DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2005 Páx. 837

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 10 de xaneiro de 2005 pola que se dispón o cumprimento da sentenza 551/2004, do 24 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anula a disposición adicional segunda do Regulamento de máquinas recreativas e de azar, aprobado polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza con data do 24 de xuño de 2004, no recurso contencioso-administrativo número 02/0004171/2001, interposto por José Rodríguez Fariñas contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a desestimación por silencio da solicitude de obtención de guía de circulación e autorización de explotación de máquinas tipo B.

En consecuencia, esta consellaría, de acordo co previsto nos artigos 118 da Constitución española, 17 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, así como no artigo 107 da vixente Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dispón a publicación da decisión no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento e cumprimento nos seus mesmos termos.

A parta dispositiva da devandita sentenza do 24 de xuño de 2004, contén o seguinte pronunciamento:

Decidimos: estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por José Rodríguez Fariñas, contra a desestimación presunta da Consellaría de Xustiza, Interior e Administración Local do recurso de alzada contra a desestimación por silencio de solicitude para obtención de guías de circulación e autorizacións de explotación de máquinas recreativas e de azar tipo B, anulamos a disposición adicional segunda do Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar e condenamos a Administración demandada a que proceda de acordo co establecido no fundamento xurídico segundo desta sentenza. Non se fai imposición de custas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2005.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA