DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2005 Páx. 1.493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 24 de xaneiro de 2005 pola que se regulan as solicitudes, no ano 2005, de axudas a superficies, primas gandeiras, prima láctea e indemnización compensatoria e se establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.

I

A reforma da Política Agrícola Común (PAC) da Unión Europea aprobada en xuño de 2003 pretende darlles aos agricultores europeos liberdade para producir o que o mercado demande. No futuro, a maior parte das subvencións aboaranse como un pagamento único por explotación e con independencia do volume de produción aínda que os Estados membros poderán optar por conservar unha vinculación parcial entre as axudas e a produción.

As axudas á explotación vincularanse ao respecto ao ambiente, á salubridade alimentaria e ás normas sobre benestar animal.

O Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da Política Agrícola Común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores e polo que se modifican os Regulamentos (CEE) nº 2019/1993, (CE) nº 1452/2001, (CE) nº 1453/2001, (CE) nº 1454/2001, (CE) nº 1868/1994, (CE) nº 1251/1999, (CE) nº 1254/1999, (CE) nº 1673/2000, (CEE) nº 2358/1971 e (CE) nº 2529/2001, no seu artigo 71, permite que os Estados membros poidan aplicar o réxime de pagamento único establecido no seu título III despois dun período transitorio que concluirá o 31 de decembro de 2005 ou o 31 de decembro de 2006.

En España decidiuse aplicar o réxime de pagamento único a partir do 1 de xaneiro de 2006, polo que é preciso determinar os requisitos de necesario cumprimento, ligados aos sistemas vixentes de axudas directas aos agricultores para a campaña 2005/2006 e gandeiros no ano 2005, durante este período transitorio.

II

O artigo 18 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 establece que en cada Estado membro se instaurará un sistema integrado de xestión e control que se aplicará aos réximes de axuda establecidos en virtude dos títulos III e IV do dito regulamento.

Tamén determina o mesmo Regulamento que este sistema integrado comprenderá, entre outros elementos un sistema de identificación de parcelas agrarias establecido a partir de mapas ou documentos catastrais ou outras referencias cartográficas usando técnicas dos sistemas informáticos de información xeo

gráfica, incluídas, preferentemente, as ortoimaxes aéreas ou espaciais e que será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2005.

Co obxecto de establecer o marco de colaboración técnica, financeira e administrativa para a xeración do sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia, formalizáronse os correspondentes convenios entre o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) e a Comunidade Autónoma de Galicia.

No Estado español, o Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establece os criterios básicos que han de garantir o correcto funcionamento do sistema de información xeográfica de identificación de parcelas (SIXPAC), como ferramenta de obrigada utilización na xestión de axudas comunitarias, sendo a base identificativa de parcelas obxecto de calquera tipo de axuda baseada na superficie.

III

Os produtores dos cultivos herbáceos recollidos no anexo IX do Regulamento (CE) nº 1782/2003, recibirán unha axuda por hectárea por superficie cultivada ou retirada da produción establecida no capítulo 10 do título IV do dito regulamento. Dentro deste título, os capítulos 2, 5 e 13 establecen respectivamente, axudas aos produtores de proteaxinosas, cultivos enerxéticos e leguminosas gran.

Así mesmo, no capítulo 12 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 determínanse as condicións en que se concederán os pagamentos por gando vacún aos gandeiros produtores de bovino de carne no período de transición.

Polo que se refire ás primas por gando ovino e cabrún, o capítulo 11 do título IV do dito regulamento establece as condicións en que se concederán as primas ou pagamentos adicionais aos gandeiros que críen ovino e cabrún durante o período transitorio.

Tamén no capítulo 7 do mesmo título IV do Regulamento citado se determinan as condicións para a percepción da prima láctea e pagamentos adicionais, a partir de 2004 e ata 2007 para os produtores de leite.

O Regulamento (CE) nº 1973/2004 da Comisión, do 29 de outubro de 2004, establece normas de aplicación comúns para os esquemas de axudas dispostos no citado Regulamento (CE) nº 1782/2003.

O Real decreto 2353/2004, do 23 de decembro, establece as normas básicas sobre determinados réximes de axuda comunitarios á agricultura para a campaña 2005/2006 e gandería para o ano 2005.

Así mesmo, o Real decreto 543/2004, do 13 de abril, sobre determinadas axudas directas comunitarias no sector lácteo en España nos anos 2004, 2005 e 2006, define o marco básico no que deben encadrarse as actuacións das administracións competentes na tramitación, resolución e pagamento destas axudas no Estado español neses anos.

IV

A todas as axudas do punto III anterior seranlles de aplicación as disposicións relativas á condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión e control do Regulamento (CE) nº 1782/2003 e do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores.

Neste sentido, o Real Decreto 2352/2004, do 23 de decembro, sobre a aplicación da condicionalidade en relación coas axudas directas no marco da política agrícola común, determina o conxunto de boas prácticas agrarias cun nivel de exixencias para todo o territorio nacional e un sistema de control, evitando distorsións entre explotacións e orientacións produtivas.

V

No que atinxe ás indemnizacións compensatorias, no capítulo V do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, sobre axuda ao desenvolvemento rural, e no Regulamento (CE) nº 817/2004, da Comisión, do 29 de abril, defínense as condicións básicas para a percepción destas axudas en determinadas zonas desfavorecidas, co obxectivo de asegurar un uso continuado das terras agrarias, contribuíndo ao mantemento dunha comunidade rural viable.

Con base no anterior, a Decisión C (2000) 3549, da Comisión, do 24 de novembro, modificada pola Decisión C (2001) 4739, do 20 de decembro, aproba o documento de programación sobre desenvolvemento rural (medidas de acompañamento) para España, referido ao período 2000-2006, no que se detallan as condicións para a aplicación da medida de indemnización compensatoria no dito período.

Ademais, o Real Decreto 3482/2000, do 29 de decembro, regula a indemnización compensatoria en determinadas zonas desfavorecidas, establecendo o marco básico para a tramitación destas axudas no Estado español, xunto co Real decreto 708/2002, do 19 de xullo, polo que se establecen medidas complementarias do programa de desenvolvemento rural para as medidas de acompañamento da política agraria común.

VI

Ao abeiro da normativa comunitaria aplicable, constituída basicamente, polo Regulamento (CE) nº 1258/1999, do Consello, do 11 de maio, desenvolvido polo Regulamento (CE) nº 1663/1995, da Comisión, do 7 de xullo, e co Real decreto 327/2003, do 14 de marzo, que regula o réxime dos organismos pagadores e de coordinación co FEOGA-Garantía, o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) é o organismo pagador dos gastos financiados polo FEOGA-Garantía nesta comunidade autónoma, segundo o disposto no Decreto 359/1996, do 13 de setembro, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo.

Ademais, o dito organismo, creado pola Lei 7/1994, do 29 de decembro, coa denominación actual establecida pola disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, ten atribuídas, entre outras, as competencias para a xestión das accións derivadas da Política Agrícola Común (PAC), o que se desprende tamén do disposto no Decreto 128/1996, do 14 de febreiro, que desenvolve a Lei 7/1994.

Pola súa parte, conforme o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, de estrutura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, correspóndelle á Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria a función de autorización do pagamento das indemnizacións compensatorias tendo, para tal efecto, a consideración de órgano de dirección do organismo pagador dos gastos relacionados coa política agraria común.

VII

Coa intención de lles facilitar aos interesados a tramitación das súas solicitudes, prevese a posibilidade de que con anterioridade á súa presentación estes poidan dirixirse ás sucursais das entidades financeiras con implantación nesta comunidade autónoma que teñan asinado un convenio para o efecto, para que estas se encarguen da mecanización de diversos aspectos relacionados cas solicitudes, ao abeiro do disposto na orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 21 de decembro de 2001, sen que as ditas actuacións previas produzan efectos de presentación no sentido previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

IX

De acordo con todo o exposto, sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria e estatal correspondente que, en parte, se transcribe para unha maior operatividade, a razón desta orde é definir as normas de aplicación e o procedemento para a tramitación e concesión de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, dentro dunha solicitude unificada no ano 2005 así como doutras primas gandeiras nesta comunidade autónoma, determinando a súa imputación económica con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural para o ano 2005. Ademais, nesta orde determínase a forma de utilización do SIXPAC e o procedemento para a tramitación de solicitudes de modificacións puntais a el en Galicia.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito.

1. Esta orde regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión, aos titulares de

explotacións agrarias situadas en Galicia, das seguintes axudas e primas para o ano 2005:

1.1. Axudas incluídas na solicitude unificada de axudas a superficies, primas gandeiras e indemnización compensatoria:

a) As axudas por superficies, establecidas no capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003, aos produtores de determinados cultivos herbáceos.

b) A axuda específica por hectárea ás proteaxinosas establecida no capítulo 2 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

c) A axuda específica por hectárea aos cultivos enerxéticos establecida no capítulo 5 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

d) As axudas por superficie para certas leguminosas gran (lentellas, garavanzos, vezas e ervella brava), establecidas no capítulo 13 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

e) As primas en beneficio aos produtores que manteñan na súa explotación vacas nutrices, establecida no artigo 125 do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

f) A prima nacional complementaria aos produtores de vacas nutrices, establecida no citado artigo 125.

g) O pagamento por extensificación para os beneficiarios da prima especial, prima á vaca nutriz ou a ambas, establecida no artigo 132 do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

h) A prima en beneficio dos produtores de ovino e cabrún, establecida no artigo 113 do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

i) A prima adicional para a cría de ovinos e cabrúns en determinadas zonas desfavorecidas da comunidade, establecida no artigo 114 do anterior regulamento, e os pagamentos adicionais previstos no seu artigo 119.

j) A prima láctea e pagamentos adicionais recollidas no capítulo 7 do título IV do mesmo regulamento.

k) A indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, conforme os artigos 13 a 20 do Regulamento (CE) nº 1257/1999 e o Regulamento (CE) nº 817/2004, da Comisión, do 29 de abril, que establece disposicións de aplicación do anterior.

1.2. Outras primas gandeiras:

a) A prima especial aos produtores de carne de vacún, establecida no artigo 123 do Regulamento (CE) nº 1782 /2003, do Consello, do 29 de setembro.

b) A prima por sacrificio de bovinos, cando o mesmo se realice dentro da Unión Europea o cando se exporten a un país terceiro, de acordo co artigo 130 do citado regulamento.

c) Os pagamentos adicionais a produtores de gando bovino, para solicitantes de prima por vaca nutriz, prima especial de carne de vacún e prima por sacrificio no marco dos artigos 134 y 135 do citado regulamento.

2. Tamén se regula nesta orde a implantación en Galicia do sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (SIXPAC) e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do sistema integrado de xestión e control e do resto de réximes de axuda da PAC, relacionados ca superficie, de acordo co establecido no Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro.

3. Así mesmo, esta orde regula a aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axudas comunitarios, de acordo co previsto nos Regulamentos (CE) nº 1782/2003, do Consello, e (CE) nº 796/2004, da comisión.

4. Ademais, establécense as boas condicións agrarias e agroambientais que deberán cumprir os agricultores solicitantes de axudas directas da PAC no marco do Regulamento (CE) nº 1782/2003, con relación á condicionalidade, e ao sistema de control e aplicación de reducións e exclusións de acordo co Regulamento (CE) nº 796/2004.

5. Para os efectos do disposto nesta orde, para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia, deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o produtor presente solicitude de axuda por superficies, de indemnización compensatoria ou declaración de superficies forraxeiras, cando a maior parte da superficie da explotación, se encontre en Galicia.

b) Nos demais casos, cando la maior parte da explotación gandeira pola que se solicite a prima se encontre en Galicia.

Artigo 2º.-Solicitudes e declaracións de superficie.

1. Os produtores que desexen obter algunha das axudas citadas nos puntos 1.1.a, 1.1.b, 1.1.c e 1.1.d do artigo 1º, deberán presentar unha solicitude única de axuda por superficie, en que se conteñan todas as parcelas agrícolas da explotación.

Así mesmo, deberán presentar a solicitude única:

-Os produtores de gando vacún que necesiten xustificar a superficie forraxeira, de acordo co disposto nos artigos 37º e 44º desta orde, para os efectos do cálculo do factor de densidade gandeira e para o pagamento por extensificación.

-Os produtores que deban realizar a declaración de superficies de forraxes con destino a desecación.

2. Os produtores que desexen obter axudas por gando ou indemnización compensatoria deberán presentar, ademais da solicitude única, a ou as solicitudes específicas correspondentes.

Ademais, os produtores de ovino e cabrún que desexen obter a prima adicional establecida no artigo 58º desta orde, cuxas explotacións non se encontren situadas na súa totalidade nas zonas mencionadas no anexo 18 desta orde, deberán xustificar que, polo menos o 50 por cento da superficie agrícola da súa explotación se encontra situada nunha das ditas zonas. Para iso presentarán unha declaración de acordo cas seguintes normas:

-Os produtores que teñan que presentar anualmente unha declaración da superficie agrícola útil total, de acordo co previsto no artigo 22 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, deberán indicar, nesa declaración, as parcelas agrícolas situadas nas zonas mencionadas no anexo 18 desta orde ou, se é o caso, nas zonas indicadas no punto 2 do artigo 57º.

-Os produtores que non teñan que presentar a declaración a que se refire o anterior parágrafo, deberán presentar unha declaración específica en que se indique a localización das terras que posúa, arrende ou utilice por calquera medio e a súa superficie.

3. Sen prexuízo do anterior, quedan exentos da presentación da declaración de superficies forraxeiras:

-Os produtores de vacas nutrices e de bovinos machos, cando o número de animais que deba tomarse en consideración para a determinación da carga gandeira da súa explotación non supere as 15 UGM e que, ademais, non desexen beneficiarse do pagamento por extensificación establecido no artigo 44º.

-Os produtores de vacún que desexen beneficiarse, exclusivamente, das primas por sacrificio establecidas no artigo 49º desta orde e da prima láctea establecida no seu capítulo V.

Artigo 3º.-Modelos de solicitude e documentación básica.

1. Solicitude unificada.

Os interesados en obter os pagamentos por superficie de cultivos herbáceos e leguminosas gran, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino-cabrún, prima láctea e indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas, deberán presentar unha única solicitude de acordo cos modelos do anexo 1.

2. Solicitude doutras primas gandeiras.

Para a prima especial aos produtores de carne de vacún e para a prima ao sacrificio poderase presentar máis dunha solicitude ao longo do ano de maneira individualizada de acordo cos modelos do anexo 2.

3. Con anterioridade a súa presentación, os produtores poderán tramitar as axudas incluídas na solicitude unificada a través das entidades financeiras que teñan asinado ou asinen un convenio para o efecto co Fogga ao abeiro do disposto na orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 21 de decembro de 2001.

4. As solicitudes deberán ser asinadas polo titular da explotación ou persoa debidamente autorizada por el no seu nome.

5. Coas solicitudes xuntaranse, ademais dos específicos de cada tipo de axuda, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF ou DNI do solicitante. No caso de que o DNI non leve a letra do NIF, será necesario presentar, ademais, fotocopia do NIF.

b) Certificado da entidade financeira acreditativo do código conta-cliente da titularidade do solicitante, para a transferencia das axudas, ou selo da entidade financeira no impreso indicativo da conta bancaria para os mesmos efectos de acreditación.

c) Documento de autorización de sinatura da solicitude se non é o titular quen a asina e a presenta.

d) Ademais, cando na solicitude de axudas (anexo 1 DP) non se autorizase o Fogga e a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda, a expedición dos certificados acreditativos de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, ca Administración pública desta comunidade autónoma, deberá achegar por si mesmo as ditas certificacións xunto coa solicitude.

e) En caso de novos solicitantes, copia do impreso de cambio de titularidade da explotación ou da solicitude de alta como explotación agraria na base de datos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

f) Certificado de non ter débedas coa seguridade social, no caso de que o solicitante non autorice o Fogga e á Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria para solicitar directamente esta información (anexo 1 DP).

6. Os certificados previstos nos puntos d) e f) do epígrafe 5 anterior non serán exixibles cando o importe a percibir non exceda de 1.500 euros por beneficiario e axuda, ao abeiro do disposto no artigo 41 da Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orzamentos da comunidade autónoma para 2005.

Artigo 4º.-Prazo de presentación e de admisión de solicitudes.

1. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda por cultivos herbáceos, leguminosas gran, da declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino cabrún, prima láctea e indemnización compensatoria, empezará o día 1 de febreiro de 2005 e finalizará o día 11 de marzo de 2005.

2. Ademais do anterior:

a) As solicitudes de prima especial de vacún poderanse presentar desde o 1 de xaneiro ata el 31 de decembro de 2005.

b) As solicitudes de primas ao sacrificio presentaranse dentro dos catro meses seguintes á data de sacrificio de cada animal e, en todo caso, nos seguintes períodos:

a) Do 1 ao 31 de marzo de 2005.

b) Do 1 ao 30 de xuño de 2005.

c) Do 1 ao 30 de setembro de 2005.

d) Do 1 de decembro de 2005 ao 15 de xaneiro de 2006.

A primeira das solicitudes de prima ao sacrificio presentada por un produtor constituirase en declaración de participación no réxime de axuda, de acordo co disposto na sección 5 do capítulo 13 do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

No caso de animais que se exporten vivos a terceiros países, o prazo de catro meses contarase a partir da data de exportación.

3. De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento (CE) nº 796/2004, a presentación das solicitudes de axuda por superficie ou por gando ou prima láctea fóra dos prazos sinalados nos parágrafos 1 e 2 b) dará lugar a unha redución, do 1% por día hábil, dos importes aos que o produtor tería dereito no caso da presentación no prazo previsto, excepto nos casos de forza maior.

No caso de atraso superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.

Cando as solicitudes de axuda por superficie correspondentes ás superficies forraxeiras se presenten fóra de prazo, a redución acumularase ás reducións aplicables pola presentación tardía das solicitudes de axuda establecidas nos artigos 131 e 132 do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

Artigo 5º.-Lugar de presentación das solicitudes.

1. Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por la Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a solicitude única de axudas e as correspondentes a outras primas gandeiras presentaranse na Oficina Agraria Comarcal en que estea situada a explotación ou, se é o caso, onde estea a maior parte da superficie da relación de parcelas agrícolas incluídas na solicitude unificada.

2. Non obstante, para a cobertura da solicitude unificada os interesados poderán dirixirse ás oficinas das entidades financeiras asinantes do convenio co Fogga para a tramitación das axudas e primas desta orde, ao abeiro do disposto na orde desta consellería do 21 de decembro de 2001 (DOG do 28 de decembro), segundo o disposto no artigo 2.3º, para a súa posterior presentación na Oficina Agraria Comarcal correspondente.

3. Para os efectos do cómputo dos prazos establecidos nesta orde, unicamente se terá en conta a data de presentación que conste no selo da oficina do rexistro administrativo correspondente.

Artigo 6º.-Definicións.

Para os efectos do previsto nesta orde establécense as seguintes:

1. Definicións relativas a axudas por superficie, primas por gando e prima láctea:

a) Explotación, o conxunto de unidades de produción xestionadas polo titular da explotación que se encontren no territorio do Estado español.

b) Produtor, a persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, cuxa explotación se encontre no territorio do Estado español.

c) Parcela agrícola, a superficie continua de terreo en que un único titular de explotación realice unha única utilización.

Considerarase como parcela agrícola a que conteña, pola súa vez, árbores, sempre que o cultivo herbáceo ou os labores de barbeito, no caso de que sexa afectada polo cumprimento do requisito de retirada de terras, poidan ser realizadas en condicións similares ás das parcelas non arbóreas da mesma zona.

d) Utilización: a utilización que se faga da superficie en termos de tipo de cultivo ou cuberta vexetal ou ausencia deles.

e) Parcela de referencia: superficie delimitada xeograficamente que ten unha identificación única, tomada da base do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas (SIXPAC).

f) Recinto SIXPAC: cada unha das superficies continuas de terreo dentro dunha parcela con uso agrícola único dos definidos dentro do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas.

g) Superficie forraxeira: a superficie da explotación dispoñible durante todo o ano natural para a cría de bovinos, ovinos ou cabrúns en relación co disposto no artigo 8 do Regulamento (CE) nº 796/2004 da comisión, do 21 de abril de 2004, polo que se establecen disposicións para a aplicación da condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión natural e control previstos no Regulamento (CE) nº 1782/2003. Non se contabilizarán nesta superficie:

-As construcións, os bosques, os corgos e os camiños.

-As superficies que se empreguen para outros cultivos beneficiarios dun réxime de axuda comunitario ou que se utilicen para cultivos permanentes ou hortícolas.

-As superficies ás que se aplique o réxime de apoio fixado para os produtores de determinados cultivos herbáceos, utilizadas para réxime de axuda para as forraxes desecadas ou obxecto dun programa nacional ou comunitario de retirada de terras.

A superficie forraxeira incluirá as superficies utilizadas en común e as que estean dedicadas a un

cultivo mixto, debendo comprender, polo menos, un 50 por 100 de terra de pastoreo, cando o solicitante se acolla ao pagamento por extensificación e, neste caso, as superficies dedicadas a cultivos herbáceos non serán consideradas como forraxeiras.

h) Terra de pastoreo, a superficie ocupada por calquera produción vexetal espontánea ou sementada que proporciona alimento ao gando vacún ou ovino mediante pastoreo ou de maneira mixta: pastoreo e como forraxe, en verde ou conservado.

i) Pastos permanentes: as terras utilizadas para o cultivo de gramíneas ou outras forraxes herbáceas, xa sexan naturais (espontáneas) ou cultivadas (sementadas), e non incluídas na rotación de cultivos da explotación por cinco anos ou máis.

j) Superficie agraria: a superficie total dedicada a terras de cultivo, pastos permanentes e cultivos permanentes.

k) Período de retención: o período durante o cal un animal polo que se presentou unha solicitude de axuda debe manterse na explotación. O período contará a partir do día seguinte ao de presentación da solicitude de axudas do sector vacún, e a partir do día da finalización do prazo para a presentación de solicitudes, no caso das axudas correspondentes ao ovino-cabrún.

l) Touro, un animal macho non castrado da especie bovina.

m) Boi, un animal macho castrado da especie bovina.

n) Vaca nutriz, a vaca que pertenza a unha raza cárnica ou que proceda dun cruzamento con algunha desas razas e que forme parte dun rabaño que estea destinado á cría de xatos para a produción de carne.

o) Xovenca, o bovino femia a partir de oito meses de idade que non teña parido.

p) Produtor de carne de ovino e cabrún, o gandeiro individual, persoa física ou xurídica, que asuma de forma permanente os riscos e a organización da cría de, polo menos, dez ovellas e, en todo caso, dez ovellas ou cabras nas explotacións situadas nas provincias de Ourense e Pontevedra ou nas zonas de montaña das de Lugo e A Coruña, tal como se definen no artigo 18 do Regulamento (CE) nº 1257/1999, do Consello, de 17 de maio, relativo a axudas ao desenvolvemento rural.

q) Ovella, toda femia da especie ovina que parise polo menos unha vez, ou que teña, como mínimo, un ano o último día do período de retención.

r) Cabra, toda femia da especie cabrúa que parise polo menos unha vez, ou que teña, como mínimo, un ano o último día do período de retención.

s) Cota láctea dispoñible: a cota láctea ca que conta cada produtor para a oportuna liquidación da taxa o 31 de marzo de 2005. Para estes efectos as cotas cedidas temporalmente serán consideradas como dispoñibles para o cesionario ou adquirente no período en cuestión. Da mesma maneira, no caso

de transferencia definitiva e en aplicación do punto 1 do artigo 43 do Real decreto 347/2003, as entregas certificadas e, se é o caso, as vendas directas declaradas por un produtor transferidor no momento de efectuar unha transferencia sempre e cando non superen a cota, excluída a procedente da reserva nacional.

t) Explotacións asociativas: aquelas que, segundo se establece no artigo 6 da Lei 19/1995, adoptan algunha das seguintes formas xurídicas:

-Sociedades cooperativas ou sociedades agrarias de transformación.

-Sociedades civís, laborais ou outras mercantís que, no caso de que sexan anónimas, as súas accións deberán ser nominativas, sempre que máis do 50 por cento do capital social, de existir este, pertenza a socios que sexan agricultores profesionais. Estas sociedades terán por obxecto exclusivo o exercicio de actividades agrarias na explotación da que sexan titulares.

2. Definicións correspondentes á indemnización compensatoria:

a) Explotación agraria: o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo seu titular no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fin de mercado e que constitúe en si mesma, unha unidade técnico-económica.

b) Titular de explotación: a persoa física ou xurídica que exerce a actividade agraria, organizando os bens e dereitos integrantes da explotación, con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidade civil, social e fiscal que poidan derivarse da xestión da explotación.

c) Agricultor a titulo principal: o agricultor profesional que obteña, polo menos, o 50% da súa renda, da actividade agraria exercida na súa explotación e o seu tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

d) Explotacións agrarias prioritarias: as explotacións agrarias familiares e as asociativas que estean cualificadas como prioritarias, conforme a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións.

e) Módulo base: a cantidade que haxa que pagar na indemnización compensatoria por hectárea de superficie indemnizable.

f) Boas prácticas agrarias: as que aplica un agricultor responsable na súa explotación e que inclúen o cumprimento dos requisitos ambientais obrigatorios e as que se foron definidas, expresamente, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para as actuacións en zonas desfavorecidas e que se indican no anexo 19.

g) Unidade de gando maior (UGM): os touros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos e os equinos de máis de seis meses. Para outras idades ou especies de gando establécese a seguinte equivalencia:

a) Os bovinos de seis meses a dous anos equivalen a 0.6 UGM.

b) Cada animal da especie ovino e cabrún equivale a 0,15 UGM.

3. Definicións relativas á condicionalidade.

a) Labrar a terra: alterar e remover mediante implementos mecánicos o perfil do solo nunha profundidade igual ou superior a 20 cm.

b) Pendente: a inclinación media do terreo calculada nun recinto SIXPAC a partir dun modelo dixital de elevacións, composto por unha malla de puntos cunha equidistancia entre estes dun máximo de 20 metros e unha precisión similar á da cartografía 1:10.000.

c) Parcela de forma complexa: aquela en que as operacións de laboreo se ven dificultadas pola existencia de ángulos vivos e en consecuencia por mínimos e cambiantes radios de xiro.

d) Carga gandeira efectiva: o gando calculado en unidades de gando maior (UGM) que, por hectárea de superficie forraxeira, se mantén principalmente a base de recursos naturais propios.

e) Vexetación espontánea invasora: aquelas especies herbáceas, arbustivas e arbóreas que aínda non poñendo en risco a capacidade produtiva dos solos agrícolas a medio e longo prazo, ameacen coa súa proliferación, con romper o tradicional equilibrio agroecolóxico dun predio ou zona de cultivo determinada e con afectar por extensión tanto os ecosistemas, como os campos de cultivo circundantes.

f) Alteración significativa da estrutura dos terreos: aquelas actuacións de reforma estrutural que inclúen cambios de usos do solo e modificación de elementos estruturais horizontais e verticais, levadas a cabo nunha superficie de máis de 5 hectáreas, así como, a construción de infraestruturas.

g) Explotacións gandeiras en estabulación permanente e semipermanente: aquelas explotacións que dispoñen de edificacións e espazos onde se concentra o gando destinadas á gardería ou á cría intensiva de todo tipo de animais.

h) Agricultura de conservación: as diversas prácticas agronómicas adaptadas a condicións locais dirixidas a alterar o menos posible a composición, estrutura e biodiversidade dos solos agrícolas, evitando así a súa posterior erosión e degradación. Entre diversas modalidades e técnicas de agricultura de conservación inclúense: a sementeira directa -non laboreo-, o mínimo laboreo -laboreo reducido, onde non se incorporan, ou só parcialmente e en moi breves períodos, os residuos de colleita-e o establecemento de cubertas vexetais entre sucesivos cultivos anuais ou entre filas de árbores en plantacións de cultivos leñosos.

Capítulo II

Do sistema de información xeográfica de

parcelas agrícolas

Artigo 7º.-Obxecto do SIXPAC.

O SIXPAC é o instrumento de xestión no marco do sistema integrado de xestión e control e resto

dos réximes de axuda da política agrícola común relacionados coa superficie, no marco do establecido no Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, defínense neste capítulo as normas de aplicación en Galicia do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC).

Artigo 8º.-Utilización do SIXPAC.

1. De acordo co Real decreto 2128/2004, o SIXPAC é o sistema de identificación de parcelas agrarias previsto no artigo 20 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores e polo que se modifican determinados regulamentos, para efectos da xestión e control dos réximes de axuda establecidos nesta orde, en que sexa preciso identificar as parcelas.

2. Non obstante, de forma excepcional e para o ano natural 2005 nas áreas indicadas no anexo 10, por razóns da existencia de modificacións territoriais aínda non reflectidas no SIXPAC, utilizaranse as referencias oficiais identificativas de catastro ou concentración parcelaria indicadas no dito anexo.

Artigo 9º.-Carácter e natureza xurídica do SIXPAC en Galicia.

1. De acordo co establecido no artigo 3.1º do Real decreto 2128/2004, o SIXPAC é un rexistro público de carácter administrativo, dependente do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) e da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), que contén información das parcelas susceptibles de beneficiarse das axudas comunitarias relacionadas coa superficie e dispón de soporte gráfico do terreo e das parcelas e recintos con usos e aproveitamentos agrarios definidos.

2. O SIXPAC na Comunidade Autónoma de Galicia configúrase como unha base de datos das características técnicas definidas no anexo 1 do Real decreto 2128/2004, que contén unha imaxe cartográfica dixitalizada de todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, composta por ortoimaxes aéreas e unha delimitación xeográfica de cada parcela do terreo coa súa referencia individualizada e os atributos correspondentes á súa xeometría e uso agrario.

Artigo 10º.-Acceso público a SIXPAC en modo consulta e información facilitada.

1. O SIXPAC na Comunidade Autónoma de Galicia está accesible, vía internet, na páxina web da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia. Esta páxina poderá consultarse, ademais, a través da intranet da Xunta de Galicia.

Así mesmo, a información estará accesible na páxina web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA).

2. A aplicación de consulta facilita información sobre a identificación de todos os recintos da Comunidade Autónoma de Galicia definidos polos parámetros de provincia, concello catastral, agregado, zona, polígono, parcela e recinto, a superficie deles e o uso asignado a cada un, entre os indicados no anexo 3, de acordo coa metodoloxía de constitución do sistema.

Artigo 11º.-Réxime de explotación e mantemento.

A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a través do Fogga, é a responsable da explotación e mantemento do SIXPAC en Galicia.

Artigo 12º.-Alegacións e solicitudes de modificación do SIXPAC.

1. As persoas interesadas poderán acceder á información contida no SIXPAC na forma establecida no artigo 10º para a verificación dos datos relativos aos recintos, podendo presentar, ben alegacións á dita información porque non corresponde coa realidade por un erro, ou ben solicitudes de modificación porque foi actualizada posteriormente respecto á utilizada na execución dos traballos de creación do SIXPAC.

2. Tendo en conta a finalidade do SIXPAC, estas alegacións ou solicitudes de modificación corresponderán en xeral ás seguintes causas:

a) Desconformidade do agricultor co uso asignado a un recinto completo.

b) Desconformidade do agricultor co sistema de explotación (secaño/regadío) nun recinto completo.

c) Desconformidade do agricultor co uso de parte dun recinto.

d) Desconformidade do agricultor co sistema de explotación (secaño/regadío) en parte dun recinto.

e) Existencia dunha parcela situada en zona urbana que ten un uso agrícola.

f) Desconformidade coa morfoloxía da parcela: este tipo de alegacións ou solicitudes de modificación deberán ser presentadas polos titulares catastrais das parcelas. Para tal efecto, exixiráselles para a súa admisión que achegen un acordo escrito dos titulares das parcelas estremeiras e serán estudadas conxuntamente coa Dirección Xeral de Catastro e resoltas en consecuencia.

g) Outras alegacións e solicitudes de modificación non contempladas anteriormente. Cando impliquen un cambio na superficie da parcela, este só será admisible se a alegación se acompaña dun informe xustificativo perfectamente documentado, asinado por técnico competente e visado por colexio oficial.

Todas as alegacións e solicitudes de modificación deberán ir acompañadas dunha saída gráfica da aplicación de consulta SIXPAC, mediante a cal os interesados exporán as aclaracións pertinentes.

3. As persoas interesadas na presentación de alegacións e modificacións ao SIXPAC deberán presentar a seguinte documentación identificativa do interesado:

a) Fotocopia do DNI ou CIF da persoa interesada.

b) En caso de persoas xurídicas ou físicas representadas, copia do DNI do representante legal, e documentación acreditativa desa representación.

Ademais, para acreditar a condición de interesado no recinto/parcela:

c) Cédula ou folla do padrón catastral.

d) Contrato de arrendamento, parzaría ou documento subscrito polo propietario, se non é o interesado.

e) Escritura pública de compravenda, nota simple do rexistro da propiedade ou outros que demostren o dereito ao uso da explotación.

f) Solicitude de axudas PAC da campaña anterior.

4. As alegacións e modificacións deberán presentarse segundo o modelo que figura no anexo 4 desta orde e dirixiranse ao director do Fondo Galego de Garantía Agraria, acompañada, en cada caso, da documentación indicada nel.

Artigo 13º.-Lugar e prazo de presentación de alegacións e solicitudes de modificación.

Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as alegacións e solicitudes de modificación ao SIXPAC presentaranse na Oficina Agraria Comarcal en que estea situado o recinto ou parcela ou a maior parte dos recintos/parcelas aos que afecten.

O prazo de presentación será desde o día seguinte á publicación desta orde ata o 31 de maio de 2005. As resolucións terán efecto sobre as superficies validadas das solicitudes de axuda tramitadas en 2005.

Artigo 14º.-Tramitación e resolución de alegacións e solicitudes de modificación.

1. As oficinas agrarias comarcais revisarán a documentación e cando se presenten deficiencias comunicaranllo ao interesado para que as emenden nun prazo de 10 días de acordo co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A comprobación polos servizos provinciais do Fogga da información subministrada polo interesado coa información reflectida no SIXPAC, poderá dar lugar ás seguintes propostas:

a) Proposta de resolución favorable da alegación se se comproba a veracidade dos datos que o agricultor proporciona, sen necesidade doutras actuacións.

b) Proposta de resolución desestimatoria que significará que a alegación non se pode aceptar.

c) Necesidade de información complementaria para solicitar ao interesado ou de visita ao recinto/parcela da explotación.

3. Elevadas as propostas correspondentes, as alegacións serán resoltas pola Dirección do Fogga, e procederase á súa comunicación persoal aos interesados.

4. Non obstante o anterior as alegacións ou solicitudes de modificación ás que se refire a letra f) do punto 2 do artigo 12º desta orde serán estudadas e resoltas segundo o procedemento que sexa establecido pola mesa de coordinación do SIXPAC, creada no artigo 7 do Real decreto 2128/2004.

5. Contra a resolución do director do Fogga caberá a interposición do recurso de alzada ante o presidente do citado organismo, no prazo dun mes contado desde a notificación da resolución a recorrer.

6. O prazo para resolver as alegacións ou solicitudes de modificación é de seis meses desde a súa presentación. Transcorrido o dito prazo, sen ditarse resolución expresa, entenderanse estimadas.

Artigo 15º.-Integración dos cambios no sistema.

1. Os cambios na base de datos do SIXPAC derivados das modificacións ou das alegacións referidas aos usos, sistema de explotación ou de unións ou divisións de recintos realizaranos os servizos provinciais do Fogga, una vez resoltas aquelas. Estes cambios quedarán así actualizados e integrados na base de datos SIXPAC.

2. Os datos que se integran no SIXPAC e resulten dun falseamento nas propostas de modificación non terán eficacia xurídica para os efectos da súa consideración como dato na xestión de axudas financiadas total ou parcialmente con cargo ao FEOGA-Garantía, polo que, en ningún caso, xerarán dereitos para os efectos de axudas afectadas polo SIXPAC,sen prexuízo doutras responsabilidades en que puidese incorrer.

Capítulo III

Das solicitudes de axudas por superficie

Sección primeira

Disposicións xerais

Artigo 16º.-Contido da solicitude única de superficies.

1. Na solicitude única de superficies deberán relacionarse a totalidade das parcelas agrícolas e das superficies forraxeiras da explotación, que incluirán todas as utilizacións presentes nela.

2. Para cada parcela agrícola deberá, así mesmo, indicarse, no impreso PA do anexo 1:

a) As referencias identificativas, que serán as alfanuméricas correspondentes ao recinto ou recintos SIXPAC (ou parcelas catastrais ou de concentración parcelaria, segundo o anexo 10, se é o caso, nos supostos previstos no punto 2 do artigo 8º desta orde) que, en todo ou en parte, constitúen a correspondente parcela agrícola, constituídas por provin

cia, concello, zona, polígono, parcela e recinto, así como a superficie total do recinto e a superficie sementada que corresponde á parcela agrícola, en hectáreas con dous decimais, e o nome do predio ou lugar, se é o caso.

No que atinxe ás superficies forraxeiras de montes veciñais en man común ou semellantes, utilizadas conxuntamente por varios produtores, só se anotarán as referencias catastrais de provincia e concello relativas á situación dos distintos recintos ou parcelas, con indicación expresa do nome e, se é o caso, do código do monte veciñal ou similar, a superficie forraxeira de uso en común total do monte e a superficie utilizada polo solicitante.

b) O produto cultivado e o grupo de cultivo a que pertence, indicando tamén a variedade cando se trate de terras de pastoreo, de retirada de terras ou de liño téxtil, segundo se especifica no anexo 6 desta orde.

No caso das terras de pastoreo distinguiranse mediante o código de produto os pastos permanentes (segundo a definición dada no artigo 6º h) desta orde) dos non permanentes. No anexo 9 defínese o tipo de terras de pastoreo que se consideran en cada un dos códigos de variedade incluídos no anexo 6.

O solicitante diferenciará mediante o código de grupo de cultivo os réximes para os que se solicita axuda en cada parcela agrícola. En particular, diferenciará se a parcela agrícola deber ser tida en conta como superficie forraxeira, ben para efectos de carga gandeira ou de utilización para obter forraxes desecadas (non percibindo, entón, axudas por superficie para os cultivos subvencionables sementados nela), ou se solicita axuda no caso de produtos subvencionables de acordo con este capítulo desta orde (cereais, millo, oleaxinosas, proteaxinosas, leguminosas ou liño) ou ben renuncia a ela, ou se se trata doutras utilizacións.

No caso de liño téxtil, especificarase a data da sementeira e a dose de semente utilizada, segundo o anexo 8.

c) O sistema de explotación: secaño ou regadío.

Artigo 17º.-Documentación complementaria da solicitude única de superficies.

1. Ademais da documentación indicada no punto 5 do artigo 3º, a solicitude única de superficies deberá ir acompañada da seguinte:

a) Certificado da autoridade competente, segundo modelo do anexo 11, no caso de montes veciñais en man común, ou similares, onde existan as superficies forraxeiras utilizadas conxuntamente por varios produtores. No caso de montes que dispoñan de código, a relación de recintos SIXPAC e os tipos de pasto que o compoñen poderá ser remitida polo responsable do monte ao Servizo Provincial do Fogga.

b) Bosquexos anotados que permitan situar e localizar as parcelas agrícolas (agás montes veciñais en

man común ou similares), no caso de recintos SIXPAC con superficie superior a 10 ha e declarados parcialmente.

c) No caso de declarar parcelas con referencias de catastro de urbana, certificación da Xerencia Territorial do Catastro relativa a elas e plano ou bosquexo que permita a súa perfecta identificación no terreo.

Artigo 18º.-Superficie mínima por solicitude.

Os pagamentos directos concederanse só cando a solicitude de axuda por superficies de cultivos herbáceos no seu conxunto contemplada no capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, e para cada un dos réximes específicos de prima específica do trigo duro, prima ás proteaxinosas, axuda específica ao arroz, axuda aos cultivos enerxéticos, axudas ás sementes, axuda ao lúpulo e axuda ás leguminosas gran, contempladas respectivamente nos capítulos 1, 2, 3, 5, 9 e 10 quinquies e 13, sexa como mínimo de 0,3 hectáreas.

Artigo 19º.-Datas límite de sementeira.

A data límite de sementeira para os cereais, incluídos trigo duro e millo, oleaxinosas, proteaxinosas, liño non téxtil e liño para a produción de fibras e arroz, pertencentes aos réximes de axuda contemplados nos capítulos 1, 2, 3, 5 e 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, son as seguintes:

a) 31 de maio, para todos os cultivos herbáceos agás o millo doce, o cánabo para a produción de fibras e arroz.

b) 15 de xuño, para o millo doce e o cánabo para a produción de fibras.

c) 30 de xuño, para o arroz.

Artigo 20º.-Modificación das solicitudes de axudas por superficie e os seus requisitos.

1. De acordo co establecido no artigo 15 do Regulamento nº 796/2004 da Comisión, e sen prexuízo do disposto no parágrafo 3 deste artigo, unha vez finalizado o prazo para a presentación das solicitudes de axudas por superficie, as parcelas agrícolas que aínda non se declarasen na solicitude de axuda poderán engadirse a esta e poderán introducirse cambios relativos á utilización ou ao réxime de axuda, sempre que se cumpran os requisitos fixados nas normas sectoriais aplicables ao réxime de axuda correspondente.

2. A adición de parcelas agrícolas ou as modificacións introducidas de conformidade co parágrafo 1 comunicaranse por escrito ao servizo provincial do Fogga como moi tarde o 31 de maio de 2005.

3. Non obstante, cando o Fogga informe o produtor da existencia de irregularidades na súa solicitude de axuda ou cando lle manifestase a súa intención de levar a cabo un control sobre o terreo e cando este control puxese de manifesto a existencia de irregularidades, non se autorizarán as adicións nin

os cambios estipulados nos parágrafos 1 e 2 respecto das parcelas agrícolas afectadas pola irregularidade.

4. As modificacións das solicitudes de axudas por superficie recollidas neste artigo presentaranse no mesmo tipo de impresos específicos indicados no anexo 1, modelos PA e RS. Na súa cabeceira escribirase con letras maiúsculas a frase modificación de solicitude, especificando o número de expediente asignado á súa solicitude, o dato ou datos suxeitos a modificación e a documentación xustificativa deles. Non obstante, cando se trate de pequenos produtores sen obriga de retirar terras da produción, ou que só declarasen superficies forraxeiras, poderá utilizarse o impreso do anexo 12.

Artigo 21º.-Compatibilidade entre réximes de axudas por superficie.

1. Unha parcela agrícola non poderá ser obxecto dunha solicitude de axudas por superficie para máis dun dos réximes contemplados no anexo 1 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello. Non obstante, establécense as seguintes compatibilidades:

-Prima ás proteaxinosas e pagamento aos cultivos herbáceos (capítulos 2 e 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003).

-Axuda aos cultivos enerxéticos e pagamento aos cultivos herbáceos (capítulos 5 e 10 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003).

-Pagamento aos cultivos herbáceos e ás sementes destes cultivos relacionados no anexo XI do Regulamento (CE) nº 1782/2003 (capítulos 10 e 9 do título IV do mesmo regulamento).

2. A superficie obxecto dunha solicitude de axuda para os cultivos enerxéticos non é admisible para cumprir coa obriga de retirada de terras.

3. Tanto a superficie utilizada para cultivar, na retirada de terras, produtos non alimentarios como a superficie destinada a produtos con destino enerxético, no é elixible para beneficiarse dos apoios establecidos no capítulo VIII do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, sobre a axuda ao desenvolvemento rural a cargo do FEOGA, agás no referente aos custos de establecemento de especies de crecemento rápido.

Artigo 22º.-Cálculo e comunicación dos eventuais casos en que se superen as superficies máximas.

1. No caso dos réximes de axuda nos que se establecen cantidades ou superficies máximas garantidas, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, antes do 31 de outubro de 2005, en función da información de superficies recibida das comunidades autónomas, calculará os eventuais casos en que se superen as superficies ou subsuperficies básicas, e comunicaralles ás comunidades autónomas os coeficientes de axuste correspondentes.

2. Para os réximes dos capítulos 2 e 5, do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, as comunidades aplicarán os coeficientes de axuste establecidos regulamentariamente pola Comisión Europea.

Sección segunda

Pagamentos por superficie aos produtores de

cultivos herbáceos establecidos no capítulo 10

do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003

do Consello

Artigo 23º.-Superficies admisibles para o pagamento aos cultivos herbáceos.

Non poderán presentarse solicitudes de pagamentos respecto ás superficies que, na data límite de presentación das solicitudes de axuda por superficie de 2003, se dedicasen a pastos permanentes, cultivos permanentes, árbores ou usos non agrícolas, de acordo co establecido no artigo 108 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello.

Artigo 24º.-Plan de rexionalización e subsuperficies de base.

1. As zonas homoxéneas de produción, determinadas de acordo co establecido no Plan de Rexionalización Produtiva, así como os rendementos medios dos cereais en secaño, de cereais en regadío, de millo en regadío e doutros cereais en regadío, diferenciados por provincia e comarca agraria, que servirán de base en Galicia para a aplicación do sistema de pagamentos por superficie aos produtores de determinados cultivos herbáceos (cereais, oleaxinosas, proteaxinosas e liño), son os que se indican no anexo 5.

2. As subsuperficies básicas de secaño e de regadío correspondentes a Galicia para eses cultivos son de 75.399 ha e 2.000 ha, respectivamente. Desta superficie total de regadío, 500 ha corresponden a millo.

3. Para os efectos da percepción destes pagamentos, terán a consideración de superficie de regadío as parcelas sitas en recintos de referencia considerados como de regadío no SIXPAC ou, no seu defecto, as que figuren inscritas como de regadío en catastro antes de finalizar o prazo de presentación das solicitudes de pagamentos para a campaña 2005/2006.

Artigo 25º.-Requisitos para optar aos pagamentos por superficie aos produtores de oleaxinosas.

1. Para poder optar aos pagamentos por superficie de oleaxinosas, os agricultores deberán:

a) Utilizar nas sementeiras sementes e doses acordes coas prácticas tradicionais da zona en que radiquen as parcelas de oleaxinosas. Só poderá utilizarse semente certificada. As doses mínimas de sementeira figuran no anexo 7.

b) Comprometerse a efectuar os labores culturais tradicionais da zona en que radiquen as parcelas de cultivo e manter este, como mínimo, ata o principio da floración en condicións de crecemento normais.

2. Os agricultores terán á disposición do Fogga cantos elementos podan servir para acreditar o respecto do indicado nas letras a) e b) do punto anterior, como etiquetas de sementes, facturas delas, de herbicidas, de fertilizantes, de alugamento de maqui

naria, e calquera outro xustificante que se relacione con tales obrigas.

Artigo 26º.-Requisitos para optar aos pagamentos por superficie aos produtores de liño e cánabo destinados á produción de fibra.

O pagamento por superficie de liño e cánabo destinados á produción de fibra supeditarase:

a) Ao depósito, como moi tarde o 15 de setembro de 2005, dunha copia do contrato ou do compromiso mencionados no punto 1 do artigo 2 do Regulamento (CE) nº 1673/2000 do Consello, do 27 de xullo de 2000, polo que se establece a organización común de mercados no sector de liño e o cánabo destinados á produción de fibras.

b) No caso de cánabo, á utilización de semente certificada das variedades que figuran no anexo II do Regulamento (CE) nº 796/2004, acompañando as etiquetas oficiais xunto á solicitude.

No caso do liño, á utilización das variedades que figuran na lista do anexo V do Regulamento (CE) nº 1973/2004 da Comisión, a data 15 de maio anterior á campaña pola que se solicite o pagamento, acompañando as etiquetas oficiais ou calquera outro documento recoñecido xunto á solicitude.

c) A diferenciar as parcelas do cánabo segundo as variedades utilizadas.

Artigo 27º.-Modalidades de retirada de terras.

1. Retirada obrigatoria. Os agricultores que soliciten un pagamento por superficie de cultivos herbáceos, están obrigados a retirar da produción parte da terra das súas explotacións. Segundo o establecido nos puntos 1 e 2 do artigo 107 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, para a campaña 2005/2006, a dita porcentaxe é do 10 por cento da superficie total pola que se soliciten pagamentos para os cultivos herbáceos no marco do capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello.

2. Retirada voluntaria. Ten esa consideración a retirada nunha porcentaxe superior á establecida pola regulamentación comunitaria como obrigatorio. A retirada voluntaria poderá alcanzar ata o 10 por cento da superficie total pola que se soliciten pagamentos en secaño ou regadío, respectivamente, no marco do capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello. Neste marco, o titular da explotación pode recibir unha compensación idéntica á establecida pola retirada obrigatoria.

3. Non obstante, poderase superar a suma da porcentaxe obrigatoria de retirada e o 10 por cento da voluntaria, co límite máximo correspondente a unha superficie retirada que non supere a cultivada, nos seguintes casos:

a) Para terras de secaño, no caso de concentracións parcelarias e noutros casos especiais debidamente autorizados polo Fogga, que supoñan un cambio da estrutura da explotación independente da vontade do produtor.

b) Para as terras de regadío, cando as explotacións estean sitas en zonas obxecto de plans de mellora do regadío que impliquen concentración parcelaria.

4. Aqueles produtores que soliciten pagamentos por unha superficie que non exceda da necesaria para producir 92 toneladas de cereais, en función dos rendementos determinados no Plan de Rexionalización Produtiva de España para a comarca e tipo de cultivo que figure na solicitude, no estarán obrigados a retirar terra da produción. Polo tanto, toda a retirada de cultivo que realicen ten a consideración de voluntaria e, en consecuencia, ten que respectar o límite establecido para ela.

5. As terras retiradas con fins ambientais ou de forestación poderán contabilizarse para efectos de cumprimento do requisito de retirada obrigatoria, nos termos dispostos no punto 8 do artigo 107 do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

6. A superficie retirada con carácter obrigatorio poderá utilizarse:

a) Para a produción de materias destinadas a fabricar produtos non destinados ao consumo humano ou animal.

b) Para o cultivo de leguminosas nunha explotación xestionada para a totalidade da súa produción no marco do Regulamento (CEE) nº 2092/1991, do Consello, do 24 de xuño de 1991, sobre a produción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos produtos agrarios e alimenticios.

Artigo 28º.-Superficies mínimas susceptibles de recibir os pagamentos por retirada.

A superficie mínima de retirada será de 0,1 hectáreas e a parcela dun largo de 10 metros como mínimo. Por razóns ambientais e con carácter excepcional, poderían admitirse parcelas de polo menos 0,05 hectáreas e 5 metros de largo.

Artigo 29º.-Aplicación do principio de proporcionalidade nas terras retiradas.

1. A solicitude de pagamentos por superficie para unha rexión cun rendemento dado debe incluír unha superficie de retirada, de polo menos, a porcentaxe obrigatoria.

2. Non obstante, poden considerarse as seguintes excepcións:

a) En explotacións que comprendan superficies sitas en rexións de produción de secaño e de regadío, a retirada obrigatoria de terras para superficies sitas en regadío poderá efectuarse total ou parcialmente en secaño. O número de hectáreas que se vaian retirar en secaño deberá axustarse en función da relación de rendementos entre rexións de que se trate, non sendo neste suposto necesario o respecto ao límite establecido no punto 3 do artigo 27º desta orde.

b) A retirada obrigatoria correspondente a unha determinada rexión de produción pode realizarse noutra rexión de produción da mesma explotación con diferente rendemento sempre que as súas rexións sexan limítrofes. A superficie que se vai retirar total

ou parcialmente noutra rexión debe axustarse en función da relación dos rendementos entre as rexións de que se trate. Non obstante, non poderá en ningún caso retirarse menos hectáreas que as previstas na obriga de retirada para o conxunto das superficies da explotación para as que se solicitan pagamentos por superficie no marco do capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

c) Cando a superficie que se vai retirar dunha rexión sexa como máximo de 2 hectáreas, poderá realizarase a retirada noutra rexión de produción, axustando a superficie en función dos rendementos.

3. En ningún caso poderá trasladarse a obriga de retirada de terras de secaño a terras de regadío.

Artigo 30º.-Condicións que deben cumprir as terras retiradas.

Para poder percibir os pagamentos correspondentes, nas terras retiradas do cultivo realizarase o barbeito de acordo coas seguintes directrices:

a) O barbeito realizarase mediante os sistemas tradicionais de cultivo, de mínima labradura ou mantendo unha cuberta vexetal axeitada, tanto espontánea como cultivada, para minimizar os riscos de erosión, a aparición de accidentes, malas herbas, pragas e enfermidades, conservar o perfil salino do solo, a capacidade produtiva del e favorecer o incremento da biodiversidade.

b) As aplicacións de herbicidas autorizados serán efectuadas con aqueles que non teñan efecto residual e sexan de baixo perigo.

c) No caso de manter unha cuberta vexetal, está non poderá ser utilizada para produción de sementes nin aproveitada baixo ningún concepto con fins agrícolas antes do 31 de agosto de 2005, agás en aquelas zonas establecidas no artigo 65 do Regulamento (CE) nº 1973/2004 da Comisión.

d) No caso de incumprimento destes extremos, o titular da explotación perderá total ou parcialmente o dereito aos beneficios do réxime de axuda aos cultivos herbáceos e á retirada do cultivo.

Artigo 31º.-Axuste da superficie con dereito a pagamentos debido a incumprimento na retirada.

Cando as terras retiradas non cumpran a porcentaxe establecida como de retirada obrigatoria respecto ás superficie polas que se solicitan os pagamentos, aplicaranse as disposicións recollidas no Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión.

Artigo 32º.-Utilización das terras retiradas da produción para cultivos con destino non alimentario.

1. Os produtores poden utilizar as superficies retiradas da produción con carácter obrigatorio para obter materias primas para a fabricación na comunidade de produtos non destinados ao consumo humano ou animal, sen perder o dereito ao pagamento por superficie. Non obstante, se se cultiva remolacha azucreira, pataca ou augaturma e chicoria, non se percibirá o pagamento correspondente á retirada e só se permite o seu cultivo se se cumpren

as condicións establecidas no segundo parágrafo do punto 2 do artigo 143 do Regulamento (CE) nº 1973/2004 da Comisión.

2. O incumprimento das condicións regulamentarias, entre elas as relativas aos contratos e á entrega da colleita nunha cantidade que deberá corresponder polo menos o rendemento representativo fixado para o cultivo en cuestión pola comunidade autónoma, dará lugar á perda do pagamento por retirada para as parcelas en cuestión e o consecuente axuste das superficies de cultivos no marco do capítulo 10 do título IV do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello, en función da superficie determinada de retirada.

3. A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural establecerá cada ano os rendementos representativos que deben obterse efectivamente para os cultivos e superficies da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto no caso das materias primas establecidas no anexo XXII do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

4. Para os efectos da regulación dos cultivos con destino non alimentarios, teranse en conta as definicións seguintes:

a) Solicitante: o agricultor que utiliza as terras retiradas de acordo co establecido no artigo 143 do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

b) Receptor: toda persoa asinante do contrato disposto na normativa comunitaria, que merque por conta propia materias primas ás que se refire o artigo 143 do Regulamento (CE) nº 1973/2004 destinadas aos fins previstos no anexo XXIII do dito regulamento.

c) Primeiro transformador: o usuario das materias primas que proceda á primeira transformación destas co fin de obter un ou varios dos produtos recollidos no anexo XXIII do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

O primeiro transformador pode delegar nunha terceira persoa a recollida da materia prima entregada polo solicitante, ben que seguirá sendo o único responsable respecto ás obrigas regulamentarias.

5. Os solicitantes que cultiven na terra retirada materias primas con destino non alimentario, con excepción das enumeradas no anexo XXII do Regulamento (CE) nº 1973/2004, deberán formalizar cun receptor ou primeiro transformador un único contrato por materia prima cultivada de acordo cos requisitos establecidos no artigo 147 do citado Regulamento e presentar un exemplar del xunto coa solicitude de axuda superficies.

6. No caso das materias primas indicadas no anexo XXII do Regulamento (CE) nº 1973/2004, os titulares das explotacións deberán presentar, xunto coa solicitude de axuda superficies, un compromiso escrito de que, de ser utilizadas ou vendidas, as materias primas en cuestión serán destinadas a algún dos fins establecidos no anexo XXIII do dito regulamento.

7. Os receptores ou primeiros compradores deberán comprometerse a fabricar algún dos produtos

mencionados no anexo XXIII do Regulamento (CE) nº 1973/2004, cuxo valor económico terá que ser superior ao de todos os demais produtos destinados ao consumo humano ou animal que se obteñan durante o dito proceso. As persoas físicas ou xurídicas que desexen actuar por primeira vez, como primeiro transformador ou receptor deberán manifestalo por escrito e con anterioridade á finalización do prazo de presentación das solicitudes de axuda, ante a domunidade autónoma onde se encontran establecidas.

No dito escrito, o receptor ou primeiro transformador manifestará expresamente que coñece as condicións e limitacións contidas no Regulamento (CE) nº 1973/2004, achegará a información necesaria relativa á cadea de transformación das materias primas, en cumprimento do disposto nos artigos 145, 157 e 163 do Regulamento (CE) nº 1973/2004 e comprometerase a levar unha contabilidade específica que, como mínimo, deberá reflectir a información comprendida na citada normativa.

8. Outras obrigas dos solicitantes, e dos receptores e primeiros transformadores das materias primas, recóllense no anexo VII do Real decreto 2353/2004.

9. As materias primas cultivadas en terras retiradas da produción e os produtos que se deriven das ditas materias primas, así como as terras utilizadas para a produción delas, non poderán acollerse ás medidas financiadas pola Sección Garantía do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola, de acordo co establecido nas letras a) e b) do punto 2 do artigo 1 do Regulamento (CE) nº 1258/1999 sobre financiamento da Política Agrícola Común.

Sección terceira

Axudas aos cultivos enerxéticos

Artigo 33º.-Obxecto.

1. Entendese por cultivos enerxéticos aqueles que se utilicen fundamentalmente na produción dos produtos enerxéticos recollidos no artigo 88 do Regulamento (CE) nº 1782/2003. Queda excluída como materia prima a remolacha azucreira.

2. Para os efectos da regulación dos cultivos con fins enerxéticos, teranse en conta as seguintes definicións:

a) Solicitante: o produtor que utiliza a totalidade ou parte da superficie dela, excluída a retirada de cultivo, para producir materias prima con fins enerxéticos.

b) Primeiro transformador: o utilizador das materias primas que procede á primeira transformación delas, co fin de obter un ou varios dos produtos a que se refire o artigo 88 do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

O primeiro transformador pode delegar nunha terceira persoa a recepción da materia prima entregada polo solicitante, ben que seguirá sendo o único responsable respecto ás obrigas regulamentarias.

3. Os solicitantes que desexen obter a axuda aos cultivos enerxéticos, deberán formalizar cun primeiro transformador un único contrato por materia prima cultivada, nos termos establecidos no artigo 26 do Regulamento (CE) nº 1973/2004, e presentar un exemplar del ante o Fondo Galego de Garantía Agraria xunto coa solicitude de axuda superficies.

4. As obrigas dos solicitantes e dos primeiros transformadores das materias primas recóllense no anexo VII do Real decreto 2353/2004.

5. As persoas físicas ou xurídicas establecidas na Comunidade Autónoma de Galicia que desexen actuar por primeira vez como primeiro transformador deberán manifestalo por escrito, con anterioridade á data límite da presentación dos contratos ante o Fogga, manifestando expresamente que coñecen as condicións e limitacións contidas no Regulamento (CE) nº 1973/2004 e demais normativa complementaria, comprometéndose a levar unha contabilidade específica e, en concreto, que cumpren co establecido no artigo 39 do citado regulamento.

Sección cuarta

Axuda ás leguminosas de gran

Artigo 34º.-Obxecto e requisitos.

1. Os agricultores que cultiven lentellas, garavanzos e vezas poden solicitar a axuda establecida no capítulo 13 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

Estas leguminosas especifícanse no artigo 141 do citado regulamento.

2. A axuda está supeditada ao cumprimento das condicións e límites establecidos nos artigos 142 e 143 do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

Capítulo IV

Das solicitudes de axudas por gando

Sección primeira

Axudas ao gando vacún

Artigo 35º.-Identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

1. Cada animal polo que se solicite unha axuda deberá estar identificado, rexistrado e dotado do documento de identificación, conforme as disposicións do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

2. Así mesmo, para beneficiarse das axudas, os produtores deberán observar a totalidade das exixencias establecidas no citado real decreto.

Artigo 36º.-Uso ou tenza de substancias prohibidas.

1. De acordo co disposto no artigo 140 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, cando, en aplicación do Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, polo que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos, se detecten subs

tancias prohibidas en virtude do Real decreto 2178/2004, do 12 de novembro, polo que se prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias betagonistas de uso na cría do gando, ou de substancias utilizadas ilegalmente, nun animal pertencente ao gando bovino dun produtor, ou cando se encontre unha substancia ou un produto autorizado, pero posuído de forma ilegal na explotación deste agricultor, en calquera forma, este quedará excluído, durante o ano natural en que se efectúe a comprobación, do beneficiario dos importes previstos nas disposicións deste capítulo.

En caso de reincidencia, o período de exclusión prorrogarase, en función da gravidade da infracción, en cinco anos a partir do ano en que se detectase a reincidencia.

2. En caso de obstrución, por parte do propietario ou do posuidor dos animais, das inspeccións e as tomas de mostras necesarias para a aplicación dos plans nacionais de control de residuos, así como das investigacións e controis previstos no Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, aplicaranse as exclusións previstas no punto 1 deste artigo.

3. Calquera autoridade que, no exercicio das súas competencias, detecte algunha das anomalías establecidas nos puntos 1 e 2 en explotacións da Comunidade Autónoma de Galicia deberá comunicarllo ao Fogga.

Artigo 37º.-Factor de densidade gandeira da explotación.

1. A concesión das axudas ao vacún establecidas nos artigos 38º a 42º desta orde estará supeditada a que o factor de densidade gandeira da explotación do solicitante non exceda de 1,8 unidades de gando maior (UGM) por hectárea dedicada aos animais nela mantidos, de acordo coa declaración de superficie forraxeira realizada polo solicitante.

2. Non obstante, os produtores quedarán exentos da aplicación do factor de densidade gandeira cando o número de animais que manteñen na súa explotación e que deba tomarse en consideración para a determinación da dita carga non supere as 15 UGM, e ademais, non desexen percibir o pagamento por extensificación.

3. O número de bovinos machos e de vacas nutrices primables estará limitado pola aplicación do factor de densidade gandeira indicada no punto 1 anterior.

4. Para a determinación de factor de densidade gandeira da explotación deberán terse en conta:

a) As vacas nutrices e xovencas que sexan obxecto de solicitude de prima, así como os bovinos machos e os ovinos e cabrúns polos que se solicitan as primas correspondentes con cargo ao ano 2005. Así mesmo, as vacas leiteiras para producir a cantidade de referencia de leite asignada individualmente ao produtor o 31 de marzo de 2005.

A conversión do número de animais así obtido, en UGM, farase de acordo ca seguinte táboa de conversión:

-Bovinos machos e xovencas de máis de 24 meses de idade, vacas nutrices e vacas leiteiras: 1,0 UGM.

-Bovinos machos e xovencas de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

-Ovinos e cabrúns: 0,15 UGM.

b) A Superficie forraxeira segundo se define no artigo 6º.1 g) desta orde.

5. En virtude do disposto no artigo 117 do Regulamento (CE) nº 1973/2004, o Fogga determinará, para cada produtor, o número de UGM que corresponde ao número de animais polo que poderán ser concedidas primas no sector de vacún, tendo en conta a superficie forraxeira da explotación de acordo co seguinte cálculo:

nmUGM = (superficie forraxeira determinada en hectáreas x 1,8) -(VL x 1 + OC x 0,15) sendo:

a) nmUGM: o máximo de UGM con dereito á prima especial e prima ás vacas nutrices.

b) Superficie forraxeira determinada: a declarada ou validada polo Fogga unha vez aplicadas as normas de control integrado.

c) VL: o número de vacas leiteiras necesarias para producir a cantidade de referencia individual asignada ao produtor, o 31 de marzo anterior ao inicio do período de 12 meses de aplicación da taxa suplementaria, que empece o ano natural correspondente á solicitude da prima. Este número calcularase mediante o cociente enteiro, por exceso, entre a dita cantidade de referencia e o rendemento medio para España establecido en 4.650 quilos por vaca e ano. Non obstante, se o produtor presenta un certificado oficial de control leiteiro en que se faga constar o rendemento medio da súa explotación, poderá utilizarse esta cifra en lugar da mencionada.

d) OC: o número de ovellas e cabras polas que se solicite a prima correspondente para o ano en curso ou o número de dereitos á prima por ovino-cabrún dos que é titular o produtor, no caso de que este número sexa inferior.

Artigo 38º.-Prima especial a produtores de carne de vacún. Condicións xerais.

1. Poderán ser beneficiarios da prima especial, recollida no artigo 123 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, os produtores de bovinos machos que o soliciten, de acordo cos modelos T do anexo 2 desta orde e cumpran as condicións descritas nesta orde e na normativa estatal e comunitaria.

2. A prima especial concederase ata un máximo de 60 animais por explotación, ano civil, e grupo de idade. No caso dos touros, un mesmo animal non poderá ser obxecto de máis dunha solicitude de prima. Os bois poderán ser obxecto de solicitude de prima unha vez por cada un dos grupos de idade que se citan na letra b) do punto seguinte.

3. Só poderán ser obxecto de subvención os animais que na data inicial do período de retención:

a) Teñan como mínimo sete meses, no caso dos touros.

b) Se se trata de bois, teñan como mínimo sete meses e como máximo 19 no que respecta ao primeiro grupo de idade, ou como mínimo vinte meses no que respecta ao segundo grupo de idade.

4. Para ter dereito á prima especial o produtor deberá manter na súa explotación, para o engorde, durante un período de retención de dous meses como mínimo, os animais incluídos na solicitude. Calquera variación do número de animais obxecto de solicitude, incluído o seu traslado, deberalle ser comunicado ao Servizo Provincial do Fogga, excepto nos seguintes casos, nos que se considera suficiente a notificación efectuada á base de datos de identificación e rexistro nos prazos previstos polo Real decreto 1980/1998:

-Baixas por circunstancias naturais da vida do rabaño.

-Baixas por causa de forza maior como consecuencia dunha epizootia.

5. O número de bovinos machos primados en España non poderá exceder de 713.999 cabezas, sen prexuízo da redución relativa ás medidas específicas a favor das Illas Canarias previstas segundo o artigo 5 do Regulamento (CE) nº 1454/2001, e o establecido no artigo 147 do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

6. Cando o número de animais subvencionables supere o límite mencionado, reducirase proporcionalmente o número de animais con dereito a prima de cada produtor. Esta redución non será de aplicación aos pequenos produtores.

Enténdese por pequeno produtor:

a) O que solicite durante o ano 2005 a prima especial por un número máximo de 10 animais.

b) O que solicite durante o ano 2005 a prima especial por un máximo de 20 animais e, ademais, conte na súa explotación, en xaneiro de 2005, cun número de vacas nutrices igual, como mínimo, ao dobre do número de xatos polos que solicita prima especial.

Artigo 39º.-Concesión da prima aos cebadeiros comunitarios.

1. Enténdese por cebadeiro comunitario o cebadeiro que cumpra as condicións descritas a continuación:

a) Que se axusten a algunha das formas xurídicas establecidas no artigo 6 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernizacións das explotacións agrarias e que teñan, ademais, entre os seus obxectivos o engorde ou cebo en común dos xatos nados nas explotacións de vacas de cría dos seus socios.

b) Que todos os socios que achegan animais á solicitude, posúan vacas nutrices e dereitos de prima e solicitasen a prima por vaca nutriz no ano civil de que se trate.

c) Que no cebadeiro só se engorden os animais nados das vacas nutrices das explotacións dos seus socios.

2. Malia o disposto no punto 2 do artigo 38º, os cebadeiros comunitarios poderán beneficiarse da prima especial por un número de animais igual á suma do número achegado por cada un dos seus socios, respectando os máximos previstos no apartado seguinte.

3. Cada socio só poderá achegar ao cebadeiro comunitario os bovinos machos nados na súa explotación, respectando o máximo de 60 animais por explotación de cada un dos seus socios.

4. Para os efectos do cálculo da prima correspondente, teranse en conta o número 6 do artigo 38º para os socios dos ditos cebadeiros comunitarios que sexan pequenos produtores.

5. Os socios que figuren nunha solicitude presentada por un cebadeiro comunitario, non poderán solicitar a prima especial por bovinos machos a título individual nin como participantes na solicitude presentada por outro cebadeiro comunitario.

Artigo 40º.-Prima especial. Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 2-T e da documentación indicada no artigo 3º.5 os solicitantes de prima especial de carne de vacún deberán presentar:

1. Orixinais dos exemplares de acompañamento do animal dos documentos administrativos de identificación de bovinos de cada un dos touros e/ou bois polos que se solicita prima, en que os servizos competentes farán constar a data de solicitude de prima, incorporando, posteriormente, unha copia deles ao expediente e devolvendo o orixinal ao produtor, unha vez finalizado o período de retención de animais, facendo constar neles que a prima foi solicitada.

2. Se é o caso, certificación do xefe do Servizo de Produción Gandeira da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que acredite o rendemento leiteiro oficial medio das vacas leiteiras da súa explotación, entre o 1 de decembro de 2003 e o 30 de novembro de 2004.

3. Cando o produtor sexa un cebadeiro comunitario, ademais:

-Fotocopia da solicitude de prima por vaca nutriz dos socios que non pertenzan á comunidade autónoma.

-Coa primeira das solicitudes, copia dos estatutos ou regulamento interno da sociedade.

Artigo 41º.-Prima por vaca nutriz.

1. Poderán obter a prima prevista no artigo 125 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, os produtores que manteñan vacas nutrices que o soliciten de acordo cos modelos DP, RG, VN e IA do anexo 1 cando reúnan as seguintes condicións:

a) Que teñan asignado un límite individual de dereitos de prima, de acordo co establecido no Real decreto 1839/1997, do 5 de decembro, polo que se establecen as normas para a realización de trans

ferencias e cesións de dereitos de prima e para o acceso ás reservas nacionais respecto aos produtores de ovino e cabrún e dos que manteñen vacas nutrices.

b) Que non vendan leite ou produtos lácteos da súa explotación durante os doce meses seguintes á presentación da solicitude ou, se a venden, que teñan unha cantidade de referencia individual dispoñible o 31 de marzo do ano 2005 igual ou inferior a 120.000 quilogramos.

c) Que manteñan na súa explotación, durante un período de retención mínimo de seis meses consecutivos, un número de vacas nutrices polo menos igual ao 60 por cento do número total de animais polo que solicita a axuda e un número de xovencas que non supere o 40 por cento do citado número total.

En caso de que o cálculo do número máximo de xovencas, expresado en forma de porcentaxe, e como resultado un número fraccionario de animais, este número redondearase á unidade inferior se é inferior a 0,5 e ao número enteiro superior se é igual ou superior a 0,5.

d) Calquera variación do número de animais obxecto de solicitude, incluído o seu traslado, deberalle ser comunicado ao Servizo Provincial do Fogga, agás nos seguintes casos, en que se considera suficiente a notificación efectuada á base de datos de identificación e rexistro nos prazos previstos polo Real decreto 1980/1998:

-Baixas por circunstancias naturais da vida do rabaño.

-Baixas por causas de forma maior como consecuencia dunha epizootia.

-Cambios na condición de xovenca a vaca nutriz.

-Substitución dos animais por outros declarados de similares características. Unha vaca nutriz ou xovenca declarada na solicitude de prima, poderá ser substituída durante o período de retención, dentro dos límites establecidos nos artigos 125 e 129 do Regulamento (CE) 1782/2003, por outra vaca nutriz o por outra xovenca, sempre que a dita substitución se produza nos vinte días seguintes á data de saída do animal da explotación, que a substitución se inscriba, como moi tarde o terceiro día seguinte de terse realizado, no rexistro particular do produtor e que se informe á autoridade competente á que se teña presentado a solicitude de axuda ou se realice a notificación á base de datos oficial de identificación e rexistro durante os 7 días hábiles seguintes á substitución.

2. Serán obxecto de axuda as vacas nutrices e as xovencas que pertenzan a unha raza cárnica ou procedan dun cruzamento cunha destas razas e que formen parte dun rabaño destinado á cría de xatos para a produción de carne. Para estes efectos, non se considerarán vacas ou xovencas de raza cárnica as das razas bovinas enumeradas no anexo 14 desta orde.

3. Cando na explotación se venda leite, para determinar o número de cabezas con dereito a prima, a pertenza dos animais ao censo de vacas leiteiras ou ao de nutrices establecerase mediante a relación entre a cantidade de referencia do beneficiario e o rendemento leiteiro medio para España de 4.650 kg. Non obstante, os produtores que acrediten oficialmente un rendemento leiteiro superior, poderán utilizar este último para a realización do cálculo.

4. Os solicitantes de prima a produtores con vacas nutrices que entreguen leite a compradores deberán comprometerse a non incrementar a súa cantidade de referencia individual de leite asignada por encima dos 120.000 kg durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

Artigo 42º.-Prima complementaria.

Os beneficiarios da prima por vaca nutrices regulada no artigo anterior, obterán unha prima complementaria de 24,15 euros por idéntico número de cabezas.

Artigo 43º.-Prima por vaca nutriz. Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 1 e da documentación xeral indicada no artigo 3º.5 os solicitantes de prima por vaca nutriz deberán achegar:

1. Relación de animais que constan na base de datos informatizada susceptibles de prima, actualizada.

2. No caso de que se solicite por animais incorporados ás explotacións e que aínda non figuren na relación anterior, fotocopia dos documentos de identificación bovina de cada animal (DIB).

3. Copias da portada e das páxinas do Libro de explotación gandeira onde estean inscritos os animais polos que se solicita prima, cando as unidades de produción gandeira do titular estean sitas noutra comunidade autónoma.

4. Se é o caso, certificación do xefe do Servizo de Produción Gandeira da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que acredite o rendemento leiteiro oficial medio das vacas leiteiras da súa explotación, entre o 1 de decembro de 2003 e o 30 de novembro de 2004.

Artigo 44º.-Pagamento por extensificación. Condicións xerais de concesión.

1. Os beneficiarios da prima especial, da prima por vacas nutrices, ou de ambas, recibirán, logo de solicitude, de acordo cos modelos DP, RS, PA, RG e REX do anexo 1, un pagamento por extensificación, segundo o previsto no artigo 132 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, cando a carga gandeira da súa explotación sexa inferior ou igual a 1,4 UGM por hectárea.

2. Para estes efectos, os solicitantes poderán acollerse, á súa elección, a dúas modalidades de acceso ao réxime de pagamento por extensificación.

a) Réxime simplificado, para aqueles produtores que se comprometan a manter todos os días ao longo

do ano natural, unha densidade gandeira igual ou inferior a 1,4 UGM por hectárea.

b) Réxime media, para aqueles produtores que manteñan durante o ano unha densidade gandeira igual ou por debaixo de 1,4 UGM por hectárea, calculada en forma de media aritmética, sobre a base do censo da explotación, en cinco datas de reconto que establecerá o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

3. Nas dúas modalidades e, non obstante o disposto no artigo 37º desta orde, para o acceso ao pagamento por extensificación a carga gandeira determinarase:

a) Tendo en conta todos os bovinos, machos e femias, presentes na explotación durante o ano de que se trate, así como todas as cabezas de gando ovino e cabrún polas que se presentara solicitude de prima.

b) Tomando en consideración unha superficie forraxeira que se comporá, nun 50 por cento, polo menos, de terras de pastoreo, segundo defínese nos artigos 6º.1 h) e 45º desta orde. Non poderán considerarse superficies forraxeiras, para estes efectos, as utilizadas para a produción de cultivos herbáceos, segundo a definición do anexo IX do Regulamento (CE) nº 1782/2003.

4. O número de animais convérterse en UGM da forma descrita no artigo 37º.4 a) desta orde.

Artigo 45º.-Terras de pastoreo.

1. Para os efectos do establecido no artigo anterior e no marco da definición de terras de pastoreo do artigo 6º.1 h), consideraranse tales as definidas no anexo 9 desta orde.

2. Co fin de garantir a axeitada aplicación desta orde, naquelas explotacións en que a terra de pastoreo se encontre xeograficamente separada do resto da explotación, o produtor deberá demostrar que existe aproveitamento dela. Para tal efecto, as terras consideraranse xeograficamente separadas cando sexa necesario utilizar un medio de transporte para desprazar os animais ás ditas terras.

3. Non poderán ter a consideración de terras de pastoreo aquelas parcelas que resultasen afectadas por un incendio, nalgún dos tres anos inmediatamente anteriores ao da presentación da declaración de superficies, excepto que a autoridade competente teña autorizado, expresamente, o pastoreo nas ditas terras, de acordo co establecido no Decreto 45/1999 polo que se establecen medidas preventivas e de restauración de áreas afectadas polos incendios forestais.

Artigo 46º.-Declaracións de carga gandeira.

1. Os produtores de vacún que desexen beneficiarse do pagamento por extensificación de acordo coa modalidade media, descrita no artigo 44º.2 b) desta orde, deberán declarar o censo de gando vacún da súa explotación en cinco datas de reconto, ao

longo do ano, establecidas aleatoriamente e publicadas no Boletín Oficial del Estado.

2. No prazo dun mes trala publicación das datas de reconto no BOE, os produtores deberán presentar, ante os servizos provinciais do Fogga, unha declaración do censo de vacún presente nas súas explotacións nas ditas datas, no impreso especificado no anexo 15 desta orde.

3. Non se efectuarán pagamentos por extensificación a aqueles produtores con declaración de carga gandeira que mostren un censo de animais igual a cero en máis dunha das citadas datas. Así mesmo, se o contido da declaración demostra, nunha data de reconto, un censo inferior nun 70% á media aritmética das cinco datas, o produtor deberá xustificar que tal censo obedece a prácticas habituais de xestión da explotación.

4. Non obstante o disposto nos puntos 1 e 2 anteriores e sempre que todas as unidades de produción gandeiras do titular estean radicadas en Galicia, o Fogga obterá a información sobre a carga gandeira das explotacións nas cinco datas de reconto, a partir da base de datos á que se refire o Real Decreto 1980/1998 e non será necesario que os produtores presenten ningunha declaración ao respecto.

Artigo 47º.-Pagamento por extensificación. Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 1 e da documentación xeral indicada no artigo 3º.5, os solicitantes do pagamento por extensificación de vacún deberán achegar:

1. Copia da portada e da folla de balance do Libro de explotación gandeira actualizado, se existen unidades de produción noutras comunidades autónomas.

2. Declaración de carga gandeira, no caso de acollerse ao réxime de media, de acordo co modelo do anexo 15 desta orde, nas datas establecidas.

Artigo 48º.-Prima por sacrificio. Condiciones xerais.

1. Os produtores de gando vacún poderán obter a prima por sacrificio establecida no artigo 130 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, cando os seus animais se sacrifiquen no interior da Unión Europea, ou se exporten vivos a un país terceiro, logo de solicitude, de acordo co modelo SA do anexo 2 desta orde, e cumpran as condicións descritas nesta orde e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. Só terán dereito á subvención os bovinos que, na data de sacrificio:

a) Teñan polo menos 8 meses de idade para a prima por sacrificio de bovinos adultos, ou

b) Teñan máis de 1 mes e menos de 8 meses e un peso en canal inferior a 185 kg como máximo no caso da prima polo sacrificio de xatos.

No caso de animais de menos de 6 meses de idade, a condición relativa ao peso entenderase respectada.

Nos demais casos, para a determinación do peso en canal teranse en conta a presentación e faenado dos canais que se describen no anexo 16 desta orde.

Se, por circunstancias excepcionais, non fose posible determinar o peso en canal dos animais, considerarase que cumpren as condicións regulamentarias sempre que o peso vivo non exceda o 300 kg.

3. Para ter dereito á prima, o período de retención mínimo será de dous meses sempre que este tivese finalizado no prazo máximo dun mes antes do sacrificio. No caso dos xatos sacrificados antes dos tres meses de idade, o período de retención será dun mes.

4. A prima por sacrificio de bovinos adultos concederase en España por un máximo de 1.982.216 animais e 25.629 xatos sen prexuízo da redución relativa ás medidas específicas a favor das Illas Canarias previstas segundo o artigo 5 do Regulamento (CE) nº 1454/2001.

5. Cando o número de animais subvencionables supere os límites previstos no punto anterior, reducirase proporcionalmente o número de animais con dereito a prima de cada produtor.

Artigo 49º.-Declaración de participación dos establecementos de sacrificio.

1. Co fin de simplificar a xestión das primas ao sacrificio, así como de facilitar o control delas, os centros de sacrificio autorizados en Galicia que desexen participar por primeira vez, como colaboradores no réxime de primas por sacrificio, deberán comunicar, previamente, a súa vontade de participación no réxime de prima ao sacrificio, mediante escrito dirixido á dirección do Fogga.

2. Para tal fin, a dita comunicación de participación conterá, polo menos, os seguintes extremos:

a) A identificación do establecemento de sacrificio autorizado, incluíndo o número de rexistro sanitario e o número de explotación gandeira del, en virtude do disposto no Real decreto 1980/1998.

b) O compromiso de levar un rexistro informatizado, relativo ao sacrificio de todos os animais que cumpran os requisitos para a obtención de prima, que inclúa, como mínimo:

* Data de sacrificio.

* Número de identificación dos animais, de acordo co establecido no Real decreto 1980/1998.

* Números de identificación das canais, relacionadas cos animais.

* Peso de cada unha das canais de bovinos de idades comprendidas entre os seis e oito meses.

c) A descrición da presentación do faenado habitual dos canais dos bovinos, de mais de 1 mes e menos de 8 meses, que se utiliza no establecemento e o compromiso de realizar a determinación do peso dos canais conforme o procedemento descrito no anexo 16 desta orde.

d) O compromiso de someterse aos controis que estableza a autoridade competente e de colaborar na realización deles.

3. O incumprimento dalgún dos compromisos contidos na declaración de participación, ou das obrigas establecidas no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, ou do prazo establecido no artigo 50º.4 desta orde, dará lugar á exclusión do establecemento da participación no réxime de primas durante un ano, sen prexuízo das responsabilidades de toda índole que puidesen derivarse, especialmente as recollidas na Lei 26/2001, do 27 de decembro, polo que se establece o sistema de infraccións e sancións en materia de encefalopatías esponxiformes transmisibles.

Artigo 50º.-Proba de sacrificio.

1. Só se poderán ter en conta, para os efectos da prima por sacrificio, os animais que fosen sacrificados en centros de sacrificio que tivesen declarada a súa participación nas ditas primas, conforme o disposto no artigo anterior, que estean rexistrados conforme o previsto no Real decreto 1980/1998.

2. A comunicación da baixa do animal, realizada polo centro de sacrificio, conforme o establecido no artigo 13 do R.D. 1980/1998, terá a consideración de proba de sacrificio, no sentido aludido polo artigo 121, punto 1 letra a) do Regulamento 1973/2004, da Comisión, e realizarase a través da remisión mensual á Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dun ficheiro de acordo coa descrición do anexo 17.

3. Ademais, no caso de animais comprendidos entre 6 e 8 meses e por petición do produtor, o establecemento de sacrificio expedirá unha certificación relativa ao peso en canal de cada animal que se inclúa na solicitude de axuda, ou comunicará esta información no ficheiro indicado no anexo 17.

4. Sen prexuízo dos prazos de comunicación das baixas de animais establecidas no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, e para os efectos de que o Fogga poida efectuar as comprobacións previas ao pagamento da prima por sacrificio, todos os animais sacrificados durante o ano 2005 deberán constar no servidor central da base de datos do sistema de identificación e rexistro dos bovinos, como moi tarde, o 28 de febreiro do ano 2006.

Artigo 51º.-Concesión de prima no caso de expedición ou exportación dos animais fóra de España.

1. No caso de expedición de animais subvencionables a outro Estado membro da Unión Europea, a prima prevista no artigo 49º desta orde solicitarase e concederase en España, sendo as condicións aplicables as descritas no citado artigo. Non obstante, a proba de sacrificio, neste caso, consistirá nun certificado emitido polo matadoiro do estado membro de destino, que conterá as mencións descritas no artigo 121 punto 1º a) do Regulamento (CE) nº 1973/2004.

2. Se os animais son exportados a un país que non pertenza á Unión Europea, as condicións serán as mesmas, pero a proba de sacrificio será substituída pola presentación das probas de exportación como parte da documentación que se cita no artigo 53º desta orde.

Artigo 52º.-Ano de imputación da prima por sacrificio.

O ano de sacrificio ou da exportación determinará o ano de imputación dos animais que sexan obxecto dunha solicitude de prima por sacrificio.

Artigo 53º.-Prima por sacrificio. Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 2-SA e da documentación xeral indicada no artigo 3º.5, os solicitantes de prima por sacrificio deberán achegar:

1. Orixinais ou copia dos exemplares para o interesado dos documentos de identificación bovina dos animais polos que se solicita prima.

2. No caso de animais de, polo menos 6 meses e ata 8 meses, e cando o establecemento de sacrificio non notifique directamente esta información á autoridade competente, certificado relativo ao peso en canal dos animais incluídos na solicitude de axudas.

3. No caso de animais sacrificados noutro país da Unión Europea, copia do documento de identificación para intercambios dos animais incluídos na solicitude e certificados de sacrificio deles.

4. No caso de animais exportados vivos a un país terceiro, proba de saída do territorio aduaneiro da Unión Europea, DUA e certificado sanitario internacional que conteña unha relación expresa do número de identificación auricular dos animais que foron exportados.

Artigo 54º.-Pagamentos adicionais a produtores de vacún. Principios xerais.

1. En aplicación do artigo 133 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, establécese un pagamento adicional aos produtores de gando vacún sitos en Galicia por unha contía total para o ano 2005, de 5.287.659 euros.

2. Os pagamentos adicionais adoptarán a modalidade de pagamentos por cabeza de gando e realizaranse de acordo cos criterios establecidos no artigo 55º desta orde, non podendo superar o importe de 100 euros por cabeza e ano.

3. Os importes unitarios indicados no artigo 55º poderán incrementarse ata un 50% no caso de que os beneficiarios:

a) Sexan agricultores xoves titulares de explotacións prioritarias.

b) Posúan vacas nutrices ou xovencas inscritas nalgún dos libros xenealóxicos das razas bovinas autóctonas, tal e como se definen no Real decreto 1682/1997, do 7 de novembro, polo que se actualiza o catálogo oficial de razas de gando de España.

Artigo 55º.-Modalidades dos pagamentos

Os pagamentos adicionais poderán adoptar unha ou varias das modalidades seguintes:

1. Pagamentos adicionais á prima especial por bovino macho establecida no artigo 38º e á prima por vaca nutriz establecida no artigo 41º desta orde, para os produtores que cumpran algunha das condicións seguintes:

a) Ser titulares de explotacións cualificadas como explotacións gandeiras ecolóxicas de acordo cos requisitos do Regulamento (CE) nº 1804/1999, do Consello, do 19 de xullo, polo que se completa, para incluír as producións animais, o Regulamento (CE) nº 2092/1991 sobre produción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos produtos agrarios e alimentarios, sempre que estea sometida a un sistema de control externo que se axuste á norma EN 45011. Neste caso a axuda por cabeza será de 100 euros.

b) Ser titulares de explotacións que contribúan á fixación da poboación en determinadas zonas desfavorecidas, de acordo co establecido no artigo 18 do Regulamento (CE) nº 1257/1999, do 17 maio. A axuda por cabeza será de ata 50 euros.

c) Ser titulares ou cotitulares de explotacións agrarias prioritarias tal e como se definen na Lei 19/1995, de modernización de explotacións agrarias, cun importe de 50 euros por cabeza.

d) Ser titulares de explotacións que sexan catalogadas, de acordo co que a correspondente normativa nacional estableza, como de produción gandeira integrada, cun importe de 100 euros por cabeza.

e) Ser titulares de explotacións que obtiveran nos cinco anos anteriores, ao abeiro do derrogado Real decreto 204/1996, do 9 de febreiro, polo que se ditan normas relativas á modernización das explotacións agrarias, ou do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias algunha dos seguintes tipos de axudas oficiais:

-Axuda para á realización de investimentos na explotación agraria.

-Axuda para a primeira instalación de agricultores xoves.

-Axudas a investimentos en plans de mellora destinadas a adecuar a base territorial da explotación.

O importe por cabeza será de 50 euros.

2. Pagamentos adicionais á prima por vaca nutriz establecida no artigo 41º, para os produtores, cando a súa explotación reduza a súa carga gandeira, expresada en UGM por hectárea de superficie forraxeira, nun mínimo do 15 por cento, con respecto á carga gandeira consignada para a explotación no ano inmediatamente anterior. Para estes efectos, a superficie forraxeira que hai que considerar será a definida conforme o artigo 44.3º b) desta orde, e as UGM as correspondentes ao artigo 44º.3 a).

A redución da carga gandeira que dará dereito a percibir o pagamento complementario alcanzarase reducindo o número de cabezas de gando da explotación ou tamén aumentando a superficie de pastoreo, entendida esta no sentido do artigo 45º desta orde, sempre que se trate de explotacións en proceso de reestruturación. Neste último caso, o Fogga establecerá controis para que este pagamento adicional non constitúa un estímulo para alterar o espazo natural, en concreto, mediante o recurso a queimas ou prácticas tendentes a ampliar a superficie destinada a pastos con prexuízos graves para outros ecosistemas. O importe por cabeza será de 100 euros.

3. Pagamentos adicionais á prima especial por bovino macho, establecida no artigo 38º para aqueles produtores con explotacións en que se engorden bovinos que pertenzan a algunha das razas autóctonas tal e como se definen no Real decreto 1682/1997, polo número de animais pertencentes ás ditas razas. O importe por cabeza será de 100 euros.

4. Pagamentos adicionais á prima por sacrificio de bovinos adultos á que se refire o artigo 49º da presente orde, para os produtores que cumpran algunha das condicións seguintes:

a) Que estean comercializando animais a través de programas de etiquetaxe facultativo de carne de vacún, de acordo co artigo 16 do Regulamento (CE) nº 1760/2000, do 17 de xullo, en que no seu prego de condicións se prevexa a inclusión de informacións adicionais nas etiquetas do produto.

Estas informacións referiranse:

* Ás condicións de alimentación do gando.

* Ao sistema ou modo de produción, ou

* Aos datos básicos dos animais dos que procede a carne, tales como a súa idade, raza, orixe ou outras informacións.

O sistema de control establecido pola entidade, en aplicación do artigo 16 do Regulamento (CE) nº 1760/2000, deberá incluír, expresamente, o control externo da veracidade de todas estas informacións a través de entidades de control que cumpran a norma EN 45011 e dispoñan do oportuno certificado de acreditación.

b) Que estean comercializando animais a través de indicacións xeográficas protexidas, de acordo co establecido no Regulamento (CEE) nº 2081/1992, do 14 de xullo, do consello.

c) Que engorden na súa explotación, ata o sacrificio, os animais nacidos das súas vacas nutrices.

Os pagamentos poderán alcanzar unha contía de 100 euros por cabeza sacrificada, comercializada ou nacida e engordada de acordo co indicado neste punto.

5. No caso de que a axuda total correspondente aos produtores e animais indicados nos puntos 1 a 4, tendo en conta os incrementos do artigo 54º.3, supere a cantidade total de 5.287.659 euros, dimi

nuirase proporcionalmente a axuda correspondente a cada produtor ata que a suma consiga o límite indicado.

Sección segunda

Axudas ao ovino-cabrún

Artigo 56º.-Condicións xerais de concesión.

1. Ao abeiro do disposto no capítulo 11 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, para ter dereito ás axudas, os produtores deberán solicitalo de acordo cos modelos DP, RG, OC e OL do anexo 1 desta orde, e ademais:

a) Ter asignado un límite individual de dereitos de prima, de acordo co establecido no Real decreto 1839/1997, do 5 de decembro, polo que se establecen as normas para a realización de transferencias e cesións de dereitos de prima e para o acceso á reserva nacional.

b) Manter na súa explotación un número de animais que cumpran as condicións para a súa concesión igual, polo menos, a aquel polo que solicitase a axuda correspondente, durante un período mínimo de cen días, contados a partir do día de finalización do prazo para a presentación das solicitudes. Calquera variación do número de animais obxecto de solicitude, incluído o seu traslado, deberalle ser comunicado polo solicitante á autoridade competente.

c) Cumprir coas obrigas derivadas do Regulamento (CE) nº 21/2004, do 17 de decembro de 2003, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie ovina e cabrúa e modificase o Regulamento (CE) nº 1782/2003 e as directivas 92/102/CEE e 64/432/CEE.

2. O número de animais polo que se presente unha solicitude de prima non poderá ser inferior a dez.

Artigo 57º.-Prima por ovella e por cabra.

1. O produtor que posúa ovellas na súa explotación poderá obter a prima por ovella prevista no artigo 113.1º do Regulamento (CE) nº 1782/2003, de acordo coas condicións previstas nesta orde e na lexislación estatal e comunitaria.

2. O produtor que posúa cabras na súa explotación poderá obter a prima por cabra prevista no artigo 113.2º do Regulamento (CE) nº 1782/2003 sempre que a súa explotación se encontre sita nas provincias de Ourense ou Pontevedra ou nas zonas de montaña, tal como se definen no artigo 18 do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, das provincias da Coruña e Lugo.

3. O período que hai que considerar, en relación cos produtores de ovino que comercializan leite ou produtos lácteos de ovella, é o ano natural correspondente a aquel en que se solicita a prima.

Artigo 58º.-Prima adicional.

Poderán obter a prima complementaria prevista no artigo 114 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 os produtores de ovino e cabrún cando a súa explotación se encontre sita nalgún dos municipios indi

cados no anexo 18 desta orde, e sempre que, polo menos, o 50 por cento da superficie dedicada á agricultura se sitúe en zonas desfavorecidas segundo a definición establecida no Regulamento (CE) nº 1257/1999. Ademais no caso de produtores de cabras, estas zonas desfavorecidas deberán corresponder ás indicadas no punto 2 do artigo anterior.

Artigo 59º.-Pagamento adicional.

1. En aplicación do artigo 119 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, establécese un pagamento adicional aos produtores de ovino-cabrún sitos en Galicia por un importe anual total de 157.486 euros.

2. Non obstante o establecido no punto anterior, esta cantidade incrementarase, para o ano 2005, mediante a redución da contía dos pagamentos, establecidos no artigo 92º.2 b) desta orde, en 1,0 euros por cabeza.

3. Os pagamentos adicionais adoptarán a forma de pagamentos por cabeza de gando e realizaranse de acordo cos criterios establecidos no artigo 60º desta orde, non superando o importe de 4 euros por cabeza e por ano.

4. Os importes unitarios indicados no punto 3 incrementaranse nun 50% cando os beneficiarios se encontren nalgunha das seguintes circunstancias.

a) Sexan agricultores xoves titulares de explotacións prioritarias.

b) Posúan animais ovinos ou cabrúns inscritos nalgún dos libros xenealóxicos das razas ovinas ou cabrúas autóctonas, tal e como se definen no Real decreto 1682/1997, do 7 de novembro, polo que se actualiza o Catálogo Oficial de Razas de Gando en España. O incremento da contía unitaria, non será computable para os efectos da superación do importe máximo fixado no punto 2 do presente artigo.

Artigo 60º.-Modalidades dos pagamentos.

1. Os pagamentos adicionais adoptarán as modalidades seguintes:

a) Pagamentos adicionais aos produtores de ovino e cabrún que posúan explotacións que contribúan á fixación da poboación en determinadas zonas catalogadas como desfavorecidas, de acordo co establecido no artigo 18 do Regulamento (CE) nº 1257/1999, do 17 de maio, sobre axuda ao desenvolvemento rural. A residencia do produtor estará sita no termo municipal onde radica a explotación ou nun termo municipal limítrofe.

b) Pagamentos adicionais aos produtores titulares o cotitulares de explotacións agrarias prioritarias, tal e como se definen no artigo 2 do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

c) Pagamentos adicionais aos produtores que posúan explotacións cualificadas como Explotacións Gandeiras Ecolóxicas de acordo cos requisitos do Regulamento (CE) nº 1804/1999 do Consello, do 19 de xullo.

d) Pagamentos adicionais aos produtores que pertenzan a cooperativas ou agrupacións de produtores agrarios (APA), cuxa finalidade sexa a mellora e racionalización da transformación e comercialización da carne de ovino e cabrún.

e) Pagamentos adicionais aos produtores que posúan explotacións que obtivesen nos cinco anos anteriores, ao abeiro do derrogado Real decreto 204/1996, do 9 de febreiro, sobre melloras estruturais e modernización das explotacións agrarias ou do Real decreto 613/2001, algunha dos seguintes tipos de axudas oficiais:

1ª Axuda para a realización de investimentos na explotación agraria.

2ª Axuda para a primeira instalación de agricultores xoves.

3ª Axudas a investimentos en plans de mellora destinadas a adecuar a base territorial da explotación.

f) Pagamentos adicionais aos produtores integrados en agrupacións de defensa sanitaria (ADS), reguladas no Real decreto 1880/1996, do 2 de agosto, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

g) Pagamentos adicionais aos produtores que participan en denominacións específicas de calidade, tal e como queda recollido no Regulamento (CE) nº 2081/1992 do Consello, do 14 de xullo, relativo á protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe das producións agrícolas e alimentarias.

2. No caso de que a axuda total correspondente aos produtores e animais indicados no punto 1 deste artigo, aplicando os importes unitarios previstos no punto 3 do artigo 59º, incrementados, se é o caso, segundo o establecido no punto 4 do mesmo artigo, supere a cantidade total establecida no punto 1 do artigo 59º aumentada co indicado no punto 2 do mesmo artigo, diminuirase proporcionalmente a axuda correspondente a cada produtor ata que a suma se reduza aos límites establecidos.

Capítulo V

Da prima láctea

Artigo 61º.-Condicións xerais de concesión.

1. Ao abeiro do disposto no capítulo 7 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, para ter dereito a esta prima os produtos deberán solicitalo de acordo cos modelos DP, RG e PL do anexo 1 desta orde.

2. Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas na presente orde os produtores con cota dispoñible sempre que no período 2004-2005 (do 1 de abril de 2004 ao 31 de marzo de 2005) realizasen entregas de leite a un comprador autorizado ou presentado no prazo establecido, declaración de venda directa de leite ou produtos lácteos.

3. Aqueles produtores con cota dispoñible que non realizasen entregas no período 2004-2005 debido a casos de forza maior ou casos excepcionais, poderán beneficiarse da axuda, sempre que comunicaran o feito á autoridade competente, en canto o produtor tivera coñecemento deles e, en calquera caso, con anterioridade ao 31 de marzo de 2005.

Artigo 62º.-Prima láctea. Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica indicada no artigo 61º e da documentación indicada no artigo 3º.5 os solicitantes de prima láctea deberán presentar, no caso das explotacións asociativas, segundo a definición do artigo 6º.1 t) desta orde:

-Certificación do secretario, do número de socios, persoas físicas, que formaban parte dela o 1 de xaneiro de 2005.

-No caso de sociedades civís, laborais ou mercantís, os estatutos ou escritura de constitución na que se conteña o seu obxecto, así como a documentación xustificativa de que máis de 50% do capital social pertence a socios que sexan agricultores profesionais.

Artigo 63º.-Importe das primas lácteas.

1. A prima láctea será concedida polo ano natural 2005, por explotación e por quilogramo de cota dispoñible con dereito a prima, a 31 de marzo de 2005.

2. De acordo co establecido no punto 4º do artigo 95 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, a cota con dereito a prima para España fíxase en 5.566.950 toneladas. Se a suma das cotas dispoñibles dos solicitantes que, a nivel estatal, cumpran os requisitos establecidos, supera a cantidade antes citada, fixarase un coeficiente redutor que se aplicará linealmente a todas as solicitudes.

Artigo 64º.-Concesión dos pagamentos adicionais.

1. O Fondo Galego de Garantía Agraria efectuará no ano 2005 os pagamentos adicionais aos produtores sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. Estes pagamentos adicionais consistirán exclusivamente nun importe adicional ao importe da prima láctea, fixado no artigo 92º.3 desta orde, e non poderán superar a contía total dispoñible de 12.683.673 A.

2. O Fondo Galego de Garantía Agraria distribuirá os pagamentos adicionais proporcionalmente á prima láctea establecida no artigo anterior.

3. O pagamentos adicionais non poderán ter un importe unitario por explotación superior a 6.000 A. Non obstante, no caso de explotacións asociativas definidas no artigo 6º.1 t) desta orde, este importe unitario máximo aplicarase a cada persoa física existente nelas.

Capítulo VI

Indemnización compensatoria

Artigo 65º.-Ámbito de aplicación.

Poderase conceder unha indemnización compensatoria anual, aos agricultores que reúnan os requi

sitos que se establecen no artigo 66º, polas superficies das explotacións que radiquen nos municipios incluídos na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, cualificadas como zonas de montaña, despoboamento ou con dificultades especiais, conforme os artigos 18, 19 e 20, respectivamente, do Regulamento (CE) nº 1257/1999, e que se indican no anexo 18 desta orde.

Artigo 66º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas indicadas na presente sección as persoas físicas que reúnan as seguintes condicións:

a) Ser agricultor a título principal ou titular dunha explotación agraria cualificada como prioritaria, ben a título individual ou como socio dunha explotación agraria constituída como cooperativa ou sociedade agraria de transformación. Cada socio poderá percibir a indemnización correspondente a súa cota de participación que, se é o caso, deberá acumularse á da súa explotación individual para os efectos de cálculo dunha indemnización compensatoria única.

b) Residir no termo municipal no que radique a súa explotación ou nalgún dos municipios limítrofes situados en zonas desfavorecidas.

c) Comprometerse, formalmente, a manter a actividade agraria, polo menos durante os cinco anos seguintes á data en que cobre a indemnización, salvo xubilación ou causa de forza maior.

d) Comprometerse, formalmente, a exercer a agricultura sostible empregando métodos de boas prácticas agrícolas, adecuadas ás características agrarias da localidade, compatibles co ambiente e o mantemento do campo e da paisaxe, indicadas no anexo 19 desta orde.

Artigo 67º.-Requisitos das explotacións.

1. As explotacións obxecto da axuda deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Estar sitas, total ou parcialmente, nas zonas desfavorecidas indicadas no anexo 18 desta orde.

b) Ter unha carga gandeira máxima de 1UGM/ha de superficie forraxeira en comarcas con pluviometría media anual inferior a 600 mm/ano; inferior a 1,5 UGM/ha, en comarcas con pluviometría media anual entre 600 e 800 mm/ano; e inferior ou igual a 2 UGM/ha en comarcas con pluviometría superior a 800 mm/ano. A carga gandeira mínima deberá ser maior ou igual a 0,2 UGM por hectárea.

c) Ter unha superficie agrícola superior a 2 ha.

d) Cumprir as boas prácticas agrarias habituais, indicadas no anexo 19.

e) Para efectos do cálculo da carga gandeira indicada na letra b) anterior terase en conta:

1) Para a determinación das UGM, a media dos censos de machos e femias de bovino dos seis primeiros meses de 2005, o número de machos e femias

de ovino, cabrún e équidos presentes na explotación no momento da solicitude, que se converterán en UGM de acordo coas seguintes equivalencias:

* Équidos de mais de 6 meses: 1 UGM.

* Touros, vacas e outros bovinos de mais de 24 meses: 1 UGM.

* Bovinos de mais de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM.

* Ovinos e cabrúns: 0,15 UGM.

2) Para a determinación da superficie forraxeira teranse en conta as superficies indicadas no artigo 6º.1 g) desta orde.

2. As explotacións para as que se solicite indemnización compensatoria quedarán inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias perceptoras deste tipo de axuda da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

Artigo 68º.-Documentación complementaria.

Ademais da solicitude específica do anexo 1, incluíndo os impresos DP, RS, PA, RG e IC, e da documentación xeral indicada no número 5 do artigo 3º, os solicitantes de indemnización compensatoria achegarán a seguinte documentación:

a) Copia da portada e da folla do censo de animais do Libro de Explotación Gandeira, se existen unidades de produción noutra comunidade autónoma.

b) Certificado de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no de traballadores autónomos, pola súa actividade agraria, ou o último cupón de pagamento á Seguridade Social neste réxime.

c) Certificado da SAT ou cooperativa, se é o caso, acreditativo da porcentaxe de participación do solicitante nela, segundo modelo ICC do anexo 1.

d) Copia da declaración do IRPF do ano 2003 ou compromiso de presentar a do ano 2004, se é novo solicitante.

e) Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do declarante, do cónxuxe ou de ámbolos dous, no caso de que na declaración do IRPF se inclúan rendementos do traballo.

Artigo 69º.-Incompatibilidades

A indemnización compensatoria será incompatible coa percepción polo beneficiario dunha pensión de xubilación, de subsidio de desemprego ou calquera outra prestación pública análoga.

Capítulo VII

Da condicionalidade

Artigo 70º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

Este capítulo ten por obxecto establecer na Comunidade Autónoma de Galicia, as boas condicións agrarias e ambientais que deberá cumprir o agricultor consonte a condicionalidade das axudas directas da política agrícola común, de conformidade co Regulamento (CE) nº 1782/2003.

Tamén establécese un sistema para a aplicación dos controis e as reducións, no relativo á condicionalidade, nos pagamentos de conformidade co Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril de 2004, polo que se establecen disposicións para a aplicación da condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión e control previstos no Regulamento (CE) nº 1782/2003, e co Real decreto 2352/2004, do 23 de decembro, sobre a aplicación da condicionalidade en relación coas axudas directas no marco da política agrícola común.

Artigo 71º.-Condicionalidade.

Todo agricultor que reciba pagamentos directos dos recollidos nos capítulos III, IV ou V desta orde deberá observar os requisitos legais de xestión a que se refire o anexo 21 desta orde, así como as boas condicións agrarias e agroambientais indicadas no anexo 22.

Artigo 72º.-Pastos permanentes.

O agricultor titular de superficies dedicadas a pastos permanentes aterase ás exixencias previstas na normativa comunitaria así como ás que estableza a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, co obxecto de previr que a superficie total de pastos permanentes sufra unha redución significativa consonte ao previsto no artigo 5 do Regulamento (CE) nº 1782/2003 e no artigo 3 do Regulamento (CE) nº 796/2004, no que se recollen as marxes de redución anual admisibles respecto á proporción de referencia para 2003.

No suposto de se superar a nivel nacional as citadas marxes e de acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (CE) nº 796/2004 e no caso de que se superen tamén na Comunidade Autónoma de Galicia, o director do Fogga establecerá as obrigas de carácter individual que sexan necesarias, sen prexuízo das competencias de coordinación que lle correspondan ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Artigo 73º.-Control da condicionalidade.

1. O Fogga, organismo pagador dos fondos FEOGA-Garantía en Galicia, é o responsable da aplicación do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda, establecido no artigo 17 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e que se aplicará tamén á condicionalidade.

2. O Fogga será o órgano de control do cumprimento das boas condicións agrarias e ambientais establecidas no anexo 22 desta orde.

3. O Fogga solicitará a colaboración das autoridades competentes para a designación dos órganos especializados no control dos requisitos legais de xestión establecidos no anexo 21 desta orde.

4. O cálculo da axuda, as reducións e exclusións e o pagamento dela serán realizados polo Fogga.

Artigo 74º.-Sistemática de control.

1. O Fogga realizará as seguintes funcións:

a) Elaboración do plan de controis, no marco do establecido nos artigos 7 e 8 do Real decreto 2352/2004, con detalle do sistema de selección de mostras, características e amplitude dos controis, dinámica de elaboración das actas e informes de control. O plan de control da condicionalidade pode formar parte do Plan Xeral de Control do Sistema Integrado de Xestión e Control.

b) Selección da mostra de control con base nunha análise de riscos previa realizada segundo o disposto no artigo 45 do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión. Esta mostra alcanzará como mínimo o 1% do total de solicitudes recibidas, de tal modo que a mostra estea incluída dentro das solicitudes seleccionadas para control das condicións de admisibilidade.

c) Realización dos controis administrativos precisos para determinar os ámbitos de revisión en cada expediente.

d) Concertación de acordos a nivel de servizo cos órganos especializados pertinentes que permitan a delegación de funcións de control específicas.

e) Remisión aos órganos especializados de listaxes de expedientes e ámbitos que hai que controlar, con definición de requisitos que se vaian inspeccionar, prazos de inspección e sistemática de avaliación de incumprimentos con base nos criterios de reiteración, alcance, gravidade e persistencia.

f) Realización autónoma dos controis relativos á satisfacción das condicións de boas prácticas agrarias e ambientais.

g) Elaboración dos informes de control previstos no artigo 48 do Regulamento 796/2004 partindo das actas de control propias e das prácticas polos órganos especializados.

2. Os órganos especializados realizarán as seguintes funcións:

a) Controis físicos nos ámbitos da súas competencias e de acordo coas disposicións normativas vixentes e as especificacións indicadas polo Fogga.

b) Remisión das actas de control ao Fogga en tempo e forma, de acordo co previsto nos artigos 9 e) e 48.3º do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 75º.-Redución ou exclusión do beneficio dos pagamentos directos.

Cando non se respecten boas condicións agrarias e ambientais ou os requisitos legais de xestión como consecuencia dunha acción ou omisión directamente atribuíble ao agricultor, o Fogga reducirá ou anulará consonte o disposto nos artigos 66, 67, 68 e 71 do Regulamento (CE) nº 796/2004, o importe total dos pagamentos directos que hai que aboar.

Capítulo VIII

Dos límites máximos orzamentarios e

da modulación

Artigo 76º.-Límites máximos orzamentarios.

Os pagamentos correspondentes para os diferentes réximes recollidos no artigo 71.2º do Regulamento (CE) nº 1782/2003, non poderán exceder os límites orzamentarios establecidos, de acordo co disposto no artigo 3 do Real decreto 2353/2004, do 23 de decembro.

Artigo 77º.-Modulación.

1. Todos os importes dos pagamentos establecidos nos títulos III, IV e V desta orde e que deban concederse no ano 2005, reduciranse nun 3% de acordo co primeiro guión do punto 1 do artigo 10 do Regulamento CE nº 1782/2003. Os importes obtidos desta medida destinaranse, unha vez deducido o montante destinado ao importe adicional de axuda, a sufragar gastos no marco de desenvolvemento rural.

2. Concederáselles aos agricultores que reciban pagamentos directos ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1782/2003 un importe adicional de axuda que será igual ao que resulte de aplicar a porcentaxe de reducción prevista no punto 1 ao conxunto de todos os pagamentos ata os primeiros 5.000 euros, sen que a suma total de todos os importes adicionais poida superar o límite máximo establecido para España no anexo II do citado regulamento.

Capítulo IX

Dos controis, reducións e exclusións

Artigo 78º.-Plans de control de admisibilidade.

O Fogga, no marco dos plans nacionais de control establecidos polo FEGA, elaborará os plans de control de admisibilidade de solicitudes, tanto administrativos como sobre o terreo de acordo co establecido nos artigos 23 a 40 do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 79º.-Controis administrativos.

1. En virtude do disposto no artigo 24 do Regulamento (CE) nº 796/2004, da Comisión, un dos elementos esenciais dos controis administrativos será a realización dos cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e aos animais declarados, para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evitar a concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta ou por un animal determinado para o mesmo ano civil.

2. Controis sobre a solicitude unificada.

a) Os servizos provinciais do Fogga recibirán os expedientes, realizarán os controis correspondentes á titularidade da explotación e aos aspectos establecidos no artigo 2º e 3º desta orde solicitando, se é o caso, a documentación complementaria necesaria aos produtores, integrarán a información na base de datos e remitirán a documentación específica da indemnización compensatoria aos servizos provinciais de explotacións agrarias. Concluídos estes controis o Fogga informará a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria dos expedientes con solicitude de indemnización compensatoria que non os superaron.

b) Os servizos provinciais do Fogga custodiarán a documentación básica da solicitude unificada e a específica de declaracións de superficies e primas por gando e prima láctea. No caso de axudas por superficies, declaracións de superficies forraxeiras e indemnización compensatoria, o Fogga realizará os cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e as comunicacións pertinentes aos solicitantes para evitar a concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta.

c) O servizos provinciais do Fogga realizarán as análises da documentación e os cruzamentos informáticos necesarios para evitar a concesión de dobres axudas por un animal determinado para o mesmo ano civil nas solicitudes de prima por vaca nutriz, prima de ovino e cabrún e prima por extensificación.

d) Os servizos provinciais de explotacións agrarias verificarán a documentación e realizarán os cruzamentos informáticos necesarios para garantir que os beneficiarios e explotacións cumpren o establecido nos artigos 66º e 67º desta orde en relación coa indemnización compensatoria, excepto o indicado no punto d) e 1 d) respectivamente dos ditos artigos, que será verificado polo Fogga nos controis sobre o terreo.

3. Controis sobre solicitudes doutras primas gandeiras.

Os servizos provinciais do Fogga realizarán a análise da documentación e os cruzamentos informáticos necesarios para evitar a concesión de dobres axudas por un animal determinado para o mesmo ano civil nas solicitudes de prima especial de vacún e primas por sacrificio.

Artigo 80º.-Controis sobre o terreo.

No marco dos plans nacionais de control sobre o terreo, establecidos polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), o Fogga elaborará os plans de control sobre o terreo das axudas superficies e de primas por gando e prima láctea.

O plan de control sobre o terreo de axudas superficies incluirá tamén controis relacionados coa indemnización compensatoria, de acordo coa normativa específica comunitaria, estatal e autonómica sobre esta axuda, tendo en conta as especificacións que determine a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

Polo Fogga determinaranse, en cada caso, as solicitudes concretas a controlar no terreo, respectando, en todo caso, os criterios que se establezan nos plans nacionais, remitindo á Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria a relación de expedientes de indemnización compensatoria seleccionados para inspección.

Os controis sobre o terreo efectuaranse de maneira inopinada; non obstante, poderán notificarse cunha antelación limitada ao mínimo estritamente necesario, sempre e cando non se comprometa ao propósito do control. Esa antelación, salvo nos casos debidamente xustificados, non excederá de 48 horas.

O Fogga realizará os controis sobre o terreo das solicitudes de superficies en tempo hábil, de maneira que permita efectuar as comprobacións regulamentarias das parcelas agrícolas obxecto das solicitudes de axuda.

Artigo 81º.-Superficie determinada nos controis.

Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo das superficies das parcelas incluídas en cada solicitude, o Fogga definirá a superficie determinada en cada parcela para efectos de axudas por superficies, de superficies forraxeiras ou de indemnización compensatoria.

Artigo 82º.-Reducións e exclusións na determinación das axudas por superficie.

1. Se a superficie determinada dentro dun grupo de cultivo dos establecidos no artigo 49 do Regulamento (CE) nº 796/2004, é superior á declarada na solicitude de axuda, será esta última a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda.

2. Se se comproba que a superficie declarada nunha solicitude de axuda por superficie reborda a superficie determinada para ese grupo de cultivo, como consecuencia dos controis administrativos ou sobre o terreo, será esta última a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda.

3. Cando para un grupo de cultivos, a superficie determinada sexa inferior á superficie declarada, a axuda calcularase sobre a base da superficie determinada, reducida no dobre da diferenza comprobada se esta é superior ao 3% ou dúas hectáreas, pero inferior ou igual ao 20% da superficie determinada.

Se a diferenza é superior ao 20% da superficie determinada non se concederá axuda algunha por superficie en relación co grupo de cultivo en cuestión.

4. Se, respecto da superficie global determinada incluída nunha solicitude de axuda no sector de produción vexetal do sistema integrado, a superficie declarada supera a superficie determinada en máis dun 30%, denegarase a axuda a que tivese dereito o produtor neses réximes de axuda no ano civil en cuestión.

Se a diferenza fose superior ao 50%, quedará excluído de novo do beneficio da axuda ata un importe igual ao rexeitado de acordo co parágrafo anterior. Este importe deducirase dos pagamentos das axudas con cargo a calquera dos réximes de axuda da produción vexetal ou animal correspondentes ao sistema integrado, ás que teña dereito o agricultor polas solicitudes que presente durante os tres anos civís seguintes a aquel en que se descubra a declaración excesiva.

5. En caso de incumprimento intencional aplicarase o establecido no artigo 53 do Regulamento (CE) nº 796/2004.

6. Os puntos 1 a 5 deste artigo aplicaranse para o cálculo da superficie forraxeira con vistas á concesión de axudas a vacas nutrices e prima especial de vacún.

No caso de declaración de superficies forraxeiras para a obtención de primas gandeiras, cando se detecte unha diferenza superior ao 50% entre a superficie declarada e a inspeccionada, o produtor quedará excluído, de novo, respecto dunha superficie forraxeira igual a aquela pola que se lle denegue a axuda, durante os tres anos civís seguintes ao ano civil no que se descubra a irregularidade.

As reducións e as exclusións deste punto só se aplicarán cando a superficie declarada ou puidese dar lugar a un pagamento máis elevado.

7. No caso de pagamentos por extensificación, se a carga gandeira correspondente á superficie determinada non supera o límite de 1,4 UGM/hectárea, esa superficie servirá de base para o cálculo do pagamento por extensificación.

Se supera o límite, o importe total da axuda á que teña dereito o produtor durante o ano civil en cuestión se reducirá en un 50% do importe que o produtor recibise ou puidese recibir doutro modo como pagamento por extensificación.

8. Cando a diferenza entre a superficie forraxeira declarada e a determinada derive de irregularidades cometidas intencionadamente aplicarase o establecido no punto 3º do artigo 56 do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 83º.-Base de cálculo en primas por gando e substitucións de animais.

1. Se o número de animais declarado nunha solicitude de axuda é superior ao determinado como consecuencia de controis administrativos ou sobre o terreo, a axuda calcularase a partir do número de animais determinado.

Non obstante, cando o produtor non puidese cumprir a súa obriga de retención por motivos de forza maior ou por circunstancias excepcionais, conservará o dereito á axuda polo número de animais subvencionables no momento en que se producise o caso de forza maior ou circunstancia excepcional.

2. En ningún caso se poderá conceder axuda por un número de animais superior ao indicado na solicitude de axuda.

3. As substitucións de animais da especie bovina que se efectúen deberán realizarse no prazo de 20 días a partir do evento que faga necesaria a dita substitución, anotarase no rexistro do produtor no prazo de 3 días desde a substitución e deberase comunicar ao Servizo Provincial do Fogga nos sete días seguintes a ela.

4. As substitucións de gando ovino terán lugar no prazo de 10 días a partir do evento que faga necesaria a substitución, anotaranse no rexistro antes de tres días desta e comunicaráselle ao Fogga no prazo de cinco días desta.

Artigo 84º.-Reducións e exclusións aplicables aos bovinos.

1. Cando nunha solicitude de axuda de acordo aos réximes de axuda por bovinos se detecte unha

diferenza entre o número de animais declarados e o determinado, o importe total de axuda á que teña dereito o produtor reducirase na porcentaxe determinada no punto 3 seguinte, se as irregularidades non afectan a máis de 3 animais.

2. Se as irregularidades afectan a máis de 3 animais o importe total da axuda reducirase da seguinte forma:

a) Unha porcentaxe que se determinará de acordo co punto 3, se non é superior ao 10%.

b) A dobre da porcentaxe que se determinará de acordo co punto 3, se é superior ao 10% pero inferior ou igual ó 20%.

Se a porcentaxe determinada de acordo co punto 3 é superior ao 20% denegarase a axuda con cargo a ese réxime durante o período de prima correspondente.

Se o porcentaxe determinado consonte o punto 3 é superior ó 50%, o produtor quedará excluído outra vez do beneficio da axuda ata un importe igual ao rexeitado. Ese importe deducirase dos pagamentos das axudas con cargo aos réximes de axuda por bovinos aos que teña dereito o produtor polas solicitudes que presente durante os tres anos civís seguintes a aquel no que se descubra a irregularidade.

3. Para determinar as porcentaxes indicadas nos puntos 1 e 2, o número de animais da especie bovina para os que se presentaran solicitudes con cargo a todos os réximes de axuda por bovinos durante o período de prima correspondente e respecto dos que se detectasen irregularidades, dividirase polo número total de animais da especie bovina determinados para o período de prima correspondente.

4. Cando as diferenzas entre o número de animais declarados e determinados se deriven de irregularidades cometidas intencionadamente aplicarase o establecido no punto 4 do artigo 59 do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 85º.-Reducións e exclusións aplicables aos animais das especies ovina e cabrún obxecto de solicitude.

1. Cando respecto das solicitudes de axuda con cargo aos réximes de axuda por ovino e cabrún se detecte unha diferenza entre o número de animais declarados e o determinado aplicarase mutatis mutandis o disposto nos puntos 2, 3 e 4 do artigo anterior, desde o primeiro animal do que se comproben irregularidades.

2. Ademais, segundo o disposto no artigo 60 do Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, aplicaranse ás seguintes penalizacións:

-As do artigo 60.2º do dito regulamento cando o produtor de ovino comercialice leite e produtos lácteos de ovino e non declare tal actividade na súa solicitude de prima.

-As do artigo 60.3º do dito regulamento cando se comprobe que, respecto das primas complementarias, menos do 50% da superficie da explotación

está sita nas zonas especificadas no artigo 58º desta orde.

-As do artigo 60.4º do dito regulamento cando a porcentaxe de superficie da explotación dedicada á agricultura que estea situado nas zonas definidas no artigo 57º.2 desta orde, sexa inferior ao 50%.

3. Cando se descubra que as irregularidades do punto anterior se cometeran de modo intencionado, aplicaranse as penalizacións do artigo 60.6º do Regulamento (CE) nº 796/2004.

Artigo 86º.-Circunstancias naturais.

As reducións e exclusións recollidas nos puntos 2, 3 e 4 do artigo 84º e no artigo 85º non se aplicarán cando, por circunstancias naturais da vida do rabaño, o produtor non poida cumprir o seu compromiso de manter os animais obxecto de solicitude de axuda durante o período de retención, sempre e cando notificase ese extremo por escrito ao Servizo Provincial do Fogga nun prazo de 10 días hábiles desde a comprobación da redución do número de animais.

Os servizos provinciais do Fogga poderán admitir, sen prexuízo das circunstancias concretas que poidan terse en conta en cada caso, como casos de circunstancias naturais da vida do rabaño.

a) A morte dun animal como consecuencia dunha enfermidade.

b) A morte dun animal como consecuencia dun accidente do que non poida considerarse responsable o gandeiro.

Artigo 87º.-Forza maior e circunstancias excepcionais.

1. Os casos de forza maior e de circunstancias excepcionais, coa presentación das probas pertinentes a enteira satisfacción do Fogga, deberán notificarse por escrito nun prazo de 10 días hábiles a partir do momento en que o produtor se encontre en situación de facelo.

2. Para tal efecto, o Fogga poderá recoñecer como circunstancias excepcionais os supostos seguintes:

a) A morte do produtor.

b) Unha longa incapacidade profesional do produtor, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

c) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente á superficie agrícola da explotación.

d) A destrución accidental dos edificios da explotación destinados ao gando.

e) Unha epizootia que afecte a todo ou parte do gando do produtor.

Artigo 88º.-Reducións e exclusións aplicables á prima láctea e pagamentos adicionais.

No contexto das comprobacións efectuadas en relación coas solicitudes de axuda por prima láctea e pagamentos adicionais previstas no capítulo V desta orde, os artigos 50 e 53 e o punto 1º do artigo 51

do Regulamento (CE) nº 796/2004 serán aplicables considerándose, para os ditos efectos, superficie como cantidade de referencia individual e superficie determinada como cantidade de referencia individual determinada.

Capítulo X

Da resolución e o pagamento

Artigo 89º.-Superficie para o cálculo dos pagamentos.

Para os efectos do pagamento das axudas por superficie establecidas nos puntos 1.1 a) e 1.1 b) do artigo 1º desta orde teranse en conta as superficies declaradas ou as establecidas, en cada caso, polo Fogga, segundo o exposto no artigo 81º desta orde. Polo tanto, as superficies polas que se presenten solicitudes deberán ser reducidas nos casos que proceda, tendo en conta as disposicións referentes:

a) A retirada do cultivo das terras que se benefician dos pagamentos compensatorios recollidos no Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, a normativa específica do réxime de apoio aos produtores de sementes para sementeira e ao uso de terras retiradas para a produción de materias primas con destino non alimentario.

b) As superficies básicas rexionais e as superficies nacionais de referencia para España, así como as superficies máximas garantidas.

c) As relativas aos controis, establecidas nos Regulamentos (CE) nº 1782/2003 e nº 796/2004.

Artigo 90º.-Resolución das solicitudes.

1. Solicitudes de axudas superficies e primas por gando e prima láctea:

Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo establecidos nos artigos 79º e 80º e comunicado polo FEGA o importe da eventual minoración a aplicar ás superficies subvencionables e a contía do porcentaxe de redución a aplicar no número de bovinos machos con dereito a prima por produtor, no número de cabezas obxecto de prima por sacrificio, e na cota láctea primable, así como a restante información que resulte necesaria, o Fogga establecerá, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies, o número de animais e a cota láctea con dereito a recibir as axudas, así como as superficies que poidan ser computadas para o cálculo do factor de densidade gandeira da explotación, para o pagamento por extensificación da explotación.

Ao mesmo tempo, o dito organismo establecerá a relación das solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os que se refiran ao sistema integrado de xestión e control, perdan o dereito á obtención das axudas e primas.

2. Solicitudes de indemnización compensatoria:

Unha vez realizados polos servizos provinciais de explotacións agrarias os controis administrativos correspondentes e polos servizos provinciais do Fog

ga os controis sobre o terreo, de acordo co plan establecido, a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria establecerá a axuda que corresponda a cada solicitude. Para a resolución das solicitudes relativas á indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas se, unha vez determinado o importe da axuda correspondente a todas as solicitudes recibidas e que cumpran todos os requisitos, este supera o orzamento dispoñible previsto na letra b) da disposición adicional primeira, incluídos os incrementos previstos, aplicaranse de acordo co Real decreto 708/2002, do 14 de xullo, os seguintes criterios de prioridade:

1) Titulares de explotacións que reúnan os requisitos de agricultor xove.

2) Solicitantes incluídos nalgún dos programas agroambientais establecidos na orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 23 de agosto de 2002 e as súas posteriores modificacións.

3) Titulares de explotacións que acrediten realizar un nivel máis elevado das boas prácticas agrarias, utilizando a carga gandeira como parámetro.

4) Titulares de explotacións localizadas en zona de Rede Natura 2000.

Dentro de cada grupo terán prioridade as explotacións situadas en zonas de montaña (art. 18 do Regulamento (CE) nº 1257/1999):

3. Os servizos provinciais do Fogga e de explotacións agrarias, despois de efectuar os controis administrativos e sobre o terreo pertinentes, elevarán a oportuna proposta, a través da delegación provincial, ao director do organismo ou ao director xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria, respectivamente, sobre as solicitudes presentadas.

O director do Fogga será competente para resolver as solicitudes de primas gandeiras e axudas por superficies. A resolución das solicitudes de indemnización compensatoria corresponderalle ao conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, logo de proposta da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

Artigo 91º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 92º.-Importes unitarios das axudas e primas.

1. Os importes unitarios das axudas por superficie de cultivos herbáceos para a campaña de comercialización 2005/2006 serán os establecidos pola normativa comunitaria, de 63 A/tonelada no caso de cereais, oleaxinosas, proteaxinosas, liño e retirada de terras. O pagamento por superficie calcularase multiplicando a cantidade básica por tonelada polo rendemento medio para os cereais determinado no plan de rexionalización para a comarca de que se trate.

A axuda específica aos produtores de proteaxinosas establecida no capítulo 2 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, será de 55,57 euros por hectárea de cultivo con dereito a axuda.

A axuda específica a cultivos enerxéticos, establecida no capítulo 5 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, será de 45 A/ha.

A axuda por superficie para leguminosas gran, establecidas no capítulo 13 do título IV do Regulamento (CE) nº 1782/2003, do Consello, é de 181 A/ha.

2. Os importes unitarios das primas por gando para o ano 2005 serán as establecidas na normativa comunitaria e que se indican a continuación:

a) Axudas ao gando vacún:

-Prima especial aos bovinos machos:

210 euros por cada touro con dereito a axuda.

150 euros por cada boi con dereito a axuda e tramo de idade.

-Prima por cada vaca nutriz con dereito a axuda:

200 euros por prima base.

24,15 euros de prima nacional complementaria.

-Prima por sacrificio de bovinos:

80 euros por adulto con dereito a axuda.

50 euros por xato con dereito a axuda.

-Pagamento por extensificación:

100 euros por animal con dereito a axuda.

b) Axudas ao ovino-cabrún.

-Prima por ovella con dereito a prima.

21 euros por ovella.

16,8 euros por ovella para os produtores que comercialicen leite ou produtos lácteos de ovella.

-Prima por cabra con dereito a prima.

16,8 euros por cabra.

-Prima adicional por ovella ou cabra con dereito a prima.

7 euros por ovella e cabra.

3. O importe unitario da prima láctea para o ano 2005 será o establecido na normativa comunitaria, de 16,31 euros por tonelada cota dispoñible con dereito a prima.

4. A contía da indemnización compensatoria anual que vai percibir cada solicitante determinarase en función das superficies indemnizables e coeficientes que se indican no anexo 20, partindo dos módulos base seguintes:

Zona de montaña (artigo 18 R. 1257/1999): 75 euros/ha.

Zona de desdobramento (artigo 19 R. 1257/1999): 45 euros/ha.

Zona con dificultades especiais (artigo 20 R. 1257/1999): 120 euros/ha.

A contía da indemnización compensatoria anual que vaia percibir o titular da explotación non poderá ser inferior a 300 nin superior a 2.000 euros.

Artigo 93º.-Pagamentos das axudas e primas.

1. O Fogga realizará os trámites pertinentes para efectuar, cando finalizasen todos os controis establecidos nos artigos 24 a 40 do Regulamento (CE) nº 796/2004, con carácter xeral, os pagamentos establecidos no punto 1 letras a) a h) e punto 2 do artigo 1º entre o 1 de decembro de 2005 e o 30 de xuño de 2006.

2. Non obstante o disposto no punto 1 anterior, a partir do 16 de outubro de 2005 aboaranse anticipos das primas por vaca nutriz, da prima especial de vacún e das primas por sacrificio para todas aquelas solicitudes cuxos controis finalizasen. Estes anticipos representarán o 40 por cento do montante das axudas.

Non se abonarán anticipos das seguintes axudas por gando:

a) Pagamento por extensificación.

b) Prima nacional complementaria por vaca nutriz.

c) Pagamentos adicionais.

3. O Fogga realizará os pagamentos derivados do importe adicional da axuda citada no artigo 77º.2 desta orde, como moi tarde o 30 setembro de 2006.

4. A Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria realizará os trámites pertinentes para autorizar, cando finalizasen todos os controis establecidos, o pagamento da indemnización compensatoria.

Artigo 94º.-Recursos administrativos.

1. Contra a resolución do director do Fogga caberá a interposición do recurso de alzada ante o presidente do citado organismo, no prazo dun mes contado desde a notificación da resolución contra a que se vaia recorrer.

3. Contra as resolucións que se diten nos expedientes de solicitudes de indemnización compensatoria cabe interpor potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ou ben impugnalos, directamente, ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Artigo 95º.-Recuperación dos pagamentos indebidos.

1. No caso de pagamento indebido, o produtor quedará obrigado a reembolsar ese importe máis os xuros calculados consonte o punto 2.

2. Os intereses calcularanse en función do tempo transcorrido entre a notificación da obriga de reembolso ao produtor e o reembolso ou a dedución.

O tipo de xuro aplicable sería o establecido, anualmente nos orzamentos xerais do Estado para cada exercicio para o xuro de demora.

3. A obriga de reembolso establecida no punto 1 non se aplicará se o pagamento é froito dun erro da administración xestora ou doutra autoridade e non podía ser razoablemente detectado polo produtor.

Porén, cando o erro estea relacionado con elementos factuais pertinentes para o cálculo do pagamento correspondente, o parágrafo primeiro deste punto 3 só se aplicará a decisión de recuperación non se comunicase nun prazo de 12 meses a partir do pagamento.

4. O previsto no punto 3 anterior non se aplicará aos anticipos.

5. O Fogga e a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria poderán renunciar á recuperación dos importes iguais ou inferiores a 100 euros, xuros non incluídos, por produtor e por período de prima.

Artigo 96º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan exixir os órganos competentes para a xestión de cada axuda ou prima, os solicitantes das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida polo servizo de auditoría interna do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio de funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Disposicións adicionais

Primeira.

1. A concesión destas axudas realizarase, con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, conforme os orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 2005, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

a) Para as axudas especificadas nos capítulos III, IV e V desta orde:

09.60.614A.779.0 -Ordenación, reestruturación, fomento e mellora da produción agraria. Axudas comunitarias a produtores derivadas da nova PAC: 812.505 euros.

09.60.614A.779.1 -Fomento do sector gandeiro, axudas comunitarias a produtores derivadas da nova PAC: 21.068.291 euros.

b) Para as axudas especificadas no capítulo VI desta orde: 09.03.614A.777.1-Indemnizacións compensatorias: 6.200.000 euros.

2. As dotacións orzamentarias indicadas nas letras a) e b) do punto 1, poderán incrementarse se fose procedente con outros fondos do FEOGA-Garantía, dos orzamentos xerais do Estado e da Comunidade Autónoma. Nese suposto tramitarase o oportuno expediente de xeración e ampliación de crédito.

En todo caso, a concesión das axudas estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Segunda.-As oficinas agrarias comarcais responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias sitas no seu ámbito de actuación.

Terceira.-En todo o non previsto nesta orde seguirase a normativa comunitaria de aplicación e a normativa estatal de transposición.

Cuarta.-Sen prexuízo do previsto nos capítulos IX e X desta orde, seralles de aplicación aos beneficiarios das axudas reguladas nela, o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, e na Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Disposición transitoria

As solicitudes formuladas ao abeiro da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora das axudas a produtores de determinados cultivos herbáceos e das primas en beneficio dos produtores de carne de ovino e cabrún, dos produtores de vacún e prima láctea dos que manteñen vacas nutrices e indemnización compensatoria en campañas anteriores, ás que non se lles concedeu a subvención solicitada, poderanse ter en conta nesta convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite en que se encontraban á finalización do exercicio anterior.

As solicitudes de prima especial a produtores de carne de vacún, recollida no artigo 123 do Regulamento (CE) nº 1782/2003, para a campaña 2005, presentadas antes da entrada en vigor desta orde poderán acollerse ao disposto na mesma.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Fondo Galego de Garantía Agraria e o director xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria, no ámbito das súas respectivas competencias, para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2005.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural