DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2005 Páx. 555

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 30 de decembro de 2004 pola que se regulan os programas de axudas e subvencións para a promoción asistencial, social, cultural e informativa das comunidades de galegos no exterior para o exercicio 2005.

A Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, evoca o espírito asociativo e solidario dos galegos que os levou a constituír fóra de Galicia auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comuñón coa súa terra de orixe. A comunidade galega está presente desta forma non só nas catro provincias que constitúen a autonomía, senón tamén na Galicia da emigración, e nun terceiro espazo intanxible que comunica estes dous mundos galaicos que xa se deu en denominar a Galicia Universal.

A máis que destacada presenza no exterior destas comunidades galegas tradúcese nunha importantísima achega dos naturais de Galicia e os seus descendentes a todas aquelas sociedades en que se instalaron, achegando como case ningún outro colectivo no mundo o seu traballo e a súa capacidade para o mellor desenvolvemento das máis diversas áreas de actuación asociativa nos campos asistencial, sanitario, formativo, recreativo e cultural.

As colectividades, asociacións, centros e agrupacións constituídas e mantidas polos galegos nos cinco continentes continúan sendo un elemento imprescindible para a cohesión dos galegos no exterior, para a súa achega beneficiosa ás comunidades e países que os acollen e, en fin, para a súa efectiva participación na vida social e cultural de Galicia.

Nos últimos anos as comunidades galegas no exterior están fortalecendo a vitalidade dos centros prestixiando as súas actividades e definindo tamén a súa vocación de participar dun xeito integral na sociedade do seu contorno.

O obxetivo conxunto das institucións de que se dotou Galicia, e das propias comunidades galegas, pasa por fortalecer a nosa actual presenza no exterior

para alcanzar un maior prestixio dos galegos e a máis expresiva proxección de Galicia, de modo que se facilite un mellor coñecemento da nosa realidade cultural e social e das capacidades tan identificadoras das nosas xentes e institucións.

Por outra parte, a pluralidade de situacións que se presentan no campo asistencial, nos distintos países e comunidades que contan cun importante colectivo de galegos de avanzada idade, exixe medidas para casos concretos e determina unha programación que deberá coidar detalladamente ese tipo de cobertura e a súa aplicación, tendo en conta, en todo momento, a cobertura que debe prestar o Goberno do Estado aos españois residentes no exterior.

É necesario afondar nesa idea de colaboración establecida coas nosas entidades galegas no exterior, que tan importante papel desempeñan na asistencia social, principalmente en aspectos sanitarios para os máis necesitados. Será preciso, así mesmo, un incremento na atención a estes colectivos de galegos de maior idade que, en situacións de crises profundas, teñen dificultades para garantir a súa cobertura asistencial ou o pagamento dos servizos básicos para a súa subsistencia.

Moitas actividades de natureza cultural ou asociativa son organizadas directamente polos centros, ben para cada un deles ou ben abertas á participación cos demais; todas elas deben recibir o apoio da consellería. De especial significación para as nosas comunidades son aquelas accións culturais que intentan manter vivas as formas e tradicións culturais de Galicia, a súa potenciación e a proxección dunha expresividade propia, da que todos poden participar.

Os programas de natureza formativa afondan no camiño citado, obrigándonos a dar respostas positivas que aseguren a máis ampla participación e integración da xuventude na vida asociativa das nosas comunidades.

A programación xeral de cursos, seminarios ou obradoiros debe ser amparada coa configuración de servizos permanentes naqueles centros, zonas ou áreas en que a capacidade de actuación da nosa comunidade o permita, propiciando unha maior promoción das accións formativas e informativas dirixidas aos mozos descendentes de galegos, xa que estas favorecen a renovación e continuidade dos nosos centros, asegurando unha opción de futuro. Neste sentido, ten unha especial incidencia a posta en funcionamento de aulas abertas e permanentes de formación e cultura de Galicia, e o mantemento das existentes, garantindo así un proxecto integral de extensión cultural e de formación nas distintas especialidades e materias educativas.

En xeral, establécense distintas accións encamiñadas a facer efectivo o dereito das comunidades galegas a participaren na vida cultural de Galicia, deseñadas en sintonía coas demandas e inquietudes manifestadas polo Consello de Comunidades Galegas como órgano representativo destas, impulsando a difusión das súas actividades e das que se programan

desde Galicia para elas e para todos os galegos do exterior.

Finalmente, trátase tamén de potenciar a difusión da cultura e a realidade de Galicia no exterior, a través das diferentes formas e canles de comunicación.

Por todo o exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Programa de axudas a entidades galegas no

exterior para a prestación de servizos

asistenciais en favor dos emigrantes galegos

Capítulo I

Obxecto e finalidade das axudas

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto deste programa é facilitar o acceso a servizos sanitarios, asistenciais ou residenciais, dos emigrantes de orixe galega que o necesiten e carezan da correspondente cobertura e de medios económicos suficientes para afrontar o seu custo, mediante a concesión de subvencións a entidades que presten tales servizos para sufragar en todo ou en parte o gasto que deles se derive.

Artigo 2º.-Finalidade das axudas.

De acordo co obxecto do programa estas axudas están dirixidas a:

1. Solventar as cotas ou achegas de persoas de orixe ou ascendencia galega en situación de paro, xubilación con mínimos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección que, doutro xeito, non terían acceso á cobertura sanitaria ou asistencial que prestan determinadas entidades galegas do exterior.

2. Contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento de fogares diúrnos dependentes de entidades galegas do exterior. Por fogares diúrnos entenderanse os lugares onde as persoas maiores poden realizar actividades lúdicas, recreativas ou de terapia ocupacional, que desenvolvan a súa psicomotricidade coa finalidade de aumentar a calidade de vida, permitíndolles avellentar no seu medio, permanecendo no seu fogar, ou ben lugares que dispoñan dun servizo de comedor en que poidan recibir o xantar de mediodía a un prezo módico e outras prestacións de tipo socio-asistencial en calquera das súas diversas modalidades.

3. Contribuír ao financiamento do gasto derivado de servizos de acollida en vivendas compartidas, asistencia domiciliaria ou programas extraordinarios de protección social-asistencial aos emigrantes galegos, que presten as entidades galegas.

4. Colaborar no gasto que as entidades galegas destinen a comida e/ou transporte de familiares directos dos asociados, cando estes residan en cen

tros asistenciais, co fin de posibilitar o contacto diario entre eles.

5. Colaborar no gasto que as entidades galegas destinen á prestación de atencións diversas ante situacións de emerxencia aos transeúntes galegos que se achegan a estes centros en demanda de asistencia.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a condición de centro colaborador, así como calquera outra que preste servizos de carácter asistencial aos emigrantes galegos carenciados a través de residencias para maiores, centros hospitalarios, programas específicos de beneficencia ou atención a transeúntes de orixe galega.

Capítulo II

Competencia e procedemento

Artigo 4º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro desta orde correspóndelle ao conselleiro de Emigración.

Artigo 5º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente, en concreto á Consellería de Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. O prazo ordinario de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2005.

Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actuacións que por causas sobrevidas non puidesen preverse antes do 28 de febreiro de 2005, sempre que exista crédito suficiente na aplicación orzamentaria destinada a estes fins.

Artigo 6º.-Documentación.

As entidades interesadas en concorrer ás axudas e subvencións obxecto deste programa deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo I desta orde, subscrita polas persoas que teñan a representación legal da entidade solicitante.

b) No caso dos puntos 1, 2, 3 e 4 do artigo 2º presentarase programa ou memoria en que consten as actuacións que sen van realizar, o importe do custo previsto que se destinará a esta acción e o número de beneficiarios de orixe galega que se pretenda atender durante o ano 2005.

c) No caso do punto 5 do artigo 2º, presentarase unha relación dos transeúntes de orixe galega atendidos durante o ano 2004 e o importe estimativo de gastos que se destinará a estas atencións no ano 2005.

d) En todos os casos, declaración do conxunto das subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

e) De solicitar o pagamento por transferencia, certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

f) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

Artigo 7º.-Criterios de valoración.

A Consellería de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos criterios de valoración e gradación destes de acordo coa seguinte orde de prioridades:

1. Número de asociados galegos do centro ou entidade asistencial e número e grao de necesidade dos posibles beneficiarios.

2. Número de residentes do centro ou ingresados nel e orzamento detallado do custo previsto.

3. Grao de necesidade da actuación asistencial programada en relación coa situación do colectivo galego á que vai destinada.

Artigo 8º.-Resolución.

1. As resolucións serán ditadas polo órgano competente e notificadas aos interesados, debendo ser sempre motivadas.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións

desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 9º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser executada durante o ano 2005.

2. Previo ao pagamento do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias das axudas deberán remitirlle á Consellería de Emigración, dentro do exercicio orzamentario, a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación do secretario da entidade beneficiaria, co visto e prace do seu presidente, facendo constar as accións e os gastos efectivamente realizados, así como o nome, apelidos, provincia galega de orixe, enderezo e, se é o caso, concepto e contía individual destinada como axuda a cada beneficiario. A devandita certificación deberá ser conformada pola Consellería de Emigración.

b) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para as mesmas actuacións para as que se solicita a subvención, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Non obstante o anterior, para acadar a maior operatividade deste tipo de axudas poderán acordarse pagamentos parciais ou efectuar anticipos dos importes concedidos ata a contía máxima permitida de acordo co establecido no artigo 29.5º da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o disposto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, suxeitos aos requisitos que na citada normativa se establecen. O resto do importe librarase no momento de completar a xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións exixidas nesta orde.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes aos programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas

e subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento concedente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

-Se por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Consellería de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente non atendidos ou aumentar a axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do cofinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Artigo 11º.-Modificación da resolución de concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a consellería adoptar a resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

TÍTULO II

Programa de axudas para realización de

proxectos formativos, culturais e actividades

asociativas na Galicia exterior

Capítulo I

Obxecto e finalidade das axudas

Artigo 12º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto potenciar o espallamento da cultura galega na Galicia da diáspora mediante a concesión de axudas destinadas a financiar, en todo ou en parte, a realización de actividades formativas, culturais e/ou asociativas realizadas en favor das comunidades galegas, co fin de facer efectivos os dereitos que lles recoñece a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Artigo 13º.-Finalidade das axudas.

Atendendo ao obxecto referenciado, ao amparo deste programa poderanse subvencionar, ademais doutras que se axusten á Lei de recoñecemento da

galeguidade, as actividades realizadas directamente polas entidades galegas en favor da propia colectividade, referidas a:

1. Proxectos innovadores que, impulsados por unha entidade ou comunidade galega e abertos a outras comunidades ou institucións, traten de fomentar as relacións entre a Galicia exterior e a Galicia territorial establecendo contactos de carácter bilateral que permitan unha rápida circulación da información e iniciativas nas diferentes áreas de coñecemento: sociais, culturais, empresariais, académicas, etc.

2. Cursos, seminarios, xiras e conferencias que propicien o fomento da cultura e da realidade de Galicia no lugar de asentamento das comunidades galegas e a formación e capacitación dos galegos emigrados e dos seus descendentes, e en especial, os presentados coordinadamente e de forma efectiva por un conxunto significativo da comunidade galega asentada nunha área determinada, ben a través de centros de referencia da comunidade, ou ben de unións, federacións ou agrupacións de centros.

3. Actos conmemorativos de efemérides galegas de especial significación para a lingua, historia ou cultura de Galicia.

4. O funcionamento das aulas permanentes de formación e cultura de Galicia creadas no seo das comunidades galegas co fin de garantir un proxecto integral de extensión cultural e de formación en distintas especialidades e materias educativas, ocupacionais, artísticas, etc., aberto ao conxunto da comunidade galega asentada en determinadas áreas xeográficas ou países con especial incidencia de poboación de orixe galega.

Os acordos ou convenios reguladores desta especialidade de servizos formativo-culturais poderán realizarse ao longo do exercicio en función do número, finalidade e actualidade dos cursos, obradoiros ou programas que se van impartir, contidos de especial dedicación ou significación para Galicia, ámbito de incidencia, número de beneficiarios das accións programadas e medios persoais e materiais achegados pola propia entidade ou conxunto integrado de entidades que solicitan a creación da aula permanente.

5. Tarefas de información, asesoramento e outras complementarias de xestión por parte dos centros coordinadores de programas de carácter individual designados naqueles países onde se constitúa comisión avaliadora, segundo o previsto nas correspondentes ordes de axudas e programas individuais.

6. Desprazamentos que no exercicio da súa función representativa, realicen os membros da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, dentro do seu ámbito territorial de actuación, sempre que se realicen coa presentación previa do programa correspondente e conten coa previa autorización por escrito da Consellería de Emigración e cumprindo as condicións establecidas por ela.

Artigo 14º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións, asociacións sen fin de lucro e persoas físicas que puidesen, se é o caso, realizar accións que sirvan para os fins sinalados no artigo 13º desta orde.

Capítulo II

Competencia e procedemento

Artigo 15º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro desta orde correspóndelle ao conselleiro de Emigración.

Artigo 16º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente, en concreto, á Consellería de Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo ordinario de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2005.

Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas sobrevidas non puidesen preverse antes do 28 de febreiro de 2005, sempre que exista crédito axeitado e suficiente na partida orzamentaria destinada para estes fins.

Artigo 17º.-Documentación.

As entidades interesadas en concorrer ás subvencións e axudas obxecto desta convocatoria deben presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude, segundo o modelo normalizado que figura como anexo II desta orde, que poderá ir acompañada dunha memoria explicativa do contido individualizado e do custo previsto das actividades para as que se solicita a subvención para unha adecuada valoración da solicitude por parte da Consellería de Emigración.

No caso de peticións referidas a gastos de funcionamento de aulas permanentes de formación e cultura de Galicia, as entidades interesadas deberán presentar, xunto co modelo normalizado de solicitude, un proxecto que inclúa memoria xustificativa ou programa detallado das accións que se van executar ao longo do exercicio e orzamento dos gastos previstos.

b) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou se é o

caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

c) De solicitar o pagamento por transferencia, certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

d) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...) sempre que non fose achegado con anterioridade.

Artigo 18º.-Criterios de valoración.

A Consellería de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos criterios de valoración e gradación destes de acordo coa seguinte orde de prioridades:

-A necesidade e utilidade das accións formativas, culturais ou sociais que se van desenvolver.

-O colectivo de persoas sobre as que incide directamente o programa cultural.

-A capacidade de xestionar as actividades para as que se solicita a subvención, atendendo aos programas realizados e debidamente xustificados nos dous últimos exercicios.

Artigo 19º.-Resolución.

1. As resolucións serán ditadas polo órgano competente e notificadas aos interesados, debendo ser sempre motivadas.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expre

sas, ou no prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 20º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser executada durante o ano 2005.

2. Previo ao pagamento do importe da subvención concedida, os beneficiarios das axudas deberán remitirlle á Consellería de Emigración, antes do remate do exercicio orzamentario, a seguinte documentación xustificativa:

a) Informe detallado das actividades efectivamente realización en execución da memoria presentada que xustifiquen a subvención concedida.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da celebración das actividades subvencionadas.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para as mesmas actividades para as que se concedeu a subvención, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

A documentación presentada polas entidades galegas deberá ser asinada polo secretario da entidade beneficiaria co visto e prace do presidente, e polos solicitantes nos demais casos, conformándose en todo caso pola Consellería de Emigración.

Non obstante o anterior, para acadar a maior operatividade deste tipo de axudas poderán acordarse pagamentos parciais ou efectuar anticipos dos importes concedidos ata a contía máxima permitida de acordo co establecido no artigo 29.5º da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o disposto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, suxeitos aos requisitos que na citada normativa se establecen. O resto do importe librarase no momento de completar a xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións exixidas nesta orde.

Artigo 21º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes aos programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

1. Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolle a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento concedente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos

procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

2. Se por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicarlle á Consellería de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente non atendidos ou aumentar a axuda doutros subvencionados parcialmente.

3. As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do cofinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Artigo 22º.-Modificación da resolución de concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a consellería adoptar a resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

TÍTULO III

Programa de accións informativas na

Galicia exterior

Capítulo I

Obxecto e finalidade das axudas

Artigo 23º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto potenciar a difusión da cultura e realidade de Galicia no exterior a través de información de prensa, revistas de carácter periódico, programas de radio e televisión, etc., que promovan un mellor coñecemento de Galicia no exterior, da nosa realidade científica e cultural, da nosa lingua, literatura, música, folclore, etc., ademais da difusión directa que realicen as propias comunidades galegas mediante puntos permanentes de información creados no seu seo, mediante a concesión de subvencións ao financiamento total ou parcial do seu custo.

Artigo 24º.-Finalidade das axudas.

Atendendo ao obxecto sinalado no artigo anterior poderanse subvencionar ao amparo deste programa, entre outras, accións tendentes:

1. Á edición e difusión periódica de revistas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese xeral, así como á realización de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega

por parte das entidades galegas ou institucións e asociacións no exterior.

Estas actuacións serán subvencionadas en función da periodicidade, difusión, número de exemplares, calidade e custo da edición.

2. Á conexión das entidades galegas á internet, posibilitando o seu acceso á información universal mediante as denominadas autoestradas de información e ao uso do correo electrónico.

3. Á conexión das entidades galegas ás novas canles de acceso ás televisións galega e española, establecéndose para estes efectos as liñas de colaboración correspondentes.

4. Ao mantemento de oficinas de turismo na Galicia do exterior creadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da Dirección Xeral de Turismo, así como de oficinas de información xuvenil que puidesen crearse en colaboración coa Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en función do deseño, modelo e contido que se estableza, nas entidades galegas que se determine en función da súa idoneidade e localización. Para estes efectos, poderán establecerse os acordos ou convenios que se consideren oportunos.

Farase especial fincapé na dotación axeitada de medios materiais e, en particular, a súa conexión ás redes telemáticas de información turística.

5. Á distribución ás comunidades galegas e ás empresas difusoras nos países onde aquelas estean establecidas, de programas informativos de interese sobre Galicia mediante acordos ou convenios con organismos ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia.

Os acordos ou convenios previstos neste punto poderán realizarse ao longo do presente exercicio, en función do número e actualidade dos programas que se van distribuír, contidos de especial dedicación a Galicia e ámbito e medio de difusión.

Artigo 25º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as institucións ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia para os casos de distribución de programas a comunidades galegas previstos no punto 3 do artigo anterior.

Capítulo II

Competencia e procedemento

Artigo 26º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro desta orde correspóndelle ao conselleiro de Emigración.

Artigo 27º.-Solicitudes e prazos.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente, en concreto á Conse

llería de Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 28º.-Documentación.

Para as actuacións previstas nos números 1, 2 e 3 do artigo 24º, a documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo III desta orde, á que poderán xuntarlle unha memoria explicativa do contido individualizado e do custo das accións para as que se solicita a subvención que favoreza unha mellor valoración da axuda, atendendo aos criterios sinalados no artigo 24º.

b) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas, para a mesma acción para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

c) De solicitar o pagamento por transferencia, certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

d) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

Artigo 29º.-Criterios de valoración.

A Consellería de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos criterios sinalados no artigo 24º desta orde.

Artigo 30º.-Resolución.

1. As resolucións serán ditadas polo órgano competente e notificadas aos interesados, debendo ser sempre motivadas.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 31º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser executada durante o ano 2005.

2. Previo ao pagamento do importe da subvención concedida, os beneficiarios de axudas deberán remitirlle á Consellería de Emigración, antes do remate do exercicio orzamentario, a seguinte documentación xustificativa:

a) Informe detallado das accións efectivamente realizadas en execución da memoria presentada que xustifiquen a subvención concedida.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da execución das accións subvencionadas.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para as mesmas accións para as que se concedeu a subvención, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

A documentación presentada polos beneficiarios, no caso das entidades galegas, deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente, e polos solicitantes nos demais casos, e conformada en todo caso pola Consellería de Emigración.

Non obstante o anterior, para acadar a maior operatividade deste tipo de axudas poderán acordarse pagamentos parciais ou efectuar anticipos dos importes concedidos ata a contía máxima permitida de acordo co establecido no artigo 29.5º da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o disposto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, suxeitos aos requisitos

que na citada normativa se establecen. O resto do importe librarase no momento de completar a xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións exixidas nesta orde.

Artigo 32º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios das axudas e subvencións correspondentes aos programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento concedente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

-Se por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Consellería de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente non atendidos ou aumentar a axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do cofinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Artigo 33º.- Modificación da resolución de concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a consellería adoptar a resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

Disposicións adicionais

Primeira.-A Consellería de Emigración levará a cabo a función de control, avaliación e seguimento dos programas recollidos nesta orde.

Para realizar as devanditas funcións poderán utilizarse cantos medios estean a disposición da Consellería de Emigración para comprobar os requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación, para o cal as entidades ás que van dirixidos os programas regulados nesta orde

prestarán toda a colaboración que lles sexa requirida.

Segunda.-A Consellería de Emigración poderá requirir en todo momento a documentación, orixinal ou copia compulsada, que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas para as diferentes axudas previstas nesta orde.

Terceira.-O conselleiro de Emigración poderá, no caso de que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, ampliar os prazos sinalados na presente orde mediante resolución, sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros.

Esta ampliación non poderá exceder da metade dos prazos establecidos nesta orde.

Cuarta.-De conformidade coa Orde do 11 de febreiro de 1998 da Consellería de Economía e Facenda, sobre a tramitación anticipada de expedientes de gasto, non se comunicará resolución de concesión aos beneficiarios ata que resultaren aprobados os créditos do programa 213-A (Accións en favor das comunidades galegas) que amparen o gasto correspondente. Os citados créditos figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Quinta.-As subvencións recollidas nos programas a que se refire esta orde concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 17.02.213-A.480.0.-Subvencións dedicadas ao cumprimento da Lei 4/1983. O crédito inicialmente outorgado para estas finalidades é de 1.453.239 A sen prexuízo das modificacións que legalmente se poidan efectuar ao longo do exercicio.

A concesión das axudas e subvencións estará sempre condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na referida aplicación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

As subvencións concedidas ao amparo desta convocatoria son compatibles con calquera outras que lle puidesen ser concedidas para a mesma finalidade. Non obstante, o importe da axuda en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da acción que vai levar a cabo o beneficiario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Emigración da Consellería de Emigración para ditar as resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2004.

Aurelio D. Miras Portugal

Conselleiro de Emigración