DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2005 Páx. 554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexisto, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación do artigo 35 do convenio colectivo da empresa Casino del Atlántico, S.A.

Visto o expediente do acordo de modificación do artigo 35 do convenio colectivo da empresa Casino del Atlántico, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-11-2004, complementado o día

26-11-2004 e subscrito pola parte económica por Casino del Atlántico, S.A., e pola parte social polo comité de empresa o día 11-10-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de decembro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acordo empresa-comité de empresa

Anexo modificación

Convenio colectivo Casino do Atlántico, S.A.

A Coruña, 11 de outubro de 2004.

Reunidos a dirección da empresa e o comité de empresa, decídese adoptar un acordo que conduce á modificación do artigo 35 do convenio colectivo en vigor, quedando a súa redacción do seguinte modo:

«Artigo 35º.-Incapacidade temporal.

Nos casos de baixa por enfermidade común a empresa garante ao traballador, do primeiro ao terceiro día o 85% do salario bruto, do cuarto ao oitavo día o 95% e do noveno ao último o 100%, excepto cando por esta causa se produza intervención cirúrxica e hospitalización, pois entón o complemento será tamén do 100% desde a data de ingreso até finalizar esa hospitalización.

Nos casos de baixa por accidente de traballo e maternidad o aboamento será do 100% do salario bruto desde o primeiro día.

Entenderase para tales efectos como salario a retribución bruta mensual que lle corresponda percibir ao traballador no momento de se producir a baixa.

As pagas extraordinarias percibiranse integramente, independentemente de que o traballador estivese en situación de IT por calquera causa.

Ambas as partes, establecen como data de efecto da dita modificación o día 1 de outubro de 2004, con independencia da data da súa publicación no BOP».

Sen máis asuntos que tratar, asinan a seguir a representación da empresa e o comité.

-Pola empresa: Manuel Rego Vecino.

-Polos traballadores:

José Manuel Iglesias Iglesias.

Álvaro Parra Souto.

Mª Soledad Marcos Piñeiro.

Benedicto Carbajales Taboada.