DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2005 Páx. 1.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2004, complementaria da do 28 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2005, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello de Monterrei e realizada -por petición do concello- a oportuna rectificación pola Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Ourense, cómpre facer a correspondente rectificación na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 222, do luns 15 de novembro de 2004, así:

-No anexo III provincia de Ourense, na páxina 15.605, onde di: «47. Monterrei: 25 de xullo, Santiago Apóstolo; 16 de agosto, San Roque», debe dicir: «47. Monterrei: 26 de xullo, Santa Ana; 16 de agosto, San Roque».

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2004.

Antonio de la Hera Roldán

Director xeral de Relacións Laborais