DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2005 Páx. 925

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 321/2004, do 22 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en preimpresión en artes gráficas.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2424/1994, do 16 de decembro, establece o título de técnico en preimpresión en artes gráficas e as súas correspondentes ensinanzas mínimas e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesorado de ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na epígrafe 2 da súa disposición derradeira primeira, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumprir para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen

resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender, que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que han proporcionar o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos han dispor dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de decembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico en preimpresión en artes gráficas, regulado polo Real decreto 2424/1994, do 16 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, a duración e o nivel de formación profesional do ciclo formativo son os que se establecen na epígrafe 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións, os criterios de realización, o dominio profesional, a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen na epígrafe 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece na epígrafe 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan na epígrafe 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título, son as que se expresan na epígrafe 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan na epígrafe 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan na epígrafe 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nas epígrafes 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por teren superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato que se especifican na epígrafe 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece na epígrafe 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen nesta epígrafe serán utilizadas polos centros educativos para reforzaren, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles daren resposta ás características dos alumnos, e teren en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de decembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

DenominaciónPreimpresión en artes gráficas

NivelFormación profesional de grao medio

Duración (2.000 horas)Da formación no centro educativoDa formación en centros de traballo

1.620 horas380 horas

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

* Realizar as operacións necesarias para o tratamento, a ensamblaxe e a filmación de textos e imaxes, así como a obtención das formas impresoras, con

trolando e mantendo en primeiro nivel os equipamentos necesarios para obter os fotolitos e as formas impresoras, coa calidade e nos prazos establecidos.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar e comprobar a información técnica do produto e da produción nos procesos de preimpresión.

* Tratar os textos a partir de orixinais e de discos magnéticos e ópticos, así como levar a cabo a súa composición ortográfica e tipográfica segundo a maqueta e a corrección dos erros.

* Tratar as imaxes valorando os orixinais para o cálculo de ampliación, realizar as maquetas para reprodución e manexar equipamentos de reprodución, con obtención de probas previas.

* Ensamblar os textos e as imaxes creando unha páxina mestra segundo a maqueta; crear e colorear figuras; compaxinar e axustar as páxinas, con obtención de probas.

* Filmar sobre papel e película as imaxes e os textos compaxinados ou ensamblados, procesalos para a obtención de fotolitos obtendo probas fotoquímicas e impresas, e comprobar os resultados.

* Realizar o trazado da obra que se vai montar e montar as páxinas finais sobre o astralón para seren transferidas á forma impresora, tendo en conta os sistemas de pregado, o corte e a encadernación que se vaian utilizar.

* Obter a forma impresora (pranchas, offset, cilindros de fotogravado, pantallas de serigrafía, etc.), transferindo as montaxes efectuadas previamente.

* Comunicarse verbalmente ou por escrito cos departamentos cos que se mantén unha relación funcional: deseño gráfico, produción gráfica e impresión.

* Responder á correcta preparación, ao bo funcionamento e á posta a punto de máquinas, útiles e demais medios asignados.

* Executar un conxunto de accións de contido polivalente, de xeito autónomo no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que se está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros de igual ou inferior nivel de cualificación.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases do proxecto en que se está involucrado.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse a diversos postos de traballo dentro dos procesos de preimpresión e ás innovacións tecnolóxicas e organizativas relacionadas coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e os obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Interpretación de ordes e fichas de traballo e organización do seu propio traballo.

* Preparación e axuste dos materiais e equipamentos que manexa.

* Control e corrección das variables do proceso.

* Produción de textos e imaxes e obtención de formas impresoras.

O técnico en preimpresión recibe xeralmente a información necesaria para o seu traballo mediante ordes de traballo que recollen información técnica e especificacións achegadas polo cliente do produto que ten que realizar. Estas especificacións exprésanse de xeito codificado, o que exixe a interpretación de signos e símbolos específicos.

O técnico de preimpresión realiza o control do seu propio traballo comprobando que os resultados do seu labor se axusten ás especificacións consignadas nas ordes de traballo e, ademais, mediante a aplicación dos procedementos de calidade establecidos. O seu traballo é supervisado por un técnico superior que lle subministra a información necesaria e lle axuda tecnicamente en traballos de especial complexidade.

As consecuencias dun erro no desenvolvemento normal do seu traballo repercuten no ámbito económico e na seguridade ambiental.

2.4. Unidades de competencia.

1. Tratar textos.

2. Tratar imaxes.

3. Ensamblar e filmar textos e imaxes.

4. Trazar, montar e obter a forma impresora.

5. Realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: tratar textos.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Interpretar a orde de produción e recibir os materiais correspondentes para realizar o tratamento de textos en forma e tempo adecuados.* A correcta interpretación da orde de produción permite identificar a tarefa que cumpra realizar, o produto que se deba tratar e os prazos de entrega.

* Os orixinais recibidos con ou sen maqueta, os discos magnéticos ou ópticos e a transmisión electrónica, con ou sen instrucións tipográficas, son os necesarios para realizar o traballo e, en caso contrario, reclámanse.

* Na recepción de orixinais, con ou sen maqueta, compróbase a existencia de datos suficientes e, de ser o caso, solicítanse ou propóñense os necesarios para completar a definición do tratamento.

RealizaciónsCriterios de realización

* Verifícase a compatibilidade de formatos no caso de orixinais en soporte magnético ou óptico.
* Compróbase a existencia das familias indicadas nas instrucións tipográficas, no catálogo de fontes dispoñibles.
* Os tamaños dos distintos elementos tipográficos e as medidas de configuración son os adecuados para o formato da páxina e resultan compatibles co número de páxinas do impreso.

1.2.Preparar os orixinais e os equipamentos para a composición, conseguindo a calidade requirida.* Márcanse os orixinais coas instrucións necesarias para a composición tipográfica e de formato (corpo, interliña, lonxitude de liña, familia, formato, etc.), respectando os parámetros establecidos.
* Compróbase a existencia de follas de estilo que se axeiten ao traballo que se vaia realizar e, no seu defecto, créanse unhas adecuadas.
* As operacións iniciais de posta en funcionamento (arrinque do ordenador, carga na memoria dos programas, etc.), e a preparación dos equipamentos (ordenadores, módem, OCR, etc.) son as adecuadas para o traballo que se vaia realizar.

1.3.Compor tipograficamente o texto segundo criterios establecidos e obtendo a calidade requirida.* De ser o caso, pícanse os textos con calidade ortográfica, cumprindo cos tempos de produción.

* De ser o caso, execútase a importación dos textos a partir dun soporte magnético ou óptico.

* Trátanse os textos introducindo instrucións tipográficas e de axuste, directamente ou a través das follas de estilo.
* Compaxínanse os textos segundo a maqueta e obtéñense probas (galeradas ou páxinas axustadas).

1.4.Corrixir as probas segundo criterios establecidos para deixar o texto en condicións de calidade adecuadas para ser utilizado no proceso de preimpresión específico.* Lense e márcanse os erros na proba, de acordo cunha simboloxía preestablecida.

* Corríxense na pantalla os erros detectados.

* De ser o caso, envíanse as probas para a súa aprobación, polo cliente.

Dominio profesional

-Medios de produción e/ou tratamento da información.

Tipómetro. Catálogo de tipos e libro de estilo. Sistema informático de tratamento de textos: ordenador, rede, OCR, fontes e programas.

-Materiais e produtos intermedios.

Papel para impresora. Tóner. Discos flexibles. Discos ópticos. Cintas magnéticas. Probas de galerada ou páxina axustada.

-Produtos ou resultados do traballo.

Galeradas e probas de axuste de páxina. Textos compostos con caracteres tipográficos en papel fotográfico película (branco e negro) ou nun arquivo, para posteriormente seren tratados.

-Procesos, métodos e procedementos.

Recepción de orixinais. Marcaxe e preparación dos orixinais. Posta a punto de materiais e equipamentos. Composición e tratamento do texto. Compaxinación de textos. Obtención de probas. Lectura e marcaxe de erratas. Corrección na pantalla de acordo coas erratas marcadas.

-Información.

Ordes de fabricación. Bosquexo ou maqueta do traballo para compor. Orixinais (instrucións no orixinal). Instrucións na maqueta e/ou orixinal do deseñador gráfico, do cliente ou dos técnicos superiores. Documentación técnica dos equipamentos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: tratar imaxes.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Interpretar a maqueta e as especificacións de proceso gráfico e recibir os orixinais para organizar o traballo de tratamento de imaxes en forma e tempos adecuados.* A correcta interpretación da orde permite o recoñecemento da clase de orixinal e a selección do tratamento axeitado.

* Recíbense os orixinais segundo se vaian tratar de modo convencional (fotográfico) ou electrónico.

* Verifícase a compatibilidade de formatos no caso de orixinais en soporte magnético ou óptico.

2.2.Preparar os equipamentos para a obtención e o tratamento de imaxes, seguindo os criterios establecidos.* As operacións iniciais de posta en funcionamento do escáner e os lectores de soportes óptico e/ou magnético e doutros equipamentos (ordenadores, redes, programas) responden aos criterios establecidos.
* De ser o caso, dispóñense convenientemente as cámaras e as prensas de contacto, ademais de dotalas das materias primas necesarias para a realización do traballo.
* A calibraxe dos escáners e das cámaras permite a obtención dos resultados previstos e o seu mantemento uniforme.

2.3.Tratar a imaxe segundo os criterios de calidade requiridos polo cliente e os contemplados no manual de calidade da empresa.* Dixitalízase a imaxe que se ten que tratar coa resolución axeitada ou, de ser o caso, impórtase segundo o formato gráfico adecuado (TIFF, EPS, etc.).

* A visualización da imaxe na pantalla permite comprobar a adecuada recepción no ordenador.

* Elíxese o modelo de cor máis conveniente (RGB, CIELAB, CMYK, Pantone, etc.) segundo o traballo que se vai realizar.
* Aplícanse as transformacións necesarias xeométricas (ampliación, rotación e cropping) e non xeométricas (curvas tonais e filtros).

2.4.Obter as primeiras probas e corrixir as imaxes segundo criterios establecidos e as indicacións achegadas polo cliente, deixándoas en condicións de calidade axeitadas para seren utilizadas no proceso de preimpresión específico.* A obtención das probas efectúase antes de filmar (láser branco e negro ou a cores, cera, sublimación, chorro de tinta, electrostáticos, etc.).

* A corrección dos defectos observados e as indicacións achegadas polo cliente serven para dispor definitivamente a filmación.

2.5.Obter os fotolitos segundo o tipo de imaxe (de liña e ton continuo, en branco e negro ou a cores) conseguindo a calidade establecida.* Establécense os parámetros axeitados ao tratamento, para a filmación a través do menú de axuste (set-up) do programa (liñatura, sistema de tramado, elección do dispositivo de saída, etc.) ou do propio dispositivo.
* Se o modo de traballo é fotográfico, establécense os parámetros de exposición para conseguir o tratamento de imaxe solicitado.
* Os equipamentos de saída están dotados sistematicamente dos materiais necesarios para a correcta realización do traballo.
* A calibraxe das filmadoras, cámaras ou «recorders», ademais do mantemento activo dos produtos químicos das procesadoras, permiten a obtención dos resultados previstos e o seu mantemento uniforme.

Dominio profesional

-Medios de produción e/ou tratamento da información.

Contafíos. Tramas mecánicas. Cinta inactínica, opacadores e pinceis. Sistemas de corrección de retoque en seco. Densitómetro. Mostraxes de cor (pantones). Cartas de cores por cuadricomía. Equipamentos de reprodución fotoquímicos e dixitais: cámaras, probas de contactos, procesadoras fotográficas, escáners (planos e cilíndricos). Impresoras láser, térmicas ou de inxección de tinta. Equipamentos de probas fotoquímicas. Equipamentos informáticos (ordenadores, unidades de disco óptico e redes) e programas de reprodución e tratamento de imaxes.

-Materiais e produtos intermedios.

Película de proxección ortocromática e pancromática. Películas luz día para cor, reveladores e fixadores. Película para láser (He-Ne, Ar e infravermellos) e

para tubo de raios catódicos (CRT). Papel para impresora. Consumibles para impresoras dixitais. Soportes magnéticos e ópticos: discos e cintas. Probas en branco e negro ou a cores.

-Produtos ou resultados do seu traballo.

Imaxes reproducidas sobre película (negativo/positivo, branco e negro ou a cores). Imaxes reproducidas sobre soporte magnético para o seu posterior tratamento. Probas desas imaxes (láser, térmicas, de inxección de tinta, fotoquímicas e de impresión).

-Procesos, métodos e procedementos.

Recepción de orixinais. Preparación dos orixinais. Reprodución de orixinais por sistema fotográfico ou dixital. Mantemento dos equipamentos en perfecto estado e cos materiais axeitados. Operacións con sistemas informáticos con programas de tratamento de imaxes. Obtención de probas e corrección de imaxes antes de filmar (láser, cera, sublimación e chorro de tinta).

-Información.

Ordes de fabricación (ficha técnica). Bosquexo ou maqueta de reprodución. Instrucións de bosquexo ou maqueta. Instrucións no orixinal (tamaño e encadre). Instrucións de técnicos superiores. Documentación técnica, provedores, equipamentos e materiais. Parámetros preestablecidos e control de calidade. Pantones.

2.5.3. Unidade de competencia 3: ensamblar e filmar textos e imaxes.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Interpretar a maqueta e as especificacións de proceso gráfico e recibir os materiais correspondentes para organizar o traballo de ensamblaxe de textos e imaxes en forma e tempos adecuados.* A correcta interpretación da orde permite identificar a tarefa que se debe realizar, a marxe de liberdade para solucionar problemas e os prazos de entrega.

* Os orixinais recibidos (non maquetados, con bosquexo de maquetas ou a medio maquetar), os discos magnéticos ou ópticos e a transmisión electrónica son os necesarios para a realización do traballo.

* As prioridades de filmación e a elección da filmadora son adecuadas para o tamaño de formato e niveis de calidade requiridos polo produto.

3.2.Preparar os equipamentos para a obtención e a ensamblaxe dos distintos elementos de texto e de imaxe, seguindo os criterios establecidos.* Realízanse as operacións iniciais de posta en funcionamento (arrinque do ordenador, carga na memoria dos programas, etc.), preparando os equipamentos (ordenadores, módem, etc.) segundo o traballo que se vaia realizar.

* Realízanse os cambios de formato informático necesarios, cando o formato dos orixinais non resulte compatible.

3.3.Elaborar a páxina mestra segundo a maqueta ou o deseño, conseguindo a calidade requirida.* Elabórase a páxina mestra segundo as indicacións do deseño orixinal, seguindo tanto as medidas achegadas (pé, cabeza, mancha e marxes) como a distribución e as dimensións específicas das caixas (de texto e imaxe).
* Compróbase que a páxina mestra construída se axuste ás indicacións sobre medidas e distribución achegadas desde fóra.
* Establécense as cabeceiras e a numeración das páxinas, se así estaba indicado.

3.4.Compaxinar e axustar as páxinas segundo criterios establecidos e obtendo a calidade requirida.* Establécense os parámetros de parágrafo axeitados (sangrías, capitulares, aliñación, liñas viúvas e orfas) segundo as indicacións definidas.

* Seguindo criterios estéticos, sitúanse na páxina os grafismos e os contragrafismos.

* Sitúanse os textos ao longo da páxina, segundo as condicións establecidas nas caixas (número de columnas, etc.) e o indicado no formato de parágrafo.
* Impórtanse, créanse e colóranse as imaxes e os trazos lineais, situándoos adecuadamente nas súas caixas por medio das ferramentas de traslación, escalaxe e «cropping».

RealizaciónsCriterios de realización

* Realízanse as operacións necesarias (de forma convencional ou electrónica) para a consecución dos efectos especiais que estiveran indicados, tales como silueteados, calados ou fundidos.

3.5.Obter probas e corrixir o traballo, de xeito que se adapte aos requisitos solicitados.* Realízase a avaliación do resultado do traballo antes de filmar, compárase coa maqueta e con todas as instrucións recibidas, e corríxense por vez primeira os erros detectados.
* Utilízanse programas de imposición electrónica para dispor as páxinas segundo a forma impresora.
* Efectúase a obtención das probas antes de filmar (láser branco e negro ou a cores, cera, sublimación, chorro de tinta, electrostáticos, etc.).
* A corrección dos defectos observados na proba e as indicacións do cliente serven para dispor definitivamente as imaxes dixitalizadas para a súa inmediata filmación.

3.6.Preparar equipamentos e materias primas para a filmación.* Elíxese o tipo de material fotosensible (película ou papel) e o tamaño de formato que mellor se axustan á clase de produto que se vaia obter.
* O procesador de imaxe «ráster» («rip») e a filmadora están configuradas de xeito adecuado para a correcta realización da filmación.
* O control periódico da procesadora permite manter activos os produtos químicos (revelador e fixador).
* Compróbase sistematicamente a posta a punto do sistema de obtención de probas (insoladora e laminadora).
* Efectúanse a calibraxe dos equipamentos de filmación, procesado e probas segundo as instrucións establecidas.

3.7.Filmar e procesar para obter as imaxes.* Compróbase a chegada ao «rip» da información que se vai procesar e a filmación completa do ficheiro.
* Cando non se dispón de procesadora en liña, transpórtase a película ao lugar da procesadora e introdúcese nela do xeito adecuado.
* O procesado permite a obtención do traballo fixado sobre película, papel ou forma impresora.
* Compróbase a calidade dos fotolitos obtidos (ausencia de rabuñaduras no filme e densidade da masa adecuada).

3.8.Obter probas a partir do fotolito para a validación do traballo, de acordo cos requisitos de calidade achegados polo cliente.* O cliente aproba as probas obtidas a partir do fotolito, por procedementos fotoquímicos ou por impresión, que son as adecuadas para comprobar a calidade do produto final.

* Na comprobación dos resultados obtidos na filmación e, posteriormente, na proba, compróbase que os seguintes parámetros están dentro dos límites especificados:-Sistema de tramado (convencional ou de frecuencia modulada).

-Densidades de impresión (equilibrio da cor e contraste de impresión).
-Ganancia de punto.
-«Trapping» ou superposición de cores.

Dominio profesional

-Medios de produción e/ou tratamento da información.

Contafíos. Prensas de contacto. Procesadoras fotográficas. Sistemas informáticos con programas de tratamento de imaxes e textos. Interfaces de conexión de baixa resolución e alta resolución. Sistemas integrados. Deseño e fotomecánica. Sistemas OPI. Mesas luminosas. Pantalla de visualizar fotolitos e diapositivas. Escalas de control. Procesadores de imaxe «ráster» (RIP). Filmadoras e unidade de exposición do escáner cilíndrico («recorder»). Procesadoras fotomecánicas (rapid acces, lith, etc.). Sistema de probas fotoquímicas (E. Cromalín, Matchprimt, Agfa Proof, etc.). Densitómetro. Programas de control de calidade. Sistemas de corrección de retoque en seco. Sistemas de iluminación normalizada para as comprobacións.

-Materiais e produtos intermedios.

Cinta inactínica, opacadores e pinceis. Película «luz día». Película para CRT. Película para láser: He-Ne, Ar e infravermellos. Reveladores e fixadores. Disquetes coa xeometría da páxina realizada. Positivos (branco e negro, e cores). Imaxes escanadas en película ou nun ficheiro informático. Textos filmados e textos axustados en páxina sobre disco. Páxina mestra. Maqueta realizada en preparación. Materiais para probas fotoquímicas.

-Produtos ou resultados de traballo.

Textos filmados en páxina axustada. Imaxes filmadas (branco e negro ou cores). Textos e imaxes filmadas ensambladas nunha película final. Textos e imaxes filmadas ensambladas nun ficheiro informático para saída directa a forma impresora. Probas fotoquímicas de textos e imaxes. Probas electrostáticas de textos e imaxes.

-Procesos, métodos e procedementos.

Recepción, comprobación e preparación dos orixinais. Ensamblaxe mediante equipamentos ou sistemas deseñados especialmente para iso (electrónica e informática). Obtención de probas electrostáticas e corrección de imaxes antes de filmar. Filmación de textos e imaxes por medio de RIP e filmadora ou recorder. Obtención de probas de fotomecánica a partir dos fotolitos.

-Información (natureza, tipos e soportes).

Orde de fabricación (ficha técnica). Orixinais, páxina mestra ou maqueta. Cartas de cores e pantones. Documentación técnica do subministrador de equipamento. Probas previas de texto e imaxes. Modelo ou maqueta. Parámetros preestablecidos para o control de calidade das probas (densidades de impresión, equilibrio da cor, contraste e ganancias).

-Persoas e/ou organizacións ás que se presta o servizo.

Seccións de obtención da forma impresora (imposición, transferencia de trazos e imaxes e acabado). Plantas de impresión. Clientes directos (no caso de servizos de filmación).

2.5.4. Unidade de competencia 4: trazar, montar e obter a forma impresora.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Interpretar maquetas e especificacións de proceso gráfico e recibir os produtos de preimpresión para realizar o trazado e a obtención da forma impresora.* Compróbase que a información de proceso conteña os datos de deseño, impresión e acabado necesarios para realizar a montaxe de páxinas e a imposición de pregos.

* Compróbase que as películas recibidas se axustan en número e forma ás maquetas de deseño e orde de produción.

* Supervísase a calidade e limpeza das películas, corríxense pequenos defectos e indícanse, cando proceda, as que se deben repetir.

4.2.Realizar o trazado que servirá de guía para a montaxe, de acordo coa maqueta do impreso e o proceso de impresión especificado nas condicións de calidade establecidas.* O trazado que serve como guía para imposición é o adecuado para as medidas definidas na maqueta do deseñador e, unha vez realizado, compróbase o seu axuste.

* Contémplanse as características de impresión (formato de máquina, retiración normal ou tira-retira, número de tintas e branco de pinzas) e de acabado (tipo de encadernación, sistema de pregado e guillotinado), co fin de distribuír a obra que se vai imprimir sobre o prego.

RealizaciónsCriterios de realización

4.3.Realizar a montaxe de páxinas e pregos con pulcritude, seguindo a maqueta e o trazado establecidos.* O posicionamento do astralón sobre o trazado consegue a precisión requirida.

* Na montaxe dos fotolitos (imaxes e galeradas de texto) sobre o astralón, axústanse as páxinas seguindo con exactitude as medidas da maqueta e consultándose co responsable da sección ou co cliente as solucións de axuste que afecten a textos, imaxes ou deseño.

* Móntanse as páxinas sobre astralón segundo o trazado do prego.
* Sitúanse as tiras de control se se trata de imprimir a catro cores.
* Compróbase a limpeza dos astralóns montados e a ausencia de celos sobre manchas de páxina.
* Unha vez impostos os pregos, realízanse probas de montaxe (ferros) para que o cliente comprobe a súa adecuada calidade.

4.4.Preparar equipamentos e materias primas para a obtención da forma impresora, conseguindo a calidade establecida.* Os equipamentos están dotados das materias primas necesarias para a realización do traballo (guías, pranchas e produtos de revelado).

* Antes de insolar a forma obtense a aprobación dos ferros polo cliente.

* A calibraxe dos equipamentos de insolación permite a obtención dos resultados previstos e o mantemento uniforme deses resultados.
* O control periódico permite manter activos os produtos químicos das procesadoras.

4.5.Transferir as montaxes ás pranchas, cilindros, fotopolímeros ou pantallas, de modo tanto convencional como electrónico, conseguindo os niveis de calidade establecidos.* Aplícanse os tempos de exposición tendo en conta a variación na sensibilidade dos materiais e o tipo de tramado (convencional ou de frecuencia modulada).

* Envíanse desde o ordenador os ficheiros cos parámetros adecuados (liñatura e tipo de impresión) para a obtención da forma, cando é de modo electrónico (saída directa á prancha ou fotogravado electrónico).

4.6.Realizar o acabado da forma impresora nas condicións de calidade adecuadas para ser utilizada no proceso de impresión especificado.* Revísase visualmente a correcta adecuación da superficie e o posicionamento da forma impresora.

* Mediante as escalas de control, compróbase a transferencia dos valores tonais, a latitude de exposición, a resolución e o diagrama de insolación.

* Compróbase a ausencia de contactos defectuosos entre o soporte que transfire a imaxe e o que a recibe, así como de bordos de película.
* Corríxense os defectos detectados, utilizando os produtos químicos que máis se axeitan á natureza da forma impresora.

Dominio profesional

-Medios de produción ou tratamento da información.

Mesas de montaxe. Sistemas de preaxuste. Pasadores. Sistemas de trazado e montaxe, e repetidoras deseñadas especificamente (E. Krawse). Insoladoras. Cuñadora para preaxuste. Procesadoras de pranchas offset. Procesadoras de rodas. Fornos de termoendurecemento (pranchas offset). Escáner lector de pranchas offset. Sistema de gravado electrónico de cilindros de oco (Helio-Klishograph). Procesador de gomas ou cauchos de fotopolímero. Pilas de revelado e pantallas de serigrafía. Escalas de control. Densitómetro. Plotter de insolado láser (do ordenador á prancha, sen fotolitos nin montaxe). Sistemas de pranchas electrostáticas (da montaxe de papel-textos e imaxes á prancha).

-Materiais e produtos intermedios.

Películas cos textos e as imaxes en N/P. Base milimetrada transparente. Papel e papel milimetrado. Astralóns, celo e pegamento en aerosol. Limpadores antiestáticos de astralóns. Cruzamentos de rexistro. Tiras de control de calidade. Probas en papel heliográfico (ferros). Imaxes e textos montados sobre o astralón para transferir á forma impresora. Pranchas offset (negativo/positivo). Químicos procesadora de pranchas (revelador e goma). Corrector e pinceis.

Esponxas. Papeis heliográficos. Amoníaco. Gomas ou cauchos para flexografía. Pantallas de serigrafía (marcos e sedas). Lacas, emulsión, pinceis e disolventes para pantallas. Material sensible de transferencia á seda (serigrafía). Material sensible de transferencia ao cilindro de oco. Opalinas para helio-kishograph.

-Produtos ou resultados do traballo.

Pranchas para impresión offset. Cilindros para impresión de fotogravado. Cauchos ou gomas para impresión flexografía. Pantallas para impresión en serigrafía.

-Procesos, métodos e procedementos.

Trazado e desenvolvemento de obra gráfica manual. Montaxe ou imposición dos textos e as imaxes manualmente. Insolado e procesado de pranchas offset. Gravado de cilindros de oco mediante ácidos ou electronicamente (helio-klishograph). Insolado e revelado de gomas e cauchos para flexografía. Insolado e revelado de pantallas emulsionadas ou con material sensible transfer.

-Información (natureza, tipos e soportes).

Ordes de traballo (ficha técnica). Instrucións de realización. Modelo ou maqueta. Gamas ou probas de textos e imaxes filmadas. Pantones e cartas de cores. Parámetros preestablecidos para controlar transferencia de valores tonais, latitude, resolución, diagrama de insolación e contactos defectuosos. Documentación técnica de máquinas de impresión (como espazo de mordazas da prancha e pinzas de papel, cores en liña ou convertibles). Documentación de provedores. Tratamento en postimpresión (sistema de encadernación e manipulado).

2.5.5. Unidade de competencia 5: realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Avaliar a posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, o volume de negocio e os obxectivos.* Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada aos recursos dispoñibles, aos obxectivos e ás características da actividade.

* Realizouse a análise previa á implantación, valorando:-A estrutura organizativa adecuada aos obxectivos.

-A situación física e o ámbito de actuación (distancia entre clientes e provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona e elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial; previsión de gastos e ingresos.
-A estrutura e composición do inmobilizado.
-As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determinouse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e os procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo a formación, a experiencia e as condicións actitudinais, se procede.

5.2.Determinar as formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, a actividade e os obxectivos dunha pequena empresa.* Identificáronse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e os seus inconvenientes, e establecendo as máis habituais no sector.

* Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

RealizaciónsCriterios de realización

5.3.Elaborar, xestionar e organizar a documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Elaboráronse os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) no formato establecido pola empresa, cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas, etc.).

5.4.Promover a venda de produtos ou servizos mediante os medios ou as relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tívose en conta a capacidade produtiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus produtos e servizos.

* Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permitiu establecer as canles de distribución dos diversos produtos ou servizos.

5.5.Negociar con provedores e clientes, procurando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servizo posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas aos clientes tivéronse en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezos de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobramento.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

5.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Atendéronse os clientes cun trato dilixente e cortés, na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunicóuselles aos clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que puidera interesarlles.

5.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identificouse a documentación exixida pola normativa vixente.

* Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identificáronse en tempo e forma as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

Información que manexa.

* Documentación administrativa (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio e cheques).

Documentación cos distintos organismos oficiais.

* Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas, TC1, TC2 e alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

Tratamento da información.

* Terá que coñecer os trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para os realizar o propio interesado ou xa para con

tratar a súa realización a persoas ou empresas especializadas.

* O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

Persoas coas que se relaciona.

* Provedores e clientes. Ao ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servizos que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Menciónase deseguido unha serie de cambios previsibles no sector que poden influír en maior ou menor medida na competencia da figura:

* Prevese a modernización das estruturas empresariais, incrementándose considerablemente os investimentos en bens de equipamento, con renovación da maquinaria principalmente en áreas de montaxe e impresión, así como a aparición de equipamentos de impresión directa electrónica.

* Crecemento da automatización en todos os procesos, en especial dos que supoñen man de obra.

* Incorporación de novos materiais e tecnoloxías, principalmente en preimpresión, o que ha implicar a substitución de equipamentos convencionais por outros máis avanzados e a adaptación ou o cambio dos procesos e dos sistemas produtivos.

* Incorporación de tecnoloxía de comprensión de datos, que facilitará a velocidade de transmisión e almacenaxe.

* Diminución da tiraxe media, pola incorporación das novas tecnoloxías, o que permite abaratar as tiraxes curtas.

* Aumento da produtividade pola utilización de filmadoras de gran formato, saída directa á prancha e programas de imposición.

* Aumento de imprentas rápidas que amplían a súa cobertura absorbendo traballos de preimpresión e de postimpresión e logrando unha calidade aceptable.

* Abaratamento das tiraxes curtas pola incorporación das novas tecnoloxías, provocando unha maior versatilidade na toma de decisións relacionadas co tamaño da tiraxe.

* Establecemento dos estándares de calidade a nivel xeral nas empresas do sector como parámetro de competencia internacional.

* Incorporación de dispositivos electrónicos de control da calidade de impresión na saída de máquina.

* Encargo de traballos completos por parte do cliente a empresas especializadas nunha das fases de postimpresión, impresión ou preimpresión, ou a axencias de publicidade.

* Incorporación de sistemas integrados que abranguen gran parte do proceso desde postos informáticos co traslado aos RIP dalgúns elementos das máquinas de impresión.

* Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención, así como da ambiental, e maior exixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A incorporación das novas tecnoloxías á produción de artes gráficas presenta a coexistencia temporal e espacial dos procedementos convencionais e dixitais nas diversas fases do proceso, especialmente en preimpresión (película fotográfica con presenza á vez de imaxes electrónicas e soportes ópticos e magnéticos). A preimpresión achégase ao cliente ou ao autor debido ao desenvolvemento de interfaces gráficas que facilitan o uso xeneralizado das técnicas gráficas.

Os procedementos tradicionais van perdendo importancia nas grandes e nas medianas empresas, o que obriga á readaptación da súa actividade. As pequenas empresas tradicionais irán desaparecendo paulatinamente pola aparición de novas pequenas empresas cos procesos integrados no campo das novas tecnoloxías.

A implantación dos sistemas de calidade ha determinar o seu coñecemento e a aplicación na actividade deste profesional.

A seguridade laboral e ambiental deberase constituír en actividade de importancia crecente.

2.6.3. Cambios na formación.

A incorporación das novas tecnoloxías implicará o seu coñecemento e a adaptación dos profesionais aos novos sistemas produtivos.

A formación en calidade debe perseguir a visión global do sistema de calidade, así como o coñecemento de materiais, instrumentos e parámetros implicados na calidade do proceso.

As exixencias de adaptación e rendemento na produción en industrias gráficas implicará ter unha visión xeral do proceso produtivo en que se está inmerso e a relación coas distintas fases do proceso.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura sitúase no sector de artes gráficas, prensa e publicidade, en empresas grandes e medianas dedicadas a:

* Trazado, montaxe e obtención da forma impresora.

* Tratamento de textos e imaxes.

* Ensamblaxe e filmación.

Estas actividades constitúense en subsector propio (preimpresión) ou forman parte de empresas que contan con todo o proceso gráfico, nas que existe o resto das fases do devandito proceso: impresión, encadernación e acabados.

O técnico en preimpresión integrarase nun equipo de traballo do seu mesmo nivel de cualificación, baixo a dirección dun mando intermedio.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Atendendo a estrutura organizativa da empresa e do proceso produtivo en que opera pode asumir un maior ou menor número de funcións que poden ir desde o tratamento de textos e imaxes ata a ensamblaxe, a filmación, o trazado e a distribución da obra que se vaia imprimir.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos que interveñen no seu traballo abranguen o campo das artes gráficas. Están ligados directamente a:

* Proceso de produción: conxunto de máquinas e equipamentos de obtención da forma impresora, de preimpresión e de técnicas que se vaian empregar.

* Coñecemento das características e das propiedades das materias primas de artes gráficas (papel, tintas, películas, formas impresoras, produtos químicos, etc.).

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase deseguido un conxunto de ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Teclista corrector-compaxinador.

* Técnico de tratamento de textos.

* Corrector tipográfico.

* Fotógrafos.

* Fotorreprodutor.

* Preparador de imaxes.

* Escanista.

* Técnico de tratamento de imaxes.

* Trazador-montador.

* Fotogravador.

* Tirador de probas.

* Pasador de pantallas de serigrafía.

* Pasador de gomas ou cauchos de flexografía.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Interpretar e comprender a información técnica e, en xeral, toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións e ao control de traballos realizados na reimpresión de artes gráficas.

* Comprender e aplicar a terminoloxía, os instrumentos, as ferramentas, os equipamentos e os métodos necesarios para a organización e a execución de produtos gráficos.

* Interpretar os procesos de execución e efectuar a produción de fotolitos e formas impresoras, cos criterios de calidade e económicos previstos.

* Analizar e executar os procesos de preimpresión, con criterios de calidade e económicos previstos.

* Comprender a relación e a secuencia lóxica das fases de preimpresión, impresión e postimpresión, observando a correspondencia entre as ditas fases e os materiais, os equipamentos, os recursos humanos, os medios auxiliares e os criterios de calidade e económicos exixidos, así como a seguridade que debe ser observada en cada un deles.

* Sensibilizarse respecto aos efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, coa finalidade de mellorar as condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctoras e proteccións adecuadas.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais e adquirindo a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poden presentar neles.

* Utilizar e procurar canles de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector de artes gráficas e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: tratamento de textos.

Asociado á unidade de competencia 1: tratar textos.

Capacidades terminais elementais

* Identificar as características técnicas e funcionais máis significativas e os campos de aplicacións dos diferentes tipos de maquinaria (ordenador, periféricos, módem, redes, soportes físicos de almacenaxe, etc.) empregados na preimpresión a partir do manual de usuario.

* Identificar as características de funcionamento e de utilización dos sistemas operativos e das utilidades informáticas auxiliares (de xestión, de óptimo aproveitamento do traballo, de protección e seguridade, de comunicacións, etc.) empregadas nos procesos de preimpresión gráfica, a partir do manual do usuario.

* Relacionar as funcións básicas da memoria interna co léxico específico que se aplica, as súas prestacións e a súa capacidade.

* Instalar e configurar sistemas operativos e programas de utilidades informáticas auxiliares en función das aplicacións informáticas que se deben soportar posteriormente a partir do manual do usuario.

* Configurar dispositivos de entrada e saída de almacenaxe e impresoras dun equipamento informático, a partir do manual do usuario.

* Operar cos sistemas operativos, os contornos gráficos e as utilidades informáticas auxiliares (de xestión, comunicación, etc.) que se empregan usualmente

en preimpresión, con autonomía, eficacia e seguridade, de acordo cos requisitos da tarefa que se deba realizar.

* Deseñar fichas por lotes que xestionen ordes do sistema operativo en función da necesidade ou do requisito que se deba satisfacer.

* Seleccionar o sistema de almacenaxe máis apropiado en función do volume e da fiabilidade da información, así como da velocidade de acceso a ela.

* Organizar a xestión da información almacenada nun sistema informático, mediante o propio sistema operativo e utilidades informáticas auxiliares, en función dos tipos e os requisitos de uso da información, a partir dos manuais de usuario do programa.

* Realizar as operacións básicas de mantemento e conservación dos programas e das máquinas dos sistemas informáticos, con orde e seguridade, a partir dos manuais de uso e con conservación e do plan de mantemento.

* Interpretar as características dimensionais dun orixinal de texto e as especificacións tipográficas de composición e compaxinación a partir dunha orde de traballo tipo e dunha maqueta.

* Interpretar as características estruturais de funcionamento e de utilización dos programas informáticos empregados no tratamento de textos a partir de documentación técnica e manuais do usuario.

* Relacionar as características do proceso de tratamento de textos cos requisitos de configuración do sistema informático e coa tipoloxía de programas de tratamento e auxiliares necesarios.

* Seleccionar o programa de tratamento de textos e o formato de exportación que debemos empregar en función do formato informático de importación e o grao de composición tipográfica necesaria do texto e das necesidades do proceso posterior.

* Establecer o procedemento (preparación do orixinal, composición e corrección) que se debe seguir para tratar un texto a partir do orixinal e especificacións dos resultados que se queren obter.

* Organizar con criterios de eficacia as actividades de traballo necesarias para realizar o tratamento de textos, a partir da información contida en fichas técnicas e ordes de produción.

* Seleccionar as características tipográficas que debe ter un texto en función das características dimensionais do espazo en que se debe introducir.

* Determinar o número de páxinas necesarias para introducir texto a partir dunhas características tipográficas e dimensións de páxina prefixada.

* Marcar orixinais de texto con criterios estéticos e de lexibilidade, en función do libro de estilo, normas, catálogo tipográfico establecido e especificacións da maqueta.

* Identificar as características, unidades, aplicacións e equivalencias dos sistemas de medidas e dos tipómetros empregados na composición e na compaxinación de textos.

* Crear unha folla de estilo coas especificacións de caracteres e parágrafos, a partir dunha maqueta ou especificacións de composición.

* Modificar o formato informático dun texto para o adecuar a outro procesador de textos máis compatible co proceso de integración e que permita un maior grao de composición tipográfica.

* Introducir textos nun sistema informático mediante o seu picado e procedementos de importación e dixitalización, coa calidade ortográfica e tipográfica requirida.

* Tratar textos con procedementos informáticos de acordo con criterios e normas tipográficas a partir dun orixinal marcado.

* Compaxinar textos con procedementos informáticos a partir da maqueta.

* Identificar erros e defectos en textos tratados a partir da súa análise sobre a pantalla do monitor e mediante probas de galeradas e de compaxinación do texto.

* Relacionar os erros e defectos dun texto tratado coa súa recuperación nos procesos posteriores e coa calidade final do produto.

* Corrixir probas de texto sobre a base dos erros detectados respecto do orixinal, con eficacia e utilizando os símbolos establecidos segundo as normas tipográficas, ortográficas e de corrección establecidas.

* Formalizar documentos de proceso, control e mantemento que se empreguen de xeito máis habitual, coa correcta utilización da terminoloxía e do léxico específicos.

* Relacionar as operacións e condicións de realización do proceso de tratamento de textos e a súa influencia no custo total do produto e nos criterios e formas de óptimo rendemento.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Análise do funcionamento dun sistema informático: equipamento, sistema operativo, utilidades e redes.

* Selección da información e dos manuais do sistema informático.

* Identificación da función principal e os campos de aplicación do sistema.

* Identificación dos elementos que integran o sistema.

* Identificación do funcionamento de cada elemento e das partes do sistema.

* Identificación das relacións entre elementos, funcións e partes.

* Interrelación entre o equipamento e o programa.

* Identificación dos elementos susceptibles de producir disfuncións ou anomalías no funcionamento do sistema.

* Valoración das posibilidades, as compatibilidades, a utilidade e o mantemento do equipamento, e do sistema en toda a súa extensión.

Configuración do equipamento e dispositivos informáticos.

* Identificación das operacións que se deben realizar.

* Consulta dos manuais de procedemento.

* Selección de ferramentas, útiles e materiais.

* Realización de operacións de conexións entre equipamentos.

* Verificación das montaxes.

* Verificación do sistema.

* Instalación de sistemas operativos e utilidades informáticas nos equipamentos.

* Verificación funcional dos sistemas e das utilidades instaladas.

Instalación e configuración de utilidades informáticas.

* Identificación das características da maquinaria e prestacións das utilidades requiridas.

* Selección das utilidades informáticas máis adecuadas para o óptimo funcionamento do sistema: protección, detección e eliminación de virus, operación co sistema operativo, etc.

* Instalación física da utilidade na máquina.

* Configuración e adaptación da utilidade aos requisitos do sistema e do seu uso.

* Comprobación do funcionamento das utilidades de acordo coa configuración.

* Utilización de programas de protección, detección e eliminación de virus nos equipamentos informáticos.

Organización do sistema informático: identificación das aplicacións que se deben organizar.

* Definición da estrutura.

* Consulta dos manuais de procedemento.

* Utilización dos comandos dos sistemas operativos.

* Configuración do sistema.

* Aplicación de políticas de protección e seguridade do sistema.

* Seguimento de programas de control de tarefas.

Organización dun procedemento para salvagardar a información.

* Identificación da información da que se deben realizar copias de seguridade.

* Identificación da máquina e do programa de duplicación da información.

* Determinación dun calendario e un plan de execución sistemática de copias de seguridade.

* Utilización dos comandos de instrución.

* Seguimento e comprobación.

Mantemento operativo dos elementos informáticos.

* Observación do funcionamento de sistemas informáticos.

* Identificación dos síntomas ou anomalías.

* Selección do manual ou da información técnica.

* Interpretación dos síntomas.

* Identificación das causas.

* Realización do mantemento ou da proposta de reparación.

Preparación do texto orixinal.

* Interpretación das características dimensionais, tipográficas e de composición dun texto, da maqueta ou da folla de estilo.

* Selección das unidades e dos sistemas de medida que se vaian utilizar.

* Identificación dos signos, abreviaturas e códigos convencionais establecidos.

* Creación e adecuación da folla de estilo.

* Marcaxe do orixinal.

* Revisión e comprobación do orixinal de texto.

Preparación de equipamentos, programas e materiais para a composición e o tratamento de textos.

* Identificación das características dimensionais, tipográficas e de composición do texto, o formato de importación e as especificacións do traballo.

* Identificación dos equipamentos e dos programas informáticos dispoñibles.

* Selección do formato informático de exportación.

* Selección dos programas e dos equipamentos informáticos que se deben empregar.

* Selección dos materiais que se deben empregar (soportes magnéticos, etc.).

* Configuración do sistema de composición e compaxinación.

* Posta en marcha do equipamento e comprobación do seu perfecto estado de funcionamento.

* Adecuación dos materiais ás necesidades do proceso.

* Carga do programa.

* Comprobación do correcto funcionamento do equipamento e do programa.

Tratamento de textos.

* Interpretación das especificacións da maqueta do orixinal marcado.

* Preparación dos equipamentos, os programas e os materiais necesarios para a composición e a compaxinación de textos.

* Selección do método e introdución do texto no sistema informático, mediante o picado, a importación ou un sistema de recoñecemento de caracteres.

* Comprobación do texto introducido con criterios ortotipográficos.

* Creación da folla de estilo informática.

* Tratamento do texto tipograficamente de xeito directo ou mediante folla de estilo informático.

* Comprobación, se se requirir, dos textos tratados.

* Comprobación sobre o monitor do tratamento realizado.

* Almacenaxe informática do texto e comprobación.

* Formalización da documentación para o seguimento do proceso.

Compaxinación dixital de textos.

* Importación informática de textos.

* Creación da folla de estilo informática.

* Aplicación das características tipográficas do estilo predominante por medio das follas de estilo informático.

* Aplicación das características tipográficas dos outros estilos por medio das follas de estilo informático.

* Aplicación das características tipográficas dos outros textos non suxeitos á folla de estilo.

* Comprobación no monitor dos textos compaxinados.

Corrección das probas de composición e compaxinación de textos.

* Posta en marcha do equipamento e do programa.

* Obtención de probas por medio de procedementos informáticos.

* Interpretación do texto orixinal e das especificacións de composición.

* Revisión ortográfica e tipográfica das probas e marcaxe dos fallos cos signos e marcas de corrección establecidos.

* Corrección do texto informaticamente.

* Comprobación do traballo realizado.

* Preparación das probas corrixidas para a revisión do cliente.

* Formalización da documentación para seguir o proceso.

Contidos conceptuais

Elementos básicos do tratamento da información.

* Tratamento analóxico e dixital da información.

* Sistemas de numeración: binario.

* Organización da información en sistemas informáticos: bit, byte, kilobyte, magabyte e gigabyte.

* Dispositivos de memoria para a lectura e escritura (RAM): tecnoloxías e tipos.

Arquitectura dunha unidade central.

* Principios de funcionamento dun ordenador.

* Unidade central de proceso.

* Microprocesador: función e características.

* Memorias: función, tipoloxía e características.

* Organización da memoria.

* Bancos de memoria.

* Dispositivos de entrada e saída normalizados: saídas en serie e en paralelo.

* Conectores de expansión do sistema: ampliación e comunicación co exterior.

Sistemas operativos e contornos gráficos: funcións básicas dos sistemas operativos.

* Sistemas operativos: tipos, estrutura, versións, proceso de instalación, configuracións, etc.

* Características do contorno gráfico.

* Ordes do sistema operativo: técnicas de operación co contorno gráfico.

Equipamentos informáticos empregados en preimpresión.

* Arquitectura física dun sistema informático: estrutura, topoloxía, configuracións e características.

* Periféricos: tipos e conexións.

* Dispositivos periféricos de entrada e saída: teclados, rato, monitores, controladores de vídeo, impresoras, módems, redes, outros dispositivos de entrada e saída; conexión de periféricos ao ordenador.

* Sistemas de protección de datos.

* Dispositivos de almacenaxe permanente magnéticos e ópticos; organización e acceso á información.

* Tarxetas controladoras dos dispositivos de almacenamento.

* Maquinaria das redes locais: elementos e características funcionais.

* Topoloxía das redes locais: estrela, anel e bus.

Utilidades informáticas auxiliares.

* Xestión do sistema informático (convertedores de formatos, optimizadores de discos e do sistema operativo, catalogadores, etc.).

* Protección e seguridade (antivirus, protección de redes, ficheiros, etc.).

* Programación do usuario de rede e comunicacións.

Sistemas de comunicacións entre equipamentos informáticos.

* Sistemas informáticos interconectados: servidores.

* Integración e compartimento de datos e recursos informáticos.

* Comunicacións en redes locais e redes de área extensa.

* Sistemas de codificación da información: protocolos e seguridade.

* Comunicacións en serie e en paralelo; elementos que interveñen na comunicación.

Mantemento preventivo de sistemas informáticos.

* Plans de actuación.

* Mantemento preventivo de maquinaria.

* Mantemento preventivo de programas.

* Copias de seguridade dos programas.

Tipometría.

* Sistemas de medidas: decimal, anglosaxón, didot e picas. Peculiaridades dos sistemas de medidas informáticas; unidades, equivalencias e usos.

* Tipómetro: tipos, características funcionais e de uso.

Tipoloxía.

* Elementos dun carácter: ollo, ata (ascendente e descendente), remate, calibre e corpo.

* Estilo, familia e serie; criterios de clasificación.

* Lexibilidade.

* Clasificación estilística de Fançois Thibaudeau e Maximilien Vox.

* Tipografía dixital: características, aplicacións, normas e criterios de utilización.

Orixinais de texto.

* Tipos de orixinais: características de preparación.

* Marcaxe: criterios de marcaxe, signos convencionais e follas de estilo.

* Cálculo dun orixinal: utilidade e métodos.

* Revisión e preparación de orixinais dixitais: criterios de adecuación.

Equipamentos e programas de tratamento de textos.

* Configuracións informáticas: compoñentes, características e posibilidades, criterios de selección dos equipamentos, soportes e periféricos informáticos.

* Aplicacións para o tratamento de textos, recoñecedor de caracteres (OCR) de comunicación e auxiliares; características principais e criterios de selección.

* Formatos informáticos: características principais e criterios de selección.

Normas e criterios de composición e compaxinación.

* Lexibilidade e visibilidade.

* Tipos e criterios de composición e compaxinación segundo o produto.

* Signos ortográficos: tipos, usos e normas de composición.

* Abreviaturas.

* Subíndices e superíndices.

* Parágrafos: tipos, uso e normas de composición.

* Espaciado: entre caracteres, palabras e liñas.

* Aliñación, xustificación, sangrías e liñas cortas.

* Columnas e regras.

* Iniciais: tipos, uso e normas de composición.

* Filetes e outros elementos de ornamentación: tipos e uso.

* Tabulación: tipos, uso e normas de composición.

Introdución e tratamento de textos.

* Fases e operacións do proceso de tratamento: secuencia.

* Picado de texto: regras xerais.

* Importación de orixinais informáticos de textos: soportes informáticos, módems, redes locais, métodos e criterios que cómpre ter en conta.

* Importación de textos por programas recoñecedores de caracteres (OCR), métodos e criterios de calidade.

* Obtención e corrección de probas: os signos de corrección e os criterios de calidade.

* Adecuación do formato informático do documento para o proceso posterior.

* Documentos de seguimento e control do proceso de composición e compaxinación de textos e de mantemento de equipamentos e sistemas informáticos.

* Factores relacionados coa realización do proceso que inflúen nos custos do produto, formas e criterios de rendibilización.

Contidos actitudinais

Execución sistemática na comprobación dos resultados.

* Constancia en corrixir os erros detectados no proceso de xestión informático.

* Interese pola organización das secuencias das operacións que se deben realizar na instalación e na configuración dos sistemas informáticos e as utilidades auxiliares.

* Eficacia na realización dos procesos rutineiros de accións sobre os ficheiros.

Orde e método de traballo.

* Sistematicidade na ordenación da secuencia de accións que interveñen nos procesos de traballo das diferentes aplicacións.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Hábito de conservación do material informático.

* Aceptación das normas de funcionamento establecidas para o uso dos equipamentos e as instalacións informáticas de preimpresión dixital.

Participación e cooperación no traballo de equipo.

* Cooperación e coordinación coas persoas que comparten un mesmo equipamento informático.

Execución independente do traballo.

* Autosuficiencia para consultar os manuais e procurar axuda nas propias aplicacións.

* Autoavaliación sistemática das tarefas realizadas individualmente.

Abertura ao ámbito profesional e á súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos no campo da informática aplicada á preimpresión.

* Interese pola asimilación dos métodos de traballo automatizados.

Adaptación ás novas situacións.

* Vontade de aprender no medio informático.

* Valoración da importancia de reorganizar as operacións que se deben facer a partir de dificultades non previstas.

Respecto pola saúde e a seguridade laboral.

* Observación das normas de seguridade na manipulación e uso do material informático.

3.2.2. Módulo profesional 2: tratamento de imaxes.

Asociado á unidade de competencia 2: tratar imaxes.

Capacidades terminais elementais

* Identificar o tipo de orixinal e as características de cor e valores de densidade, mediante densitómetros a partir de imaxes orixinais.

* Interpretar as especificacións dimensionais, os cambios tonais e as características de saída da imaxe que se debe dixitalizar a partir dunha orde de traballo tipo.

* Identificar a función, características de funcionamento e aplicación dos equipamentos e dos programas informáticos de captación e dixitalización de imaxes, a partir de documentación técnica e de manuais do usuario.

* Seleccionar o formato informático e o modelo de cor da imaxe dixital, en función do programa de tratamento que se debe empregar posteriormente e das especificacións da ficha técnica ou maqueta.

* Seleccionar os equipamentos e os programas informáticos de captación e dixitalización, en función do orixinal e do formato da imaxe dixital que se queira obter.

* Establecer os materiais, o método operativo de preparación, captación ou dixitalización e os valores dos parámetros de dixitalización e de axuste e regulación dos equipamentos e instrumentos (en función do proceso posterior), así como as especificacións de calidade (a partir dos manuais dos equipamentos e das especificacións do proceso).

* Organizar con criterios de eficacia as actividades de traballo necesarias para realizar a captura e a dixitalización de imaxes a partir da información contida nas fichas e ordes de produción.

* Calibrar o sistema de captación ou dixitalización de imaxes con rigor e precisión, de acordo con pautas e patróns establecidos.

* Axustar, regular e introducir parámetros aos equipamentos de captación e dixitalización, mediante programas informáticos de control e procedementos manuais, con destreza e seguridade.

* Verificar con rigor as características das imaxes dixitais, por métodos visuais, e o seu almacenamento respecto das especificacións de dixitalización e do orixinal.

* Relacionar as desviacións das características da imaxe dixital coas súas causas, coas repercusións que poidan ter no proceso posterior e coa calidade final do produto, así como as medidas correctoras que se deban tomar.

* Obter imaxes dixitais, con destreza e seguridade, mediante a operación con programas informáticos de comunicación, con redes, módems e unidades á medida.

* Adecuar o formato informático dunha imaxe para o facer compatible co programa posterior de tratamento.

* Manter o estado operativo dos equipamentos, útiles, instrumentos e materiais con orde e seguridade, a partir dos manuais de uso e conservación e do plan de mantemento.

* Formalizar documentos de proceso, control e mantemento que se empreguen de forma máis habitual, coa correcta utilización da terminoloxía e do léxico específicos.

* Relacionar as operacións e condicións de realización do proceso de captación e dixitalización de imaxes coa súa influencia nos custos totais do produto e cos criterios e as formas de redución.

* Interpretar as especificacións dimensionais, os cambios tonais e as características de saída (parámetros de produción, resolución, etc.) da imaxe que se debe tratar a partir dunha orde de traballo tipo e maqueta.

* Interpretar as características de composición dunha cor, a partir de guías e cartas de tons.

* Identificar a función, as características de funcionamento e aplicación dos equipamentos e programas informáticos de tratamento de imaxes e dos equipamentos de probas a partir de documentación básica e manuais de usuario.

* Seleccionar os equipamentos e programas informáticos de tratamento de imaxes, en función do orixinal e das transformacións que se deban realizar.

* Seleccionar o formato informático da imaxe e o modelo de cor para o tratamento, en función das transformacións que se deban realizar, do programa de

integración que se debe empregar posteriormente e das especificacións da ficha técnica ou da maqueta.

* Establecer os materiais, o método operativo e os valores dos parámetros de reprodución, tratamento, axuste e regulación dos equipamentos e dos instrumentos (en función do proceso posterior) e as especificacións de calidade (a partir dos manuais dos equipamentos e das especificacións do proceso).

* Organizar con criterios de eficacia as actividades de traballo necesarias para realizar a reprodución e o tratamento de imaxes a partir da información contida nas fichas e nas ordes de produción.

* Calibrar os sistemas de reprodución e de tratamento dixital de imaxes e dos equipamentos informáticos de probas con rigor e precisión, de acordo con pautas e patróns establecidos.

* Axustar, regular e introducir parámetros nos equipamentos reprofotográficos de tratamento e probas dixitais, de filmación e de procesamento, mediante programas informáticos de control e procesamentos manuais, con destreza e seguridade.

* Tratar imaxes con procesamentos informáticos a partir das especificacións dimensionais, tonais e de saídas establecidas nunha orde de traballo tipo e na maqueta.

* Verificar con rigor as características das imaxes dixitais respecto das especificacións de tratamento e do orixinal a partir da súa observación sobre o monitor e da análise de probas dixitais.

* Relacionar as desviacións das características da imaxe tratada ou reproducida coas súas causas e a repercusión que poden ter nos procesos posteriores e na calidade final do produto, coas medidas correctoras que se deben tomar.

* Adecuar o formato informático dunha imaxe para facela compatible co programa posterior de integración.

* Controlar o rendemento e a actividade dos produtos químicos empregados na procesadora a partir das normas establecidas polo fabricante.

* Relacionar as anomalías de funcionamento e os desaxustes dos parámetros dos equipamentos e programas de reprodución e tratamento coas súas causas e as posibles accións correctoras a partir da información do control xeral do sistema e dos efectos ocasionais sobre o produto obtido.

* Operar cos equipamentos reprofotográficos e de procesamento de fotolitos con pulcritude, seguridade e calidade.

* Retocar defectos dun fotolito con pulcritude, seguridade e eficacia e cos produtos adecuados ás características dos fotolitos e ao proceso posterior.

* Manter o estado operativo dos equipamentos, útiles, instrumentos e materiais, con orde e seguridade, a partir dos manuais de uso e conservación e do plan de mantemento.

* Formalizar documentos de proceso, control e mantemento que se empreguen de forma máis habitual, coa correcta utilización da terminoloxía e o léxico específico.

* Relacionar as operacións e condicións de realización do proceso de reprodución e tratamento de imaxes coa súa influencia no custo total dun produto e cos criterios e as formas de redución ao mínimo.

Contidos (duración 400 horas)

Contidos procedementais

Revisión e preparación de imaxes orixinais para a súa reprodución e tratamento.

* Interpretación das características dimensionais e tonais das imaxes que se deben tratar e das especificacións de reprodución e tratamentos establecidos.

* Cálculo de medidas de reprodución, factor de reprodución e medidas de encadramento.

* Encadramento ou acoutamento da imaxe segundo criterios estéticos.

* Identificación e indicación dos defectos nas imaxes orixinais (retallos, pregues, suciedade, etc.).

* Identificación e indicación das zonas de referencia de Dm e DM.

* Preparación do densitómetro.

* Indicación dos valores de densidade representativos.

* Análise visual dos dominantes de cor en imaxes policromáticas.

* Identificación e protección da imaxe orixinal.

Preparación de equipamentos, programas, materiais e ferramentas para a dixitalización de imaxes.

* Identificación das características dimensionais e tonais da imaxe orixinal e as especificacións de traballo.

* Identificación dos equipamentos e programas informáticos dispoñibles.

* Selección do formato informático de traballo e de exportación.

* Selección dos programas e equipamentos informáticos que se deben empregar.

* Selección dos materiais e instrumentos que se deben empregar (soportes magnéticos, densitómetros, etc.).

* Configuración do sistema de dixitalización de imaxes.

* Posta en marcha do equipamento e comprobación do seu correcto funcionamento.

* Adecuación dos materiais ás necesidades do proceso.

* Carga do programa.

* Calibraxe e axuste do equipamento.

* Comprobación do correcto funcionamento do equipamento e do programa.

Dixitalización de imaxes mediante escáner.

* Identificación das características dimensionais e tonais da imaxe orixinal e os parámetros de dixitalización.

* Selección de método de traballo, instrumentos, equipamentos e normas de seguridade para a dixitalización.

* Preparación de equipamentos, programas, materiais e ferramentas para a dixitalización de imaxes.

* Determinación das condicións óptimas de disposicións dos orixinais.

* Disposición da imaxe ou das imaxes no dispositivo de dixitalización.

* Obtención da imaxe previa.

* Encadre dixital da imaxe.

* Introdución dos parámetros para a dixitalización.

* Obtención da imaxe.

* Comprobación das imaxes dixitalizadas.

* Selección do formato informático de almacenaxe.

* Almacenaxe da imaxe dixital.

* Formalización da documentación de seguimento do proceso.

Introdución de imaxes dixitais ao sistema informático, mediante cámara dixital, cámara ou reprodutor de vídeo.

* Identificación das características da imaxe orixinal.

* Interpretación das especificacións de calidade da imaxe que se debe obter.

* Selección de método de traballo, materiais e medidas de seguridade que debemos seguir.

* Preparación de equipamentos, programas, materiais e ferramentas para a dixitalización de imaxes.

* Selección e introdución dos parámetros de precaptación.

* Realización da captación previa.

* Encadre da imaxe.

* Introdución dos parámetros de dixitalización.

* Verificación das imaxes capturadas.

* Selección do formato informático de almacenaxe.

* Almacenaxe da imaxe dixital.

* Formalización da documentación de seguimento do proceso.

Mantemento dos equipamentos de captura e dixitalización de imaxes.

* Selección e análise da información técnica dos equipamentos e mantemento.

* Interpretación das normas de seguridade.

* Inspección visual ou revisión.

* Detección de disfuncións.

* Limpeza, calibraxe, axuste, etc.

* Verificación da funcionalidade, seguridade e cumprimento das normas e especificacións.

* Formalización da documentación de mantemento.

Preparación de sistemas informáticos, materiais e ferramentas para tratamento e probas dixitais e filmación de imaxes.

* Identificación das características dimensionais e tonais da imaxe orixinal e as especificacións do traballo.

* Identificación dos equipamentos e programas informáticos de tratamento, filmación e obtención de probas dixitais dispoñibles.

* Selección do formato informático de traballo e de exportación.

* Selección dos programas e dos equipamentos informáticos para empregar.

* Selección dos materiais que para empregar (soportes magnéticos, etc.).

* Configuración do sistema de tratamento dixital de imaxes.

* Posta en marcha do equipamento e comprobación do seu correcto funcionamento.

* Adecuación dos materiais ás necesidades do proceso.

* Carga do programa.

* Calibraxe e axuste do equipamento.

* Comprobación do correcto funcionamento do equipamento e do programa.

Preparación de equipamentos reprofotográficos de procesamento, materiais e ferramentas para a reprodución de imaxes.

* Identificación das características dimensionais e tonais da imaxe orixinal, especificacións de traballo e normas de seguridade.

* Identificación dos equipamentos reprográficos e de procesamento dispoñibles.

* Selección dos soportes fotosensibles e dos produtos químicos de procesamento; útiles e instrumentos necesarios.

* Comprobación das características dos materiais fotosensibles.

* Introdución dos parámetros de exposición e procesamento.

* Preparación dos produtos de procesamento químico.

* Verificación do estado dos produtos de procesamento.

* Axuste dos parámetros de exposición e procesamento.

* Comprobación do correcto funcionamento do equipamento.

Reprodución fotográfica monocroma de imaxes.

* Identificación das características dimensionais e de calidade da imaxe orixinal e dos parámetros de reprodución.

* Selección de método de traballo, instrumentos, equipamentos e normas de seguridade para a reprodución.

* Determinación dos parámetros de exposición e procesamento.

* Preparación de equipamentos reprofotográficos, de procesamento, materiais e ferramentas para a reprodución de imaxes.

* Adecuación das condicións de iluminación do local.

* Disposición do orixinal e materiais fotosensibles.

* Exposición e procesamento dos materiais fotosensibles.

* Comprobación dos fotolitos respecto aos requisitos de calidade.

* Retoque, se procede, dos fotolitos.

* Verificación da calidade do fotolito.

* Identificación e protección do fotolito e da imaxe orixinal.

* Formalización da documentación do seguimento do proceso.

Tratamento de imaxes dixitais.

* Identificación das características dimensionais e tonais da imaxe orixinal e dos parámetros de tratamento.

* Selección do método de traballo, sistemas informáticos e normas de seguridade para o tratamento.

* Preparación de equipamentos, programas, materiais e ferramentas para o tratamento de imaxes.

* Importación da imaxe que se debe tratar.

* Determinación do grao de tratamento necesario da imaxe dixital.

* Selección do modelo de cor máis adecuado para o tratamento.

* Selección das ferramentas informáticas do menú de tratamento.

* Tratamento das imaxes: variacións dimensionais e tonais, aplicación de filtros, mesturas de imaxes, etc.

* Comprobación en pantalla das imaxes tratadas.

* Selección dos parámetros de reprodución de acordo co uso e proceso posterior da imaxe.

* Adecuación do formato informático de almacenaxe ou de exportación ao proceso posterior.

* Obtención de probas dixitais.

* Almacenaxe da imaxe dixital.

* Formalización da documentación do proceso.

Obtención de fotolitos mediante filmación.

* Identificación do formato de filmación e dos requisitos de calidade.

* Selección do método de traballo, sistema de filmación (filmadora, RIP e sistema informático) de procesamento, materiais e de normas de seguridade.

* Importación da imaxe.

* Comprobación dos parámetros de reprodución.

* Establecemento dos parámetros de filmación e procesamento.

* Introdución dos parámetros de filmación por medio de procesamentos informáticos ou manuais.

* Filmación de imaxes.

* Regulación dos parámetros de procesamento.

* Procesamento de material fotosensible.

* Comprobación do fotolito respecto aos requisitos de calidade.

* Retoque, se procede, do fotolito.

* Verificación da calidade do fotolito.

* Identificación e protección do fotolito e da imaxe orixinal.

Valoración de probas de imaxes.

* Identificación das especificacións de reprodución e tratamentos requiridos.

* Identificación do tipo de proba obtida: fotoquímica, dixital ou de impresión.

* Selección do método de valoración e dos útiles e instrumentos.

* Comprobación das características da proba respecto ao orixinal, patróns ou especificacións de tratamento.

* Detección de posibles desviacións ou erros e as súas causas.

* Determinación das correccións que se deben realizar.

* Formalización da documentación do control do proceso.

Mantemento dos equipamentos de reprodución e tratamento de imaxes.

* Selección e análise da información técnica dos equipamentos e mantemento.

* Interpretación das normas de seguridade e ambientais.

* Inspección visual ou revisión.

* Detección de disfuncións.

* Limpeza, lubrificación, rexeneración de produtos de procesamento, axuste, etc.

* Verificación da funcionalidade, seguridade e cumprimento de normas e especificacións.

* Formalización da documentación de mantemento.

Contidos conceptuais

Imaxes orixinais.

* Soportes convencionais e informáticos das imaxes: tipos e características de presentación.

* Imaxes en branco e negro, e cor.

* Contraste: imaxes de liña, de ton continuo e discontinuo.

* Catálogos e bancos de imaxes.

* Escalas de reprodución: proporcións, encadres e distorsións; criterios estéticos de encadre.

* Características que se deben controlar nas imaxes: tipos de defectos e alteracións, e criterios de valoración.

* Posibilidades de reprodución do orixinal.

* Revisión e preparación de orixinais informáticos e convencionais: identificación, indicacións de reprodución, marcas, elementos de orientación, protección e criterios de adecuación.

Escáner.

* Elementos principais: mecánicos e ópticos.

* Características de funcionamento: posibilidades de dixitalización.

* Tipos: planos e cilíndricos.

* Programa de control e dixitalización: características operativas e prestacións.

* Calibraxe: métodos e parámetros de calibraxe, imaxes de control e criterios de valoración das probas.

* Anomalías e disfuncións máis comúns, causas e medidas correctoras.

* Operacións de mantemento básico e de conservación dos equipamentos.

Cámaras fotográficas dixitais.

* Elementos principais: dispositivos de carga axustado (CCD), sistemas de enfoque, sistemas de axuste da iluminación e de almacenaxe da información.

* Características de funcionamento e posibilidades de captura.

* Tipos de cámaras.

* Programa de control e captura: características operativas e prestacións.

* Calibraxe: métodos e parámetros de calibraxe, imaxes de control e criterios de valoración de probas.

* Anomalías e disfuncións máis comúns, causas e medidas correctoras.

* Operacións de mantemento básico e de conservación dos equipamentos.

Outros equipamentos e posibilidades de captura de imaxes.

* Cámaras de vídeo: características operativas e posibilidades de aplicación na captura.

* Reprodutor de vídeo: características operativas e posibilidades de aplicación na captura.

* Módem: características operativas e posibilidades.

Proceso de dixitalización.

* Resolución: de imaxe e ton, unidades de medida.

* Criterios de selección do sistema e equipamento de dixitalización: tipos de orixinal, calidade e produtividade.

* Métodos operativos en función do equipamento.

* Criterios para a selección da resolución de entrada.

* Formatos dixitais: tipos, características e criterios de selección.

* Posta en marcha e preparación dos equipamentos: métodos e criterios de seguridade.

* Disposición dos orixinais: formas e criterios.

* Criterios de selección dos soportes de almacenaxe informática.

* Calidade das imaxes dixitais: características que se deben controlar, posibles alteracións, causas e métodos correctores.

* Documentos de seguimento e control do proceso de dixitalización e de mantemento de equipamentos e instalacións.

* Factores relacionados coa realización do proceso que inflúen no custo do produto, formas e criterios de óptimo aproveitamento do traballo.

Densitometría.

* Opacidade, reflexión, transparencia e densidade.

* Unidades densitométricas: densidade integrada.

* Representacións gráficas, curvas e histogramas.

* Métodos de medida da densidade.

Equipamentos e útiles de medida da densidade.

* Densitómetros: tipos, elementos principais, características de funcionamento e aplicacións; axuste e calibraxe.

* Contafíos e microscopios.

* Outros útiles específicos.

Equipamentos para a reprodución e o tratamento de imaxes.

* Equipamentos reprofotográficos, reprocámaras e prensas de contactos: tipos e características funcionais, aplicacións e métodos de utilización.

* Equipamentos óptico-electrónicos de separación de cores: características principais, aplicacións e métodos de utilización.

* Estacións para o tratamento dixital de imaxes: elementos principais, tipos de plataformas e características funcionais, aplicacións e métodos de utilización, posibles configuracións, impresoras e equipamentos de probas de cor dixitais (tipos e características funcionais, aplicacións e métodos de utilización, tóner, tintas e outros pigmentos).

* Filmadoras: elementos principais, ópticos e mecánicos.

* Tipos e características funcionais, aplicacións e métodos de utilización. RIP (rasterizadores), externos, internos e de programar.

* Procesadores: tipos, constitución, características funcionais e métodos de utilización.

* Equipamentos auxiliares no procesamento químico: de preparación de produtos, de reciclaxe e reutilización, etc.

* Ferramentas auxiliares específicas para a reprodución e o tratamento de imaxes. Características funcionais e utilización.

* Posibles anomalías nos equipamentos: causas e medidas de corrección.

* Criterios para a selección de equipamentos e ferramentas.

* Métodos de calibraxe e axuste, patróns de control.

* Normas de seguridade e mantemento de equipamentos.

Programas para o tratamento de imaxes dixitais.

* Programas e aplicacións de tratamento de imaxes dixitais: tipos e características principais.

* Programas ou aplicacións para a vectorización: tipos e características principais.

* Outros programas e aplicacións auxiliares no tratamento dixital de imaxes.

* Posibilidade de transformación das imaxes, menús e ferramentas: métodos de utilización, características dos formatos dixitais.

* Posibles anomalías nos programas e ferramentas informáticas que se deben utilizar.

Imaxe discontinua ou tramada.

* Necesidade e aplicacións.

* Liñatura: influencia no proceso, medición e valores que cabe aplicar segundo as características do traballo que se realice.

* Porcentaxes: influencia no proceso, valores tonais, desviacións dos valores entre as fases de tratamento, fotolitos, pranchas e impresos, valores máximos e mínimos, e medicións.

* Puntos de trama: convencionais e dixitais, tramas especiais e de efectos. Características, aplicacións e influencia no proceso.

* Dirección das tramas e medida de ángulos. Moire e rosetas. Influencia no proceso.

* Tramas estocásticas: características das tramas con modulación de frecuencias e de amplitude, aplicacións e influencia no proceso.

Separación e corrección da cor.

* Principios de separación cromática: filtros e pigmentos, necesidade da tinta negra. Tricromías, cuadricromías e outras policromías (HI-FI).

* Corrección da cor: necesidade, métodos e técnicas. Criterios de aplicación e influencia no proceso.

* Equilibrio da cor: tons neutros e dominantes de cor.

* Redución da cor; redución do negro e redución do compoñente neutro. Características e criterios de aplicación. Influencia no proceso.

Fontes de luz: a exposición.

* Características e principios fotométricos da luz.

* Fontes de luz utilizables para a exposición de materiais fotosensibles; tipos e características das lámpadas, flash, CRT, láser e díodos láser. Rendemento cromático. Aplicacións e normas de utilización.

* Fibras ópticas: características técnicas e aplicacións en preimpresión.

* Factores de exposición: variables, control e influencia no proceso. Normas de seguridade.

* Imaxe latente: fotográfica e electrónica. Proceso de formación.

* Latitude de exposición: factores que interveñen. Influencia no proceso.

Procesamento químico de materiais fotosensibles.

* Revelado: compoñentes, tipos e presentación dos reveladores. Acción e tipo de revelado. Variables para controlar, influencia no proceso e normas de seguridade.

* Fixador: compoñentes, tipos e presentación dos produtos. Variables para controlar. Influencia no proceso e normas de seguridade.

* Baño de parada, lavado, secado e retoque químico. Compoñentes e acción. Normas de seguridade.

* Procesamento: variables para controlar.

Procesamento de reprodución e tratamento de imaxes.

* Criterios de selección de características de imaxes reproducidas ou tratadas.

* Criterios de selección dos materiais e soportes para utilizar.

* Proceso de reprodución convencional: tramas de contacto, formación do punto de trama, exposicións principais e complementarias.

* Retoque de negativos e positivos: técnicas de afinamento e rebentado, duplicacións e contratipos, normas de seguridade.

* Condicionantes da impresión.

* Formación do punto de trama dixital: características dos diferentes procesos.

* Relación entre liñaturas, resolución e valores tonais.

* Reprodución electrónica e dixital: técnicas e métodos. Características e aplicacións. Normas de seguridade.

* Influencia dos parámetros de rasterizar e filmación no tratamento de imaxes.

* Preparación dos arquivos para a filmación.

* Documentos de seguimento e control do proceso de reprodución, tratamento e mantemento de equipamentos e instalacións.

* Factores relacionados coa realización do proceso que inflúen no custo do produto. Formas e criterios de optimización.

Calidade no proceso de reprodución e tratamento de imaxes.

* Controis que se deben realizar: densitométricos e colorimétricos.

* Probas intermedias: necesidade e criterios de selección.

* Características que se deben controlar: valores tonais, ganancia de punto, resistencia dos puntos de trama, superposición de cores, características dos fotolitos, etc.

* Métodos de identificación, criterios de valoración e métodos e criterios de corrección.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de resolución de problemas.

* Valoración da importancia da toma de decisións razoadas en caso de discordancia entre prestacións do proceso e parámetros previstos e á hora de detectar anomalías e desviacións das imaxes dixitais, imaxes tratadas e fotolitos do proceso e do equipo de traballo.

* Hábito de argumentación ou xustificación das decisións tomadas.

Execución sistemática da comprobación dos resultados.

* Sistematicidade na corrección dos erros nos arquivos das imaxes dixitais.

* Autocorrección dos parámetros de preparación dos equipamentos e da obtención da forma impresora.

Óptimo rendemento do traballo.

* Interese pola valoración do custo en tempo de realización necesario para rendibilizar un traballo.

* Valoración da importancia da eficacia na realización da preparación e dixitalización das imaxes, tratamento de imaxes, obtención de fotolitos e probas nas condicións de calidade establecidas e tamén no mantemento operativo dos equipamentos de traballo.

* Hábito de argumentación do uso de procedementos, equipamentos e programas con criterio de calidade e seguridade.

Orde e método de traballo.

* Hábito de distribución do traballo e dos tempos para realizar as tarefas de preparación, dixitalización, reprodución e tratamento de imaxes, obtención de fotolitos e probas, de preparación dos equipamentos e de mantemento de primeiro nivel.

* Valoración da importancia da ordenación racional e prioridade das accións que se deben realizar dentro de cada tempo.

* Actuación con método no procedemento de verificación dos parámetros de calidade.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Puntualidade na entrega dos traballos encomendados.

* Constancia na conservación dos equipamentos e programas de dixitalización, reprodución e tratamento de imaxes e obtención de fotolitos e probas.

* Hábito de cumprimento das normas e das recomendacións técnicas de calidade e seguridade á hora de operar no proceso de dixitalización, reprodución e tratamento de imaxes e obtención de fotolitos e probas.

Participación e cooperación no traballo de equipamento.

* Interese pola colaboración con outros compañeiros na realización de traballos conxuntos, na posta a punto dos equipamentos, na preparación e control do proceso e na realización do mantemento xeral.

* Valoración da importancia da coordinación co responsable que orienta o traballo que se debe realizar.

Execución independente do traballo.

* Rigor no cumprimento do procedemento, especificacións técnicas do proceso e normas establecidas.

* Autosuficiencia na preparación dos orixinais e dos equipamentos, na operación cos equipamentos e os programas informáticos de dixitalización, reprodución, tratamentos das imaxes e obtención de fotolitos e probas, no mantemento operativo e na verificación da calidade dos resultados obtidos.

Mentalidade emprendedora nas tarefas e accións.

* Interese pola procura de novas actuacións para mellorar os métodos de traballo e a calidade da dixitalización, reprodución, calidade das imaxes e fotolitos.

* Motivación para emprender novas accións que melloren a calidade, a rendibilidade e a fiabilidade do proceso.

Apertura ao ámbito profesional e a súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos e pola procura de información.

* Interese pola asimilación de novos métodos de traballo e tecnoloxías.

* Espírito crítico ante a información e os cambios tecnolóxicos.

Adaptación a novas situacións.

* Flexibilidade ante os cambios e as novas situacións provocadas polos cambios tecnolóxicos.

* Resposta positiva ante os cambios e as innovacións tecnolóxicas.

* Integración ante novas situacións.

Respecto pola saúde e a seguridade laboral.

* Hábito de cumprimento das normas de seguridade e das normas internas do traballo do centro.

* Uso correcto dos equipamentos e dos programas respectando as normas de seguridade persoal e dos equipamentos.

Valoración dos resultados.

* Hábito de argumentar os resultados obtidos ao aplicar os procesos técnicos.

* Compromiso para emitir xuízos na avaliación dos subprodutos.

* Interrogación sobre os procesos seguidos.

* Sistematicidade na autovaloración das tarefas realizadas nos aspectos de calidade das imaxes dixitais, tratamento, reprodución das imaxes tratadas, fotolitos e probas, dos tempos e do proceso que se debe seguir.

Calidade do traballo.

* Orde, precisión e seguridade na operación de axuste e calibraxe de equipamentos e programas.

* Valoración da importancia da precisión na realización da dixitalización, tratamento, reprodución de imaxes e fotolitos.

* Interese pola procura da satisfacción dos requisitos establecidos.

3.2.3. Módulo profesional 3: ensamblaxe e filmación de textos e imaxes.

Asociado á unidade de competencia 3: ensamblar e filmar textos e imaxes.

Capacidades terminais elementais

* Identificar as características dos orixinais de texto e das imaxes tratadas, as especificacións de compaxinación, de impresión e dos pregados do impreso, os parámetros de calidade dos fotolitos a partir da maqueta e dunha orde de traballo tipo.

* Identificar as medidas da páxina, caixa, marxes e guías, e os elementos que deben constituír as páxinas mestras a partir da maqueta e orixinais de textos e imaxes.

* Identificar a función, características de funcionamento e aplicacións dos equipamentos e programas informáticos de integración de textos e imaxes, dos equipamentos de procesamento e obtención de probas e das ferramentas e os instrumentos do proceso, a

partir da documentación técnica e dos manuais do usuario.

* Seleccionar os equipamentos e os programas informáticos de integración de textos e imaxes, de filmación e de probas, en función do estado de tratamento dos orixinais, integración que se debe realizar nunha orde de traballo tipo e maqueta.

* Establecer os materiais, o método operativo e os valores dos parámetros de integración, filmación, procesamento, axuste e regulación dos equipamentos e instrumentos en función do proceso anterior, control das especificacións de calidade a partir dos manuais dos equipamentos e das especificacións do proceso.

* Organizar con criterios de eficacia as actividades de traballo necesarias para realizar a integración de textos e imaxes, filmación e probas, a partir da información contida en fichas técnicas e ordes de produción.

* Calibrar os sistemas de integración e filmación e os equipamentos de procesamento de probas, con rigor e precisión, de acordo con pautas e patróns establecidos.

* Axustar, regular e introducir parámetros nos sistemas e nos equipamentos de integración, filmación, procesamento e probas de filmación e de procesamento mediante programas informáticos de control e procedementos manuais, con destreza e seguridade.

* Crear páxinas mestras mediante programas informáticos de integración, a partir das especificacións de deseño ou das maquetas.

* Compaxinar con rigor e criterio estético textos, imaxes e elementos gráficos axustados á maqueta e follas de estilos.

* Verificar con rigor as características das páxinas dixitais respecto das especificacións de compaxinación e do orixinal a partir da súa observación no monitor.

* Verificar con rigor a calidade das páxinas respecto das especificacións do proceso e do orixinal, a partir da observación e da análise densitométrica das probas de cor.

* Relacionar as desviacións das características da páxina compaxinada coas súas causas, tanto de integración como da filmación ou procesamento, coa repercusión que pode ter nos procesos posteriores e na calidade final do produto, e coas medidas correctoras que se deben ter en conta.

* Traballar cos sistemas e os equipamentos informáticos, químicos e de prensa para obter probas con pulcritude e calidade, de acordo cos valores tonais predefinidos.

* Relacionar as anomalías de funcionamento e os desaxustes dos parámetros dos equipamentos e programas de integración e probas coas súas causas e as posibles accións correctoras a partir da información do control xeral dos sistemas ou dos efectos ocasionais sobre o produto obtido.

* Manter o estado operativo dos equipamentos, útiles, instrumentos e materiais con orde e seguridade, a partir dos manuais de uso e conservación e do plan de mantemento.

* Formalizar documentos do proceso, control e mantemento que se empreguen de forma máis habitual, coa correcta utilización da terminoloxía e o léxico específico.

* Relacionar as operacións e condicións de realización do proceso de integración de textos e imaxes coa súa influencia no custo total dun produto e cos criterios e formas de redución ao mínimo.

Contidos (duración 345 horas)

Contidos procedementais

Preparación do traballo que se debe realizar.

* Identificación dos orixinais informáticos de textos e imaxes.

* Interpretación da maqueta.

* Identificación das tarefas que se deben realizar.

* Adaptación dos formatos informáticos dos elementos da páxina.

Preparación dos equipamentos de integración de textos e imaxes e de obtención de probas.

* Identificación dos equipamentos.

* Interpretación das características de compaxinación.

* Selección dos equipamentos e programas informáticos.

* Posta en marcha dos equipamentos.

* Comprobación do correcto funcionamento dos equipamentos.

Creación de páxinas mestras.

* Identificación das medidas e distribución establecida (maqueta).

* Definición do formato de páxina.

* Definición das marxes, columnas, regras e guías.

* Creación e importación dos elementos repetitivos no impreso nas páxinas mestras.

* Comprobación das páxinas mestras.

Compaxinación dixital.

* Importación informática dos textos.

* Introdución dos textos que falten.

* Creación da folla de estilo informático.

* Aplicación das características tipográficas de estilo predominantes por medio das follas de estilo informático.

* Aplicación das características tipográficas dos outros estilos por medio das follas de estilo informático.

* Aplicación das características tipográficas dos outros textos non suxeitos á folla de estilo.

* Comprobación no monitor dos textos compaxinados.

* Creación de elementos gráficos.

* Importación de imaxes por medio de procedementos informáticos.

* Axuste dimensional da imaxe.

* Axuste do encadre da imaxe.

* Comprobación e relación entre si das imaxes. Elementos gráficos e a súa relación co texto.

* Formalización da documentación para o seguimento do proceso.

Corrección de probas informáticas.

* Obtención da proba informática.

* Análise visual da proba.

* Marcaxe das probas mediante signos de corrección establecidos.

* Realización das correccións por procedementos informáticos.

* Comprobación do traballo realizado.

* Formalización da documentación do control do proceso.

Filmación de páxinas acabadas.

* Identificación do formato de filmación e dos requisitos de calidade.

* Selección do método de traballo, do sistema de filmación (filmadora, RIP e sistema informático) e de procesamento, dos materiais e das normas de seguridade.

* Importación da imaxe.

* Comprobación dos parámetros de reprodución.

* Establecemento dos parámetros de filmación e procesamento.

* Preparación dos equipamentos de filmación e de procesamento.

* Introdución dos parámetros de filmación por medio de procesamentos informáticos ou manuais.

* Filmación.

* Regulación dos parámetros de procesamento.

* Procesamento dos materiais fotosensibles.

* Comprobación do fotolito respecto aos requisitos de calidade.

* Retoque do fotolito, de ser necesario.

* Identificación e protección do fotolito e da imaxe orixinal.

* Formalización da documentación do seguimento do proceso.

Obtención e corrección de probas químicas.

* Revisión de fotolitos.

* Aplicación de material sensible sobre o soporte da proba.

* Insolación do fotolito sobre o soporte e material sensible.

* Aplicación da cor ao soporte.

* Marcaxe de posibles erros observados nas probas por medio de signos de corrección establecidos.

* Realización de correccións por medio de procedementos informáticos.

* Comprobación do traballo realizado.

* Formalización da documentación do control do proceso.

Mantemento dos equipamentos de integración de textos e imaxes e obtención de probas.

* Selección e análise da información técnica dos equipamentos e o seu mantemento.

* Interpretación das normas de seguridade.

* Inspección visual ou revisión.

* Detección de disfuncións.

* Limpeza, calibraxe, axuste, etc.

* Verificación da funcionalidade, seguridade e cumprimento das normas e especificacións.

* Formalización da documentación do mantemento.

Contidos conceptuais

Equipamentos e programas para a integración e saída de textos, imaxes e probas.

* Estacións para a integración de textos e imaxes: elementos principais, tipos de plataformas, características funcionais, aplicacións, métodos de utilización e posibles configuracións.

* Ferramentas auxiliares específicas para a integración de textos e imaxes, características funcionais e utilización.

* Sistemas de xestión de imaxes (OPI), características funcionais, aplicacións e métodos de utilización: posibles configuracións.

* Equipamentos de probas en cor (de emulsións coloreadas, de emulsións fotopolímeras, etc.): características funcionais, aplicacións e métodos de utilización.

* Equipamentos de impresión dixitais (electroestáticos, de chorro de tinta, etc.): características funcionais, aplicacións e métodos de utilización.

* Programas de integración de textos e imaxes: tipos e aplicacións, posibilidade de integración e características principais.

* Outros programas e aplicacións auxiliares: tipos e características principais.

* Características dos formatos dixitais.

* Posibles anomalías nos equipamentos: causas e medidas de corrección.

* Criterios para a selección dos equipamentos, programas e ferramentas.

* Métodos de calibraxe e axuste, e patróns de control. Normas de seguridade e mantemento.

Elementos da páxina: normas e criterios de distribución ou colocación.

* Textos.

* Títulos e subtítulos: tipos e características.

* Pés de fotografía.

* Folios: tipos e características.

* Notas e subnotas.

* Capitulares e iniciais: características estéticas e aplicacións.

* Imaxes de ton en branco e negro: características técnicas, estéticas e funcionais.

* Imaxes de cor: características estéticas e funcionais.

* Imaxes de liña: características estéticas e funcionais.

* Espazos en branco: marxes, regras e outros espazos.

* Filetes: tipos, características e criterios de utilización.

* Elementos de ornamentación: tipos, características e criterios de utilización.

* Cadros e fondos: tipos, características e criterios de utilización.

* Formatos dixitais de importación dos elementos.

* Fontes tipográficas e follas de estilo.

Distribución da páxina: normas e criterios estéticos e funcionais.

* Aliñacións e parangonizacións.

* Patróns e retículas: tipos, características e métodos de utilización.

* Columnas: características, medidas e funcións.

* Arracadas e contornos: tipos e características técnicas, estéticas e funcionais.

* Distribución de grafismos e contragrafismos.

* Páxinas incompletas.

* Tabulacións: tipos e características técnicas, estéticas e funcionais.

Estética da páxina: normas e criterios estéticos.

* Formatos da páxina: dinámicos e estáticos. Características.

* Lexibilidade e visibilidade.

* Equilibrio.

* Harmonía.

* Contraste.

* Simetría.

* Proporcións.

* A cor na páxina.

* O bosquexo: tipos e características.

* A maqueta: tipo e características.

Normas e criterios de compaxinación.

* Libros: prego de principios, corpo da obra e índice.

* Diarios e revistas.

* Impresos comerciais.

* Traballos publicitarios.

* Outros tipos de compaxinación: obras teatrais, en verso, de matemáticas, etc.

Páxinas mestras.

* Función e aplicación.

* Indicacións de deseño e maqueta.

* Páxinas pares, sinxelas e dobres.

* Medidas.

* Distribución dos elementos.

* Cabeceiras, pés e métodos de numeración.

* Criterios de calidade das páxinas mestras.

Edición electrónica, multimedia e outras saídas.

* Contorno multimedia: características funcionais e aplicacións.

* Edición electrónica: función, aplicacións e posibilidades.

* Impresión dixital: función, aplicacións e posibilidades.

* Criterios de adecuación dos elementos da páxina aos diferentes sistemas.

Proceso de integración de textos e imaxes.

* Criterios para a selección das características da páxina.

* Criterios para a selección dos materiais e soportes que se deben utilizar.

* Operacións de paxinación: criterios de secuencia.

* Métodos de realización das operacións de integración: criterios que inflúen na selección do método.

* Influencia dos parámetros de rasterizado e filmación na integración de textos e imaxes.

* Condicionantes do proceso de impresión e postimpresión na determinación dos parámetros de integración e filmación.

* Preparación dos arquivos para a filmación e proceso posterior.

* Documentos de seguimento e control do proceso de reprodución, tratamento e mantemento de equipamentos e das instalacións.

* Factores relacionados coa realización do proceso que inflúen no custo do produto, formas e criterios de óptimo rendemento.

Calidade no proceso de integración e filmación de páxinas.

* Probas de compaxinación intermedias e de cor: necesidades e criterios de selección.

* Características que debemos controlar: posición dos elementos, valores tonais, ganancia de punto, resistencia dos puntos de trama, superposición das cores, características e defectos dos fotolitos, etc.

* Métodos de identificación, criterios de valoración, métodos e criterios de corrección.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de resolución de problemas.

* Valoración da importancia da toma de decisións razoadas en caso de incompatibilidade dos formatos dos elementos dixitais da páxina e do sistema de integración, discordancia entre as prestacións do proceso e os parámetros previstos á hora de detectar e corrixir anomalías e desviacións das páxinas dixitais e fotolitos.

* Hábito de argumentación ou xustificación das decisións tomadas.

Execución sistemática da comprobación dos resultados.

* Sistematicidade na corrección dos erros e das imperfeccións nas páxinas dixitais e fotolitos.

Óptimo rendemento do traballo.

* Interese pola valoración do custo dos materiais e dos tempos de realización necesarios para rendibilizar optimamente un traballo.

* Valoración da importancia da eficacia na realización da paxinación e obtención de fotolitos e probas nas condicións de calidade establecidas e tamén no mantemento operativo dos equipamentos de traballo.

* Hábito de argumentación do uso de materiais, procedementos, útiles e equipamentos con criterios de calidade e seguridade.

Orde e método de traballo.

* Hábito de distribución do traballo e dos tempos para realizar as tarefas de paxinación e obtención de fotolitos e probas, de preparación dos equipamentos, dos materiais, dos produtos e do mantemento do primeiro nivel.

* Valoración da importancia da ordenación racional e prioridade das accións que se deben realizar en cada etapa.

* Pulcritude na realización dos fotolitos das páxinas e das probas.

* Sistematicidade no procesamento de verificación dos parámetros de calidade.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Puntualidade na execución dos traballos encomendados.

* Constancia na conservación de materiais, equipamentos e programas de paxinación e obtención de fotolitos e probas.

* Hábito de cumprimento das normas e recomendacións técnicas de calidade e seguridade á hora de operar no proceso de integración, obtención de fotolitos, probas e mantemento.

Participación e cooperación no traballo de equipamento.

* Colaboración con outros compañeiros na realización de traballos conxuntos, na posta a punto dos equipamentos, na preparación e control de produción e na limpeza na realización do mantemento xeral.

* Valoración da importancia da coordinación co responsable que orienta no traballo que se vai realizar, control de resultados e calidade que se debe obter.

Execución independente do traballo.

* Rigor no cumprimento do procedemento, especificacións técnicas do proceso e normas establecidas.

* Autosuficiencia na preparación dos materiais e dos equipamentos, na operación cos equipamentos, as técnicas e os programas informáticos de paxinación, de obtención de fotolitos e probas, no mantemento operativo e na verificación da calidade dos resultados obtidos.

Mentalidade emprendedora nos traballos e nas accións.

* Interese pola procura de novas actuacións para mellorar os métodos de traballo e a calidade das páxinas dixitais e dos fotolitos.

* Valoración da importancia de propor modificacións dos procedementos de preparación de materiais e equipamentos, obtención de fotolitos e probas e control da súa calidade.

* Motivación para emprender novas accións que melloren a calidade, a rendibilidade e a fiabilidade do proceso.

Apertura ao ámbito profesional e á súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos e pola procura de información.

* Interese pola asimilación dos novos métodos de traballo, tecnolóxicos e materiais.

* Espírito crítico ante a información e os cambios tecnolóxicos.

Adaptación a novas situacións.

* Flexibilidade ante os cambios e as novas situacións provocadas polos cambios tecnolóxicos.

* Resposta positiva ante os cambios e as innovacións tecnolóxicas.

* Integración ante situacións novas.

Respecto pola saúde, o medio e a seguridade laboral.

* Hábito de cumprimento das normas de seguridade e normas internas de traballo do centro.

* Uso correcto dos produtos químicos e de cada útil, equipamento e programa, respectando as normas de seguridade persoal e do equipamento, así como as ambientais.

Valoración de resultados.

* Hábito de argumentar os resultados obtidos ao aplicar os procesos técnicos.

* Interrogación sobre os procesos seguidos.

* Compromiso para emitir xuízos na avaliación dos subprodutos.

* Sistematicidade na autoavaliación das tarefas realizadas individualmente nos aspectos de calidade das páxinas, fotolitos e probas, de tempos, do procesado que se debe seguir, da adecuación das ferramentas, útiles e instrumentos empregados.

Calidade do traballo.

* Orde, precisión e seguridade na operación de axuste e calibración de equipamentos e programas.

* Valoración da importancia da precisión e bo gusto na realización das páxinas, fotolitos e probas.

* Interese pola procura da satisfacción dos requisitos establecidos.

3.2.4. Módulo profesional 4: montaxe e obtención da forma impresora.

Asociado á unidade de competencia 4: trazar, montar e obter a forma impresora.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar as especificacións do produto que condicionen a montaxe (distribución, tamaño, separación de cor, aspectos estéticos, símbolos, etc.), así como as especificacións do proceso de elaboración da montaxe, da forma impresora, da impresión e dos acabados, a partir de bosquexo, orixinais, maquetas, fichas técnicas e ordes de produción.

* Interpretar a función, as prestacións, as características operativas de funcionamento e as aplicacións dos equipamentos convencionais e informáticos e dos programas de montaxe e obtención das formas impresoras para offset, fotogravado, flexografía e serigrafía, como tamén das ferramentas, dos útiles e dos materiais empregados no trazado e na montaxe manual, a partir de manuais e documentación técnica.

* Identificar os elementos do equipamento de montaxe e da obtención de formas impresoras para o offset, fotogravado, flexografía e serigrafía a partir da observación da máquina, planos ou esquemas da documentación técnica.

* Identificar as características dos materiais empregados no proceso de montaxe (produtos químicos, emulsións, formas, fotolitos, astralóns, etc.), así como da obtención da forma impresora a partir da súa observación e das características técnico-comerciais.

* Relacionar as prestacións dos equipamentos do proceso para obter a forma impresora coas características e o tamaño da forma impresora, e cos materiais empregados no seu procesamento e na súa conservación.

* Establecer os tipos de materiais de produción (fotolitos, astralóns, etc.) e o método operativo de preparación, de elaboración e de control, segundo as medidas de seguridade e os valores dos parámetros de axuste e de regulación dos equipamentos de montaxe.

* Obter formas impresoras de offset, fotogravado, flexografía e serigrafía, en función do proceso de impresión e postimpresión, da tiraxe, das especificacións de calidade, da ficha técnica, da maqueta do produto gráfico e do equipamento de elaboración da forma impresora, a partir dos manuais dos equipamentos e das especificacións do proceso.

* Organizar, con criterios de eficiencia, as actividades do traballo necesarias para realizar a montaxe e obter a forma impresora a partir da información contida en fichas técnicas e ordes de produción.

* Distribuír espazos e elementos necesarios para a montaxe de pregos, con harmonía, pulcritude, precisión e uso dos símbolos adecuados, mediante procedementos de trazados manuais e informáticos, a partir dunhas medidas preestablecidas.

* Compaxinar con pulcritude mediante procedementos manuais, a partir dos textos compostos e de imaxes.

* Premontar e montar manualmente e informaticamente fotolitos ou opacos, cruces de rexistro, cuñas de control de exposicións e tiras de control de impresión, con pulcritude e exactitude, en función das especificacións do trazado e das exixencias de calidade.

* Seleccionar a tea e o marco dunha forma impresora de serigrafía en función da máquina e da calidade de impresión.

* Construír con rigor e seguridade pantallas de serigrafía coa tensión e a uniformidade requiridas.

* Preparar os produtos químicos de procesamento de formas impresoras de offset, fotogravado, flexografía e serigrafía, con seguridade e segundo procedementos establecidos.

* Axustar e regular os equipamentos do proceso de obtención de formas impresoras ás condicións normais de funcionamento, con orde, rigor, precisión, seguridade e uso adecuado de útiles e instrumentos a partir do manual e da documentación técnica do equipamento.

* Aplicar emulsións de formas impresoras serigráficas con coidado, pulcritude e regularidade, ademais dos útiles adecuados.

* Verificar con rigor as características das formas impresoras procesadas respecto das especificacións da maqueta, do orixinal ou bosquexo, e da ficha técnica, por métodos visuais e densitométricos e co axuste de escalas de control.

* Verificar as características da montaxe mediante probas de impresión, en función dos requisitos da encadernación ou postimpresión e do sistema de impresión previsto.

* Relacionar as desviacións dos parámetros e dos defectos das películas na montaxe e nas formas impresoras coas súas causas, tanto do orixinal como do proceso, material ou manipulación coa repercusión que pode ter no proceso gráfico posterior, na calidade final do produto e nas medidas correctivas que se deban emprender.

* Controlar o rendemento e a actividade dos produtos químicos empregados na procesadora, a partir das normas establecidas polo fabricante.

* Relacionar as anomalías de funcionamento e os desaxustes dos parámetros dos equipamentos e programas informáticos de montaxe e obtención das formas impresoras de offset, fotogravado, flexografía e serigrafía, coas súas causas tanto de máquina como de programa e coas posibles accións correctoras a partir da información do control xeral da máquina e dos efectos ocasionados sobre o produto obtido.

* Determinar a viabilidade do retoque da forma impresora a partir da observación e a análise dos resultados dunha proba, en función dos tipos e da identidade do defecto e das especificacións finais do produto que se debe obter.

* Retocar defectos dunha forma impresora con pulcritude, seguridade e eficacia dos produtos químicos adecuados á natureza da forma.

* Manter o estado operativo de equipamentos, máquinas, útiles, instrumentos e materiais, con orde e seguridade, a partir dos manuais de uso e conservación e do plan de mantemento.

* Formalizar os documentos de preparación, proceso, control e mantemento que se empreguen de forma máis habitual coa correcta utilización da terminoloxía e o léxico específicos.

* Relacionar as operacións e condicións de realización do proceso de montaxe e da obtención das formas impresoras coa súa influencia no custo total do produto e cos criterios e formas de óptimo rendemento.

Contidos (duración 105 horas)

Contidos procedementais

Organización do traballo de montaxe e obtención da forma impresora.

* Interpretación dos requisitos técnicos e estéticos da maqueta.

* Interpretación das especificacións do proceso de produción, de calidade e dos procesos posteriores.

* Consulta e interpretación de documentación técnica.

* Identificación das características dos materiais.

* Selección dos medios de traballo e materiais para o trazado, a montaxe e a obtención da forma impresora.

* Determinación das medidas de seguridade e protección.

* Determinación das operacións do método operativo e tempos de cada operación e dos controis de calidade que se deben realizar.

Trazado.

* Interpretación das especificacións da maqueta e das características da impresión, dos acabados e do soporte que se debe imprimir.

* Selección do procedemento do trazado.

* Selección das ferramentas, os útiles, os materiais ou equipamentos e os programas que se deben utilizar.

* Distribución dos espazos.

* Debuxo ou trazado das liñas, cruces e outros elementos do prego.

* Comprobación do trazado.

Montaxe manual ou informática.

* Interpretación das especificacións da maqueta ou do trazado.

* Selección dos fotolitos das páxinas ou dos arquivos das páxinas.

* Revisión dos astralóns, fotolitos e trazado, ou dos arquivos.

* Compaxinación ou premontaxe manual, en caso necesario.

* Casamento das páxinas.

* Colocación do trazado e do astralón na mesa luminosa, ou trazado na pantalla.

* Aplicación das cruces de rexistro e das tiras de control de exposición e de impresión.

* Colocación e suxeición das páxinas nos lugares apropiados.

* Revisión da montaxe.

Verificación da montaxe mediante probas.

* Identificación das características da montaxe.

* Laminación dos soportes da proba.

* Determinación dos parámetros de exposición.

* Control de exposición á luz do soporte e da montaxe.

* Aplicación da cor ao soporte.

* Revisión da proba.

Obtención de pranchas offset.

* Interpretación das especificacións do proceso e da calidade.

* Selección do procedemento do procesamento.

* Selección dos útiles, a forma, os produtos químicos e os equipamentos que se deben empregar.

* Establecemento dos parámetros de exposición.

* Preparación e regulación dos equipamentos de insolación.

* Control do proceso de insolación da prancha.

* Preparación dos produtos e dos equipamentos de revelado.

* Control de proceso de revelado da emulsión da prancha positiva ou negativa.

* Verificación da imaxe na prancha e retoque, en caso necesario.

* Engomado.

* Preparación do forno de termoendurecemento.

* Control do proceso de endurecemento.

* Avaliación da calidade da forma realizada.

Selección do procedemento da obtención de formas impresoras en fotogravado, convencionalmente ou electronicamente.

* Interpretación das especificacións do proceso e da calidade.

* Identificación da sensibilidade dos tipos de trama e tamaño da forma.

* Selección do procedemento do procesamento.

* Selección dos útiles, papel pigmento, produtos químicos e equipamentos que se deban empregar.

* Establecemento dos parámetros de exposición.

* Determinación das características de preparación, regulación e control do equipamento de insolación.

* Determinación das características de preparación dos produtos e equipamentos de revelado.

* Identificación de parámetros que se deben controlar no proceso de revelado da emulsión do papel pigmento.

* Identificación dos requisitos da imaxe no cilindro e retoque, de cumprir.

* Identificación dos parámetros que se deben controlar nos baños, o gravado do cilindro e o seu acabado.

Selección do procedemento convencional de obtención de formas impresoras en flexografía de elastómer.

* Interpretación das especificacións do proceso e da calidade.

* Identificación da forma tipográfica e tipos de baquelita.

* Selección dos útiles e dos equipamentos que se deben empregar.

* Determinación das características de preparación e regulación do mollado da baquelita.

* Determinación do procedemento de realización da forma plana en relevo tipográfica, gravado en quente da baquelita e gravado en quente do elastómer.

* Determinación dos parámetros de verificación da imaxe na goma e retoque, de cumprir.

Obtención de formas impresoras flexográficas de fotopolímero.

* Interpretación das especificacións do proceso e da calidade.

* Selección do procedemento do procesamento.

* Selección de útiles, goma, produtos químicos e equipamentos que se deben empregar.

* Establecemento dos parámetros de exposición.

* Preparación e regulación dos equipamentos de insolación.

* Control do proceso de insolación da goma.

* Preparación dos produtos de revelado.

* Control do proceso de revelado da goma.

* Verificación da imaxe da goma e retoque, de cumprir.

* Comprobación da goma.

* Avaliación da calidade da forma realizada.

Obtención de formas impresoras para serigrafía.

* Interpretación das especificacións do proceso e da calidade.

* Selección do procedemento do procesamento.

* Selección de útiles, pantallas, produtos químicos e equipamentos que se deben empregar.

* Preparación e regulación dos equipamentos.

* Aplicación da emulsión na pantalla.

* Control do proceso de insolación da pantalla.

* Preparación dos produtos e equipamento de revelado.

* Control do proceso de revelado da pantalla.

* Verificación da imaxe na pantalla e retoque, de cumprir.

* Avaliación da calidade da forma.

Verificación e retoque das formas impresoras.

* Interpretación das especificacións de calidade e do proceso de impresión.

* Revisión da superficie e posicionamento da imaxe na forma impresora.

* Comprobación da transferencia dos valores tonais, latitude de exposición, a resolución e o diagrama de insolación.

* Comprobación do contacto entre o soporte transferidor e o receptor.

* Selección dos produtos químicos.

* Retoque dos defectos.

* Avaliación da calidade da forma.

Mantemento dos equipamentos de montaxe e obtención das formas impresoras.

* Selección e análise da información técnica de maquinaria e mantemento.

* Interpretación das normas de seguridade e ambientais.

* Inspección visual ou revisión.

* Detección de disfuncións.

* Limpeza, lubrificación, rexeneración de líquidos, regulación, etc.

* Verificación da funcionalidade, seguridade e cumprimento das normas e especificacións.

Contidos conceptuais

Trazado: características e deseño xeral.

* Casados: regulares e irregulares.

* Pregado: formatos de máquina e tipos de encadernación.

* Tipos de trazado: simple, editorial, normal, tiraxe e retiraxe, combinado, de repetición e irregular.

* Bosquexo inicial do trazado para realizar: criterios de preparación.

* Formato intenso: marxes de refilado.

* Dobre corte e cruceiro.

* Costados.

* Entrada de pinzas e contrapinzas.

* Simboloxía.

* Condicións de traballo.

Montaxe: características xerais.

* Elección do tipo de montaxe: normas e precaucións.

* Astralóns e soporte: tipos, características e aplicacións segundo a calidade do produto que se debe realizar.

* Produtos de limpeza e conservación de películas.

* Operacións de montaxe de traballos en positivo.

* Compaxinación simple.

* Premontaxe de páxinas de cor.

* Montaxe de cuadricomías.

* Operacións específicas da montaxe en negativo.

* Problemas de montaxe de películas.

* Montaxe electrónica: programas de integración e imposición de páxinas.

* Montaxe programada en prensa de insolación de exposicións múltiples.

Calidade da montaxe.

* Parámetros de calidade da montaxe.

* Normas para a comprobación da orde e posicionamento das páxinas.

* Densitometría de transmisión e probas densitométricas en película.

* Densitometría de reflexión e probas de impresión a partir da montaxe.

Preparación de cilindros de fotogravado.

* Procesos electrolíticos.

* Rectificación e puído de cilindros.

* Criterios de revisión da calidade dos cilindros.

Preparación das pantallas de serigrafía.

* Tecidos: tipos de fibras e de teas, e as súas características e conservación.

* Bastidores: natureza e formatos.

* Enteado: posicionamento da tea, dispositivos, parámetros de tensado e control da tensión.

* Colado: adhesivos.

* Pantallas: tipos e emulsións.

Exposición da luz na forma.

* Fenómeno da sensibilización á luz das emulsións.

* Características e elección dos tipos e soportes da forma.

* Tipos de emulsións sensibles á luz.

* Preparación da emulsión sensible sobre a forma.

* Determinación das características da exposición á luz.

* Colocación da montaxe sobre a forma de impresión en cada sistema de impresión.

* Contacto pneumático de emulsións e exposición á luz.

* Exposición mediante «computer to plate»; características das pranchas.

Procesamento das formas de impresión.

* Produtos químicos de revelado: retoque e conservación da forma impresora.

* Revelado da forma: tipos e características.

* Retoque nos diferentes sistemas de impresión.

* Operacións e tratamentos de conservación e almacenaxe da forma impresora.

Gravado electrónico das formas.

* Forma de gravación e tiraxe co sistema «computer to press».

* Gravado electrónico en fotogravado: sistemas de gravación; tipos de puntos e conservación dos cilindros de fotogravado.

* Gravado de formas rotativas de serigrafía.

* Normas de seguridade: riscos e medidas de protección.

Gravado por mollado en flexografía.

* Forma plana.

* Gravación da baquelita.

* Gravación do elastómer.

* Operacións de retoque.

Equipamentos e útiles de trazado, montaxe e obtención da forma impresora.

* Útiles de trazado.

* Equipamentos, materiais e útiles para a montaxe de opacos e películas.

* Repetidores.

* Insoladoras: fontes de luz.

* Sistemas ou equipamentos de montaxe electrónica («computer to film»).

* Procesadores.

* Fornos de termoendurecemento.

* Escáners lectores de pranchas offset.

* Equipamentos de gravación electrónica de cilindros de fotogravado, cabezais gravadores e cabezais dixitalizadores.

* «Computer to plate» e «computer to press» en offset: viabilidade.

* Instrumentos e útiles de verificación e control.

* Equipamentos e útiles específicos.

* Prestacións, características de funcionamento, operacións e aplicacións dos equipamentos e útiles.

* Operacións de mantemento preventivo e calibraxe dos equipamentos.

* Disfuncións e avarías máis asiduas dos elementos dos equipamentos: síntomas e principais causas.

Calidade do proceso da obtención da forma impresora.

* Anomalías e defectos nas formas: métodos de revisión e de verificación da calidade.

* Densitometría de reflexión e variación do punto.

* Imaxe no cilindro do fotogravado: criterios de calidade.

* Imaxe na forma flexográfica: criterios de calidade e control de distorsións.

* Imaxe na prancha offset: criterios de calidade.

* Imaxe na pantalla serigráfica: criterios de calidade e control de distorsións.

As especificacións do produto e a organización do proceso de montaxe e de obtención de formas impresoras.

* Especificacións do traballo: o boquexo e a maqueta, a ficha técnica e a orde de produción.

* Gamas e probas de textos e imaxes filmadas.

* Organización dos lugares de traballo do trazado, montaxe e obtención da forma impresora, disposición das máquinas, equipamentos e materiais.

* Secuencia de operacións do proceso de montaxe e obtención das formas impresoras: criterios de selección das operacións e dos materiais.

* Operacións de control no proceso: criterios de determinación.

* Normas de seguridade e ambientais: riscos e medidas de protección.

* Documentación técnica do proceso: manuais de procedementos, de calidade e de mantemento.

* Factores relacionados coa realización do proceso que inflúen no custo do produto: formas e criterios de óptimo rendemento.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de realización de problemas.

* Valoración da importancia da toma de decisións razoadas en caso de que existan inconcrecións na ficha técnica, discordancia entre prestacións do proceso e parámetros previstos á hora de detectar e corrixir anomalías e desviacións das formas impresoras, do proceso e dos equipamentos de traballo.

* Hábito de argumentación ou xustificación das decisións tomadas.

Execución sistemática da comprobación dos resultados.

* Sistematicidade na corrección dos erros e das imperfeccións no trazado, na montaxe e a na forma impresora.

* Autocorrección dos parámetros de preparación dos equipamentos e da obtención da forma impresora.

Óptimo rendemento do traballo.

* Interese pola valoración do custo dos materiais e dos tempos de realización necesarios para o óptimo rendemento do traballo.

* Valoración da importancia da eficacia na realización da montaxe e obtención da forma nas condicións de calidade establecidas, e tamén no mantemento operativo dos equipamentos de traballo.

* Hábito de argumentación do uso dos materiais, procedementos, útiles e equipamentos con criterios de calidade e seguridade.

Orde e método de traballo.

* Hábito de distribución do traballo e dos tempos para realizar as tarefas de trazado, montaxe e obtención da forma impresora, e de preparación dos equipamentos, dos materiais, dos produtos e do mantemento do primeiro nivel.

* Valoración da importancia da ordenación racional e prioritaria das accións que se deben realizar dentro de cada tarefa.

* Pulcritude na realización do trazado, a montaxe e a obtención e o acabado da forma impresora.

* Sistematicidade no procedemento de verificación dos parámetros de calidade.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Puntualidade na entrega dos traballos encomendados.

* Constancia na conservación dos materiais, as máquinas e os programas de montaxe.

* Hábito de cumprimento das normas e das recomendacións técnicas de calidade e seguridade á hora de operar no proceso de montaxe e obtención da forma impresora e no proceso de mantemento.

* Interese polo cumprimento dos termos fixados para o desenvolvemento dos traballos.

Participación e cooperación no traballo en equipo.

* Interese pola colaboración con outros compañeiros na realización de traballos conxuntos, na posta a punto das máquinas, na preparación e no control de produción, na limpeza e na realización do mantemento en xeral.

* Valoración da importancia da coordinación co responsable que orienta o traballo que se debe realizar, o control de resultados e a calidade.

Execución independente de traballo.

* Rigor no cumprimento do procedemento, as especificacións técnicas do proceso e as normas establecidas.

* Autosuficiencia na preparación dos materiais e dos equipamentos, na operación cos equipamentos, as técnicas e os programas informáticos de trazado, montaxe e obtención das formas impresoras, mantemento operativo e verificación da calidade dos resultados obtidos.

Mentalidade emprendedora nas tarefas e accións.

* Interese pola procura de novas actuacións para mellorar os métodos de traballo e a calidade das montaxes e das formas impresoras.

* Valoración da importancia de propor modificacións dos procedementos de preparación de materiais e máquinas, obtención de formas impresoras e control da súa calidade.

* Motivación para emprender novas accións que melloren a calidade, a rendibilidade e a fiabilidade do proceso de preimpresión.

Apertura ao ámbito profesional e á súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos e pola procura de información.

* Interese por asimilar novos métodos de traballo, tecnolóxicos e materiais.

* Espírito crítico ante a información e os cambios tecnolóxicos.

Adaptación ás novas situacións.

* Flexibilidade ante os cambios e as novas situacións que provocan os cambios tecnolóxicos.

* Resposta positiva ante os cambios e as innovacións tecnolóxicas.

* Integración ante as situacións novas.

Respecto pola saúde, o medio e a seguridade laboral.

* Hábito de cumprimento das normas de seguridade e normas internas de traballo do centro.

* Uso correcto dos produtos químicos, útiles, equipamentos e programas, respectando as normas de seguridade persoais, de equipamento e ambientais.

Valoración de resultados.

* Hábito de argumentar os resultados obtidos na aplicación dos procesos técnicos.

* Interrogación sobre os procesos seguidos.

* Compromiso de emitir xuízos na avaliación dos subprodutos.

* Sistematicidade na autoavaliación das tarefas realizadas individualmente nos aspectos de calidade do trazado, a montaxe, a forma impresora, os tempos, o proceso que se debe seguir e a adecuación das ferramentas, os útiles e os instrumentos empregados.

Calidade do traballo.

* Orde, precisión e seguridade na operación de axuste e calibraxe de equipamentos e programas.

* Valoración da importancia da precisión na realización do trazado e a montaxe.

* Interese pola procura da satisfacción dos requisitos establecidos.

3.2.5. Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 5: realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identificar a forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e as características da actividade económica da empresa.

* Determinar a localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estrutura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudo de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identificar os trámites administrativos e os requisitos formais que se exixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identificar as fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e as axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determinar as necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formalizar a documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Definir as obrigas mercantís, fiscais e laborais exixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identificar os impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplicar as técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identificar as ofertas de produtos ou servizos máis vantaxosas con relación ao prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describir as formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos exixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos asumibles, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferenzas respecto á duración do contrato, o tipo de xornada, as subvencións e as exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización dos seguintes documentos e explicación da finalidade de cada un deles: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de produtos ou servizos existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

Descrición dos obxectivos empresariais.

Estudo económico do mercado.

Selección da forma xurídica.

Determinación das xestións de constitución.

Xustificación da localización.

Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno.

* Estrutura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas.

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, sociedades mercantís e cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa.

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios e recursos alleos; subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal.

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa.

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, o beneficio e o prezo de venda.

Xestión comercial.

* Produto ou servizo: características e requisitos.

* Función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* Función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* Distribución do produto: canles e modalidades.

* Comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ao cliente e servizos posvenda.

Obrigas fiscais.

* Calendario fiscal.

* Principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estrutura organizativa e funcional.

* Rigor na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na procura e no tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na procura das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do produto ou servizo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 6: materias primas en artes gráficas.

Capacidades terminais elementais

* Identificar os tipos, as características variables, os atributos e as propiedades físico-químicas de soportes, formas, tintas e produtos químicos e auxiliares empregados nos procesos de preimpresión, impresión e postimpresión, a partir da información técnico-comercial, probas e ensaios ou observación.

* Relacionar os diversos materiais do proceso (tintas, papeis, formas, materiais sensibles, etc.) empregados en artes gráficas e a súa aplicación e requisitos de comportamento no proceso de preimpresión, impresión e postimpresión, coa tiraxe de produtos e os procedementos de recepción e inspección, cos procesos de reutilización e xestión de subprodutos e residuos, así como cos riscos e niveis de perigo da súa manipulación.

* Relacionar os materiais empregados nos procesos gráficos e os procedementos e condicións ambientais de seguridade requiridos para a conservación e a almacenaxe dos equipamentos e medios de carga, transporte e descarga de materiais utilizados nas empresas.

* Seleccionar os tipos e características dos materiais necesarios para unha produción dada, en función

dos estándares de calidade establecidos a partir de catálogos comerciais.

* Identificar os defectos e as alteracións máis comúns en soportes, tintas, formas impresoras e outros materiais do proceso gráfico, a partir da súa observación e análise.

* Verificar as características dos soportes e dos materiais preparados a partir dos valores e as tolerancias que se especifican nas pautas de inspección e de control.

* Relacionar as anomalías, os defectos e as alteracións dos materiais (tintas, papeis, formas, etc.) e a súa repercusión no proceso gráfico e na calidade final do produto, así como as causas tanto de materia como de manipulación e conservación, e as súas posibles accións correctivas.

* Interpretar os métodos e os procedementos de control dos materiais empregados en artes gráficas e os tipos de probas e de ensaios máis asiduos, a partir das normas estándares e manuais de calidade.

* Identificar a función e as características de funcionamento e aplicacións dos equipamentos e instrumentos máis significativos empregados na preparación e no acondicionamento das primeiras materias e na identificación e medida das propiedades e das características dos materiais, a partir dos manuais e da documentación dos fabricantes.

* Establecer os tipos, as proporcións e a orde de mestura das tintas e dos aditivos en función do ton e da radioloxía que se quere conseguir, do soporte que se debe imprimir, do proceso de impresión, da resistencia ou solidez do impreso necesaria e do produto gráfico que se quere obter, a partir de catálogos, especificacións técnico-comerciais e probas.

* Preparar fóra de máquina tintas e produtos de procesamento de maneira metódica, precisa e rigorosa, de acordo coa normativa de seguridade e ambiental, en función das especificacións establecidas.

* Comprobar o grao de semellanza dunha mostra de cor, respecto a unha carta de cor (pantone, etc.) ou ao orixinal, por comparación visual mediante equipamentos de medida da cor.

* Axustar e equilibrar os equipamentos, instrumentos e útiles de medida, de verificación e ensaio, de materias primas e materiais do proceso de xeito rigoroso, metódico e seguro, en función dos equipamentos de mostra e das características que se deben medir.

* Preparar mostras de materiais para o ensaio de xeito metódico e seguro, en función do tipo de ensaio ou proba do equipamento de control e das normas ou estándares establecidos.

* Medir prioridades e características significativas dos materiais e das condicións ambientais de xeito metódico, rigoroso, preciso e seguro, mediante o uso de aparellos e instrumentos de verificación e control.

* Formalizar a documentación técnica normalizada ou estandarizada relativa á recepción e ao control de calidade de materiais, co uso de termos e léxico adecuados.

* Tratar e presentar por procedementos estatísticos básicos e mediante táboas e formas gráficas datos obtidos de medidas e análise de propiedades, e características dos materiais en función dos valores representativos que se deben obter.

* Relacionar as primeiras materias e os materiais do proceso coa súa influencia no custo total dun produto e cos criterios e as formas de uso e manipulación para a súa redución ao mínimo.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Revisión da forma impresora.

* Interpretación dos requisitos de calidade.

* Selección dos procedementos, instrumentos e equipamentos de control e corrección.

* Identificación, polo método visual ou densitométrico das posibles anomalías ocasionadas por defectos de grafismo ou contragrafismo e posicionamento da forma impresora.

* Valoración da viabilidade dos retoques.

* Corrección dos defectos solucionables na forma impresora (fluxos, lixos, bordos de película, distorsións, desgastes, etc.).

* Avaliación do estado da forma de impresión.

Verificación e adecuación do soporte de impresión.

* Interpretación das especificacións requiridas a soporte e dos parámetros estándares.

* Interpretación das características contidas nas etiquetas técnico-comerciais.

* Selección dos procedementos, equipamentos, útiles e instrumentos de verificación e control.

* Medición das condicións ambientais de temperatura e humidade de almacenaxe.

* Comprobación do estado de humidade relativa e temperatura do interior do soporte.

* Comprobación das características ópticas, dimensionais, superficiais e físico-mecánicas.

* Identificación das posibles alteracións do soporte e das súas causas.

* Valoración da repercusión no proceso.

* Determinación das medidas correctoras de adecuación dos soportes (pilas, bobinas, etc.).

* Obtención do soporte en condicións de impresión.

Preparación de tintas.

* Interpretación das especificacións requiridas das tintas, os aditivos, etc.

* Identificación dos tipos de soporte que se deben imprimir, requisitos da cor, reoloxía, produto que se debe imprimir e sistemas de impresión.

* Establecemento de tipos, proporcións e nome comercial das tintas e dos aditivos.

* Establecemento da orde de mestura das tintas.

* Selección dos procedementos, equipamentos, útiles e instrumentos de preparación.

* Determinación das medidas de seguridade e protección persoal e ambiental.

* Preparación dos equipamentos.

* Medidas e cantidades unitarias.

* Control das mesturas das tintas.

* Realización dunha proba.

* Valoración do grao de semellanza entre a mostra de cor respecto ao pantone e a carta de cor establecida ou o orixinal.

* Detección das posibles variacións.

* Axuste das características da cor.

* Obtención da tinta de impresión coas características desexadas para a tiraxe.

Execución de ensaios de identificación de propiedades físico-químicas dos materiais.

* Identificación dos tipos de ensaio e dos valores representativos que se deben obter.

* Interpretación das normas, os estándares e a metodoloxía que se deben empregar.

* Organización das actividades para realizar.

* Extracción da mostra e preparación das probas.

* Adecuación dos aparellos de ensaio á mostra e valores que se deben obter.

* Realización do ensaio.

* Obtención e comprobación dos datos.

* Tratamento e presentación dos resultados.

Contidos conceptuais

Soporte para a impresión.

* Soportes de celulosa (papel, cartón, cartoné, etc.), soportes non celulósicos, complexos industriais e especiais: composición.

* Características estruturais, ópticas e mecánicas dos soportes.

* Probas de impresión dos soportes para o seu coñecemento: características de imprimibilidade.

* Criterios de selección dos soportes segundo o seu uso: denominación e formatos comerciais.

* Defectos e alteracións máis usuais e influencias no proceso.

* Acondicionamento, conservación, almacenaxe e manipulación de soportes: criterios e métodos.

Materiais para a preimpresión.

* Formas impresoras para flexografía, offset, fotogravado, serigrafía e especiais; partes e compoñentes: características e parámetros.

* Criterios de selección das formas segundo o seu uso.

* Defectos e problemas máis usuais nas formas impresoras, influencia no proceso e viabilidade no retoque.

* Películas fotográficas: tipos, características técnicas e aplicacións.

* Conservación, almacenaxe e manipulación dos materiais: criterios e métodos.

Produtos químicos de procesamento e conservación de materiais fotosensibles e de formas impresoras.

* Reveladores: tipos e características, reciclaxe e eliminación.

* Outros produtos para o procesamento.

* Emulsións para a sensibilización das formas impresoras serigráficas.

* Produtos para a conservación de formas impresoras, aplicacións e criterios de selección segundo o seu uso.

* Anomalías e alteracións máis usuais: influencia no proceso.

* Conservación, almacenaxe e manipulación dos produtos: criterios e métodos.

Tintas e produtos para a impresión.

* Proceso de obtención das tintas en fábrica.

* Proceso de obtención de cores pantone no taller.

* Composición e propiedades de tintas, pigmentos, aceites, resinas, disolventes e plastificados.

* Características e parámetros das tintas: reoloxías, mecánicas, ópticas e químicas.

* Clasificación das tintas.

* Mestura de tintas: proporcións e orde de mestura.

* Solucións de mollado para offset: composición, propiedades e características principais.

* Outros produtos para a impresión: aditivos para tintas, disolventes e limpadores.

* Anomalías máis usuais e influencia no proceso.

* Conservación, almacenaxe e manipulación dos produtos: criterios e métodos.

* Criterio de selección das tintas e produtos segundo o seu uso.

Materiais para a preimpresión.

* Materiais de cubrimento: tipos e características, formas comerciais.

* Colas, adhesivos e vernices de sobreimpresión.

* Materiais complementarios: películas de estampación, grampas, dourados, arame e outros.

* Aplicacións dos materiais e criterios de selección segundo o seu uso.

* Anomalías máis usuais e influencias no proceso.

* Acondicionamento, conservación, almacenaxe e manipulación dos produtos: criterios e métodos.

Calidade dos materiais.

* Normativas e estándares de calidade, plan de calidade e manual de calidade.

* Criterios para determinación da calidade necesaria e da calidade comercial. Criterios para a aplicación do plan de calidade.

* Criterios para a determinación de características variables e de atributos.

* Procesos de control da calidade dos materiais.

* Mostras, sistemas de mostraxe.

* Equipamentos, útiles e instrumentos de medida, verificación, ensaio, preparación e axuste.

* Métodos de ensaio e verificación.

* Presentación e tratamento dos datos. Documentación normalizada.

* Estatística básica aplicada ao tratamento de datos.

* Influencia dos materiais no custo dun produto: criterios de optimización.

Contidos actitudinais

Execución sistemática da comprobación dos resultados.

* Constancia ao detectar, corrixir e revisar os datos obtidos a partir da análise dos materiais do proceso gráfico.

* Sistematicidade na corrección e no arranxo dos erros detectados cando se realizan preparacións, análises ou ensaios de materiais con seguimento procedemental de aparellos ou de equipamentos de uso.

Orde e método de traballo.

* Hábito de distribución do traballo e dos tempos atendendo á documentación técnica.

* Método no procedemento de identificación e ensaio dos materiais de proceso, na preparación de materias e na obtención e presentación dos datos.

* Pulcritude nos traballos e na súa presentación, facendo unha verificación visual e sistemática dos resultados.

Execución independente do traballo.

* Rigor no cumprimento do método de ensaio e de preparación das materias e normas establecidas.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Constancia na conservación dos aparellos e equipamentos nas condicións operativas adecuadas.

* Interese polo aproveitamento racional dos tempos nas actividades asignadas.

* Hábito de cumprimento das normas e recomendacións para a seguridade persoal dos equipos e ambientais.

Mentalidade emprendedora nas tarefas e accións.

* Interese pola procura de novas aplicacións dos materiais estudados.

* Motivación para o coñecemento das características dos materiais empregados nos procesos gráficos e nas propiedades que interveñen no produto final.

* Interese por mellorar a adecuación dos materiais para a obtención do produto final.

Valoración dos resultados.

* Sistematicidade na autoavaliación do método seguido e fiabilidade dos resultados.

* Compromiso de emitir un xuízo ante dos resultados obtidos no ensaio, na análise ou na preparación.

3.3.2. Módulo profesional 7: procesos de artes gráficas.

Capacidades terminais elementais

* Relacionar os diversos tipos de organizacións produtivas do sector das artes gráficas coas diversas estruturas funcionais que se dan e coa tipoloxía de produtos que elaboren.

* Relacionar os diversos tipos de produtos gráficos máis significativos e as súas características formais, materiais e de calidade cos factores que inflúen na súa concepción e no seu deseño, así como as necesidades funcionais e técnicas que satisfagan.

* Identificar os tipos de produtos, a súa función, as características materiais e os parámetros definitorios de preimpresión, impresión e postimpresión, a partir da súa observación e análise.

* Relacionar os tipos de función do produto e a tiraxe cos criterios empregados na selección dos sistemas de preimpresión, impresión, encadernación e manipulados que se deben empregar.

* Seleccionar normas e estándares de calidade, así como métodos, procedementos, equipamentos e instrumentos necesarios para controlar a calidade de recepción, de fabricación e dos produtos de preimpresión, impresión, encadernación e manipulados, en función das características que se deban controlar do produto.

* Relacionar a precisión e fiabilidade na medida da cor coa luminosidade, as cores adxacentes, o soporte, o grao de secado, a filtración da tinta, a lisura, a brillantez e a brancura.

* Organizar, con criterios de eficacia, as actividades de traballo necesarias para controlar a calidade dos produtos intermedios e finais das fases da preimpresión, impresión e postimpresión do proceso gráfico, en función do tipo de produto e das especificacións e os procedementos de calidade establecidos.

* Calibrar os instrumentos de medida, control e ensaio de maneira rigorosa, metódica e segura, en función dos parámetros que se deban medir e das especificacións do fabricante.

* Medir parámetros de probas de preimpresión e de impresos de maneira metódica, rigorosa, precisa e segura mediante o uso de aparellos e instrumentos de verificación e control.

* Identificar os defectos máis comúns nos produtos dos procesos de preimpresión, impresión e postimpresión, a partir da súa observación e análise.

* Relacionar as anomalías ou defectos dos produtos do proceso de preimpresión, impresión e postimpresión coa súa repercusión nas fases posteriores do proceso gráfico e na calidade final do produto coas súas causas, tanto de materia como de proceso, e coas posibles accións correctoras para axustalo ás especificacións establecidas.

* Verificar o grao de adecuación dun produto gráfico ás especificacións establecidas sobre a base duns criterios de avaliación establecidos, e aos resultados de probas, controis e ensaios realizados.

* Formalizar a documentación técnica normalizada ou estandarizada relativa á recepción e ao control de calidade dos produtos intermedios e finais dos procesos de preimpresión, impresión e postimpresión, co uso dos termos e do léxico específicos.

* Tratar e presentar por procedementos estatísticos básicos, mediante táboas e formas gráficas, os datos obtidos de medidas e análises de parámetros e características dos produtos e dos procesos gráficos, en función dos valores representativos que se queren obter.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Análise dun produto gráfico.

* Selección de información técnica.

* Identificación das características funcionais e comunicativas.

* Identificación do formato, tipoloxía, cores e soportes.

* Identificación das características de encadernación e de acabados.

* Identificación dos sistemas de preimpresión, impresión e postimpresión empregados na obtención do produto gráfico.

* Análise das relacións funcionais e tecnolóxicas dos elementos que compoñen o produto gráfico.

* Identificación das características formais e técnicas de cada elemento.

Valoración de probas e produtos durante o proceso e ao final da preimpresión, impresión e postimpresión.

* Identificación dos obxectivos e criterios de avaliación.

* Interpretación das especificacións do produto gráfico predefinidas ou estándares de calidade.

* Identificación das características funcionais e comunicativas.

* Identificación dos sistemas de preimpresión, impresión e postimpresión empregados na obtención do produto gráfico.

* Selección do método, os equipamentos, os útiles e os instrumentos de análise e avaliación.

* Verificación da adecuación dos materiais e dos parámetros dimensionais.

* Determinación e adecuación das condicións de iluminación.

* Preparación dos equipamentos e instrumentos.

* Verificación das características de composición e compaxinación do produto.

* Verificación dos parámetros de impresión.

* Verificación dos parámetros de encadernación ou postimpresión.

* Detección e avaliación de posibles defectos ou desviacións respecto das especificacións.

* Determinación das posibles accións correctoras.

* Valoración global do produto respecto das especificacións ou estándares.

Medida da cor.

* Identificación e selección do espazo cromático.

* Selección dos instrumentos de medida da cor.

* Determinación e adecuación das condicións de iluminación e observación.

* Preparación e calibración dos instrumentos.

* Medición dos parámetros.

* Representación dos valores colorimétricos nos espazos cromáticos.

* Verificación das diferenzas da cor.

* Avaliación da reprodutividade da cor.

Contidos conceptuais

A industria gráfica.

* Características e estrutura do sector.

* Actividades.

* Estrutura funcional das empresas do sector.

* Estrutura do mercado das artes gráficas: relación entre as diferentes empresas.

Produtos gráficos.

* Produtos gráficos: clasificación, aplicacións e características formais, técnicas e de calidade do produto.

* Produtos de preimpresión: tipos, características técnicas e aplicacións.

* Produtos multimedia e de edición electrónica: tipos, características técnicas e ámbitos de aplicación.

* Produtos de impresión: tipos e características técnicas e aplicacións.

* Produtos de encadernación, de manipulados e doutros procesos de postimpresión: tipos, características técnicas e aplicacións.

* Confección e deseño de produtos gráficos: factores que inflúen e requisitos funcionais que satisfagan os diferentes produtos.

* Especificacións dun produto gráfico: orixinais, bosquexos e maquetas.

Procesos de preimpresión.

* Tipos de orixinais.

* Materiais fotosensibles.

* Tipos de tramas.

* Tratamento de textos e de imaxes: operacións e características do proceso, tipos de probas.

* Integración de textos e imaxes: operacións e características do proceso, filmación, imposición informatizada de páxinas e tipo de probas.

* Montaxe: operacións e características do proceso, probas de calidade da montaxe.

* Obtención da forma impresora: operacións e características do proceso, retoque dos diferentes sistemas de impresión.

* Equipamentos de preimpresión: tipos, funcións, prestacións, aplicacións e criterios de selección.

* Problemas máis habituais nos procesos de preimpresión e defectos nos produtos: causas e formas de corrixilos.

* Factores do proceso que inflúen no custo de produto.

Procesos de impresión.

* Sistemas offset, fotogravado, flexografía, serigrafía, tipo-offset, tampografía, electrografía e artesanais: principios, análise comparativa e criterios de utilización.

* Fases e parámetros máis relevantes dos procesos de impresión: elementos principais, prestacións das máquinas e criterios de selección.

* Materiais para cada sistema de impresión: formas, soportes e tintas.

* Problemas máis habituais na impresión offset, fotogravado, flexografía e serigrafía. Defectos nos produtos: causas e formas de os corrixir.

* Factores do proceso que inflúen no custo do produto.

Procesos de encadernación, manipulación e acabados.

* Acabados e manipulados na produción editorial.

* Operacións, características, materiais e parámetros máis relevantes nos diversos procesos de postimpresión.

* Equipamentos de encadernación, acabados e manipulados: elementos principais, prestacións das máquinas e criterios de selección.

* Problemas máis habituais na encadernación, nos acabados e nos manipulados. Defectos nos produtos: causas e formas de os corrixir.

* Factores do proceso que inflúen no custo do produto.

A cor e a súa medida.

* Natureza da luz.

* Teoría da cor: síntese aditiva e substractiva da cor.

* Modulación da cor.

* Clasificación da cor.

* Principios da separación cromática.

* Corrección, equilibrio e redución da cor.

* Colorimetría: espazo óptico, recepción da cor, técnicas e instrumentos da medida da cor (colorímetro e espectrofotómetro).

Calidade nos procesos gráficos.

* Proceso de control: función, tipos e aplicacións.

* Plan de calidade: manual de calidade e estándares de calidade.

* Calidade na recepción: proceso de control.

* Calidade dos produtos intermedios de preimpresión, impresión e postimpresión: tipos de controis e características variables e de atributo máis significativas que se deben medir.

* Influencia na impresión dos outros procesos gráficos: deseño, preimpresión, encadernación e acabados.

* Control do produto gráfico final: tipos de controis e características variables e de atributo máis significativas que se deben medir.

* Instrumentos, equipamentos e ensaios de verificación e control: axuste e calibraxe.

* Especificacións de calidade e tolerancias: pautas de inspección e control.

* Documentación do control de calidade.

* Estatística aplicada ao control de calidade.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de resolución de problemas.

* Valoración da importancia da toma de decisións razoadas á hora de identificar as causas dos defectos nos produtos gráficos.

* Hábito de argumentación das conclusións obtidas na verificación da calidade dos produtos.

Execución sistemática dos erros de medidas da cor e da verificación dos parámetros do produto.

* Autocorrección.

Orde e método de traballo.

* Sistematicidade no procedemento de análise e de avaliación dun produto gráfico e na identificación do seu proceso de fabricación.

* Interese pola valoración do factor tempo e dos custos de produción.

* Pulcritude nos traballos de verificación de parámetros.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Interese polo aproveitamento racional dos tempos nas actividades asignadas.

* Aceptación e utilización sistemática das normas tecnolóxicas e de seguridade.

* Valoración da importancia da normalización tecnolóxica.

Participación e cooperación no traballo de equipamento.

* Valoración positiva e participación no traballo de equipo.

Execución independente do traballo.

* Rigor no cumprimento do método de análise e verificación do produto gráfico.

Intercambio de ideas, opinións e experiencias.

* Apertura e receptividade ante os cambios e as tendencias do deseño gráfico.

* Expresión da opinión principal con respecto e tolerancia ante o grupo.

Creatividade.

* Motivación para o coñecemento das características do produto gráfico e a súa avaliación exhaustiva correspondente.

* Apreciación dos valores técnicos, estéticos e funcionais dun produto gráfico e do seu deseño.

* Sensibilidade polas variacións de calidade, cor, textura e acabado dos materiais que compoñen un produto gráfico.

Adaptación a novas situacións.

* Interese polos avances tecnolóxicos que se introducen tanto nos procesos como na maquinaria.

* Actitude positiva ante os cambios tecnolóxicos, organizativos e sociais que se introduzan no campo profesional.

* Curiosidade e respecto polos criterios e solucións adoptadas na definición dun produto.

Valoración de resultados.

* Sistematicidade na autoavaliación das tarefas realizadas individualmente no referente á calidade, ao proceso seguido, á información e á adecuación dos útiles e dos instrumentos empregados.

* Valoración e interese pola pulcritude e o traballo ben feito.

3.3.3. Módulo profesional 8: relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describir as diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instrucións e información.

* Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

* Analizar as relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou as relacións laborais en particular.

* Analizar os conflitos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

* Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos e/ou nunhas directrices predeterminadas.

* Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Impulsar o proceso de motivación e analizar a súa influencia no clima laboral.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

A comunicación na empresa.

* Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

* Utilización das diferentes xeitos e tipos de envío de información e documentación.

* Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

* Identificar as alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

Negociación e solución de problemas.

* Identificación dos problemas, os factores e as causas que xeran un conflito.

* Discriminar entre datos e opinións.

* Distinguir diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

* Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

Equipos de traballo.

* Procura e análise de información referida á formación e ao funcionamento de grupos.

* Identificación das pautas de conduta que deben adoptar os participantes dun grupo de traballo.

* Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

* Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

* Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Analizar a actitude humana ante o traballo.

* Detectar o proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación das diferenzas entre as principais teorías sobre a motivación.

* Distinguir os factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Técnicas de comunicación.

* Comunicación oral e escrita de instrucións.

* Mensaxe publicitaria.

* Comunicación como xeradora de comportamentos.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

Negociación e solución de problemas.

* Concepto e elementos dunha negociación.

* Tácticas negociadoras.

* Proceso de resolución de problemas.

* Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

Relacións humanas.

* Relacións humanas: personalidade, actitudes, prexuízos e solidariedade.

* Relacións laborais: teoría de Taylor, Ford e Mayo.

* Relacións humanas na empresa.

Equipos de traballo.

* Características dos grupos formais e informais.

* Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

* Papeis dos comportamentos.

* Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* Reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto de motivación.

* Principais teorías da motivación.

* Clima laboral e a súa influencia na produtividade da empresa.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Valoración da efectividade da comunicación.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Capacidade para escoitar.

* Disposición a falar en público.

* Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

Negociación e solución de problemas.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Comportamento de maneira responsable e coherente.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

Equipamentos de traballo.

* Recoñecer as vantaxes do traballo en grupo fronte ao individual.

* Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Fomento do uso de reunións participativas.

Motivación no contorno laboral.

* Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Interese pola problemática que pode suscitar a falta de motivación e interese no traballo.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración 380 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1Preparar textos orixinais.* Interpreta as características dimensionais, tipográficas e de composición dun texto da maqueta ou folla de estilo.
* Selecciona as unidades e os sistemas de medidas para utilizar.
* Crea ou adapta a folla de estilo.
* Marca o orixinal.

2Realizar a composición de textos.* Interpreta as especificacións da maqueta e do orixinal marcado.
* Prepara os equipamentos, programas e materiais necesarios para a composición dos textos.
* Introduce o texto no sistema informático, mediante o picado, a importación ou un sistema de recoñecemento de caracteres.
* Comproba con criterios ortotipográficos o texto introducido.
* Crea a folla de estilo informático.
* Trata o texto tipograficamente de xeito directo ou mediante a folla de estilo informático.
* Comproba sobre o monitor o tratamento realizado.
* Almacena informaticamente o texto.

3Compaxinar dixitalmente textos.* Interpreta as especificacións da maqueta do orixinal marcado.
* Prepara os equipamentos, programas e materiais necesarios para a compaxinación dos textos.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Importa informaticamente os textos.
* Crea a folla de estilo informática.
* Aplica as características tipográficas do estilo que predomine por medio das follas de estilo informáticas.
* Aplica as características tipográficas dos outros estilos por medio das follas de estilo informático.
* Aplica as características tipográficas dos outros textos non suxeitos á folla de estilo.
* Comproba sobre o monitor os textos compaxinados.

4Corrixir probas de composición e compaxinación de textos.* Pon en marcha o equipamento e o programa.

* Obtén probas por medio de procedementos informáticos.

* Interpreta o texto orixinal e as especificacións de composición.
* Revisa ortograficamente e tipograficamente as probas e marca as erratas cos signos e marcas de corrección establecidos.
* Corrixe o texto informaticamente.
* Comproba o traballo realizado.
* Prepara as probas corrixidas para a revisión do cliente.

5Tratar imaxes.* Revisa e prepara imaxes orixinais para a súa reprodución e o seu tratamento.
* Interpreta as características dimensionais e tonais das imaxes que se deben tratar e das especificacións de reprodución e tratamento establecidos.
* Calcula as medidas de reprodución, factor de reprodución e medidas de encadramento.
* Encadra ou acouta a imaxe segundo criterios estéticos.
* Identifica e indica os defectos das imaxes orixinais (retallos, pregamentos, sucidade, etc.).
* Identifica e indica as zonas de referencia de Dm e DM.
* Prepara o densitómetro.
* Indica os valores de densidade representativos.
* Analiza visualmente os dominantes de cor en imaxes policromáticas.
* Identifica e protexe a imaxe orixinal.

6Dixitalizar imaxes mediante escáner.* Identifica as características dimensionais e tonais da imaxe orixinal e os parámetros de dixitalización.
* Selecciona o método de traballo, instrumentos, equipamentos e normas de seguridade para a dixitalización.
* Prepara equipamentos, programas, materiais e ferramentas para a dixitalización de imaxes.
* Dispón a imaxe ou as imaxes no dispositivo de dixitalización.
* Introduce parámetros de predixitalización e obtén unha imaxe previa.
* Encadra dixitalmente a imaxe.
* Introduce os parámetros para a dixitalización e obtén a imaxe.
* Comproba as imaxes dixitalizadas.
* Selecciona o formato informático de almacenamento da imaxe dixital.

7Introducir imaxes dixitais no sistema informático mediante cámara dixital, cámara de vídeo ou reprodutor de vídeo.* Identifica as características da imaxe orixinal.

* Interpreta as especificacións de calidade da imaxe que se queira obter.

* Selecciona o método de traballo, os materiais e as medidas de seguridade que se deben seguir.

* Prepara os equipamentos, os programas, os materiais e as ferramentas para a dixitalización de imaxes.
* Introduce os parámetros de precaptación e realización da captura.
* Encadra a imaxe.
* Introduce os parámetros de dixitalización.
* Verifica as imaxes capturadas.
* Selecciona o formato informático de almacenaxe e almacena a imaxe dixital.

8Reproducir imaxes mediante técnicas fotográficas monocromas.* Identifica as características dimensionais e de calidade da imaxe orixinal e os parámetros de reprodución.
* Selecciona o método de traballo, os instrumentos, os equipamentos e as normas de seguridade para a reprodución.
* Determina os parámetros de exposición e procesamento.
* Prepara os equipamentos reprofotográficos e de procesamento, os materiais e as ferramentas para a reprodución de imaxes.
* Adapta as condicións de iluminación do local.
* Expón e procesa o material fotosensible.
* Comproba o fotolito respecto aos requisitos de calidade.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Retoca, de cumprir, o fotolito.
* Identifica e protexe o fotolito e a imaxe orixinal.

9Tratar imaxes dixitais.* Identifica as características dimensionais e tonais da imaxe orixinal e os parámetros de tratamento.
* Selecciona o método de traballo, os sistemas informáticos e as normas de seguridade para o tratamento.
* Prepara os equipamentos, os programas, os materiais e as ferramentas para o tratamento de imaxes.
* Importa a imaxe que se debe tratar.
* Determina o grao de tratamento necesario da imaxe dixital.
* Selecciona o modelo de cor máis apropiado para o tratamento.

* Selecciona as ferramentas informáticas do menú de tratamento.

* Trata a imaxe: variacións dimensionais, tonais, aplicacións de filtros, baralla de imaxes, etc.
* Comproba na pantalla as imaxes tratadas.
* Selecciona os parámetros de reprodución de acordo co uso e o proceso posterior da imaxe.
* Adapta o formato informático de almacenaxe ou de exportación ao proceso posterior.
* Obtén probas dixitais.
* Almacena a imaxe dixital.

10Obter fotolitos mediante a filmación.* Identifica o formato de filmación e os requisitos de calidade.
* Selecciona o sistema de traballo, sistema de filmación (filmadora, RIP e sistema informático) e de procesamento, materiais e normas de seguridade.
* Importa a imaxe.
* Comproba os parámetros de reprodución.
* Establece os parámetros de filmación e procesamento.
* Prepara os equipamentos de filmación e procesamento.
* Introduce os parámetros de filmación por medio de procedementos informáticos ou manuais e filma.
* Regula os parámetros do procesamento.
* Procesa o material fotosensible.
* Comproba o fotolito respecto aos requisitos de calidade.
* Retoca, de cumprir, o fotolito.
* Identifica e protexe o fotolito e a imaxe orixinal.

11Valorar probas de imaxes.* Identifica as especificacións de reprodución e tratamento requiridas.
* Identifica o tipo de proba obtida: fotoquímica, dixital ou de impresión.
* Selecciona o método de valoración e os útiles e instrumentos.
* Comproba as características da proba respecto do orixinal, patróns ou especificacións do tratamento.
* Detecta posibles desviacións ou fallos e as súas posibles causas.
* Determina as posibles correccións que se deban realizar.

12Manter os equipamentos de captación, dixitalización, reprodución e tratamento de imaxes.* Selecciona e analiza a información técnica dos equipamentos e do seu mantemento.

* Segue as normas de seguridade.

* Inspecciona os equipamentos.

* Detecta as disfuncións básicas.
* Limpa, calibra, axusta e rexera os produtos de procesamento.
* Verifica a funcionalidade, o seguridade e o cumprimento das normas e das especificacións.

13Crear páxinas mestras.* Identifica as medidas e a distribución establecidas no deseño ou na maqueta.
* Define o formato da páxina.
* Define as marxes, columnas, regras e guías.
* Crea e importa os elementos repetitivos do impreso nas páxinas mestras.
* Comproba as páxinas mestras.

14Compaxinar dixitalmente.* Importa informaticamente os textos.
* Introduce os textos que falten.
* Crea a folla de estilo informática.
* Aplica as características tipográficas do estilo predominante por medio das follas de estilo informáticas.
* Aplica as características tipográficas doutros estilos por medio das follas de estilo informáticas.
* Aplica as características tipográficas doutros textos non suxeitos á folla de estilo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Comproba sobre o monitor os textos compaxinados.
* Crea elementos gráficos.
* Importa imaxes por medio de procedementos informáticos.
* Axusta dimensionalmente a imaxe.
* Axusta o encadramento da imaxe.
* Comproba as imaxes e os elementos gráficos, así como a súa relación co texto.

15Corrixir probas informáticas.* Obtén probas informáticas.
* Revisa visualmente as proba.
* Marca probas por medio de signos de corrección establecidos.
* Realiza correccións por procedementos informáticos.
* Comproba o traballo realizado.

16Filmar páxinas acabadas.* Selecciona o método de traballo, sistema de filmación (filmadora, RIP e sistema informático) e de procesamento, materiais e normas de seguridade.
* Importa imaxes.
* Comproba parámetros de reprodución.
* Establece parámetros de filmación e procesamento.
* Calibra equipamentos de filmación e procesamento.
* Prepara equipamentos de filmación e de procesamento.
* Introduce parámetros de filmación por medio de procesamentos informáticos ou manuais e filma.
* Regula os parámetros de procesamento.
* Procesa o material fotosensible.
* Mantén activos os produtos químicos (revelador, fixador, etc.).
* Comproba o fotolito respecto dos requisitos de calidade e retoca, de cumprir, o fotolito.
* Identifica e protexe o fotolito e a imaxe orixinal.

17Obter e corrixir probas químicas.* Revisa os fotolitos.

* Aplica material sensible sobre o soporte da proba.

* Insola fotolitos sobre o soporte e material sensible.
* Aplícalle cor ao soporte.
* Marca posibles fallos observados nas probas por medio de signos de corrección establecidos.
* Realiza correccións por medio de procedementos informáticos.

18Manter os equipamentos de integración de textos e imaxes, filmación e obtención de probas.* Selecciona a información técnica dos equipamentos e do mantemento.

* Segue as normas de seguridade.

* Inspecciona os equipamentos.

* Detecta disfuncións.
* Limpa, calibra, axusta, etc.
* Verifica a funcionalidade, seguridade e cumprimento de normas e especificacións.

19Realizar trazados.* Interpreta as maquetas e as especificacións dos materiais e do proceso gráfico.
* Selecciona o procedemento do trazado.
* Selecciona as ferramentas, útiles, materiais, equipamentos e programas que se deben empregar.
* Distribúe os espazos e debuxa as liñas, cruces e outros elementos do prego.

20Compaxinar e premontar de forma manual.* Interpreta a maqueta.

* Selecciona os fotolitos dos textos e ilustracións.

* Verifica as películas que se deben montar ou impor.
* Compaxina a páxina.
* Premonta os fotolitos de cada cor por separado.
* Comproba a compaxinación ou premontaxe.

21Montar de forma manual ou informática.* Interpreta as especificacións da maqueta e do trazado.
* Selecciona os medios de traballo e materiais para a montaxe.
* Determina as medidas de seguridade e protección.
* Selecciona os fotolitos das páxinas ou arquivos das páxinas.
* Revisa astralóns, fotolitos, trazado e arquivos.
* Casa as páxinas.
* Coloca o trazado e o astralón, na mesa luminosa ou na pantalla.
* Aplica as cruces de rexistro e tiras de control de exposición e impresión.
* Coloca as páxinas nos lugares apropiados.
* Revisa a montaxe.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

23Realizar probas de montaxe.* Identifica as características da montaxe.
* Selecciona os medios de traballo e materiais para a proba.
* Determina as medidas de seguridade e protección.
* Plastifica o soporte da proba previa.
* Determina os parámetros de exposición.
* Controla a exposición da luz do soporte e da montaxe.
* Aplícalle cor ao soporte.
* Revisa a proba.

24Obter formas impresoras en offset, convencionalmente ou electronicamente.* Interpreta as especificacións do proceso e da calidade.

* Selecciona o procedemento do procesamento.

* Selecciona útiles, forma, produtos e equipamentos para empregar.
* Establece os parámetros de exposición.

* Prepara e regula o equipamento de insolación.

* Controla o proceso de insolación.
* Prepara os produtos e o equipamento de revelado.
* Controla o proceso de revelado da emulsión da prancha positiva e negativa.
* Verifica a imaxe na prancha e retoca, de ser preciso.
* Engoma.
* Prepara o forno de termoendurecemento.
* Observa as medidas de seguridade e protección.
* Segue os procedementos establecidos.

25Obter formas impresoras en fotogravado convencional e electrónico.* Interpreta as especificacións do proceso e de calidade.

* Identifica a sensibilidade dos tipos de trama e tamaño da forma.

* Selecciona o procedemento do procesamento.
* Selecciona os útiles, papel pigmento, produtos químicos e equipamentos que se deban empregar.
* Establece os parámetros de exposición.
* Prepara e regula o equipamento de insolación.
* Controla o proceso de insolación.
* Prepara os produtos e o equipamento de revelado.
* Controla o proceso de revelado da emulsión do papel pigmento.
* Verifica a imaxe no cilindro e retoca, de cumprir.
* Controla os baños, o gravado e o acabado do cilindro.
* Observa as medidas de seguridade e protección.
* Segue os procedementos establecidos.

26Obter formas impresoras en flexografía convencionalmente ou electronicamente.* Interpreta as especificacións do proceso e da calidade.

* Identifica a forma tipográfica e os tipos de baquelita.

* Selecciona os útiles e equipamentos que se deben utilizar.
* Realiza a forma plana en relevo tipográfico.
* Grava en quente a baquelita.
* Verifica a imaxe na goma e retoca, de cumprir.
* Observa as medidas de seguridade e protección.
* Segue os procedementos establecidos.

27Obter formas impresoras de flexografía de fotopolímero convencional e electronicamente.* Interpreta as especificacións do proceso e da súa calidade.

* Identifica a sensibilidade dos tipos de trama e o tamaño da forma.

* Selecciona o procedemento do procesamento.
* Selecciona os útiles, a goma, os produtos químicos e os equipamentos para utilizar.
* Establece os parámetros de exposición.
* Prepara e regula o equipamento de insolación.
* Controla o proceso de insolación da goma.
* Prepara os produtos e os equipamentos de revelado.
* Controla o proceso de revelado da goma.
* Verifica a imaxe da goma e retoca, de cumprir.
* Observa as medidas de seguridade e protección.
* Segue os procedementos establecidos.

28Obter formas impresoras de serigrafía, convencionalmente e electronicamente.* Interpreta as especificacións do proceso e de calidade.

* Identifica a sensibilidade dos tipos de trama e o tamaño da forma.

* Selecciona o procedemento do procesamento.
* Selecciona os útiles, a pantalla, os produtos químicos e os equipamentos que se deben utilizar.
* Determina as medidas de seguridade e protección.
* Prepara e regula o equipamento de insolación.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Aplícalle a emulsión á pantalla.
* Prepara os produtos e os equipamentos de revelado.
* Controla o proceso de revelado da pantalla.
* Verifica a imaxe da pantalla e retoca, de cumprir.
* Observa as medidas de seguridade e protección.
* Segue o procedemento establecido.

29Acabar formas impresoras.* Interpreta as especificacións de calidade e do proceso de impresión.
* Identifica a forma.
* Revisa a superficie e posicionamento da imaxe na forma impresora.
* Comproba a transferencia dos valores tonais, latitude de exposición, resolución e diagrama de insolación.
* Comproba o contacto e os bordos entre o soporte transmisor e o receptor.
* Selecciona os produtos químicos.
* Retoca os defectos.
* Avalía a calidade da forma impresora.
* Observa as medidas de seguridade.
* Segue os procedementos establecidos.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analizar as actuacións para seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Analizar a evolución socio-económica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción socio-laboral.

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción socio-laboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso da procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socio-económica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socio-culturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de preimpresión en artes gráficas.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Tratamento de textosProdución en artes gráficasProfesorado técnico de FP.

2Tratamento de imaxesProdución en artes gráficas

Técnicas e procedementos de imaxe e son

Profesorado técnico de FP.

Profesorado técnico de FP.

3Ensamblaxe e filmación de texto e imaxesProdución en artes gráficasProfesorado técnico de FP.

4Montaxe e obtención da forma impresoraProdución en artes gráficasProfesorado técnico de FP.

5Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

6Materias primas en artes gráficasProcesos e produtos en artes gráficasProfesorado de ensino secundario

7Procesos en artes gráficasProcesos e produtos en artes gráficasProfesorado de ensino secundario

8Relacións no equipo de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

9Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais, e diplomatura en xestión e Administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulaciones homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos e produtos en artes gráficas-Enxeñaría técnica en deseño industrial.-Enxeñaría técnica forestal (especialidade en industrias forestais).-Enxeñaría técnica industrial (especialidade en química industrial).

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais.-Diplomatura en relacións laborais.-Diplomatura en traballo social.-Diplomatura en educación social.-Diplomatura en xestión e administración pública.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado técnico de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Produción en artes gráficas-Técnico superior en produción en industrias de artes gráficas

4.2. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de preimpresión

en artes gráficas require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m15%

Laboratorio de ensaios60 m60 m15%

Taller de preimpresión240 m180 m70%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderanse realizar en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Tratamento de textos.

* Tratamento de imaxes.

* Ensamblaxe e filmación de textos e imaxes.

* Montaxe e obtención da forma impresora.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Tratamento de textos.

* Tratamento de imaxes.

* Ensamblaxe e filmación de textos e imaxes.

* Montaxe e obtención da forma impresora.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.3.3. Modalidades do bacharelato ás que da acceso.

* Tecnoloxía.

* Artes.

4.4. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

240Tratamento de textos

400Tratamento de imaxes

130Procesos de artes gráficas

55Relacións no equipo de traballo

55Formación e orientación laboral

4º e 5º trimestre

345Ensamblaxe e filmación de textos e imaxes

105Montaxe e obtención da forma impresora

130Materias primas en artes gráficas

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

6º trimestre

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.