DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2005 Páx. 629

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 257/2004, do 29 de outubro, sobre réxime xurídico das vivendas de promoción pública, locais de negocio e solo de promoción pública.

Advertidos erros no Decreto 257/2004, do 29 de outubro, sobre réxime xurídico das vivendas de promoción pública, locais de negocio e solo de promoción pública, publicado no Diario Oficial de Galicia número 221, do 12 de novembro de 2004, procédese a efectuar as oportunas rectificacións:

Na páxina 15.463, no artigo 4º, punto 1, na segunda liña, onde di: «ser de titularidade ou uso de persoas físicas», debe dicir: «ser de titularidade e uso de persoas físicas».

Na páxina 15.464, no artigo 4º, punto 2, primeira liña, onde di: «Destinaranse, en todo caso, o domicilio habitual», debe dicir: «Destinaranse, en todo caso, a domicilio habitual».

Na páxina 15.464, no artigo 13º, punto 2, no parágrafo quinto, terceira liña, onde di: «Consellería de Servizos Sociais», debe dicir: «Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais».

Na páxina 15.465, no artigo 14º.I.3, no apartado onde di: «4», debe dicir: «c)» e na terceira liña do mesmo, onde di: «no prazo dun ano», debe dicir: «no prazo de seis meses». No apartado onde di: «5», debe dicir: «4».

Na páxina 15.466, no artigo 19º, segundo parágrafo, onde di: «módulo: 1,25% do prezo básico», debe dicir: «módulo: 125% do prezo básico» e, onde di: «modulo: 1,125% do prezo básico», debe dicir: «módulo: 112,5% do prezo básico».

Na páxina 15.467, no artigo 20º, punto 1, liña duodécima, onde di: «non poderá exceder o 60%», debe dicir: «non poderá exceder do 60%» e, no punto 2, quinta liña, onde di: «ata un 1,2%», debe dicir: «ata un 120%».

Na páxina 15.469, no artigo 28º, parágrafo terceiro, liña primeira, onde di: «núcleo histórico», debe dicir: «casco histórico». No artigo 30º, punto 2, ao referirse á «Zona 1ª», onde di: «Núcleos históricos: 1,56 veces o prezo básico», debe dicir: «Cascos históricos: 156% do prezo básico» e onde di: «Núcleos rurais: 1,25 veces o prezo básico», debe dicir: «Núcleos rurais: 125% do prezo básico». Ao referirse á «Zona 2ª», onde di: «Núcleos históricos: 1,40 veces o prezo básico», debe dicir: «Cascos históricos: 140% do prezo básico» e onde di: «Núcleos

rurais: 1,125 veces o prezo básico», debe dicir: «Núcleos rurais: 112,5% do prezo básico». No mesmo artigo 30º, punto 5, liña primeira, onde di: «núcleos históricos», debe dicir: «cascos históricos».

Na páxina 15.472, no artigo 37º, punto 3, letra c), parágrafo cuarto, liña primeira, onde di: «Documentación acreditativa de non atoparse», debe dicir: «Documentación acreditativa de atoparse».

Na páxina 15.475, no artigo 46º, punto 2, liña segunda, onde di: «núcleo histórico», debe dicir: «casco histórico».

Na páxina 15.477, no artigo 60º, punto 2, onde di: «O prezo de venda será o que resulte», debe dicir: «O prezo de venda, que se aboará ao contado, será o que resulte».

Na páxina 15.478, no artigo 68º, punto 1, d), onde di: «Cando sexan obxecto de permuta», debe dicir: «Cando sexan obxecto de permuta ou, con anterioridade a esta disposición, se cederan en aluguer».

Na páxina 15.482, no artigo 96º, punto 2, liña cuarta, onde di: «lodo de depósito», debe dicir: «logo do depósito».

Na páxina 15.483, na disposición adicional segunda, punto 1, liña sétima, onde di: «ao 90% do módulo», debe dicir: «ao 100% do módulo» e, na disposición adicional terceira, no punto 2, liña segunda, onde di: «núcleo histórico» debe dicir: «casco histórico».

Na páxina 15.484, no anexo titulado Baremo de adxudicación de vivendas de promoción pública, punto 1, letra a.2, liña terceira, onde di: «superior ao 35%», debe dicir: «superior ao 33%» e na letra b.2, parágrafo segundo, onde di: «Unidades con ingresos de máis de dous perceptores: 0,95», debe dicir: «Unidades con ingresos de dous perceptores: 0,95».

Na páxina 15.485, no anexo titulado Baremo de adxudicación de vivendas de promoción pública, punto 1, letra b.2, parágrafo terceiro, onde di: «Unidades con ingresos de máis de tres: 0,90», debe dicir: «Unidades con ingresos de tres ou máis perceptores: 0,90». Na mesma páxina, na letra d.5, liña segunda, onde di: «sempre que a súa vivenda sexa igual ou superior ao 30%», debe dicir: «sempre que a súa renda sexa igual ou superior ao 30%» e, na letra d.6 na liña quinta, onde se pon un punto e á parte deben porse dous puntos e á parte. Na mesma páxina, no punto 1 de Notas, na liña segunda, onde di: «letras d) e e)», debe dicir: «letras c) e d)».

Advertidos erros correspondentes aos modelos de solicitude OT450A, OT409A e 0T409B, que se inclúen como anexo do decreto indicado, cómpre a súa publicación de novo coas correccións efectuadas.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO