DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2005 Páx. 1.338

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2005 pola que se convoca un seminario sobre actualización na operativa policial en eleccións.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun seminario sobre actualización na operativa policial en eleccións, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a norma actual sobre procesos electorais.

-Coñecer a operativa e procedemento policial nas distintas fases do proceso: campaña, xornada de reflexión e xornada electoral.

-Analizar a casuística e a problemática máis común en referencia a estes procesos.

Destinatarios.

O seminario vai dirixido aos membros das forzas e corpos de seguridade de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste seminario deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 8 de febreiro de 2005, ás 13.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares

previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O seminario desenvolverase durante o día 10 de febreiro de 2005.

O horario será das 9.30 ás 19.00 h.

Contido.

-Normativa electoral.

-Planificación e preparación de procesos electorais, desde a óptica policial.

-Operatividade policial nas fases de campaña e xornada de reflexión.

-Operativa policial e procedementos na xornada electoral.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 9 de febreiro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do seminario entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modificar o desenvolvemento do seminario para adaptalo ás necesidades da administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 17 de xaneiro de 2005.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade