de utilizar infraestrutura dispoñible noutro grupo xuntando documento polo que se autorice o seu uso, poderá concedérselle unha axuda adicional total non superior a 1.500 euros destinada a compensar o dito grupo.

Non poderán formar parte dos grupos que soliciten estas axudas aqueles investigadores que fosen investigadores principais de grupos consolidados ou de excelencia que gozarán dalgún proxecto de convo

catorias sectoriais ou de promoción xeral do coñecemento, dalgún proxecto da modalidade B de convocatorias anteriores da Xunta de Galicia ou proxectos equivalentes doutros organismos. O número total de axudas para un grupo en formación non poderá ser superior a tres (unha axuda preparatoria e dous proxectos precompetitivos).

Normas específicas destas axudas.

1. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo director do grupo de investigación que deberá pertencer a unha das universidades do Sistema Universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na comunidade autónoma.

O modelo oficial de solicitude PXI-nº 01 (cuxa cara externa se publica como anexo IX da orde de convocatoria) estará ao dispor dos interesados na internet nos enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in, durante o período de presentación de solicitudes. Deberá terse en conta que non se xuntará á solicitude copia dos currículos dos investigadores, xa que estes os obterá a Dirección Xeral de Investigación do Rexistro de Investigadores de Galicia RIGA.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Dirección Xeral de I+D, antes citado.

Os solicitantes das axudas que se convocan neste anexo, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo do cal depende o dito hospital.

Os solicitantes deberán presentar xunto coa solicitude unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ao disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (reitor no caso das universidades).

2. Conceptos subvencionables.

En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que a seguir se relacionan, que non terán a consideración de subcontratación.

1) Material inventariable e bibliográfico debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ao cal pertence o investigador responsable. Este punto non poderá superar o importe de 4.500 euros.

2) Material funxible debidamente xustificado.

3) Axudas de custo por desprazamento, para actividades que se precisen para a formación do grupo de investigación novo.

4) Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

5) Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarcir o correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

3. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Se a documentación achegada estivese incompleta, requirirase do solicitante que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non o facer se considerará desistido da súa solicitude e se procederá, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nestas bases serán excluídos e, no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos exixidos, a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que se poida acordar outro tipo de actuacións.

4. Avaliación, selección e resolución.

As axudas para a realización de proxectos precompetitivos serán obxecto de avaliación pola Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) ou por expertos externos designados polo director xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A selección de todas as axudas (axudas preparatorias e proxectos precompetitivos) será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), que elevará a proposta

de adxudicación, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, á Consellería de Innovación, Industria e Comercio para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

A comisión, para a selección dos beneficiarios e a cuantificación de axudas, dará prioridade a aquelas solicitudes que mellor se adapten ás prioridades do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, e ademais terá en conta, entre outros, os seguintes criterios:

Axuda preparatoria:

-Novidade e interese de liñas de investigación proposta.

-Coherencia do plan de formación presentado.

-Actividades que pretendan realizar.

-Adecuación dos gastos propostos aos conceptos subvencionables.

Proxectos precompetitivos:

Avaliación realizada pola ANEP ou por expertos externos (máximo 70 puntos).

A valoración realizada pola Comisión de Selección de Investigación (máximo 30 puntos), na cal se terán en conta os seguintes aspectos:

-Interese do proxecto.

-Adecuación dos gastos propostos aos conceptos subvencionables e xustificación deles.

5. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo a que pertenza o grupo investigador, conforme o plan de necesidades da axuda concedida e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente presente, antes do 30 de setembro de cada anualidade, certificación expresiva da realización dos gastos correspondentes á subvención outorgada.

Para efectuar o derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma actividade ou proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades. Dado o carácter destas axudas considéranse incompatibles con calquera outra destinada para o mesmo fin, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda.

6. Seguimento.

A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utilizar os procedementos que considere necesarios para coñecer o desenvolvemento da actividade subvencionada do investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e que dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto

no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, poderá coñecer a marcha das axudas financiadas e propor a suspensión da axuda se da análise derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos.

Finalizada a actividade, os investigadores principais remitirán un impreso normalizado, para que nel se fagan constar os resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presentar o dito informe, nun prazo máximo de 3 meses contado a partir da finalización da actividade subvencionada, a través do rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Este informe final poderá obterse na páxina web: http://www.dxid.org, e será avaliado polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá a certificación acreditativa do cumprimento destas. Así mesmo, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá convocar o investigador principal, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

7. Difusión de resultados.

Os traballos e os resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de os faceren públicos, deberán facer constar a referencia específica da axuda recibida da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e deberán enviar, a través do Rexistro Xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, un exemplar das correspondentes publicacións.

8. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia da axuda financiada, agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á concesión da axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa vixente redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

ANEXO II

Axudas para proxectos de promoción xeral

do coñecemento

Os grupos consolidados e os grupos de excelencia definidos no artigo 2º desta orde poderán solicitar

axuda para a realización dun proxecto de investigación sempre que o dito proxecto se presentase previamente á última convocatoria xa resolta do Programa Nacional de Promoción Xeral do Coñecemento do Plan Nacional, non fose financiado e non tivese avaliación desfavorable. Os grupos que opten por solicitar axuda para proxectos de investigación ao abeiro deste anexo II non poderán optar ás axudas a que se refire o anexo III.

Co fin de que o equipo investigador do proxecto cumpra os requisitos establecidos para os equipos consolidados ou de excelencia, poderase ampliar a composición do equipo investigador do proxecto presentado ao Plan Nacional.

Así mesmo, deberá terse en conta que no caso de que o equipo investigador ou algún dos seus membros teña algún proxecto vixente, para poder solicitar axuda para un proxecto, o tamaño mínimo do equipo deberá incrementarse, incorporando polo menos un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ao mesmo organismo que o investigador principal, pasando a ser a composición mínima do grupo consolidado de 4 membros e do grupo de excelencia de 6 membros.

A contía máxima da axuda concedida ascenderá a 100.000 euros no caso de grupos consolidados e 170.000 euros para os grupos de excelencia, en ambos os casos para un período máximo de tres anos.

Normas específicas destas axudas.

1. Requisitos e limitacións.

Para os efectos da solicitude de axuda para a realización dun proxecto de investigación, os investigadores que constitúan o equipo deberán ter en conta as seguintes limitacións relativas ao número máximo de proxectos nos cales poden participar computando o proxecto solicitado:

-Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos e acreditan produción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ao correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

-Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos e acreditan produción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ao correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

-Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos e acreditan produción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ao correspondente organismo, e un se é a tempo parcial.

Os restantes membros do equipo non incluídos nalgún dos tres puntos anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo e, polo tanto, cada un dos seus membros poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ao Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego, pero si poderá simultanear un proxecto do Programa de Promoción Xeral de Investigación con proxectos doutros programas do plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente para cada un dos membros do equipo.

Exclúense do cómputo de proxectos vixentes todos os proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional e do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que rematen o mesmo ano en que se solicita o proxecto, e os subproxectos dos proxectos coordinados liderados por centros tecnolóxicos da comunidade autónoma.

Co fin de favorecer a cooperación entre grupos distintos pertencentes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá cumprir os requisitos exixidos para os investigadores principais dos grupos consolidados. Un deles será o coordinador do proxecto.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ao correspondente organismo. No caso de que o equipo que solicita o subproxecto teña proxectos vixentes, engadirase un membro máis, coas mesmas características, á composición mínima do equipo.

O importe máximo de cada subproxecto será o que lle corresponde ao tipo de equipo que o solicita.

Excepcionalmente, poderán solicitarse subproxectos que non acaden as condicións antes citadas, sempre que o organismo responsable certifique que nesa área de investigación, dentro do propio organismo, non é posible reunir o número e características mínimas exixidas para o subproxecto, pero neste caso o outro subproxecto deberá reunir as condicións requiridas aos grupos consolidados.

Poderán solicitarse proxectos coordinados con grupos doutras comunidades autónomas sempre que estas se comprometan a financiar os subproxectos correspondentes.

2. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto, que deberá pertencer a unha das universidades do Sistema Universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na comunidade autónoma. No caso de que o director do grupo de investigación non participe na composición do equipo investigador

que solicita o proxecto, requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

O modelo oficial de solicitude PXI-nº 02 (cuxa cara externa se publica como anexo X desta orde), estará ao dispor dos interesados na internet nos enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in durante o período de presentación de solicitudes. Deberá terse en conta que non se xuntará á solicitude copia dos currículos dos investigadores, xa que estes os obterá a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento do Rexistro de Investigadores de Galicia RIGA.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Dirección Xeral de I+D, antes citado.

Os solicitantes das axudas que se convocan neste anexo, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, e achegarán con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos que será emitida polo responsable do organismo do cal depende o dito hospital.

Os solicitantes deberán presentar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ao disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (reitor no caso das universidades).

3. Conceptos subvencionables.

En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que a seguir se relacionan, que non terán a consideración de subcontratación.

3.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade. Excepcionalmente e unicamente para o caso de estranxeiros que non teñan homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia o correspondente título superior, admitirase, durante un período máximo de dous anos, a substitución do contrato por unha bolsa.

O importe máximo por este concepto será de 60.000 euros para proxectos de 3 anos de duración, 40.000 euros para proxectos de 2 anos e 20.000 euros para proxectos de 1 ano.

3.2. Material inventariable e bibliográfico debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ao que pertence o investigador principal.

3.3. Material funxible debidamente xustificado.

3.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen para a realización do proxecto.

3.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

3.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarcir o correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

4. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase do solicitante que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non o facer, se considerará desistido da súa solicitude e se procederá, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nestas bases serán excluídos e, no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos exixidos, a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que se poida acordar outro tipo de actuacións.

5. Avaliación, selección e resolución.

A Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), procederá a seleccionar os beneficiarios das axudas e elevará a proposta de resolución, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, á Consellería de Innovación, Industria e Comercio para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación teranse en conta, entre outros criterios, os seguintes:

A valoración realizada por expertos externos (máximo de 70 puntos).

A valoración realizada pola Comisión de Selección de Investigación (máximo 30 puntos), na cal se terán en conta os seguintes aspectos:

-A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados pola Xunta de Galicia en anteriores convocatorias.

-A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Valorarase positivamente a presentación de proxectos coordinados con grupos pertencentes a outras administracións ou centros de investigación públicos ou privados.

6. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo a que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente presente, antes do 30 de setembro de cada anualidade, certificación expresiva da realización dos gastos correspondentes á subvención outorgada.

Estas axudas son compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

Para efectuar o derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

7. Seguimento do proxecto.

A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utilizar os procedementos que considere necesarios para coñecer o desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, poderá coñecer a marcha dos proxectos financiados e propor a suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, os investigadores principais remitirán un impreso normalizado para que nel se fagan constar os resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais

obrigados a presentar o dito informe, nun prazo máximo de 3 meses contado a partir da finalización da actividade subvencionada, a través do rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Este informe final poderá obterse na páxina web: http://www.dxid.org, e será avaliado polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá a certificación acreditativa do cumprimento destas. Así mesmo, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá convocar o investigador principal, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

8. Difusión de resultados.

Os traballos e os resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de os faceren públicos, deberán facer constar a referencia específica da axuda recibida da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar, a través do rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, un exemplar das correspondentes publicacións.

9. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo) durante o período de vixencia do proxecto financiado, agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa vixente redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

ANEXO III

Axudas e incentivos para a participación

noutros programas

Os grupos consolidados e os grupos de excelencia definidos no artigo 2º desta orde poderán solicitar dous tipos de axudas que non son incompatibles entre si:

-Axudas para a presentación de proxectos europeos:

Trátase de axudas encamiñadas a cubrir os gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 3.000 euros.

-Incentivos por proxectos do Plan Nacional ou de programas europeos:

Trátase dunha axuda destinada a reforzar a capacidade competitiva dos grupos que resultaron beneficiarios dun proxecto de investigación de calquera programa do Plan Nacional ou de proxectos europeos.

Segundo a modalidade do grupo (consolidado ou de excelencia) e o proxecto obtido establécense os seguintes importes máximos para os incentivos:

Incentivo PNIncentivo programa europeo

Grupo

consolidado36.10048.100

Grupo de

excelencia48.10060.200

Os incentivos son incompatibles coa solicitude dun proxecto de promoción xeral do coñecemento aos cales se refire o anexo II destas bases.

Normas específicas destas axudas.

1. Requisitos.

As axudas para a presentación de proxectos europeos deberán referirse a solicitudes de proxectos que o grupo solicitante se compromete a presentar aos programas europeos, antes de rematar o exercicio orzamentario a que se refire a correspondente solicitude.

Os incentivos por proxectos de calquera programa do Plan Nacional ou programas europeos, só se poderán solicitar na convocatoria de promoción xeral inmediatamente posterior á notificación de concesión do proxecto que dá dereito a este.

2. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo director do grupo de investigación, que deberá pertencer a unha das universidades do Sistema Universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na comunidade autónoma.

O modelo oficial de solicitude PXI-nº 03 (cuxa cara externa se publica como anexo XI desta orde, estará ao dispor dos interesados na internet nos enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in, durante o período de presentación de solicitudes. Deberá terse en conta que non se xuntará á solicitude copia dos currículos dos investigadores, xa que estes os obterá a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento do Rexistro de Investigadores de Galicia RIGA.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Dirección Xeral de I+D, antes citado.

Os solicitantes das axudas que se convocan neste anexo, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo do cal depende o dito hospital.

Os solicitantes deberán presentar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ao disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (reitor no caso das universidades).

3. Conceptos subvencionables.

As axudas para a presentación de proxectos europeos non terán a consideración de subcontratación, e deberán referirse a:

-Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen para a formación do consorcio do proxecto.

-Outros gastos (especificados no modelo de solicitude).

-Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total.

As axudas de incentivos por proxectos do Plan Nacional ou de programas europeos terán a consideración de gasto incurso e deberán referirse a:

3.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do grupo. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

3.2. Material inventariable e bibliográfico debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ao cal pertence o director do grupo de investigación.

3.3. Material funxible debidamente xustificado.

3.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que precise o grupo.

3.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

3.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total da axuda, co fin de resarcir o correspondente organismo.

4. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase do solicitante que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non o facer, se considerará desistido da súa solicitude e se procederá, conforme ao disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nestas bases serán excluídos e, no caso de que o grupo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos exixidos a este, a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que se poida acordar outro tipo de actuacións.

5. Avaliación, selección e resolución.

A selección das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998 do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), que elevará a proposta de adxudicación, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, á Consellería de Innovación, Industria e Comercio para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

A comisión, para a selección dos beneficiarios e a cuantificación de axudas, daralles prioridade a aquelas solicitudes que estean relacionadas cos sectores prioritarios da economía galega e ademais terá en conta, entre outros, os seguintes criterios:

-Respecto das axudas para a presentación de proxectos europeos, a comisión de selección terá en conta o detalle do gasto das actividades que pretendan realizar, coa axuda solicitada.

-En relación coas axudas de incentivos por proxectos do Plan Nacional ou de programas europeos, a comisión terá en conta:

a) Duración e contía do proxecto que dá dereito ao incentivo.

b) Composición do grupo de investigación que solicita o incentivo.

6. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo a que pertenza o grupo beneficiario, conforme o plan de necesidades da axuda concedida e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida, antes do 30 de setembro de cada anualidade, certificación expresiva da realización dos gastos correspondentes á subvención outorgada.

Para efectuar o derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma actividade, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Estas axudas considéranse compatibles con calquera outra destinada para o mesmo fin, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que no seu conxunto non superen o custo total das actividades que hai que realizar.

7. Seguimento.

Para os incentivos por proxectos do Plan Nacional ou de programas europeos, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utilizar os procedementos que considere necesarios para coñecer o desenvolvemento da actividade subvencionada e o investimento das cantidades achegadas. Finalizada a actividade, os investigadores principais remitirán un impreso normalizado, para que nel se fagan constar os resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presentar o dito informe, nun prazo máximo de 3 meses contado a partir da finalización da actividade subvencionada, a través do rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Este informe final poderá obterse na páxina web: http://www.dxid.org, e será avaliado polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá a certificación acreditativa do cumprimento destas. Así mesmo, a Dirección Xeral de Investigación e

Desenvolvemento poderá convocar o investigador principal, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

8. Difusión de resultados.

Os traballos e os resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de os faceren públicos, deberán faceren constar a referencia específica da axuda recibida da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar, a través do rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, un exemplar das correspondentes publicacións.

9. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia da axuda financiada, agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á concesión da axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa vixente redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

ANEXO IV

Axudas para redes temáticas

1. Solicitantes e finalidade.

O obxecto desta convocatoria é conceder axudas para promover redes temáticas por parte daqueles investigadores que traballen en temas afíns e/ou complementarios, en centros de investigación públicos da comunidade autónoma.

As axudas serán solicitadas por investigadores adscritos ás universidades e a outros organismos públicos con finalidade investigadora legal ou estatutaria e personalidade xurídica propia, radicados na comunidade autónoma, para promover e impulsar redes temáticas compostas por un mínimo de seis grupos de investigación (consolidados ou de excelencia) de polo menos dúas institucións diferentes.

A solicitude será presentada por un investigador dun organismo público en nome de todos os compoñentes da rede, o cal actuará de responsable e coordinador.

2. Importe e destino das axudas.

O importe máximo ordinario destas axudas será de 18.000 euros, pero no caso de redes que se axusten ás máximas prioridades do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, este límite poderá ser superado en función do interese das accións que se propoñan. As axudas poderán ser destinadas ao financiamento das seguintes actividades:

a) Organización de reunións entre os compoñentes da rede.

b) Intercambio de investigadores con grupos de investigación radicados fóra da comunidade autónoma.

c) Organización ou coordinación de servizos de apoio á investigación ou á industria na comunidade autónoma en áreas relativas á temática da rede.

d) Cursos, seminarios e conferencias relativos ao ámbito temático da rede.

e) Custos de elementos científico-técnicos indispensables para desenvolver eficazmente as actividades da rede.

f) Outros gastos debidamente xustificados.

En ningún caso se poderán incluír gastos de retribución de persoal fixo vinculado estatutaria ou con

tractualmente ás entidades beneficiarias, nin dotacións para bolseiros.

3. Presentación de solicitudes.

O modelo oficial de solicitude PXI-nº 06 (cuxa cara externa se publica como anexo XII a esta orde) estará ao dispor dos interesados/as na internet, nos enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in durante o período anual de presentación de solicitudes. Deberá terse en conta que non se xuntará á solicitude copia dos currículos vitae dos investigadores, xa que estes se obterán do Rexistro de Investigadores de Galicia RIGA.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

A solicitude, de acordo co modelo normalizado, será formalizada polo investigador responsable e coordinador da rede, co visto e prace do representante legal do organismo ao cal estea adscrito.

Ademais dos datos consignados no impreso normalizado, deberá xuntarse obrigatoriamente a documentación que se relaciona a continuación:

a) Denominación da rede.

b) Concreción dos obxectivos da rede en relación cos proxectos achegados por cada un dos grupos solicitantes.

c) Valores engadidos que desde o punto de vista científico-técnico proporciona a rede á actividade potencial dos investigadores que nela participan.

d) Actividades previstas e xustificación da súa necesidade, oportunidade e relevancia en relación cos obxectivos da rede.

e) Xustificación dos gastos obxecto da solicitude.

Os solicitantes das axudas que se convocan neste anexo, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo do que depende o dito hospital.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

4. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Se a documentación achegada estivese incompleta, requirirase do solicitante que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non o faceren se con

siderará desistido da súa solicitude e se procederá conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, para os efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que se poida acordar outro tipo de actuacións.

5. Avaliación, selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), que elevará a proposta de resolución, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, á Consellería de Innovación, Industria e Comercio para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión poderá solicitar calquera informe de expertos, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha acertada distribución dos fondos dedicados a esta convocatoria.

A comisión terá en conta os seguintes criterios para a selección de beneficiarios:

a) A valoración realizada polos expertos externos se esta foi solicitada.

b) Os obxectivos que a rede permite conseguir como valor engadido á actividade que individualmente realiza cada un dos investigadores que participa na solicitude.

c) Adecuación dos obxectivos da rede aos obxectivos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Número de investigadores implicados na rede e a súa actividade e complementariedade.

6. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ao cal pertenza o investigador que actúa como responsable e coordinador da solicitude.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que a universidade ou o organismo correspondente presente, antes do 30 de setembro de cada anualidade, certificación expresiva da realización dos gastos correspondentes á subvención outorgada.

Antes do último pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

7. Seguimento.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a presentar, nun prazo máximo de 3 meses contados

a partir da finalización da actividade subvencionada, unha memoria científica final que resuma o alcance dos obxectivos propostos na solicitude xunto cunha descrición dos gastos efectuados e o equipamento adquirido.

Calquera modificación das condicións iniciais de aprobación da solicitude terá que ser previamente autorizada pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

No caso de que as axudas outorgadas se destinen a unha finalidade distinta a aquela para a que foron adxudicadas ou que o beneficiario incumpra algunha das condicións establecidas nestas bases procederá a revogación total ou parcial da axuda concedida e, de ser o caso, o reintegro das cantidades percibidas, conforme o disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa vixente redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

ANEXO V

Axudas a publicacións periódicas

Estas axudas teñen como finalidade potenciar na nosa comunidade autónoma a edición de publicacións periódicas de carácter científico, que sexan de interese para esta comunidade.

Bases da convocatoria.

1. Solicitantes.

As axudas poderán ser solicitadas por organismos e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (agás universidades galegas) e institucións sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan entre os seus fins a realización de actividades de investigación científica ou tecnolóxica.

2. Requisitos.

As axudas poderán solicitarse para aquelas publicacións periódicas que reúnan os seguintes requisitos:

2.1. Deberán ser publicacións editadas no exercicio orzamentario ao cal se imputa o financiamento destas axudas.

2.2. Estar en posesión do correspondente ISSN ou telo solicitado con anterioridade á data de peche da correspondente convocatoria.

2.3. Dispor de comité de redacción.

2.4. Dispor de sistema de avaliación, mediante censores, para a selección dos traballos que serán obxecto de publicación.

2.5. Admitir a publicación de artigos nas linguas propias dos países a que pertencen as institucións que participan na súa edición; no caso da lingua galega, deberán adaptarse ao disposto na lexislación

vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

3. Presentación e tramitación das solicitudes.

O modelo oficial PXI-nº 07 (cuxa cara externa se publica como anexo XIII a esta orde) está ao dispor dos interesados/as na internet nos enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in, e presentarase durante o período de presentación de solicitudes no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Dirección Xeral de I+D, antes citado.

Os solicitantes das axudas que se recollen neste anexo, que non pertenzan a organismos públicos, deberán achegar certificado de estar ao día de obrigas tributarias estatais, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Os solicitantes das axudas que se convocan neste anexo, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo do que depende o dito hospital.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Un exemplar do número da publicación para a que se solicita a axuda ou o proxecto do citado número.

-Avance do ingreso previsto por venda directa de exemplares ou subscricións, especificando o sistema de distribución empregado, co fin de que a Comisión de Selección de Investigación poida estimar a tendencia ou o autofinanciamento.

-O orzamento de edición realizado por unha imprenta.

-Declaración de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, polas distintas administracións públicas.

-No caso de institucións sen ánimo de lucro, copia cotexada dos estatutos da asociación ou entidade que formula a solicitude.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

4. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os servizos administrativos da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederán á revisión das solicitudes presentadas e comprobarán se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase do solicitante que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndoo de que, de non o facer, se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

5. Avaliación, selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), que elevará a proposta de resolución a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, á Consellería de Innovación, Industria e Comercio, para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión rexeitará todas as solicitudes encamiñadas á dotación de equipamento (material informático, mobiliarios, maquinaria, etc...) e ao pagamento de persoal das revistas.

Para os efectos de cuantificación das axudas, a comisión terá en conta a tiraxe, o interese científico da publicación e a súa extensión.

7. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante libramento aos beneficiarios a través do organismo ou institución sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia en que aqueles estean integrados. Previamente ao pagamento, e en todo caso antes do 30 de setembro, os beneficiarios deberán remitir á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

-Un exemplar das correspondentes publicacións, nas cales deberá constar a colaboración da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que lles poderá solicitar aos beneficiarios a presentación dunha memoria na cal se detalle o investimento da subvención concedida.

-Factura dos gastos de edición das publicacións (IVE excluído) e o correspondente xustificante de pagamento destas.

-Os adxudicatarios das axudas que se recollen neste anexo, que non pertenzan a organismos públicos, deberán achegar certificado de estar ao día de obrigas tributarias estatais, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Os adxudicatarios destas axudas procederán ao reintegro total ou parcial da axuda concedida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, sempre que a suma das axudas concedidas

non supere o orzamento total correspondente á axuda solicitada.

* Así mesmo, antes do pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

ANEXO VI

Axudas para organización de congresos

que se vaian celebrar en Galicia

Teñen como finalidade axudar os órganos individuais ou colectivos dos centros públicos de investigación da comunidade autónoma a sufragaren os gastos de organización de reunións de carácter científico e tecnolóxico, con estrutura de relatorios e comunicacións, que fosen seleccionados tras a apertura dun proceso aberto, entre o colectivo de interesados, para o envío de traballos e que teñan lugar na nosa comunidade autónoma e contribúan a difundir os coñecementos e os avances da investigación.

Bases da convocatoria.

1. Solicitantes e finalidade.

As axudas serán solicitadas para unha reunión científica específica, que se levará a cabo en Galicia, polo responsable do comité organizador desta, que terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dun centro público de investigación radicado nesta. Só se financiarán actividades con estrutura de relatorios e comunicacións que fosen seleccionados tras a apertura dun proceso aberto entre o colectivo de interesados para o envío de traballos.

2. Presentación de solicitudes.

O modelo oficial PXI-nº 08 (cuxa cara externa se publica como anexo XIV a esta orde) está ao dispor dos interesados/as na internet nos enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in, e presentarase durante o período anual de presentación de solicitudes no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes cubertas no modelo oficial deberán ir acompañadas, inescusablemente, da seguinte documentación:

-Certificación do organismo público ou centro de investigación en que conste expresamente a autorización de organización da actividade científica.

-No caso de que o congreso corresponda á modalidade A ou B das previstas no punto 4, documento en que conste o encargo da organización do congreso por parte dunha sociedade científica internacional ou nacional respectivamente, así como información

relativa aos dous congresos anteriores (sedes, datas de realización, etc.).

-Orzamento detallado de ingresos e gastos, segundo o modelo oficial.

-Programa provisional en que conste a relación prevista de conferenciantes invitados, e as actividades que se van realizar.

-Declaración escrita do solicitante en que conste o compromiso de que no programa definitivo do congreso, nas actas deste, pósters, etc., figurará a colaboración da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

-A composición do comité científico.

-Boletín de inscrición.

-Circular/es do congreso.

-Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo congreso, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Outros documentos que consideren oportunos.

Os solicitantes das axudas que se convocan neste anexo, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, e achegarán con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo do que depende o dito hospital.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ao disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro), e presentaranse a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

3. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os servizos administrativos da Dirección Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes presentadas e comprobarán se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase do solicitante que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndoo de que, de non o facer se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

4. Axudas.

4.1. Contía.

As axudas consistirán nunha subvención que en ningún caso excederá as cantidades, en euros, que a continuación se indican, segundo o seu carácter:

-Modalidade A: 5.000 euros.

-Modalidade B: 2.500 euros.

-Modalidade C: 1.250 euros.

Para os efectos de solicitude de axuda para a organización dun congreso enténdese:

-Que se inclúen na modalidade A aqueles congresos avalados por unha sociedade científica internacional, que teñen carácter periódico e con sede rotatoria a nivel internacional.

-Que se inclúen na modalidade B aqueles congresos avalados por unha sociedade científica nacional, que teñen carácter periódico e con sede rotatoria a nivel nacional.

-Que todos os restantes congresos se inclúen na modalidade C.

4.2. Utilización.

* As subvencións só se destinarán a financiar os gastos relacionados con algunha das seguintes actividades:

a) Difusión dos programas de reunión.

b) Custos de participación dos relatores e conferenciantes.

c) Edición das actas.

Unicamente se financiarán actividades que se realicen no exercicio orzamentario ao cal se imputa o financiamento destas axudas.

5. Avaliación, selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), que elevará a proposta de resolución á Consellería de Innovación, Industria e Comercio a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión de selección, en función das dispoñibilidades orzamentarias, determinará en cada caso o importe da axuda concedida tendo en conta a modalidade de congreso (A, B ou C) e a súa duración, sen superar os límites establecidos no punto 4.1 destas bases.

6. Pagamento da axuda.

As subvencións faranse efectivas aos beneficiarios mediante libramento ao organismo con personalidade xurídica propia; previamente ao pagamento, os beneficiarios deberán ter presentado o programa definitivo do congreso, e certificación expresiva da realización dos gastos correspondentes á subvención outorgada.

Esta documentación deberá presentarse no mes de celebración do congreso que se financie e, en todo caso, antes do 1 de decembro de 2005.

Será condición necesaria para o pagamento da axuda que no programa definitivo e na documentación que se publique conste a colaboración da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Excepcionalmente poderán eximirse desta obriga aquelas actividades que teñan lugar antes da resolución das axudas.

Así mesmo, antes do pagamento o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

7. Incidencias.

Calquera modificación que se vaia realizar nas actividades subvencionadas deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os adxudicatarios destas axudas procederán ao reintegro total ou parcial da axuda concedida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade sempre que a suma das axudas concedidas non supere o orzamento total correspondente á axuda solicitada.

Non observar calquera destas bases suporá a perda das cantidades percibidas como subvención.

ANEXO VII

Axudas para asistencia a reunións científicas

por parte de investigadores non vinculados

ás universidades galegas

Estas axudas teñen a finalidade de favorecer a participación dos investigadores da Comunidade Autónoma de Galicia en reunións de carácter científico co fin de fomentar o intercambio de coñecementos e a colaboración entre grupos de investigación. Establécense dous tipos de axuda:

a) Bolsas para asistencia a congresos, simposios, cursos ou seminarios.

b) Bolsas para asistencia a cursos.

Bases da convocatoria.

1. Solicitantes.

1.1. Asistencia a congresos, simposios e seminarios.

As axudas poderán ser solicitadas polos investigadores do cadro de persoal, outros investigadores contratados e bolseiros de predoutoramento e asimilados vinculados a centros públicos de investigación radicados na comunidade autónoma, agás os que teñen algún tipo de vinculación (relación funcionarial, contrato, bolsa, etc...) con algunha das universidades do Sistema Universitario de Galicia.

1.2. Asistencia a cursos.

As axudas para asistencia a cursos poderán ser solicitadas unicamente polos bolseiros de terceiro ciclo e bolseiros asimilados que estean a colaborar en actividades de investigación en centros públicos de investigación da comunidade autónoma diferentes das universidades do Sistema Universitario de Galicia.

A exclusión en ambas as modalidades de axuda dos investigadores vinculados ás universidades do Sistema Universitario de Galicia é debida a que a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento contribúe coas universidades a sufragar as axudas que anualmente cada unha delas convoca con esta finalidade para os seus investigadores.

2. Solicitudes.

O modelo oficial de solicitudes PXI-nº 09 (cuxa cara externa se publica como anexo XV a esta orde) está ao dispor dos interesados na internet nos enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in, e presentarase durante o período anual de presentación de solicitudes no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Dirección Xeral de I+D, antes citado.

Os solicitantes das axudas que se convocan neste anexo, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, achegando con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo do cal depende o dito hospital.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

a) No caso de asistencia a congresos, simposios e seminarios:

-Documento acreditativo da categoría do solicitante. No caso de persoal interino ou contratado, o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria. Naqueles casos en que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, se é o caso, deberá acreditarse.

-Declaración xurada do solicitante en que conste que carece de vinculación coas universidades do sistema universitario de Galicia (vinculación funcionarial, contrato, bolsas, etc.).

-Resumo do traballo/comunicación que se vai expoñer na reunión.

-Xustificante de aceptación do traballo/comunicación que se vai expoñer na reunión.

-Declaración xurada do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

Ademais dos documentos anteriores deberá xuntarse:

-Para o caso de doutores: relación das 5 publicacións máis salientables dos 3 últimos anos. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación, ou daquela en que figuren os datos salientables desta (autor/es, título, editorial, revista, etc.), e da última páxina.

-Para o caso dos solicitantes non doutores: informe do director da tese en que conste o interese que ten a asistencia do solicitante á dita reunión.

Nos traballos de máis dun autor só se poderá solicitar unha axuda para un dos asinantes. Un mesmo investigador só poderá solicitar unha axuda nesta convocatoria para asistir a reunións científicas. En ningún caso se lles concederán bolsas para a asistencia a unha mesma reunión a máis de dous membros do mesmo grupo de investigación.

b) No caso de cursos monográficos.

-Documento acreditativo da categoría do solicitante.

-Solicitude de inscrición no curso.

-Programa do curso.

-Informe do responsable da actividade investigadora do solicitante en que conste o interese do curso para a formación do peticionario.

-Declaración xurada do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

3. Contía e finalidade das axudas.

O importe máximo das axudas concedidas será o seguinte:

-360 euros brutos para congresos e reunións en territorio nacional e Portugal.

-650 euros brutos para congresos e reunións noutros países europeos.

-1.100 euros brutos para congresos e reunións que se realicen noutros países.

En ningún caso se financiarán actividades que se realizasen con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano da convocatoria ou que se vaian realizar con posterioridade ao 31 de decembro do mesmo ano, tomando, para estes efectos, como referencia a data de comezo do congreso, simposio, seminario ou curso.

Tampouco se financiarán solicitudes relativas a actividades que se leven a cabo na mesma provincia en que o solicitante desenvolve a súa actividade.

4. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os servizos da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e, no caso de que a solicitude non estivese convenientemente cuberta ou acompañada da correspondente documentación, requirirase do solicitante que, no prazo máximo de dez días, repare a falta e xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, de non o facer, se considerará desistido da súa petición e se procederá ao arquivo desta sen máis trámites, de conformidade co disposto no artigo 71.1º da Lei 4/1999.

Non axustarse aos termos da convocatoria será causa de desestimación da solicitude presentada.

5. Avaliación, selección e resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), que elevará a proposta de resolución á Consellería de Innovación, Industria e Comercio a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Para a selección dos beneficiarios a comisión terá en conta os seguintes criterios:

-Aos solicitantes que non sexan doutores e teñan acadado a suficiencia investigadora prevista no Real decreto 778/1998, daráselles prioridade para asistencia a congresos que teñan lugar en España ou Portugal.

-Aos solicitantes que sexan doutores valoraránselles as cinco publicacións máis salientables dos 3 últimos anos e daráselles prioridade para asistencia a congresos de carácter internacional. A valoración das publicacións dos tres últimos anos realizarase aplicando a seguinte fórmula:

Ax3+Bx2+Cx1

5

A=número de publicacións de carácter internacional.

B=número de publicacións de carácter nacional.

C=número de publicacións de carácter local.

En función das solicitudes recibidas e dos orzamentos dispoñibles, a comisión de selección poderá fixar unha puntuación mínima por debaixo da cal non se terá dereito á axuda.

Daráselles prioridade a aquelas solicitudes correspondentes a persoas que non resultaron beneficiarias dunha destas axudas na convocatoria do ano anterior.

6. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante libramento único e directo aos beneficiarios, que deberán presentar a seguinte documentación:

Para asistencia a congresos, simposios e seminarios:

a) Declaración xurada en que conste que non recibiron ningún financiamento por parte doutras entidades para o mesmo fin.

b) Aceptación do traballo por parte da entidade, institución ou persoa organizadora da reunión, sempre que non fose entregada xa no momento de solicitar a axuda.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. A dita declaración farase antes do pagamento da subvención.

d) Certificación de asistencia.

Para asistencia a cursos monográficos:

a) Declaración xurada en que conste que non recibiron ningún financiamento por parte doutras entidades para o mesmo fin.

b) Xustificación de ter feito o curso.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. A dita declaración farase antes do pagamento da subvención.

7. Incidencias.

O incumprimento dalgunha das condicións establecidas nesta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas segundo o disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa vixente redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

ANEXO VIII

Axudas para investigadores/tecnólogos visitantes

Estas axudas teñen como finalidade a incorporación de investigadores e tecnólogos visitantes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Bases da convocatoria.

1. Solicitantes.

As axudas, no modelo oficial PXI10 que se publica como anexo XVI a esta orde, están á disposición

dos interesados na internet nos seguintes enderezos http://www.dxid.org, http://www.xunta.es/conselle/in ou http://www.cesga.es/sxid, e poderán ser presentadas unicamente polas universidades de Galicia, pola coordinadora institucional en Galicia do Consello Superior de Investigación Científica (CSIC), polo representante en Galicia do Instituto Español de Oceanografía (IEO) ou polos responsables dos centros públicos de investigación da Xunta de Galicia.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Dirección Xeral de I+D, antes citado.

As solicitudes deberán referirse a investigadores e tecnólogos de fóra de Galicia que non estivesen de forma continuada, no correspondente organismo, no ano anterior, e as estadías para as que se solicita a axuda deberán realizarse de maneira íntegra no ano da convocatoria. Para un mesmo grupo receptor non se poderán solicitar estadías por un período superior a 6 meses, entendéndose este límite referido tanto a un único visitante como á suma das estadías de varios candidatos. As ditas solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Curriculum vitae do investigador/tecnólogo ao cal se convida.

b) Fotocopia do DNI ou pasaporte do investigador/tecnólogo convidado.

c) Breve memoria referente á actividade que vai realizar durante a estadía, con indicación da duración desta en meses.

d) Declaración de todas as axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Os solicitantes das axudas que se convocan neste anexo, que pertenzan a hospitais que xestionen as súas actividades de investigación a través de fundacións de interese galego (Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego), poderán solicitar que a subvención sexa librada a favor destas entidades, e achegarán con este fin autorización para o libramento dos ditos fondos, que será emitida polo responsable do organismo do cal depende o dito hospital.

2. Contía.

A contía das axudas estará comprendida entre 1.500 euros e 1.800 euros mensuais.

3. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os servizos administrativos da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase do solicitante que no prazo de dez días a complete ou emende os erros detectados, con advertencia de que, de non o facer, se considerará

que desistiu da súa solicitude, e se procederá consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que se poida acordar outro tipo de actuacións.

4. Avaliación, selección e resolución.

A selección dos beneficiarios será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, e nomeada polas ordes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), que elevará a proposta de resolución á Consellería de Innovación, Industria e Comercio a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A selección farase tendo en conta os criterios que se relacionan a continuación por orde decrecente de prioridade:

-Méritos do candidato proposto.

-Interese científico-técnico da actividade que vai realizar o candidato.

-Contribución que o candidato poida ofrecer á investigación do/dos grupo/s receptor/es.

A comisión daralles prioridade a aquelas solicitudes referentes aos programas prioritarios do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, así como a aquelas solicitudes referentes ás accións de especial interese no contexto do plan.

Non serán prioritarias as solicitudes relativas a candidatos que resultasen beneficiarios destas axudas nas convocatorias de anos anteriores.

5. Libramento da axuda.

As axudas faranse efectivas mediante libramento directo ao organismo ao cal se incorporará o visitante, unha vez presentada a seguinte documentación:

-Xustificación do organismo correspondente en que conste que se realizou a estadía e se indique o período en que aquela tivo lugar.

-Certificación expresiva da realización dos gastos destinados para tal efecto.

-Memoria en que se resuman as actividades realizadas polo visitante.

-Declaración xurada de todas as axudas solicitadas e pendentes de resolución ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

6. Incidencias.

A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá todas as dúbidas e incidencias que puidesen xurdir na aplicación desta convocatoria.