DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2005 Páx. 435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 30 de decembro de 2004 pola que se regulan programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior para o ano 2005.

O feito incomparable e histórico da presenza asociativa de Galicia nos distintos países do mundo ten, neste período constitucional do noso país, un pioneiro recoñecemento no vixente Estatuto de autonomía de Galicia, que no seu artigo 7 establece o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego.

A Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, evoca o espírito asociativo e solidario dos galegos que os leva a constituíren fóra de Galicia auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comuñón coa terra galega.

A importante achega das nosas comunidades, froito da súa destacada presenza no exterior nos eidos asis

tencial, sanitario, de formación, recreativo e cultural, continúa a ser imprescindible para a cohesión dos galegos no exterior e para a súa efectiva participación na vida social e cultural de Galicia. Estas comunidades merecen unha acción decidida por parte da Consellería de Emigración, pola súa historia e pola súa importancia para vertebrar o futuro da Galicia no exterior.

Nesta liña está a traballar o goberno galego, especialmente no desenvolvemento de programas e accións asistenciais e sociais dirixidas ás persoas de maior idade. Sen embargo, para lograr un fortalecemento da galeguidade universal cómpre a integración da xente nova de primeira, segunda e terceira xeración na vida asociativa da Galicia exterior, como elemento de pervivencia do denominado terceiro ámbito que consideramos unha oportunidade única para Galicia, e tamén a participación xeral na actividade impulsada polas propias comunidades galegas no exterior.

Na crecente relevancia das accións da nosa comunidade no exterior incide de xeito importante a apli

cación de programas específicos de actuación desenvolvidos pola Xunta de Galicia a favor das comunidades galegas, deseñados en sintonía coas demandas e inquietudes fornecidas polo Consello de Comunidades Galegas.

Unha maior potencialidade do conxunto das nosas comunidades, de acordo co expresado anteriormente, pasa ineludiblemente por seguir avanzando nos seguintes obxectivos:

-Promover unha máis intensa e eficaz vinculación entre todas as comunidades galegas e destas con Galicia, superando así as distancias reais e facilitando a unión de todos na vivencia da nosa identidade común.

-Facilitar o reencontro coa súa terra por parte dos nosos maiores emigrados e o achegamento e integración na vida social e cultural de Galicia por parte dos membros máis novos da comunidade galega no exterior.

-Fortalecer a nosa actual presenza no exterior para acadar aínda unha maior proxección de Galicia que facilite un coñecemento mellor da nosa realidade cultural, empresarial, económica, etc.

-Propiciar a maior promoción dos programas formativos, tanto de carácter ocupacional como empresarial, así como das accións culturais, artísticas, deportivas e asociativas, xa que estas favorecen a integración progresiva da xuventude na vida das nosas comunidades e contribúen á renovación e continuidade dos nosos centros, asegurando unha opción de futuro. Neste sentido, teñen unha especial incidencia as aulas permanentes de formación e cultura de Galicia, como garantía dun proxecto integral de extensión cultural e de formación nas distintas especialidades e materias educativas, ocupacionais e artísticas, nas principais comunidades do exterior.

-En xeral, garantir o benestar social e a calidade de vida de todos os galegos, alí onde se atopen.

A experiencia lévanos ao especial aprecio de determinadas accións dirixidas ás persoas de maior idade, destacando o programa Reencontros como fórmula oportuna para o estreitamento dos lazos persoais e familiares de carácter sentimental e afectivo coa terra que os viu nacer.

Neste mesmo sentido consideraránse as accións desenvolvidas, como os cursos de terapia ocupacional, en fogares e residencias de anciáns que, establecidos en varios países, acollen frecuentemente galegos anciáns ou carentes de protección ou de familia directa en disposición de atendelos.

Intensifícase a atención a aqueles programas que teñen por obxectivo a mellora da formación empresarial e preferentemente ocupacional, a través da participación dos cursos específicos que se organizan nos distintos centros e, noutros casos, co apoio doutras entidades ou institucións no exterior, sendo obxecto de especial atención as accións formativas que permitan a capacitación e integración na tarefa directiva ou xerencial dos máis novos nas súas propias entidades.

Prográmanse cursos de información, estudo e perfeccionamento de materias relacionadas coa cultura galega, tales como a xeografía, a historia, a literatura, as artes, así como aqueles que teñen por contido a aprendizaxe e práctica da lingua galega e especialmente a integración e o achegamento desta por parte dos máis novos.

As actividades de campamento en Galicia e intercambios xuvenís facilitan o contacto directo entre descendentes de galegos de distintas procedencias coa terra dos seus devanceiros, achegándose ás súas inquedanzas grazas ao coñecemento directo e persoal dunha Galicia tradicional e actual, que hoxe lles resulta do maior interese e que propicia a extensión do principio dunha galeguidade común.

No seo destas comunidades nacen e crecen a cotío grupos artísticos e culturais con contribucións de calidade á nosa música, danza, cultura e deporte. Na súa existencia e actividade están afirmando publicamente unha identidade galega profusamente difundida polo mundo mediante o uso dos símbolos e sinais propios de Galicia. Dedícase un programa específico a preservar o folclore de Galicia como expresión viva da nosa cultura tradicional.

En xeral establécense distintas acción encamiñadas a facer efectivo o dereito das comunidades galegas a participaren na vida cultural de Galicia, impulsando a difusión das súas actividades e das que se programan desde aquí para elas.

Por todo isto e desde os principios e obxectivos expostos, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Cursos e actividades formativas nas comunidades galegas

Capítulo I

Programa 1: cursos de terapia ocupacional

Artigo 1º.-Obxecto.

Promover a realización de accións que posibiliten a creación de grupos de persoas da terceira idade de orixe galega residentes no exterior para o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes con finalidade de carácter terapéutico e formativo-ocupacional.

Artigo 2º.-Características dos cursos.

a) Duración: máxima de 40 horas, impartidas como máximo en 2 semanas.

b) Lugar: as residencias de anciáns ou as instalacións dos centros galegos.

c) Modalidades: clases presenciais teórico-prácticas coa finalidade de desenvolver as capacidades manuais e intelectuais sobre artesanía, moldeado, pintura, barro, tecidos, vimbio, entre outras especialidades.

d) Desenvolvemento curricular: os contidos que se impartirán seguirán a programación das unidades didácticas editadas para este programa pola Consellería de Emigración, e os materiais necesarios para as clases prácticas axustaranse ás relacións que se aproben, segundo os traballos que se van realizar, de acordo co indicado nas distintas unidades didácticas.

e) Requisito de concesión: mínimo 20 participantes por curso.

Artigo 3º.-Contido das achegas.

1. A Consellería de Emigración farase cargo:

a) Do custo de desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) Do custo da compensación económica ao persoal docente.

c) Excepcionalmente, poderase atender os gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

d) Do custo do material e do seu envío para impartir o curso.

2. Os centros faranse cargo:

a) Do custo da manutención e do aloxamento do profesorado. Con carácter de excepcionalidade, debidamente fundamentada, poderá a consellería facerse cargo de todo ou parte destes custos de estadía.

b) De proporcionar as instalacións axeitadas.

c) De proporcionar o material funxible necesario.

Artigo 4º.-Solicitantes.

Centros galegos que desenvolvan labores de tipo asistencial, que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador. Estes centros poderán solicitar estes cursos para a súa impartición tanto na mesma entidade como en asilos ou centros da terceira idade radicados na súa área xeográfica de influencia e que teñan un número suficiente de residentes galegos.

Artigo 5º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 1 desta orde.

b) Relación das persoas que desexan participar no curso, expresando apelidos e nome, número do DNI ou pasaporte, idade, lugar de nacemento e a súa residencia efectiva.

Artigo 6º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos seguintes criterios:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Interese temático dos diversos cursos solicitados.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

A consellería resolverá sobre a concesión dos cursos e comunicarallo ao centro galego, conforme o establecido na normativa vixente.

Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa consellería debendo indicar o seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 8º.-Seguimento.

1. Ao remate do curso a entidade enviará a esta consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de aceptar as comprobacións que a Consellería de Emigración considere necesarias para asegurar o cumprimento destas normas.

Capítulo II

Programa 2: cursos de lingua, literatura, historia e cultura galegas

Artigo 9º.-Obxecto.

1. O programa pretende promover a realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como en difundir a cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 10º.-Características.

1. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos se ben poden participar tamén todos os membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

2. Cada curso, de carácter intensivo, terá unha duración de 60 horas de teoría e 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes é terá unha duración ordinaria dun mes ou, excepcionalmente, de tres a seis meses para os casos en que existan profesores de galego xa desprazados aos lugares de impartición, debendo completarse sempre a realización do curso, dentro do ano natural.

3. Os cursos poden ter tres modalidades:

-Unha de lingua galega con valor académico e dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento. O diploma de aproveitamento concederase só aos maiores de 18 anos declarados aptos.

-Outra, de extensión ou integración cultural para persoas interesadas en manter o achegamento a Galicia, á súa realidade cultural actual, á súa historia, literatura, lingua e resto de manifestacións culturais da nosa terra.

-E a terceira, de animación ao coñecemento da lingua e cultura galega, para nenos de 8 a 14 anos.

4. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 20 alumnos, agás casos excepcionais debidamente xustificados. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que acade o nivel de alumnado requirido. Na concesión valorarase a porcentaxe de alumnos de orixe galega.

Artigo 11º.-Contido das achegas.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Política Lingüística poderá participar na realización deste programa.

2. A Consellería de Emigración farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ao lugar de celebración do curso.

b) Do custo do material para a realización do curso e do seu envío.

3. Os centros proporcionarán as instalacións axeitadas para a realización do curso e faranse cargo, con carácter ordinario, do custo da estadía do profesor (aloxamento e manutención) no lugar onde este se desenvolva ata un máximo de 30 días.

Artigo 12º.-Solicitantes.

Poderán solicitar a realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 13º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 2 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos en que constarán apelidos e nome, idade, número do DNI ou do pasaporte e grao de ascendencia galega, se é o caso.

Artigo 14º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 15º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos seguintes criterios:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ao centro solicitante.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

A consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ao centro galego, conforme o establecido na normativa vixente.

Así mesmo, a consellería comunicará o nome do profesor designado e as datas e lugar de realización do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro e do acordado coa Dirección Xeral de Política Lingüística.

Será preceptivo que o centro ou conxunto de centros solicitantes designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa consellería debendo indicar o seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 16º.-Seguimento.

1. Ao remate do curso, a entidade remitirá á consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de aceptar as comprobacións que a Dirección Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Emigración estimen necesarias para asegurar o cumprimento destas normas.

Capítulo III

Programa 3: cursos de formación ocupacional e empresarial

Artigo 17º.-Obxecto e características.

1. Os cursos de formación ocupacional terán por finalidade mellorar a formación técnico-profesional dos galegos e dos seus descendentes, no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior. Promoveranse especialmente modalidades que atendan, ademais da preparación pre-ocupacional dos mozos, á difusión e formación en recursos e contidos propios dos costumes e tradicións galegas -cociña galega, artesanía de encaixe, etc.- buscando a súa transmisión nos ámbitos familiares e a capacitación nos correspondentes sectores ocupacionais. Seguirán tendo unha atención especial aqueles cursos que atendan á formación en técnicas informáticas e outras de actualidade, conservándose a posibilidade de apoiar actividades de formación en técnicas artísticas e de interpretación. Estes cursos terán unha duración non superior a cento vinte horas, e o número de par

ticipantes non será inferior a vinte en cada modalidade.

2. Os cursos de formación empresarial terán por finalidade mellorar a formación técnico-empresarial dos galegos e dos seus descendentes, que igualmente residan na Galicia do exterior ou estean interesados no retorno a Galicia. Estes cursos terán unha duración máxima de cincuenta horas, e o número de participantes non será inferior a vinte.

3. As aulas permanentes de formación ocupacional terán por finalidade a formación continuada de carácter técnico profesional dos galegos e dos seus descendentes no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior, como naquelas entidades e países que aconsellen realizar os cursos de formación ocupacional con carácter continuado durante o ano.

Artigo 18º.-Modalidade dos cursos.

1. Tanto os cursos de formación ocupacional coma os de formación empresarial poderán ser de dúas modalidades:

a) Cursos de acción directa.

b) Cursos de xestión autónoma.

2. Serán cursos de acción directa aqueles que, sendo solicitados polos centros e asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior, sexan programados e executados pola Consellería de Emigración.

3. Serán cursos de xestión autónoma aqueles que sexan programados e executados polos centros integramente.

Artigo 19º.-Contido das achegas.

A) Cursos de acción directa.

1. A Consellería de Emigración farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ao lugar de realización do curso.

b) Do custo de material e do seu envío para impartir o curso.

c) Do custo da compensación económica do profesorado.

2. Os centros ou asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior faranse cargo:

a) Con carácter ordinario, dos gastos de estadía e manutención do profesorado.

b) De proporcionar as instalacións axeitadas.

c) De proporcionar o material funxible necesario.

3. Poderá colaborar nestes cursos a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

B) Cursos de xestión autónoma.

A Consellería de Emigración poderá facerse cargo de ata un máximo dun 75% do custo dos cursos concedidos.

Artigo 20º.-Solicitantes.

1. Serán solicitantes dos cursos de formación ocupacional e empresarial e das aulas permanentes as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Así mesmo, poderán ser solicitantes dos cursos de formación empresarial as asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior.

Artigo 21º.-Documentación.

1. A documentación necesaria para os cursos de formación ocupacional será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 3 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes en que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

2. A documentación necesaria para os cursos de formación empresarial será:

a) Solicitude da asociación segundo o modelo do anexo 3 bis desta orde.

b) Relación nominal dos participantes en que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

3. No caso dos cursos de xestión autónoma, tanto de formación ocupacional como empresarial, xuntará á solicitude:

a) Programa das materias que se van impartir.

b) Currículum do profesorado.

c) Horario do curso, indicando os lugares e as datas da súa realización.

d) Orzamento pormenorizado do curso.

Artigo 22º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas que non puidesen ser previstas antes do 28 de febreiro de 2005, sempre que exista crédito axeitado e suficiente na partida orzamentaria destinada a estes fins.

Artigo 23º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos criterios de alcance do curso, de participación do conxunto da comunidade en que se asenta o centro e do número de alumnos interesados.

2. A consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ao centro galego, conforme o establecido na normativa vixente.

3. No seu momento a consellería comunicará, se é o caso, o nome do profesorado, a data, o lugar e a hora de chegada, así como as datas en que se vai realizar o curso.

Artigo 24º.-Seguimento.

1. Ao remate do curso a entidade remitirá á Consellería de Emigración unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de aceptar as comprobacións que a consellería considere necesarias para asegurar o cumprimento destas normas.

Capítulo IV

Programa 4: cursos de xestión de entidades e animación xuvenil

Artigo 25º.-Obxectivo e características.

1. Preténdese con estes cursos formar mozos maiores de 16 anos que poidan dinamizar a xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, capacitalos para a programación e realización de actividades socioculturais e recreativas para a xuventude tanto en tempo libre urbano como na natureza, así como promover a incorporación da xuventude ás xuntas directivas potenciando o asociacionismo e a asunción de responsabilidades.

2. Estes cursos intensivos de animación xuvenil poderán ter os tres perfís distintos seguintes, atendendo aos módulos lectivos que incorporen, co fin de axustarse mellor ao nivel e á continuidade na demanda desta acción formativa por parte dos centros:

a) Nivel inicial de animación xuvenil:

Destinado para formar grupo. As técnicas que se desenvolverán serán fundamentalmente de tipo recreativo e cultural. Capacitará os participantes para organizar e executar actividades deste tipo fundamentalmente entre a infancia, así como a realización de obradoiros para nenos en materias como teatro, manualidades, maquillaxe, pintura, xogos tradicionais galegos, contacontos ou campismo, segundo o interese específico que poida manifestar o centro solicitante.

b) Nivel avanzado de animación xuvenil:

Suponse formado o grupo xuvenil no centro e con certa experiencia de traballo. Afóndase nas técnicas do nivel inicial e inclúense materias de psicopedagoxía do tempo de lecer, técnicas e dinámicas de grupo. Os participantes deben ter máis de 18 anos.

c) Nivel de xestión de entidades:

Deben ser maiores de 18 anos. Inclúen materias de programación e planificación, avaliación de programas, márketing asociativo,... Este curso pode ter un módulo complementario a distancia de formación

continuada e de apoio no desenvolvemento do aprendido.

Mediante circular informaranse os centros da configuración de cada modalidade de cursos, dos módulos que integra e das súas finalidades e contidos docentes.

3. Para que poida ser obxecto de aprobación un curso, deberase contar cun mínimo de 20 participantes preinscritos. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que acade o nivel de alumnado requirido.

4. A duración destes cursos será de 35-40 horas lectivas impartidas nun máximo de 15 días e o horario axustarase ás necesidades dos solicitantes.

5. Neste programa poderá participar a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a Consellería de Emigración.

Artigo 26º.-Contido das achegas.

1. A Consellería de Emigración farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) Do custo das horas de docencia do profesorado.

c) Do custo do material para a realización dos cursos e do seu envío.

2. Os centros galegos faranse cargo, con carácter ordinario:

a) De proporcionar as instalacións adecuadas para facer o curso.

b) Do custo da estadía do profesor (aloxamento e manutención) no lugar onde se leve a cabo o curso, ata un máximo de 15 días.

Artigo 27º.-Solicitantes.

Poderán solicitar a celebración destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 28º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 4 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos en que constarán apelidos e nome, número do documento nacional de identidade ou do pasaporte, así como a súa idade.

Artigo 29º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 30º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos seguintes criterios:

a) Características do centro ou centros solicitantes.

b) Número efectivo de destinatarios dos cursos.

2. A consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ao centro galego, conforme o establecido na normativa vixente.

Artigo 31º.-Seguimento.

1. Ao rematar o curso a entidade remitirá á consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de aceptar as comprobacións que a Consellería de Emigración crea necesarias para asegurar o cumprimento destas normas.

Capítulo V

Programa 5: cursos de danza e música tradicional

Artigo 32º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto promover a realización de accións que eleven o nivel artístico dos grupos folclóricos dos centros galegos.

Artigo 33º.-Características.

1. Os cursos versarán sobre folclore galego atendendo ás modalidades de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto e confección de traxes tradicionais.

2. Estarán dirixidos aos centros galegos que teñan grupo folclórico ou que manifesten a súa vontade de crealo.

3. A duración de cada curso será de 15 días intensivos e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes.

4. Ao comezo do curso realizarase unha sesión informativa de introdución dedicada, exclusivamente, a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

5. Agás en casos excepcionais, debidamente xustificados, para que poida ser concedido un curso, é necesario que conte cun número mínimo de 15 participantes.

Artigo 34º.-Contido das achegas.

1. A consellería farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ata o lugar onde se realice o curso.

b) Do custo da compensación económica do persoal docente.

c) Do custo, se fose o caso, do material que figure na lista correspondente que se una como anexo á resolución nos cursos que inclúan confección.

2. Os centros faranse cargo, con carácter ordinario, dos gastos da estadía e manutención do profesorado durante os 15 días de duración do curso.

Artigo 35º.-Solicitantes.

Poderán solicitar a realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles.

Artigo 36º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro ou agrupación de centros segundo o modelo do anexo 5 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos en que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte e idade dos solicitantes.

Artigo 37º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 38º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos seguintes criterios:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ao centro solicitante.

-Número de persoas preinscritas de orixe galega.

2. A consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ao centro galego, conforme o establecido na normativa vixente.

3. No seu momento a consellería comunicará, se é o caso, o nome do profesorado, e lugar de celebración do curso.

Artigo 39º.-Seguimento.

1. Ao rematar o curso, a entidade á que se lle concedeu, remitirá á Consellería de Emigración unha breve memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude para realizar un curso supón o compromiso de aceptar as comprobacións que a consellería coide necesarias para asegurar o cumprimento destas normas.

Capítulo VI

Programa 6: seminarios e cursos para a xestión de recursos

Artigo 40º.-Obxecto e características.

1. O obxectivo principal deste programa é o fortalecemento do tecido asociativo das comunidades galegas abrindo as súas actividades formativas a novos coñecementos de interese para a comunidade como son a promoción do turismo a Galicia, os programas de voluntariado social, a atención á terceira idade, as relacións públicas e o protocolo, a formación de informadores e, en xeral, a xestión de recursos persoais e materiais.

2. Os seminarios ou cursos terán carácter intensivo e duración axustada á materia que se vai impartir e ás necesidades da comunidade beneficiaria da actividade. Serán impartidos por áreas xeográficas, apoiándose nas comunidades de galegos máis numerosas, de xeito que poida asegurarse a participación do número mínimo de alumnos que para cada modalidade se estableza.

3. As actividades formativas terán lugar nas instalacións da entidade que, dentro de cada área, designe a Consellería de Emigración. Cando a actividade afecte a un conxunto de áreas xeográficas ou países poderán programarse estes cursos para a súa realización en Galicia.

Artigo 41º.-Modalidades da actividade.

As materias serán impartidas por persoal especializado e recollerán como contidos esenciais os seguintes aspectos, segundo a modalidade:

1. Promoción do voluntariado social.

-O voluntariado: historia e actualidade.

-Perfil, aptitudes e actitudes do voluntariado.

-Xestión de recursos humanos. Visión desde o voluntariado.

-O proceso de comunicación: concepto e elementos.

-O proxecto asociativo (proxectos sociais).

2. Xestión de recursos para asistencia á terceira idade.

-Características da terceira idade: psicoloxía da vellez.

-Problemáticas sociais da terceira idade.

-Terapia ocupacional.

-O servizo de axuda a domicilio e as residencias de día e de maiores.

-Recursos sociais e modelos de intervención.

3. Relacións públicas e protocolo para entidades asociativas.

-Ordenamento xeral de precedencias. Protocolo oficial.

-Vexiloloxía (estudio das bandeiras).

-Organización de actos de presidencia.

-Protocolo internacional.

-Anfitrión e invitados. Protocolos de mesa. Protocolos de reunións.

4. Informadores turísticos de Galicia.

-Recursos turísticos de Galicia.

-Tramos diferentes da oferta turística de Galicia.

-Diversificación de novas ofertas.

-Áreas naturais e itinerarios máis importantes para coñecer a paisaxe e os monumentos artísticos e históricos de Galicia.

-O Camiño de Santiago como legado histórico e as peregrinacións.

5. Galicia: recursos e potencialidades para o seu desenvolvemento.

-O territorio.

-A agricultura.

-A industria.

-O turismo como actividade estratéxica.

6. Formación para informadores e colaboradores de oficinas e servizos de atención de programas socio-culturais e asistenciais.

-Servizos de atención e difusión de programas na Galicia exterior.

-Programas dirixidos ás comunidades galegas no exterior.

-Programas dirixidos aos emigrantes galegos no exterior e aos seus descendentes.

-Organización de servizos de información e tramitación ordinaria de documentos.

Artigo 42º.-Contido das achegas.

1. A Consellería de Emigración, con carácter xeral, farase cargo:

a) Dos gastos de aluguer de locais, se é o caso, os de material didáctico e os de organización necesarios para impartir o curso no establecemento elixido.

b) Do custo da viaxe e das retribucións do persoal docente achegado pola consellería.

c) Do custo do desprazamento e, se é o caso, da estadía dos participantes que residan dentro da zona de influencia, pero fóra da área metropolitana, en que se vai impartir o curso.

2. Poderán colaborar neste programa, segundo a modalidade de que se trate, as distintas consellerías da Xunta de Galicia e outras entidades públicas ou privadas de Galicia, ou dos países de asentamento das comunidades galegas, coas achegas de medios materiais ou persoais que se poidan acordar para un mellor cumprimento dos fins e obxectivos deste programa.

Artigo 43º.-Solicitantes.

1. Poderán solicitar este programa as entidades galegas ou grupo de entidades que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, propoñendo os correspondentes asistentes.

2. As entidades solicitantes de prazas para este programa deberán realizar a selección de alumnos entre persoas maiores de idade, procurando en xeral acadar unha presencia significativa de asistentes menores de 30 anos, debendo ter en conta os seguintes criterios de preferencia:

a) Ser socio do centro e ter aptitudes ou capacidades axeitadas para o desenvolvemento da actividade.

b) Ser persoa que teña algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas relacionadas coa modalidade que se vai impartir.

3. O número ordinario de asistentes ao curso non será menor de 80 para a modalidade de informadores turísticos e de 20 para o resto das modalidades. A relación de alumnos poderá conformarse a partir das propostas de asistentes presentadas por diferentes entidades galegas da mesma área xeográfica.

Artigo 44º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar a participación neste curso será a solicitude que faga o centro -ou conxunto de centros- segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 6 desta orde. No caso de recibirse varias solicitudes dunha mesma área xeográfica, e de ser posible, poderán acumularse estas para integrar os participantes en unidades cun número de alumnos que garanta a efectividade na realización da actividade e na xestión dos recursos dispoñibles.

Artigo 45º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas sobrevidas non puidesen ser previstas antes do 28 de febreiro de 2005, sempre que exista crédito axeitado e suficiente na partida orzamentaria destinada a estes fins.

Artigo 46º.-Tramitación, resolución e seguimento.

1. A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos seguintes criterios:

a) Características do centro ou centros solicitantes e necesidade do curso na área en que este se asenta.

b) Número efectivo de destinatarios dos cursos.

2. A consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ao centro gallego, conforme o establecido na normativa vixente.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración faga as comprobacións que considere precisas para asegurar o cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á consellería, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita consellería ditar a resolución que coide oportuna.

TÍTULO II

Programas de encontro con Galicia

Capítulo I

Programa 7: reencontros

Artigo 47º.-Obxecto e características.

1. Obxecto: ten por obxecto promover a consecución do reencontro das persoas de orixe galega residentes no estranxeiro e con carácter ordinario en Iberoamérica, cos seus familiares e a súa terra, superando tempos de separación. Este programa poderá realizarse de acordo coas modalidades seguintes:

a) Acción directa, destinada a aqueles galegos que polas súas circunstancias económicas e mailo afastamento e características sociais do país en que residen non poidesen visitar Galicia nos últimos 15 anos. Esta modalidade é executada pola Consellería de Emigración, podendo nalgunhas fases participar a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) En familia, executada pola Consellería de Emigración, dirixido a conceder viaxes a Galicia a custo reducido aos galegos e aos seus cónxuxes e fillos, pertencentes á terceira idade que permitan o reencontro coa súa terra e a súa familia.

c) Encontros con Galicia, ten por obxecto programar o achegamento a Galicia e o encontro coas súas familias dos galegos residentes en Iberoamérica que se atopan desfrutando do programa 13 do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Axudas para viaxes a España de emigrantes maiores organizado polo Imserso en colaboración coa Dirección Xeral de Emigración e que ten lugar en diferentes datas en distintos puntos das costas españolas. Realizarase o programa naquelas datas e lugares nas que o número de galegos participantes sexa suficientemente numeroso.

d) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. O obxecto desta acción é fortalecer o vínculo que une os galegos residentes

en Iberoamérica cos seus concellos de orixe, acadar o encontro coas súas raíces, coa súa familia e co seu pobo, mediante un programa realizado e dinamizado polos concellos, asociacións ou empresas radicadas no lugar onde naceron, en que estes adquiren o protagonismo efectivo.

2. Características básicas das modalidades:

a) Acción directa:

-Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados pola consellería ata os aeroportos de Galicia.

-Estadía durante un período máximo de 14 días, preferentemente no mes de outubro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra.

-Estadía cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

-Serán por conta da Consellería de Emigración os gastos derivados da selección dos beneficiarios e os de traslado incluíndo as pasaxes de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida ata os aeroportos de Galicia.

-Poderá participar neste programa, a través das estadías dos participantes, a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

-Poderán organizarse accións destinadas a persoas ou grupos con vínculos familiares directos mantendo como obxectivo prioritario o reencontro en Galicia.

b) En familia:

-As achegas consistirán ordinariamente no pagamento do 60% do custo do traslado a Galicia. Con carácter extraordinario, e para os residentes en Cuba, as achegas poderán chegar ao 80% do custo do traslado. Á súa chegada a Galicia iniciarán o reencontro coa súa familia galega nos lugares de residencia delas.

-As datas da viaxe a Galicia coas correspondentes programacións aéreas estableceranse con preferencia na segunda quincena do mes de xuño.

-A Consellería de Emigración, á vista das solicitudes presentadas, establecerá as datas en que se desenvolverá o programa. Así mesmo, establecerá a forma e prazo en que os interesados deberán achegar a cantidade en concepto de porcentaxe de custo e en proba da conformidade da viaxe. Entenderase que os que non cumpren este requisito desisten da solicitude.

c) Encontros con Galicia:

-Viaxe desde os hoteis situados nos lugares das costas españolas en que están aloxados ata Santiago de Compostela.

-Aloxamento en réxime de pensión completa e en cuarto dobre nun hotel da cidade e comezo dunha xornada de carácter cultural de reencontro con Galicia despois da que se dará por finalizada a actividade e comezo do período de reencontro cos familiares nos seus lugares de orixe.

-Unha vez finalizada a fase de reencontro familiar, o retorno aos lugares de residencia nos distintos países, será por conta dos participantes de acordo coas especificacións da pasaxe que teñan concertada coa Dirección Xeral de Emigración do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

d) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, empresas ou con asociacións sen ánimo de lucro de Galicia:

-Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados polo concello organizador ata os aeroportos de Galicia.

-Estadía cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ao seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

-O concello colaborará coa Consellería de Emigración na organización do programa.

-Nesta modalidade trátase de darlles aos concellos, empresas e asociacións o protagonismo nos programas de reencontros dos galegos coas súas familias residentes no municipio ou no ámbito de actuación da empresa. A selección dos beneficiarios correrá a cargo do concello ou da empresa coa axuda e colaboración das entidades galegas da Galicia do exterior e da Consellería de Emigración.

-Os concellos, asociacións ou empresas interesadas nesta modalidade do programa Reencontros, para poder iniciar os trámites do devandito programa, unha vez enviada a solicitude e aprobada por parte desta consellería, deberán enviar ao departamento correspondente a documentación seguinte:

* Tres orzamentos de axencias de viaxes onde figuren as datas previstas para a viaxe e o custo das pasaxes.

* As solicitudes dos participantes no programa coa documentación correcta e completa.

* Solicitude por parte dos familiares en Galicia dirixida ao seu alcalde ou presidente da asociación ou empresa.

Para tal efecto, enviarase unha circular ampliando a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

3. Cobertura sanitaria: os beneficiarios de calquera modalidade deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servizo Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

4. A consellería poderá nomear, naquelas accións do programa Reencontros co maior número de participantes, persoal capacitado en asistencia médica e social para a súa participación no programa en funcións sanitarias, asistenciais e de organización.

Artigo 48º.-Solicitantes.

a) Acción directa: poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Seren naturais de Galicia.

2. Residiren con carácter ordinario en Iberoamérica.

3. Ter sesenta ou máis anos de idade contados á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. No caso de que dous solicitantes sexan matrimonio, será suficiente con que un deles cumpra a idade sinalada.

4. Levar polo menos os últimos 15 anos naturais sen voltar a España.

5. Que estean en condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes.

6. Que non teñan recursos económicos suficientes.

Excepcionalmente poderán solicitar a participación neste programa, e sempre que cumpran cos requisitos relacionados nos números 2, 3, 4 e 5, os fillos de emigrantes galegos con nacionalidade española, residentes naqueles países en que a primeira xeración de galegos estea diminuíndo fortemente por ter unha idade media moi avanzada debido a que as correntes migratorias cara a eses países tiveron lugar nos primerios anos do pasado século.

b) En familia:

Poderán ser solicitantes desta modalidade de programa:

1. Aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Seren naturais de Galicia.

1.2. Residiren con carácter ordinario en Iberoamérica.

1.3. Teren máis de 55 anos de idade, contados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, podendo, por razóns extraordinarias alegadas e con carácter de excepcionalidade, nos casos de persoas que nunca regresasen a Galicia, ser menores da dita idade. No caso de que o cónxuxe sexa tamén solicitante, bastaría con que un deles cumpra este requisito de idade.

1.4. Estaren en condicións físicas para realizar a viaxe programada, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes.

1.5. Non teren participado nos últimos cinco anos naturais en anteriores edicións deste programa.

1.6. Non teren viaxado a España nos dous últimos anos naturais.

1.7. Teren familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, sempre e cando cumpran, así mesmo, o contido dos puntos 1.2, 1.3, 1.4, 1.5 e 1.6.

3. Os fillos de galegos, con máis de 60 anos de idade, contados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, que posúan a nacionalidade española no momento da presentación da solicitude e cumpran ademais os requisitos sinalados nos puntos 1.2, 1.4, 1.5, 1.6 e 1.7 deste mesmo artigo.

c) Encontros con Galicia: poderán ser solicitantes desta acción os beneficiarios do programa do Ministerio de Trabalo e Asuntos Sociais Axudas para viaxes a España de emigrantes maiores, nas edicións elixidas en función do número de galegos participantes, cumprindo os seguintes requisitos:

1. Que sexan nacidos en Galicia e teñan máis de 60 anos de idade, contados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

2. Os cónxuxes das persoas as que se refire o punto anterior, sendo así mesmo beneficiarias do mesmo programa.

d) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou con asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

1. Poderán ser solicitantes deste programa aqueles emigrantes que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Ser natural do concello galego protagonista desta acción ou ter os seus familiares residentes nel e ser nado en Galicia.

1.2. Residir en Iberoamérica.

1.3. Ter 60 ou máis anos de idade, contados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes. No caso de que o cónxuxe solicite o programa chegará con que un dos dous teña esta idade.

1.4. Levar polo menos os últimos 15 anos naturais sen vir a España.

1.5. Teren familiares ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

1.6. Estar en condicións físicas para realizar a viaxe programada, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes.

1.7. Non ter recursos económicos suficientes.

2. Os cónxuxes das persoas sinaladas no punto anterior que soliciten o programa sempre e cando residan en Iberoamérica, estean en condicións físicas de realizar a viaxe, teñan insuficientes recursos económicos e leven, polo menos, quince anos sen viaxar a España.

Artigo 49º.-Documentación.

A documentación das persoas solicitantes deberá estar integrada por:

a) Acción directa:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 desta orde.

2. Documento en que consten os seus ingresos económicos. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

3. Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego.

4. Certificado médico, segundo o modelo do anexo 7 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto A.5 do artigo 48º.

5. Fotografía actual tamaño carné.

b) En familia:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 bis desta orde.

2. Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou, se é o caso, da súa orixe galega e da nacionalidade española.

3. Certificado médico, segundo o modelo do anexo 7 bis desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto B.1.4 do artigo 48º.

4. Fotografía actual tamaño carné.

5. Documento no que consten os ingresos económicos da súa unidade familiar. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

6. Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadir a seguinte documentación:

* Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe do solicitante.

* Certificado médico, segundo o modelo do anexo 7 bis desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto B.1.4 do artigo 48º.

* Fotografía actual tamaño carné.

c) Encontros con Galicia. Farase chegar aos participantes nas edicións elixidas do programa do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais Axudas para viaxes a España de emigrantes maiores, unha circular en que se amplíe a información sobre a posta en marcha desta modalidade así como da documentación que hai que presentar.

d) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou con asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. Enviarase unha circular en que se amplíe a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

Por parte dos concellos, asociacións ou empresas:

* Solicitude segundo o correspondente modelo da circular dirixida á Consellería de Emigración.

Por parte dos solicitantes:

* Solicitude normalizada, segundo o correspondente modelo da circular dirixida ao concello, asociación ou empresa.

* Documento en que consten os seus ingresos económicos.

* Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

* Certificado médico, segundo o modelo do reverso da solicitude.

Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadir a seguinte documentación:

* Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe do solicitante.

* Certificado médico, segundo o modelo do reverso da solicitude.

* Fotografía actual tamaño carné.

Por parte dos familiares residentes en Galicia:

* Solicitude dirixida ao seu alcalde ou ao presidente da asociación ou empresa, segundo o correspondente modelo da circular.

Artigo 50º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

a) Acción directa: as solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación na Consellería de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para a presentación destas solicitudes os interesados poderán utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia de conformidade co Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

Para a presentación telemática das solicitudes os interesados deberán posuír un certificado dixital baixo a norma X.509 V3, expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.

Non obstante, os interesados que non teñan ese certificado dixital e así o desexen, poderán dirixirse aos centros coordinadores que se sinalan a continuación, onde hai persoas habilitadas para o efecto:

* En Arxentina:

-Oficina delegada da Consellería de Emigración no Centro Gallego de Buenos Aires.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España do Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.

* En Cuba:

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego da Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Neste caso, a utilización desta vía requirirá unha autorización que o interesado lle outorga á persoa habilitada do centro coordinador de que se trate para que proceda á remisión da súa solicitude vía telemática. Esa autorización poderase facer constar no modelo de solicitude correspondente a este programa e modalidade.

b) En familia: as solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, do mesmo xeito que o indicado no apartado 50.1º a).

c) Encontros con Galicia: as solicitudes presentaranse directamente na Consellería de Emigración seguindo as instrucións expostas na circular que desenvolverá este programa.

d) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou con asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

-As solicitudes correspondentes aos concellos, asociacións ou empresas: na Consellería de Emigración.

-As solicitudes correspondentes aos participantes: nas entidades galegas propostas polos concellos nos países destino da acción.

-As solicitudes correspondentes aos familiares residentes no concello: na sede do concello, asociación ou empresa.

A consellería dará publicidade, a través dos centros galegos, sobre aqueles concellos que participen no programa.

2. Prazo.

a) Acción directa: o prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

b) En familia: o prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

c) Encontros con Galicia: establecerase o prazo de presentación en función das datas de desenvolvemento do programa por parte do ministerio.

d) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou con asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes remata:

* Para os concellos, asociacións ou empresas: o 30 de setembro de 2005.

* Para os participantes: segundo o prazo acordado polo concello, asociación ou empresa.

* Para os familiares en Galicia: segundo o prazo acordado polo concello, asociación ou empresa.

Artigo 51º.-Tramitación e resolución.

1. Nas modalidades de acción directa e en familia.

1.1. Os centros galegos poderán comprobar que as solitudes estean completas e correctamente cubertas, coordinando cos solicitantes o seu envío.

1.2. En cada un dos países en que existan centros coordinadores a Consellería de Emigración poderá constituír unha comisión, para a que nomeará un representante na persoa dun funcionario e na cal estarán, así mesmo, representados os centros galegos en función do número de solicitudes presentadas baixo o seu abeiro polos residentes na súa área de influencia e o seu peso específico dentro da colectividade galega. Así mesmo, poderá asistir un representante do consello de residentes correspondente á demarcación en que se celebra a comisión, preferentemente galego, por razóns de coñecemento e integración na comunidade galega asentada nese país e, polos mesmos motivos, preferiblemente pertencente e representante dalgún dos centros constituíntes da comisión.

1.3. De constituírse, a comisión avaliadora reunirase dentro do prazo de 50 días contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de instancias, e levantará acta da relación provisional de persoas seleccionadas, que terá valor de proposta de selección e se expoñerá ao público nos taboleiros de anuncios dos centros durante sete días naturais. Durante este período os interesados poderán presentar as correspondentes reclamacións e o centro coordinador poderá pedirlles aos preseleccionados canta documentación coide oportuna para comprobar a veracidade dos datos citados nas solicitudes. No oitavo día natural, o centro coordinador elevará informe e, se é o caso, a proposta de modificacións xunto coa oportuna documentación xustificativa e informe do centro no que foi presentada a correspondente solicitude, á Consellería de Emigración que, despois dos trámites legais oportunos, comunicará a resolución aprobatoria aos interesados e aos centros coordinadores, que se

expoñerá publicamente nos taboleiros de anuncios.

1.4. De non constituírse a dita comisión, os centros coordinadores deberán remitir á Consellería de Emigración as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de 5 días a partir do remate do prazo de presentación.

2. Nas modalidades de encontros con Galicia, farase a tramitación das solicitudes na Consellería de Emigración.

3. Na modalidade de acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou con asociacións sen ánimo de lucro de Galicia, a tramitación será realizada polas entidades galegas designadas e a selección correrá a cargo do concello,

empresa ou asociación organizadora, contando coa supervisión da consellería.

4. Selección dos participantes:

a) Na modalidade de acción directa, efectuarase en función:

-Da idade dos solicitantes.

-Do tempo sen volver.

-Da situación económica.

-Do grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Do estado de saúde.

-Realidade social do solicitante.

Terán prioridade aqueles solicitantes que, cumprindo as condicións da convocatoria, teñan ao seu cónxuxe seleccionado.

b) Na modalidade en familia farase en función:

-Da idade dos solicitantes.

-Do tempo sen volver.

-Do estado de saúde.

-Da orixe galega, con preferencia os naturais de Galicia reservando un 10% das prazas para solicitantes fillos de galegos que cúmpran os requisitos sinalados no artigo 48.B.3. No caso de quedar prazas valeiras dentro desta porcentaxe acumularanse ás correspondentes a naturais de Galicia.

-Da situación económica.

-Do grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Realidade social do solicitante.

Terán prioridade aqueles solicitantes que cumprindo as condicións da convocatoria teñan ao seu cónxuxe seleccionado.

c) Na modalidade de encontros con Galicia:

-Tempo sen volver a Galicia.

-Estado de saúde.

-Situación económica.

d) Na modalidade de acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou con asociacións sen ánimo de lucro de Galicia:

-Idade dos solicitantes e tempo sen vir a Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan no concello galego.

-Estado de saúde.

5. Concesión:

Na modalidade de acción directa a concesión ten carácter de provisionalidade en canto non sexa avalada polo doutor encargado dos recoñecementos médicos. Así mesmo, nesta modalidade a concesión é de carácter individual.

Na modalidade de en familia a concesión ten carácter de provisionalidade mentres non sexa avalada polos familiares do solicitante residentes en Galicia e, así mesmo, en canto non sexa aboada, dentro do prazo establecido no seu momento, a porcentaxe correspondente da pasaxe de avión. Nesta modalidade a selección do beneficiario levará consigo a do seu cónxuxe, no caso de ser solicitante.

As prazas ofertadas que non sexan cubertas debido a renuncias serán, sempre que o tempo de tramitación o permita, ofertadas aos correspondentes reservas.

Artigo 52º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegurar o cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios quedan obrigados a comunicar á Consellería de Emigración calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo esta consellería ditar a resolución que considere oportuna.

Capítulo II

Programa 8: vacacións para lembrar

Artigo 53º.-Obxecto.

1. O programa ten por obxecto ofrecer unhas vacacións aos galegos e aos seus cónxuxes asentados noutras comunidades autónomas de España ou noutros países de Europa, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual da terra onde naceron, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como os nosos costumes tradicionais; constitúe un achegamento á súa terra, á que están vinculados por lazos permanentes, familiares e sentimentais.

2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Artigo 54º.-Finalidade.

A finalidade do programa é a seguinte:

a) Desprazamento dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola Consellería de Emigración ata o lugar de residencia en Galicia.

b) Estadía durante un período de 14 días nunha residencia de tempo libre de Galicia ou noutro establecemento hoteleiro, coa correspondente programación de actividades recreativas e culturais.

Poderase, cando as circunstancias así o aconsellen, dirixir o programa a colectividades de galegos residentes fóra de España, realizar a estadía noutra área xeográfica ou noutro establecemento residencial, notificándose nestes casos as bases que serán de aplicación a través da correspondente convocatoria.

Artigo 55º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios:

1. As persoas que cumpran as seguintes condicións:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir noutra Comunidade Autónoma de España ou noutro país de Europa.

c) Ter máis de 60 anos de idade. De presentar a solicitude xunto co seu cónxuxe, deberán ter cumpridos, alomenos un deles, os 60 anos de idade.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes e estar en condicións físicas para realizar a viaxe programada.

e) Non ter participado, nos últimos seis anos, en anteriores edicións deste programa.

f) Non ter recursos económicos suficientes.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo o contido das alíneas b), d), e) e f).

Artigo 56º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 8 desta orde, selada polo centro galego correspondente.

b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

c) Fotografía actual tamaño carné.

d) Fotocopias da declaración da renda correspondente ao ano 2003. Se o solicitante reside noutro país presentará documentación equivalente. Esta documentación poderase presentar en sobre pechado e lacrado, se así o desexa o solicitante.

e) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 8 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no artigo 55º alínea d) deste programa.

f) Se é o caso, documento xustificativo de estar xubilado.

Artigo 57º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Poderán canalizar a súa solicitude a través das entidades galegas aquelas persoas que residan nas súas áreas de influencia ou sexan socias delas. Neste caso será o centro galego o encargado de remitilas tal e como se indica no parágrafo anterior.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 58º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas poderán colaborar revisando a documentación e coordinando a súa presentación e envío, acompañando certificado, segundo o modelo do anexo 8-B, en que se relacionen as solicitudes presentadas, mencionando o coordinador do programa designado polo centro respectivo.

2. A selección dos participantes efectuarase entre as persoas que presentaron solicitude en cada entidade galega, estimando, na orde que segue, como preferente:

a) Non ter participado en edicións anteriores deste programa.

b) Os casos en que polo menos un dos cónxuxes posúa a condición de xubilado ou que teña máis de 65 anos de idade.

3. A Consellería de Emigración valorará, co informe das entidades galegas, as solicitudes en función dos seguintes criterios:

a) Situación económica, social e participativa no centro galego dos solicitantes.

b) Idade dos solicitantes.

c) Estado de saúde.

Artigo 59º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegurar o cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios quedan obrigados a comunicarlle á Consellería de Emigración calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a dita consellería ditar a resolución que considere oportuna.

Capítulo III

Programa 9: actividades de campamento Rotas: Coñece Galicia

Artigo 60º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto a inserción na vida social e cultural do pobo galego dos mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas da Galicia do exterior, achegándose ás raíces ancestrais do noso pobo, á nosa cultura etnográfica e ao noso medio rural e desenvolvendo ao mesmo tempo actividades recreativas, culturais, turísticas, deportivas e de tempo libre.

2. Convócanse 400 prazas en campamentos e albergues xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente na modalidade itinerante Coñece Galicia en determinadas quendas quincenais nos meses de xullo e agosto. Os seleccionados residirán en cada quenda consecutivamente en tres das seguintes instalacións: Eijo Garay e Irmáns Pedrosa de Lugo, Florentino López Cuevillas de Ourense,

Altamar de Vigo, Gandarío e Mariña Española da Coruña e Monte do Gozo en Santiago de Compostela. Os participantes integraranse con mozos residentes en Galicia e noutras comunidades españolas.

3. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

4. Cobertura sanitaria: os beneficiarios deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servizo Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

5. As prazas para participantes de América e Oceanía poderán incluír unha achega completa de viaxe, ou ben do cincuenta por cento do seu custo, de acordo coas cotas que para cada país se establezan por resolución da Consellería de Emigración. A consellería poderá igualmente colaborar no desprazamento ata Galicia dos grupos de viaxe de mozos, procedentes de Europa e resto de España, que poidan ser completados coordinadamente entre a Consellería de Emigración e as comunidades galegas.

6. Este programa poderá realizarse na modalidade de en colaboración cos concellos coa finalidade de obter a inserción na vida social e cultural dos concellos galegos dos rapaces e mozos, fillos ou netos de persoas orixinarias deles, comprendidos nas idades que se establezan e que residan na Galicia exterior. Esta modalidade, que será obxecto dunha circular explicativa, será desenvolvida en colaboración entre esta consellería e os concellos galegos que a subscriban.

Artigo 61º.-Contido das achegas.

1. A consellería farase cargo do custo da parte da viaxe que se estableza, tendo en conta o disposto no artigo 60.5º.

2. Os concellos de Galicia poderán participar na realización do programa no caso de que este se faga na modalidade de en colaboración cos concellos.

Artigo 62º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas prazas as persoas que, residindo no exterior, cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser galego, fillo ou neto de galego.

b) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, contados a 30 de xuño de 2005.

c) Non ter participado en edicións anteriores deste programa nin ter viaxado a España nos últimos 10 anos, para participar nas prazas que teñan achega para a viaxe, agás para residentes en Europa.

Artigo 63º.-Documentación.

1. Os solicitantes de países americanos onde se constitúa a comisión avaliadora a que se fai referencia no artigo 51º desta orde deberán presentar, inicialmente, antes do 28 de febreiro de 2005, os seguintes documentos:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 9.

b) Fotocopia dos documentos oficiais acreditativos da orixe galega do solicitante.

c) Dúas fotografías tamaño carné.

d) Fotocopia do seu documento nacional de identidade ou do pasaporte, no caso de que xa os teñan expedidos.

e) Anexo 9-B no caso dos solicitantes residentes en América e Oceanía, indicando a quenda de preferencia para o seu regreso.

f) Todos os participantes menores de idade presentarán o modelo anexo 9-B e cubrirán a autorización para viaxar, asinada polos pais ou titores legais.

g) Os participantes menores de idade de Europa e América que desexen quedar coa súa familia en España ao rematar a actividade, deberán cubrir, así mesmo, a autorización asinada polos seus pais ou titores legais, incluída no mesmo modelo anexo 9-B.

2. Os solicitantes preseleccionados pola comisión avaliadora á que se refire o artigo 51º deberán presentar, na semana seguinte á exposición da acta de preseleccionados, os seguintes documentos:

a) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de ser apto para participar, con normalidade, en actividades recreativas e deportivas.

b) Se é o caso, fotocopia do documento necesario para unha posible asistencia sanitaria que exceda da establecida no convenio asinado coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para programas culturais e asistenciais destinados á Galicia exterior.

3. Os solicitantes de España, Europa, Oceanía e países americanos onde non se constitúa comisión avaliadora deberán presentar, coa coordinación da entidade galega á que están asociados, toda a documentación indicada nos puntos 1 e 2 deste artigo de acordo co indicado no artigo 64º. Os descendentes de galegos residentes en lugares onde tampouco existan comunidades galegas, poderán presentar as súas solicitudes remitíndoas directamente á Consellería de Emigración.

Artigo 64º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para a presentación destas solicitudes os interesados poderán utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia de conformidade co Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

Para a presentación telemática das solicitudes os interesados deberán posuír un certificado dixital baixo a norma X.509 V3, expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.

Non obstante, os interesados que non teñan ese certificado dixital e así o desexen, poderán dirixirse aos centros coordinadores que se sinalan a continuación, onde hai persoas habilitadas para o efecto:

* En Arxentina:

-Centro Galicia de Buenos Aires.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España do Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.

* En Cuba:

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego da Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Neste caso, a utilización desta vía requirirá unha autorización que o interesado lle outorga á persoa habilitada do centro coordinador de que se trate para que proceda á remisión da súa solicitude vía telemática. Esa autorización poderase facer constar no modelo de solicitude correspondente a este programa.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Na modalidade de en colaboración cos concellos as solicitudes presentaranse no prazo establecido de acordo co concello e tramitaranse as mesmas de acordo co sinalado no artigo 49º d) desta orde.

Artigo 65º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado poderá participar neste programa indicando as prazas dispoñibles en cada quenda así como os tramos de idade posibles para cada campamento.

2. A consellería asignará as prazas que corresponderán, para cada tipo de achega da viaxe, a cada unha das áreas xeográficas, e dentro da área de América a cada un dos países.

3. Os centros galegos poderán comprobar que as solitudes estean completas e correctamente cubertas, tramitándoas do seguinte xeito:

a) Os centros galegos de España, Europa, Oceanía e países americanos onde non se constitúa comisión avaliadora, coordinarán cos solicitantes o seu envío.

b) Os centros galegos dos países americanos onde se constitúa comisión avaliadora farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión avaliadora que as sinaladas no artigo 51º, alíneas 1.1 a 1.4 desta orde.

4. A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos seguintes criterios:

a) Grao de ascendencia galega.

b) Tempo sen visitar Galicia.

c) Situación económica da familia.

d) Grao de integración e participación na vida asociativa da comunidade por parte do solicitante e da súa familia.

e) Interese amosado polo participante no coñecemento da cultura e realidade galegas a través da súa participación en concursos culturais, traballos de investigación, cursos de distintas especialidades convocados por esta consellería para a Galicia exterior, etc.

Os centros galegos presentarán as solicitudes co informe que, para valoración das circunstancias expresadas nas alíneas c), d) e e), establecerá por circular a Consellería de Emigración.

5. A consellería resolverá sobre a concesión do curso, adxudicando directamente as prazas reservadas a España, Europa e demais países onde non exista comisión avaliadora, segundo as quendas e tramos de idade dispoñibles e polo número de solicitudes presentadas por centro.

6. A consellería comunicaralles aos interesados e aos centros coordinadores a adxudicación definitiva das prazas.

7. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados deberán asistir ás sesións informativas que se realizarán nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ao coñecemento da realidade galega en xeral e da actividade de campamento en particular.

8. Na modalidade de en colaboración con concellos a tramitación realizarase a través das entidades galegas designadas e a selección dos participantes farase de acordo co contido do punto 5 deste artigo polo correspondente concello galego coa colaboración desta consellería.

Artigo 66º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración efectúe as comprobacións que considere necesarias sobre as circunstancias dos solicitantes que teñan incidencia na concesión de praza para participar neste programa.

2. Os beneficiarios quedan obrigados a comunicarlle á Consellería de Emigración calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita consellería dictar a resolución que considere oportuna.

Capítulo IV

Programa 10: cursos e seminarios de especialización en Galicia

Artigo 67º.-Obxecto e características.

1. Dous son os obxectivos que se pretenden con estes cursos. Por unha banda, adestrar e perfeccionar os mozos en técnicas necesarias para mellorar a expresión, dramatización e escenificación nos nosos grupos teatrais, así como a calidade e interpretación dos instrumentos musicais e a coreografía e execución das danzas tradicionais galegas. Pola outra, formar mozos maiores de 18 anos que poidan tanto dinamizar a xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, como fomentar e promocionar as actividades deportivas no seo das nosas comunidades.

2. A metodoloxía dos cursos será dinámica e participativa utilizando, sempre que se poida, recursos audiovisuais que fagan referencia a Galicia.

3. Estes cursos deberán ter como introdución unha sección informativa dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico, patrimonial, etc.

4. Os cursos serán de formación intensiva, terán lugar con preferencia en Galicia e contarán cunha duración mínima de 40 horas lectivas; o número de participantes en cada unha das modalidades non será superior a 25. En todo caso, o número total de prazas e o desenvolvemento de cada un dos cursos serán obxecto da oportuna resolución da Consellería de Emigración.

5. Nos cursos de técnicas de teatro, así como nos de danza e música tradicional galega poderá colaborar nalgunhas fases desas modalidades o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Xunta de Galicia (Igaem), baseándose para tal fin nas súas unidades de produción:

-Centro Dramático Galego.

-Ballet Galego Rey de Viana.

-Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e outros especialistas.

6. Os cursos de carácter deportivo teñen por finalidade a especialización de monitores, preparadores e adestradores dos equipos das seccións infantís e xuvenís nos deportes de máis implantación nos distintos centros e asociacións galegas. Poderá participar nalgunhas fases desta modalidade a Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

7. Cobertura sanitaria: os beneficiarios destes cursos e seminarios gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servizo Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

Artigo 68º.-Modalidades dos cursos.

1. Curso en técnicas de teatro, que pode abarcar os contidos seguintes:

a) Texto teatral: natureza, análise e texto de representación.

b) Repartición, ensaios e traballo do director de escena.

c) Espacio escénico: escenografía, movemento, iluminación e espazo sonoro.

d) Os estilos escénicos, produción na posta en escena, últimos ensaios e ensaios xerais.

e) Calquera outra técnica de representación teatral (construción e posta en escena de marionetas e monicreques, etc.), que poida ser de interese para os grupos das nosas comunidades.

2. O curso de técnicas deportivas atenderá á modalidade de fútbol abarcando os seguintes contidos:

a) Escolas de fútbol.

b) A preparación física.

c) Os principios de adestramento.

d) Técnica e táctica.

e) Psicoloxía e medicina no fútbol.

3. Curso de xestor de información xuvenil que pode abarcar os seguintes contidos:

a) Técnicas e recursos para a dinamización socio-cultural dos centros.

b) Oficinas de información xuvenil: creación e funcionamento.

c) Habilidades sociais.

d) Programas e liñas de actuación da Xunta de Galicia para a Galicia exterior.

e) Introdución á cultura de Galicia: historia, lingua, cultura, xeografía, institucións e sociedade.

A participación e o informe de aproveitamento do profesorado, tanto nestes cursos de especialización en animación xuvenil como nos cursos realizados nos propios centros, valoraranse especialmente para a realización de prácticas como monitores acompañantes de grupos de comunidades galegas integrados nas actividades de campamentos en Galicia.

Poderá participar a Consellería de Emigración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, co fin de programar debidamente a integración nos equipos de monitores na campaña de verán.

4. Curso de técnicas de danza e baile folclórico galego, cos seguintes contidos:

-Técnicas de danza clásica e de carácter: aplicación ao folclore galego.

-Colocación e movemento corporal. Música, ritmo e mimo.

-Escenario e vestiario.

-Técnica dos puntos: danzas e coreografías galegas. Percusión.

5. Curso de música tradicional galega, co seguinte contido, a nivel medio:

-A gaita galega, principios xerais. Afinación do roncón e do punteiro.

-Interpretación de muiñeiras, xotas, danzas festivas e danzas gremiais.

6. Curso de confección de compoñentes da gaita, cos seguintes contidos:

-Coñecemento e utilización dos materiais e ferramentas necesarias para a construción de palletas e pallóns. Modos de fabricación.

-Afinado do roncón e do punteiro.

7. Especialización en técnicas de pandeireta e canto, cos seguintes contidos:

-Visión global do canto e da percusión en Galicia.

-As distintas maneiras de tocar e cantar o ritmo da muiñeira, da xota e do valse.

-Os distintos xeitos de tocar agarrados.

-Presentación doutros tipos de percusión relacionándoos co canto.

Artigo 69º.-Contido das achegas.

A Consellería de Emigración farase cargo do custo da viaxe dos participantes procedentes de fóra da península, resto de Europa e América, de ida e volta, desde os lugares de partida fixados pola consellería ata os aeroportos de Galicia.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, no caso dos cursos de música, teatro e danza tradicional galega, poderá participar proporcionando as correspondentes instalacións e coa selección e dotación do profesorado.

A Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, no caso do curso de técnicas deportivas, poderá participar coas achegas do profesorado e coas instalacións necesarias para a súa realización.

O resto das achegas necesarias para poñer en funcionamento os cursos poderán ser a cargo da consellería, sempre tendo en conta os acordos entre as diferentes entidades e organismos colaboradores.

Artigo 70º.-Solicitantes.

1. As solicitudes serán presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, coa correspondente proposta de participantes.

2. As entidades solicitantes de prazas para estes cursos, ao facer a preselección que figurará na súa solicitude, deberán valorar os seguintes criterios nos aspirantes:

a) Ser galego ou descendente de galego.

b) Ser maior de 18 anos.

c) Ser socio dun centro galego que teña a galeguidade recoñecida ou sexa centro colaborador.

d) Pertencer ao grupo de animación xuvenil, teatral, folclórico ou deportivo desa entidade.

e) Para os cursos de folclore valorarase a participación noutros cursos desenvolvidos nos países de residencia ao amparo dos correspondentes programas da consellería.

f) Para os cursos de xestor de información xuvenil será requisito imprescindible ter participado en cursos anteriores de animación xuvenil realizados no lugar de residencia ou de especialización nesta materia, ou ter participado como monitor acompañante no programa de actividades de campamento en Galicia, ademais de traballar activamente en programas de dinamización nos seus centros.

3. Terán preferencia para asistir aos cursos aquelas persoas que acrediten ter algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de animación xuvenil, teatro, folclore ou deporte.

4. Por cada centro non poderán participar nos cursos máis de dúas persoas en cada unha das modalidades.

Artigo 71º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicitar a participación nestes cursos será:

a) Solicitude do centro, segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 10 desta orde, totalmente cuberta en todos os seus puntos. Para cada modalidade de curso en que se desexe presentar participantes, deberase cubrir unha solicitude-proposta. Se o centro presentase solicitudes para participar en varias modalidades, deberá indicarse en cada unha delas no lugar establecido para o efecto, a orde de preferencia na adxudicación das distintas modalidades de curso.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade ou do pasaporte e breve currículum de cada aspirante con referencia especial aos coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do curso.

c) Dúas fotografías tamaño carné de cada aspirante.

Artigo 72º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes, por necesidades extraordinarias de programación, rematará o 10 de febreiro de 2005.

Artigo 73º.-Tramitación e resolución; seguimento.

1. A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos criterios de responsabilidade e integración das persoas propostas dentro da comunidade galega nas correspondentes áreas de participación.

2. A consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ao centro galego, conforme o establecido na normativa vixente.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegurar o cumprimento do contido e condicións do programa.

TÍTULO III

Programas de apoio á actividade cultural

e deportiva das entidades galegas

Capítulo I

Programa 11: achega de fondos bibliográficos

Artigo 74º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto favorecer a difusión da cultura galega mediante a provisión de material bibliográfico aos centros da Galicia do exterior.

2. As dotacións consistirán na adquisición e envío de material desde Galicia, para incrementar o fondo bibliográfico dos centros solicitantes.

Artigo 75º.-Contido das dotacións.

A Consellería de Emigración poderá conceder a totalidade ou parte do material bibliográfico solicitado, facéndose cargo da súa adquisición, que non poderá ter, en ningún caso, un valor superior a 600 euros, e do custo do envío ao centro galego.

Artigo 76º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 77º.-Documentación.

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 11.

b) Relación de libros solicitados coa súa correspondente referencia bibliográfica (autor, editorial, etc.) ou indicación das áreas ou temas de interese para o centro.

Artigo 78º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 79º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración notificará a recepción das solicitudes aos centros.

2. A consellería resolverá a concesión das dotacións en función das características dos centros solicitantes.

3. A consellería, no seu momento, comunicará aos centros a adxudicación da dotación e procederá ao envío de material.

Artigo 80º.-Seguimento.

A solicitude dun centro supón o compromiso de aceptar as comprobacións que a Consellería de Emigración coide necesarias para asegurar o cumprimento destas normas.

Capítulo II

Programa 12: achega de material deportivo cos símbolos de Galicia

Artigo 81º.-Obxecto e características.

Este programa ten como obxectivo a provisión do vestiario axeitado para a práctica deportiva aos centros da Galicia do exterior, así como os propios símbolos de Galicia tales como a bandeira e o escudo.

Artigo 82º.-Contido das dotacións.

A consellería poderá conceder, na súa totalidade ou en parte, o material deportivo solicitado, facéndose cargo da adquisición e do envío ao centro galego solicitante.

Artigo 83º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este programa de dotación as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador e, no caso de pedir material deportivo, que teñan equipos deportivos creados no seu seo.

Artigo 84º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo do anexo 12 debidamente cuberta en todos os seus puntos.

Artigo 85º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos presentarán as solicitudes, xunto co resto da documentación, na Consellería de Emigración (Os Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 86º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración valorará as solicitudes en función dos seguintes criterios:

a) Características dos centros solicitantes.

b) Especialidades practicadas no centro.

c) Número de compoñentes dos equipos.

2. A consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ao centro galego, conforme ao establecido na normativa vixente.

Artigo 87º.-Seguimento.

A solicitude de dotación supón o compromiso de aceptar as comprobacións que a Consellería de Emigración considere necesarias para asegurar o cumprimento destas normas.

TÍTULO IV

Disposicións comúns para os distintos programas contemplados nesta orde

Artigo 88º.-Competencia para a resolución dos programas.

A competencia para a resolución dos programas desenvolvidos nesta orde corresponde ao conselleiro de Emigración. Non obstante, dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas e para unha maior operatividade e eficacia, delégase no director xeral de Emigración da Consellería de Emigración a competencia para dictar as correspondentes resolucións.

Artigo 89º.-Prazo de resolución e recursos.

O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, en caso de resolucións expresas, ou no prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas

por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposicións adicionais

Primeira.-A Consellería de Emigración levará a cabo a función de control, avaliación e seguimento dos programas recollidos nesta orde.

Para realizar as devanditas funcións poderán utilizarse cantos medios estean a disposición da Consellería de Emigración para comprobar os requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación, para o cal as entidades ás que van dirixidos os programas regulados nesta orde prestarán toda a colaboración que lles sexa requirida.

Segunda.-A Consellería de Emigración poderá requerir en todo momento a documentación orixinal ou copia compulsada que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas para os diferentes programas previstos nesta orde.

Terceira.-O conselleiro de Emigración poderá, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, ampliar os prazos sinalados nesta orde mediante resolución.

Cuarta.-De conformidade coa Orde do 11 de febreiro de 1998 da Consellería de Economía e Facenda, sobre a tramitación anticipada de expedientes de gasto, non se comunicará resolución de concesión aos beneficiarios ata que resultaren aprobados os créditos do programa 213-A (Accións a favor das comunidades galegas) que amparen o gasto correspondente. Os citados créditos figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comundiade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Quinta.-Os gastos en bens correntes e servizos que se ocasione con motivo da realización dos programas a que se refire esta orde realizaranse con cargo á aplicación orzamentaria 17.01.213-A.226.07 (actuacións derivadas da lei de galeguidade). O crédito inicialmente destinado para estas finalidade é de 1.400.000 euros sen prexuízo das modificacións que legalmente poidan efectuarse ao longo do exercizo.

As resolucións de concesión derivadas da execución dos distintos programas estará sempre condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na referida aplicación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Emigración da Consellería de Emigración para ditar as resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2004.

Aurelio D. Miras Portugal

Conselleiro de Emigración