DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2005 Páx. 1.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2005 pola que se lle dá publicidade ao acordo do tribunal encargado de avaliar as probas para a renovación do certificado CE de conselleiro de seguridade, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 14 de outubro de 2004, elevándose a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Publicadas o 13 de decembro de 2004 as relacións provisionais de aprobados correspondentes ás probas para renovación do certificado CE de conselleiro de seguridade, convocadas por Resolución do 14 de outubro de 2004, transcorrido o prazo establecido para presentar as correspondentes reclamacións, e unha vez examinadas por este tribunal,

ACORDA:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Segundo.-Expoñer as devanditas relacións nos lugares establecidos para o efecto en resolución de convocatoria.

Terceiro.-Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución pode interpoñerse recurso de alzada ante o director xeral de Transportes (CPTOP e V), da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2005.

David González Coalla

Presidente do tribunal