DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2005 Páx. 1.077

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 30 de decembro de 2004 pola que se regulan as tarifas aplicables aos servizos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo de ámbito interurbano.

De conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, as tarifas dos transportes públicos deben cubrir a totalidade dos custos de explotación, permitir unha adecuada amortización e un razoable beneficio empresarial.

Os referidos custos de explotación do transporte víronse afectados dun xeito moi notable no ano 2004 polo encarecemento anómalo dos combustibles, a segunda partida máis importante na estrutura de custos dos taxis.

É por isto que procede, no contexto de tarifas públicas determinadas pola Administración, restablecer o equilibrio económico da explotación aprobando o correspondente incremento tarifario.

Estímase conveniente, noutra orde de cousas, modificar o cobramento do suplemento por viaxes en domingos, festivos e nocturnos substituíndo a contía fixa de 2 A, anteriormente fixada, por unha recarga do 20% de xeito que as viaxes de curto percorrido, as máis frecuentes en ámbito periurbano, reducirían a carga porcentual que supón este suplemento.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Rexeranse polo establecido nesta orde os servizos realizados por vehículos de menos de 10 prazas, incluído o condutor, provistos de autorización de transporte documentada en tarxeta VT-N, que presten servizos interurbanos con orixe ou destino en Galicia. Quedan fóra desta regulación as autorizacións de alugamento de vehículos con condutor.

Artigo 2º.-Tarifas.

Os servizos descritos no artigo anterior prestaranse con suxeición ás seguintes tarifas máximas, impostos incluídos:

-Prezo por km percorrido: 0,85 A.

-Prezo por hora de espera: 11,30 A.

-Mínimo de percepción: 2,55 A.

-Suplemento para domingo, festivo ou nocturno (entre as 23.00 e as 6.00 horas en días laborables e entre as 0.00 e as 24.00 horas en domingos e festivos: 20%).

Os tempos de espera motivados polo abandono temporal do coche polo usuario facturaranse a razón de 2,80 A por fracción de 15 minutos. Durante o

transcurso da 1ª hora de espera, o usuario terá dereito a dispoñer gratuitamente dun tempo de espera de 15 minutos.

Artigo 3º.-Taxímetro.

Os titulares de autorizacións de transporte documentadas en tarxetas VT-N poderán instalar un taxímetro homologado, calquera que sexa a localidade en que teña residencia a súa autorización de transporte.

Os vehículos provistos de taxímetro deberán, sen prexuízo da aplicación da tarifa urbana no seu caso aprobada, determinar en todo caso o prezo do servizo mediante o taxímetro que se axustará aos pasos por tempo ou por quilómetro nas contías seguintes:

-Valor do paso: 0,05 A.

-Metros por salto: 58,82.

-Segundos por salto: 15,93.

-Metros primeiro salto: 3.000.

-Tempo primeiro salto: 13' 32''.

A percepción mínima prevista no artigo 2º subsumirá os saltos correspondentes de distancia e tempo, de forma que tan só a partir da distancia ou do tempo correspondente ao primeiro salto comezarán a computarse os pasos sucesivos.

Artigo 4º.-Vehículos non provistos de taxímetro.

Aos servizos prestados por taxis non provistos de taxímetro seranlles de aplicación as tarifas establecidas por km, prezo de espera e mínimo de percepción.

O mínimo de percepción cubrirá os 3 primeiros quilómetros, polo que non será acumulable á tarifa de distancia por cada quilómetro ou fracción.

Artigo 5º.-Publicación das tarifas.

Os vehículos aos que afecta esta orde deberán expoñer as tarifas interurbanas vixentes de forma visible no interior do vehículo segundo o modelo recollido no anexo a esta orde, sen prexuízo da obriga de expoñer, se é o caso, as tarifas urbanas de forma independente.

Artigo 6º.-Cálculo da tarifa.

As tarifas establecidas nesta disposición refírense, en todo caso, á contratación por coche completo.

Os titulares de vehículos non provistos de taxímetro deberán aplicar a tarifa por distancia aos quilómetros, e á fracción de quilómetro, percorridos que determine o contaquilómetros do vehículo.

Antes do inicio da viaxe deberase poñer o contaquilómetros parcial a cero comunicándolle ao usuario a dita circunstancia.

O itinerario do servizo será determinado polo contratante do servizo antes do inicio.

No caso contrario deberase seguir a ruta máis curta das posibles, debendo o condutor notificarlle ao ocupante as alternacións do dito percorrido cando con

corran causas de forza maior ou circunstancias que aconsellen unha ruta alternativa.

O prezo por distancia establecido nesta orde aplicarase ao traxecto de ida.

Cando o usuario do servizo retorne ao punto de inicio por un itinerario máis longo por decisión deste, o transportista, ademais dos suplementos que correspondan por espera no lugar de destino, terá dereito a cobrar o incremento de quilómetros, respecto á viaxe de ida, conforme o valor establecido por quilómetro ou fracción.

Artigo 7º.-Percorridos mixtos.

Cando o servizo contratado conte cun tramo urbano e outro interurbano aplicarase a tarifa urbana ata os límites establecidos pola ordenanza correspondente e, a partir do dito punto, a tarifa regulada nesta orde. O condutor do vehículo deberá advertirlle ao usuario a dita circunstancia no momento que cambie o réxime de tarifas.

Artigo 8º.-Emisión de facturas.

O contratante do servizo poderá exixir unha factura na que se reflictan os puntos de inicio e termo do servizo, a tarifa resultante do percorrido e, se é o caso, a contía dos suplementos por espera, horario nocturno e días festivos.

Cando o vehículo non estea provisto de aparello taxímetro deberase consignar a quilometraxe na viaxe de ida e, se é o caso, o suplemento establecido no punto 4 do artigo 6º para o percorrido adicional no regreso.

Sempre que os contratantes estipulasen unha tarifa antes do inicio do servizo, a dita circunstancia deberá quedar reflectida na factura, así como a indicación proporcionada polo transportista do custo do servizo cando o contratante do servizo demande a inclusión da dita mención.

Artigo 9º.-Equipaxes.

O usuario terá dereito ao transporte gratuíto de equipaxes de ata 75 kg de peso nos vehículos de ata 4 prazas, e de 90 kg nos de capacidade superior, sempre que o seu volume permita transportalos no maleteiro ou na baca do vehículo sen contravir as normas de tráfico e circulación.

Cando non se utilicen o número total de prazas poderanse incrementar as ditas cifras a razón de 30 kg por asento libre sempre que o condutor do vehículo acceda a isto e as dimensións e natureza da equipaxe posibiliten o seu transporte.

Artigo 10º.-Devolución de cambio.

Os prestadores dos servizos regulados nesta orde non terán obriga de proporcionar a devolución de billetes cando a diferenza entre o billete ofrecido e o importe do transporte exceda de 20 A.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Transportes a actualizar as contías establecidas, mediante

a aplicación dos coeficientes correspondentes á evolución do índice xeral de prezos ao consumo de Galicia.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2004.

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Tarifas de taxis para servizos discrecionais de transporte de viaxeiros con autorización de clase VT-N, en percorridos con orixe ou destino en Galicia.

Prezo por quilómetro (viaxe de ida só)0,85 AMínimo percepción2,55 A

Prezo hora de espera11,30 APrezo fracción 15 minutos2,80 A

Suplemento tarifa domingos, festivos e nocturno (das 23.00 ás 6.00 horas en días laborables e entre as 0.00 e as 24.00 horas en domingos e festivos)20%

Valor do paso equivalente a 58,82 metros ou 15,93 segundos 0,05 A

Condicións aplicables

1. As tarifas levan incluídos os impostos.

2. Os servizos contrátanse por coche completo e as tarifas compútanse só na viaxe de ida, salvo que as partes contratantes acorden computar o retorno.

3. Non existe obriga de facilitar cambio superior a 20 A.

4. Existe un libro de reclamacións á disposición dos usuarios.

5. A percepción mínima corresponde a un primeiro salto de 3.000 metros ou 13' 53''.

6. Durante o transcurso da primeira hora de espera o usuario terá dereito a dispoñer dun tempo de espera de quince minutos. Transcorrido este, computarase por fracción de quince minutos a razón de 2,80 euros por cada fracción.

Vehículo matrícula

Titular da autorización

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA