DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2005 Páx. 518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se inscribe á Asociación Cultural Musical Xuvenil de Palas de Rei, no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscripción no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural Musical Xuvenil de Palas de Rei, con data do 9 de decembro de 2004.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado en parte polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 23º do mencionado decreto.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia.

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Musical Xuvenil de Palas de Rei, quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 160.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2004.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo