DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2005 Páx. 399

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 27 de decembro de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas experimentais en materia de emprego.

No Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, establécese o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo, o emprego e a formación, asumíndose as funcións e os servizos transferidos mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro.

As directices de emprego da Unión Europea, e Plans Nacionais de Acción para o Emprego recollen como actuación prioritaria a mellora da capacidade de inserción laboral dos desempregados a través da información, a formación, a orientación profesional e a práctica laboral.

Con este obxectivo, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, vén articular programas experimentais de emprego, dirixidos a explorar novas alternativas de inserción laboral cos

demandantes que se atopan con especiais dificultades de acceso ao emprego.

Na Orde TAS 2643/2003, do 18 de setembro, pola pola que se establecen as bases reguladoras para a posta en práctica de programas experimentais en materia de emprego, establécese na disposición adicional que «As Comunidades Autónomas que asumiran o traspaso da xestión realizada polo Inem no ámbito do traballo, o emprego e a formación, exercerán as funcións que a presente orde atribúe a aquel, e que lles correspondan segundo o disposto nos reais decretos de traspaso....».

O Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais atribúelle a esta, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, o exercicio das competencias, entre outras, en materia de formación ocupacional e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral.

En virtude do exposto, e co fin de aumentar as posibilidades de inserción laboral en Galicia, iníciase unha nova vía de colaboración, dirixida á inserción laboral de demandantes inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, marcando obxectivos cuantificados e responsabilizando dos mesmos a entidades sen fin de lucro mediante a concesión de subvencións dirixidas á posta en marcha de programas experimentais.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, na redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000, que a modifica, establece no seu artigo 3.3º que poderán tramitarse, no exercicio inmediatamente anterior ao que se vaian imputar os correspondentes gastos, os expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas e subvencións derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente dos fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea, ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela, e que existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das medidas citadas.

Así, o financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas 16.03.241A.482.0 e 16.03.241A.460.0, que figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, aprobado por acordo do Consello da Xunta do 14 de outubro de 2004.

Consultado o Consello Galego de Reacións Laborais, e recabados os informes preceptivos na tramitación, a proposta da Dirección Xeral de Formación e Colocación e en uso das facultades que me son conferidas de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983,

do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1.1. As subvencións reguladas nesta orde terán por obxecto a posta en marcha de programas de emprego dirixidos á colocación no mercado de traballo das persoas desempregadas, mediante o ensaio de fórmulas experimentais de actuación e tratamento integrado da inserción laboral.

1.2. A convocatoria das subvencións previstas na presente orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2º.-Programa de accións experimentais.

Considerarase programa experimental o que ten por obxecto o desenvolvemento de plans integrais de emprego que combinen accións de diversa natureza, tales como: información, orientación e asesoramento; formación; práctica laboral e mobilidade xeográfica.

Nestes plans integrais estableceranse obxectivos cuantitativos previstos de inserción laboral dos desempregados participantes nos mesmos.

Artigo 3º.-Destinatarios.

3.1. As accións ás que se refire esta orde irán orientadas, con carácter xeral, á mellora da ocupabilidade e integración dos desempregados sinalados como prioritarios na definición anual do Plan de Acción para o Emprego:

A) Persoas con discapacidade.

B) Persoas inmigrantes.

C) Mulleres con problemas de integración laboral.

D) Persoas desempregadas en risco de exclusión social.

E) Perceptores de subsidios e prestacións por desemprego, da Renda Activa de Inserción ou da Renda de Integración Social de Galicia.

Todos eles deberán figurar inscritos como demandantes de emprego.

3.2. Con carácter xeral, alomenos o 40% dos beneficiarios das accións que configuren estes plans experimentais de emprego deberán ser perceptores de prestacións ou subsidios por desemprego. Esta porcentaxe será menor se o número de beneficiarios de perceptores de prestacións ou subsidios inscritos como demandantes de emprego na localidade na que se vaia desenvolver o plan, non acada a citada porcentaxe.

Quedarán excluídos deste requisito aqueles programas experimentais nos que os seus participantes sexan na súa totalidade desempregados previamente admitidos ao programa de Renda Activa de Inserción

ou beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia.

3.3. O Servizo Público de Emprego seleccionará aos demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación aos planos integrais, conforme aos criterios xerais deste artigo, podendo a entidade beneficiaria participar no proceso de selección nos termos que se acorden.

Artigo 4º.-Obxectivos.

4.1. Os programas experimentais de emprego establecerán obxectivos cuantificados de inserción laboral das persoas desempregadas participantes nos mesmos, de alomenos o 35% dos demandantes de emprego atendidos durante o desenvolvemento do programa.

Estes obxectivos reduciranse ao 30% cando todos os participantes no programa sexan desempregados previamente admitidos ao programa de Renda Activa de Inserción, e subscribiran o compromiso de actividade e/ou perceptores da Renda de Integración Social de Galicia.

4.2. Con carácter xeral, considerarase que a inserción laboral conseguiuse cando, durante a vixencia do plan, o desempregado sexa contratado como traballador por conta allea por unha duración non inferior a 6 meses. Non obstante, na correspondente resolución de concesión poderase axeitar a definición desta inserción por conta allea, en función de circunstancias tales como a actividade profesional que desenvolverá o traballador insertado ou a súa pertenza a colectivos de desempregados con especiais dificultades de inserción.

Igualmente, considerarase que a inserción laboral conseguiuse cando, durante a vixencia do plan, e durante un período dun ano como mínimo, se acredite a constitución en traballadores autónomos ou por conta propia, das persoas desempregadas participantes no dito plan.

4.3. O prazo de execución dos plans experimentais será, como máximo, de 12 meses.

Artigo 5º.-Entidades beneficiarias.

Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde as entidades sen ánimo de lucro e as corporacións locais que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento aos desempregados en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

Artigo 6º.-Contía das subvencións.

6.1. Para o desenvolvemento dos plans integrais de emprego previstos nesta norma, a financiación total determinarase na correspondente resolución, en función do número de persoas a atender e os obxectivos previstos de inserción, sendo a cantidade máxima a percibir de 1.200 euros por persona aten

dida e 3.500 euros por persoa atendida e insertada no mercado de traballo. En ningún caso, tendo en conta ambos parámetros, poderá percibirse unha catidade superior a 2.100 euros de promedio por desempregado obxecto do plan.

En cada resolución de concesión establecerase unha redución no importe total da subvención se non se consiguen os obxectivos previstos. Esta redución calcularase en función dos demandantes de emprego inseridos, tendo en conta, non obstante, os demandantes atendidos.

As cantidades, por persoa atendida ou inserida, determinaranse na correspondente resolución, en función das características dos desempregados a atender e inserir, e a súa dificultade para integrarse no mercado de traballo.

6.2. En ningún caso, o importe da subvención que se outorgue ao amparo desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou de outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade a desenvolver pola entidade solicitante.

Artigo 7º.-Gastos imputables.

7.1. A subvención determinada na resolución de concesión destinarase a cubrir os gastos da entidade relativos a:

a) Os custos salariais e de seguridade social do persoal necesario para o apoio e /ou formación dos demandantes de emprego, incluíndo o persoal que presta servizos na entidade beneficiaria e aqueloutro que puidera contratarse para tal fin, ata un límite de 30.000 euros anuais por traballador. No primeiro caso, imputaranse ao programa as partes proporcionais do tempo efectivamente adicado ao proxecto.

As retribucións refírense á prestación de servizos a xornada completa. As retribucións acomodaranse proporcionalmente á xornada que se desenvolva no caso de que a prestación de servizos sexa a tempo parcial.

b) Gastos de axudas de custo e desprazamento do dito persoal, e dos demandantes que participen no plan.

c) Gastos derivados da contratación de medios externos dirixidos á formación dos desempregados participantes no plan, así como as pólizas de seguros para a formación técnica e prácticas ocupacionais dos mesmos, en caso necesario.

d) Gastos de amortización de materiais e equipos técnicos necesarios para impartir a formación, co límite do 10% do coste total do proxecto.

e) Gastos xerais, materiais e técnicos, co límite do 25% do custo total do proxecto. Estes gastos inclúen os seguintes:

1) Gastos de execución de material técnico (guías, documentación para o participante...) e de execución en material de oficina.

2) Gastos xerais necesarios para a execución das accións na parte correspondente a dita execución:

-Arrendamento (leasing excluído): edificios, mobiliario, enseres e equipos de arrendamento.

-Mantemento (se non está incluído no arrendamento).

-Subministración de enerxía eléctrica, auga, combustible para calefacción (se non está incluído no arrendamento).

-Comunicacións (teléfono, correos...).

-Limpeza.

-Seguridade e vixilancia.

-Seguros de renponsabilidade civil.

7.2. Todos os proxectos e produtos que se elaboren con cargo ás subvencións concedidas ao amparo desta orde deberán utilizar axeitadamente as identificacións que estableza a Dirección Xeral de Formación e Colocación, e en todo caso, incluír en toda a documentación , o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo), e da Xunta de Galicia (Consellería de Auntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais).

7.3. Os dereitos de explotación dos proxectos e produtos financiados con cargo a esta orde serán cedidos á Dirección Xeral de Formación e Colocación, que será a garante da súa difusión e transferibilidade.

Neste sentido, e sempre que lle sexa requirido, o representante legal da entidade solicitante da subvención comprometerase por escrito a realizar esa cesión, de acordo cos requisitos establecidos no texto refundido da Lei de propiedade intelectual, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril.

Quedan excluídas da previsión establecida neste artigo, as actuacións sometidas ao ámbito de aplicación do réxime xurídico das contratacións coas administracións públicas.

Artigo 8º.-Requisitos da solicitude.

8.1. Todas as solicitudes presentanse segundo modelo oficial recollido no anexo I desta orde.

8.2 Para todos os proxectos regulados na presente norma, as solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Memoria explicativa do proxecto, considerándose requisito imprescindible para a valoración da solicitude. A dita memoria fará referencia aos seguintes aspectos, na orde que se indica:

-Denominación do programa ou proxecto.

-Descrición do mesmo, incluíndo unha enumeración detallada de cada unha das accións que o com

poñen, atendendo aos distintos tipos e programas onde se enmarcan as ditas accións.

-Duración total do programa, indicando a data de inicio e fin de cada unha das accións propostas.

-Lugar onde se van desenvolver as accións, especificando o enderezo completo.

-Colectivos aos que vai dirixido o proxecto.

-Número de participantes, que en calquera caso, non será inferior a 75.

-Valoración económica do custo total do proxecto, detallando os conceptos de gastos subvencionables e a estimación do mesmo por persoa atendida e insertada, conforme o previsto nesta orde, así como a cofinanciación da entidade subvencionada.

-Actividades, sectores e ámbito territorial nos que se pretende actuar.

-Relación de medios materiais e recursos humanos dos que se dispón ou dos que se dotará o solicitante, na que se especifiquen as condicións daqueles, o seu historial formativo e laboral, e as súas capacidades, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.

-Obxectivos de inserción laboral previstos, que deberán ser alomenos os indicados no artigo 4º.1 desta orde.

b) Copia compulsada da escritura pública de constitución e dos estatutos, onde conste que a entidade solicitante dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuadas as administracións ou entidades públicas da presentación destes documentos. Aos efectos desta norma, enténdese por Administración pública e entidades de dereito público, as administracións e entidades ás que refire o artigo 2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

c) Orixinal ou copia compulsada da documentación acreditativa da capacidade do representante legal da entidade solicitante, para actuar en nome e representación da mesma.

d) Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

e) Documentación que acredite a experiencia da entidade solicitante en actuacións de acompañamento da inserción laboral e mellora da ocupabilidade dos demandantes de emprego.

f) Datos bancarios onde se desexe percibir a subvención (anexo III).

g) Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas presentadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades (anexo IV).

8.3. De conformidade co establecido no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as entidades solicitantes poderán ser requiridas, no seu caso, polo órgano competente para a instrucción, para que completen ou subsanen os requisitos preceptivos sinalados nos apartados anteriores, no prazo de 10 días hábiles, a partir do seguinte á recepción da notificación correspondente.

8.4. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 9º.-Prazo.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 40 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 10º.-Criterios de valoración dos programas.

Nos plans integrais de emprego previstos nesta norma, valoraranse os seguintes aspectos:

1. O número e as características dos colectivos desempregados a atender, tendo en conta as especiais dificultades dos mesmos, tales como excluídos sociais, inmigrantes, discapacitados etc.

2. Os compromisos adquiridos en materia de inserción laboral no mercado de traballo dos demandantes a atender.

3. O maior esforzo inversor da entidade solicitante na financiación total do proxecto, non valorándose a estes efectos unha cofinanciación inferior ao 10% da totalidade da subvención.

4. A experiencia acreditada da entidade solicitante en actuacións de acompañamento da inserción laboral e mellora da ocupabilidade dos demandantes de emprego en xeral, e particularmente respecto das ditas actuacións sobre colectivos de desempregados con especiais dificultades nos ditos procesos, tales como os excluídos sociais, inmigrantes ou discapacitados.

5. Carácter innovador do programa a desenvolver.

6. Recursos humanos e materiais axeitados para a atención aos colectivos correspondentes.

Artigo 11º.-Procedemento e concesión de subvencións.

11.1. A tramitación e instrución dos expedientes realizarase na Dirección Xeral de Formación e Colocación conforme o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

11.2. Logo da fiscalización das propostas de resolución pola Intervención Delegada, e unha vez analizadas as solicitudes presentadas, o director xeral de Formación e Colocación, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, dictará resolución motivada, e seralle notificada aos interesados.

11.3. A resolución dos expedientes deberá producirse nun prazo de seis meses contados desde o día seguinte ao da entrada da solicitude no correspondente rexistro. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

11.4. A resolución que finaliza os procedementos regulados nesta orde esgota a vía administrativa, polo que contra elas poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, na forma e prazo previstos no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciososo-administrativa.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do citado recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo, na forma e prazos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outros posibles interesados.

Artigo 12º.-Xustificación.

A acreditación dos diferentes conceptos de gastos subvecionables realizarase achegando a seguinte documentación:

a) Retribucións de persoal.

-Copia compulsada do contrato.

-Copia compulsada do TC1 e TC2 correspondentes aos meses imputados.

-Copia compulsada das nóminas correspondentes aos meses imputados.

-Copia compulsada do impreso de liquidación nominal do IRPF.

-Copia do documento autenticado (transferencia bancaria ou cheque nominativo), que xustifique o pagamento das nóminas do persoal.

b) Gastos imputables ás accións realizadas en concepto de axudas de custo e desprazamentos, contratación de medios externos, gastos de amortización de materiais ou equipos e gastos xerais, materiais e técnicos necesarios.

A acreditación deste bloque de gastos farase mediante as facturas correspondentes, orixinais ou

copias compulsadas, tendo en conta que todas as facturas aportadas como xustificantes deberán estar referidas de forma inequívoca á entidade subvencionada e ao período que abrangue a subvención.

Artigo 13º.-Forma de pagamento.

13.1. O pagamento da subvención realizarase do seguinte xeito:

Procederase ao aboamento do 50 por 100 do total da subvención concedida para os anos 2005 e 2006, (o 35% no caso de entidades locais), a partir do momento en que a entidade subvencionada presente a seguinte documentación:

a) Certificado de inicio das accións (anexo V).

b) Copia compulsada do contrato ou contratos do persoal que realizará as accións.

c) Certificado de alta en seguridade social do dito persoal.

d) Copia compulsada dos DNI das persoas que van a participar nas accións.

e) Copia das tarxetas de demanda de empego das persoas que van participar nas accións.

f) Ficheiro informático, en formato de folla de cálculo, no que figure o nome, apelidos e NIF de cada unha das persoas que van participar nas accións.

g) Fichas de control de accións, correspondentes ao inicio das mesmas, asinada por cada un dos desempregados participantes no plan.

13.2. Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, que en todo caso nunca poderán superar o orzamento asignado para cada anualidade, e nunca serán superiores ao 75% do total da subvención concedida para os anos 2005 e 2006.

13.3. Unha vez presentada a documentación requirida para a liquidación final, e comprobadas as actuacións sinaladas no artigo 15º desta orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación procederá á liquidación da subvención, sen prexuízo do establecido no artigo 18º, tendo en conta que os gastos correspondentes a cada anualidade deberán ser imputados ao orzamento concedido para cada ano.

13.4. En todo caso, as certificacións e xustificacións presentadas polas entidades participantes nos programas experimetais deberán axustarse ao disposto no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14º.-Requisitos para o aboamento final.

14.1. Unha vez finalizadas as actividades, as entidades beneficiarias deberán acreditar mediante cer

tificación selada e asinada polo representante da entidade, a realización das accións descritas.

14.2. Así mesmo, finalizadas as accións, e antes de proceder ao último pagamento, a entidade beneficiaria deberá presentar unha declaración de conxunto de todas as solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades.

Artigo 15º.-Liquidación final.

15.1. Durante o mes seguinte ao de finalización da execucións das accións obxecto da subvención, a entidade subvencionada presentará liquidación final dos gastos realizados, que conterá alomenos, os seguintes datos:

a) Relación dos demandantes de emprego atendidos e dos inseridos. A dita relación remitirase nun ficheiro informático, en formato de folla de cálculo, no que figure o nome e apelidos de cada usuario así como o seu NIF.

b) Copia dos contratos de traballo dos usuarios inseridos, ou alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, colexio profesional e mutualidade que corresponda.

c) Fichas de control de accións, correspondentes ao fin das mesmas, asinada por cada un dos desempregados participantes no plan.

d) Certificación de gastos realizados (anexo V), donde deberán constar os gastos de persoal e a relación de facturas, acompañada da documentación especificada no artigo 12º desta orde.

15.2. Xunto coa xustificación sinalada no apartado anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar ao Servizo Público de Emprego, unha memoria final de actividades, donde se faga constar unha descrición detallada da execución do programa, dos colectivos atendidos e a identificación das persoas atendidas e/ou inseridas no mercado de traballo.

15.3. O Servizo Público de Emprego verificará o nivel de inserción efectivo que a entidade beneficiaria certifica, de acordo cos termos establecidos na resolución de concesión. Se nesa verificación se comprobara que a porcentaxe de inserción laboral dos usuarios atendidos é menor do obxectivo previsto no programa, a Dirección Xeral de Formación e Colocación procederá a realizar o desconto correspondente, de tal xeito que as cantidades resultantes, segundo corresponda, ben deixarán de ser aboadas pola Dirección Xeral de Formación e Colocación ou ben serán reintegradas pola entidade beneficiaria, consonte o disposto no artigo 18º desta orde.

15.4. Ás entidades que, transcorrido o prazo dun mes desde a finalización das accións, non presentasen a documentación de xustificación final dos gastos, poderá serlles exixido o reintegro das can

tidades percibidas en concepto de anticipo, consonte o disposto no artigo 18º desta orde.

En caso de que a xustificación fose incorrecta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle de que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclamar o reintegro, total ou parcial, da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 16º.-Obrigas das entidades beneficiarias.

16.1. As entidades beneficiarias das axudas previstas nesta orde están obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, ou polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

16.2. Igualmente, as entidades beneficiarias están obrigadas a comunicar á oficina de emprego correspondente os datos básicos das persoas desempregadas que se incorporan ao Programa Experimental, así como as baixas e as novas incorporacións ao mesmo.

16.3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, o incumprimento dalgunha das obrigas sinaladas nesta orde, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 17º.-Seguimento das accións.

17.1. Sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá realizar as comprobacións e verificacións que considere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normativas vixentes que resulten de aplicación.

17.2. Así mesmo, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá realizar comprobacións e verificacións, presenciais e aleatorias co obxecto de avaliar cuantitativa e cualitativamente o desenvolvemento das accións previstas nesta orde en calquera das entidades beneficiarias da subvención.

No caso de levarse a cabo visitas de seguimento por parte da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, as entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, facilitarán o acceso ás instalacións nas que se realizan as accións, así como toda a documentación de carácter técnico, administrativo, informático ou contable que teña relación coa subvención concedida que se lles solicite.

Nas visitas de seguimento elaborarase un informe que asinarán o responsable da visita e o responsable da entidade. A sinatura do responsable da entidade non implicará a conformidade co contido do informe.

Artigo 18º.-Reintegro das subvencións.

18.1. Procederá o reintegro das cantidades percibidas nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificar a realización da actividade.

b) Incumprimento da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) Incumprimento por parte da entidade subvencionada das obrigas sinaladas nesta orde.

d) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos na presente orde ou na normativa que a desenvolva.

e) Obstaculización das actuacións de seguimento e control polas institucións facultadas para as mesmas, e incumprimento da obriga de información de datos.

18.2. Así mesmo, procederá o reintegro por parte da entidade subvencionada das cantidades que excedan da contía a percibir polas accións realizadas, unha vez deducidas outras subvencións ou axudas recibidas pola entidade subvencionada para a mesma finalidade, e en todo caso estarase ao diposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

18.3. Transcorridos seis meses desde a finalización do prazo previsto para a execución dos proxectos, o Servizo Público de Emprego poderá comprobar, se non fora posto en coñecemento neses momentos pola entidade beneficiaria da subvención, se o nivel de inserción laboral se corresponde co acreditado na liquidación da subvención, exixindo, no caso contrario, a devolución proporcional da subvención indebidamente percibida. O procedemento de reintegro axustarase ao previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

18.4. No caso de que as insercións certificadas pola entidade beneficiaria correspondan a traballadores insertados por conta propia, a comprobación sinalada no apartado anterior levarase a cabo transcorrido un ano dende a finalización do prazo previsto para a execución dos proxectos.

Artigo 19º.-Participación institucional.

A participación dos axentes sociais para os efectos do Servizo Público de Emprego efectuarase a través do Comité Autonómico de Emprego.

Disposicións adicionais

Primeira.-As accións incluídas nesta orde financiaranse con cargo ás consignacións orzamentarias

que figuran no proxecto de orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2005 nas seguintes aplicacións: 16.03.241A.482.0, cun importe de 2.070.945 euros na anualidade de 2005, de 1.449.661,5 euros na anualidade de 2006, e 16.03.241A.460.0, cun importe de 1.075.720 euros na anualidade de 2005, e de 753.004 na anualidade de 2006.

A forma de pagamento prevista no artigo 13º desta orde estará condicionada á autorización do Consello da Xunta de Galicia.

As ditas consignacións estarán supeditadas ás modificacións orzamentarais que se poidan realizar como consecuencia de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado.

Segunda.-A concesión das subvencións terá como límite global o crédito asignado para este fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de cada ano, e o límite dos compromisos plurianuais que se adquiran ao abeiro do artigo 58.1º b) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, logo da autorización do compromiso plurianual por parte do Consello da Xunta.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais no director xeral de Formación e Colocación para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos.

Cuarta.-En todo o non disposto na presente disposición, será de aplicación a normativa do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais relativa a programas experimentais en materia de emprego.

Quinta.-A presentación da solicitude para concorrer ás subvecións previstas nesta orde suporá a aceptación expresa de todas as obrigas e condicións derivadas das bases recollidas no articulado da orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Formación e Colocación para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais