DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2005 Páx. 1.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2005 pola que se convoca un curso sobre normativa de tráfico e seguridade viaria.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre normativa de tráfico e seguridade viaria, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer as últimas novidades lexislativas e normativas relacionadas co tráfico e as súas variables máis importantes.

-Dotar os policías dunha formación actualizada no terreo do tráfico e a seguridade viaria, de grande importancia dentro dos seus cometidos profesionais.

-Asegurar o correcto tratamento da temática relativa ao tráfico e á seguridade viaria no tocante á regulamentación, documentación, sancións e procedemento sancionador.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos das policías locais de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 14 de febreiro de 2005, ás 13.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase en datas do 16 ao 18 de febreiro de 2005.

O horario será das 9.30 ás 14.00 e das 16.00 ás 19.00 horas, excepto o día 18 que será das 9.00 ás 14.00 horas.

Contido.

No curso trataranse os seguintes módulos:

I. Novidades lexislativas en materia de tráfico.

II. O novo RXC: modificacións das normas de circulación e comportamento. Alcoholemia.

III. Denuncias. Requisitos. O procedemento sancionador de tráfico.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 15 de febreiro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 17 de xaneiro de 2005.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade