DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2005 Páx. 1.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xaneiro de 2005 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade de educación infantil e a redución dunha unidade de educación primaria ao centro privado Jorge Juan de Narón.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Jorge Juan de Narón, en que solicita a ampliación dunha unidade de educación infantil.

Resultando que:

1. O centro conta, por Orde do 15 de abril de 1996, con autorización definitiva para 8 unidades de educación secundaria obrigatoria, 12 unidades de educación primaria e 2 unidades de educación infantil.

2. A pretensión do centro privado Jorge Juan de Narón é a redución de 1 unidade de educación primaria e o incremento de 1 unidade de educación infantil.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10 de decembro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que o devandito centro reúne, en canto a instalacións se refire, os requisitos mínimos necesarios para poder acceder á súa solicitude.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar a ampliación dunha unidade de educación infantil e a redución dunha unidade de educación primaria ao centro privado Jorge Juan de Narón, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Narón.

Localidade: Xuvia.

Enderezo: Marcial Calvo, 1.

Denominación: Jorge Juan.

Titular: José Agustín Lage Rodríguez.

Código do centro: 15010071.

Nivel: educación infantil.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 1.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 11 unidades.

c) Centro de educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.