DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2005 Páx. 485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2005 pola que se fan públicos os importes dos créditos reservados para o financiamento dos diferentes programas de axudas que se concederán con cargo aos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica para o ano 2005 e os seus compromisos plurianuais.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolución da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para os programas de proxectos empresariais de investimento, continuidade e mellora competitiva da PEME galega, emprendedores, reestruturación de empresas en crise, especialización laboral e proxectos Inesga prevén a publicación anual da reserva de crédito dispoñible para cada exercicio orzamentario, unha vez aprobados os orzamentos do Igape.

Con data do 29 de decembro de 2004 o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, publicados mediante Lei 13/2004 (DOG nº 253, do 29 de decembro). Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 16 de decembro de 2004, autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica para o período 2006-2010.

Polo que antecede

RESOLVO:

Facer públicas, de acordo cos importes que se relacionan no anexo, as reservas de crédito que para cada programa de axuda derivan da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005 e os seus compromisos plurianuais para os exercicios 2005, 2006, 2007 e 2008.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2005.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO

Partida orzamentariaFinalidadeImporte orzamento 2005Anualidade

2006

Anualidade

2007

Anualidade

2008

Programa de Investimentos

02.02.10Programa de Investimentos. Creación, ampliación e modernización de empresas. Subvención a fondo perdido.25.900.00016.500.00038.000.0007.500.000

Partida orzamentariaFinalidadeImporte orzamento 2005Anualidade

2006

Anualidade

2007

Anualidade

2008

Programa de Mellora Competitiva

01.02.11/04/01Programa de Mellora Competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Subvención a fondo perdido.80.00050.000

02.02.11Programa de Mellora Competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico e actuacións específicas. Subvención a fondo perdido.4.800.0004.100.0002.400.000

02.02.11/03/01Programa de Mellora Competitiva da PEME. Proxectos plan PEME. Subvención a fondo perdido.3.500.0001.500.000

Programa de Emprendedores

01.02.12/03/01Programa de Emprendedores. Promoción da cultura emprendedora. Subvención a fondo perdido.26.00020.000

02.02.12Programa de Emprendedores. Proxectos promovidos por novos emprendedores e novas iniciativas empresariais. Subvención a fondo perdido.3.500.0001.410.0001.400.000

Programa de Empresas en Crise

02.01.13/02/01Programa de Empresas en Crise. Axudas de reestruturación. Subvención a fondo perdido.400.000

Programa de Especialización Laboral

01.02.14/01/01Programa de Especialización Laboral. Promoción de mercados laborais especializados. Subvención a fondo perdido.225.000250.000

Proxectos Inesga

02.01.01/06/03Proxectos Inesga110.0001.000.000500.000

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA