DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2005 Páx. 485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2005 pola que se fai público o incremento do crédito dispoñible para a concesión de axudas ao abeiro do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia.

En data 28 de marzo de 2003 o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería de Medio Ambiente asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia, publicado mediante Resolución do 28 de marzo de 2003 (DOG nº 63, do 31 de marzo).

A cláusula sexta do dito convenio establece a achega económica do Igape aos fins do mesmo, prevendo, no seu número 6.3, que se poderá incrementar o importe das anualidades en función das dispoñibilidades orzamentarias de cada exercicio.

Analizada a actual existencia de solicitudes pendentes de axuda a proxectos ambientais ao abeiro do dito convenio, e tendo en conta, así mesmo, as previsións de demanda de axudas neste campo, que debe tender a incrementar as iniciativas empresariais, faise necesario incrementar a aportación económica ao mesmo, a cal foi aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza de data 22 de decembro de 2004.

Por todo o anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Facer público o incremento da achega do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ao convenio de colaboración asinado coa Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia, incrementándose en 5.250.000 euros e quedando establecida en 7.950.000 euros, distribuídos nos seguintes importes por anualidades:

AnualidadeImporte

20051.000.000 A

20062.350.000 A

AnualidadeImporte

20072.750.000 A

2008500.000 A

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2005.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica