DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2005 Páx. 1.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral para o ano 2005 do convenio colectivo do sector de carpintaría, ebanistaría e actividades afíns.

Visto o texto do calendario laboral para o ano 2005 do convenio colectivo do sector de carpintaría, ebanistaría e actividades afíns, con nº de código 3600215, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 14-12-2004, subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo en data 24-11-2004. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso

de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de decembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector da carpintaría,

ebanistaría e actividades afíns da provincia

de Pontevedra

Asistentes.

Representación social:

CC.OO.:

Francisco Javier Boullosa González

José Carlos Varela Pérez

Enrique García Rodríguez

UGT:

Ramón Carrera Molares

José Manuel Carrera Gándara

Cristóbal Sánchez López

Antonio Abreu Moreira

CIG:

Xosé Xoán Melón González

Jorge Posada Fernández

Representación empresarial:

Pablo Gómez González (Asema)

Pablo González López (Asema)

Félix Rodríguez Regueiro (AFCM).

Secretario de actas:

Pablo Búa Burgos

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás 18.00 horas do día 24 de novembro de 2004, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo do sector da carpintaría, ebanistaría, e actividades afíns da provincia de Pontevedra, para os efectos de fixar os días festivos para o ano 2005. Asisten as persoas indicadas anteriormente.

Artigo 19º.-Días festivos.

1. Para os efectos de distribución e adecuación da xornada laboral, que se establece para o ano 2005 en mil setecentas sesenta (1.760) horas de traballo efectivo en cómputo anual, consideraranse como non laborables e retribuídos os días: 16 de maio, 26 de xullo, 31 de outubro e o 5, 7 e 9 de decembro.

2. Nos concellos onde a festividade local coincida cun día non laborable ou festivo de convenio, tras

ladarase ao día inmediatamente seguinte. Para o ano 2005, nos concellos que se relacionan, tamén serán festivos de convenio os seguintes:

18 de maio: A Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario e Oixa.

18 de xullo: Bueu, O Grove e Moaña.

26 de setembro: Poio.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no punto 1, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes.

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Autorízase a Pablo Búa Burgos para levar a cabo as xestións necesarias. Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 19.00 horas do día 24 de novembro de 2004.