DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2005 Páx. 554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de mobles.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de comercio de mobles, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-11-2004 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 18-11-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de novembro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as empresas

do comercio de mobles da Coruña

Acta

Asistentes:

Parte empresarial:

Miguel Agromayor Vázquez.

José Fernández Bonome.

Asesor: Francisco J. González Outumuro.

Parte social:

Juan Fco. Cousillas Mosquera (CC.OO.).

Roberto Castro Val (CC.OO.).

Nieves Montes Patiño (UGT).

Álvaro Cagigal (UGT).

Alfredo Santomil (CIG).

Na Coruña, ás 10.00 horas do día 18 de novembro de 2004, reúnense as persoas que á marxe se expresan, como compoñentes da comisión negociadora do

convenio colectivo de comercio de mobles da provincia da Coruña.

O motivo da reunión é proceder á revisión salarial do ano 2003, por derivación do IPC, con base no establecido no artigo 3 do convenio colectivo.

Procédese a revisar as táboas confeccionadas e a asinar en proba de conformidade. Xúntanse as citadas táboas como anexo.

E non habendo máis asuntos que tratar, deuse por finalizada a sesión ás doce e trinta horas da data e do lugar indicados no encabezamento.

ANEXO

Táboas salariais 2003 (revisadas)

CategoríaSalarios (A)Cómputo

anual (A)

-Grupo I
Persoal técnico titulado:
Titulado de grao superior880,9313.213,95
Titulado de grao medio882,3312.334,95

-Grupo II
Persoal mercantil non titulado:
Director1.067,1616.007,40
Xefe de persoal880,9313.213,95
Xefe de compras880,9313.213,95
Xefe de vendas880,9313.213,95
Encargado xeral880,9313.213,95
Encargado establecemento822,2312.334,95
Persoal mercantil propiamente dito:
Dependente678,4810.177,20
Corredor de praza684,7710.271,55
Aprendiz de primeiro ano459,496.892,35
Aprendiz de segundo ano478,757.181,25
Aprendiz de terceiro ano514,307.714,50

-Grupo III
Persoal administrativo:
Contable822,3312.334,95
Oficial administrativo697,8410.467,60
Auxiliar administrativo631,279.469,05

-Grupo IV
Persoal de servizos e actividades auxiliares:
Escaparatista702,1210.531,80
Delineante668,8010.030,50
Oficial de primeira e chofer (con permiso

de condución de primeira)

667,5710.016,55
Oficial de segunda e chofer (con permiso

de condución de segunda)

646,289.694,20
Axudante631,259.468,75
Mozo especializado631,259.468,75
Mozo628,569.428,40

-Grupo V
Persoal subalterno:
Cobrador678,4710.177,05
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro

e persoal de limpeza

581,318.719,65