DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2005 Páx. 377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 7 de xaneiro de 2005 pola que se articulan axudas no marco do Programa de Mellora Gandeira de Galicia.

Para desenvolver as liñas marcadas no Programa de Mellora Gandeira de Galicia é preciso a regulación de axudas concretas destinadas, por unha banda, a prestar o apoio técnico necesario ao sector gandeiro, cos obxectivos de mellorar a eficacia e a profesionalidade deste, contribuíndo á súa viabilidade a longo prazo, e por outra, a fomentar o mantemento e a mellora da calidade xenética da cabana gandeira galega, sen afectar as condicións da competencia.

As actividades a subvencionar enmárcanse no disposto nos puntos 4, 14 e 15 das directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario (2000/C 28/02).

As liñas de axuda de apoio técnico ao sector gandeiro abranguen os programas de xestión zootécnica, os programas de planificación zoosanitaria e as actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

As liñas de axuda para a mellora da calidade xenética do sector gandeiro galego abranguen as axudas de apoio aos libros xenéticos, as axudas destinadas á realización de probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro, as axudas destinadas á realización de programas de cría de animais, as axudas á adquisición de animais

de reposición de determinadas razas autóctonas españolas e as axudas ao fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción.

1. Os programas de xestión zootécnica permiten acadar a mellora da eficacia dos sistemas produtivos gandeiros, cunha clara repercusión na economía da explotación. Son as agrupacións de gandeiros a vía axeitada para a realización destas actividades que garantan a viabilidade das explotacións e a competencia dos seus produtos no mercado.

2. Os programas de planificación zoosanitaria están dirixidos a mellorar o estado sanitario das explotacións gandeiras incluídas nas agrupacións de defensa sanitaria, nas que o desenvolvemento das actuacións encamiñadas á prevención e loita contra diversas enfermidades redunda nunha mellora das producións e nunha alta rendibilidade.

3. As actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego serven para prestixiar o labor das ganderías acollidas nos programas de mellora gandeira de Galicia, para o fomento e difusión dos animais destas razas, e para elevar o nivel de profesionalización e especialización do sector gandeiro mediante a adquisición e actualización de coñecementos que deriven na implantación de técnicas ou prácticas agropecuarias que eleven a eficacia produtiva das explotacións.

4. Os libros xenéticos son a base de todos os programas de mellora xenética, ao seren os arquivos dinámicos oficiais que conteñen a información xenealóxica, morfolóxica e produtiva dos animais inscritos, permitindo estimar o mérito xenético destes e servindo para tomar as decisións sobre como orientar a mellora xenética en cada raza. No caso das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción o seu fomento ten a finalidade de evitar a súa desaparición.

Nun mercado cada vez máis profesionalizado, os animais inscritos nos libros xenéticos acadan un valor económico maior, contribuíndo, por unha parte, a aumentar os beneficios derivados da súa comercialización, e por outra, a estimular a recría de animais selectos que prestixian o labor dos seus criadores e, por ende, do proceso de selección.

5. Polo que se refire á realización de probas para determinar a calidade xenética ou o control de rendementos no gando vacún leiteiro, a experiencia adquirida coa posta en marcha do Programa de Mellora Gandeira, e o desenvolvemento das liñas básicas definidas nel, así como a importancia do sector do gando vacún leiteiro dentro da renda agraria da Comunidade Autónoma de Galicia, aconsellan continuar as accións emprendidas como o mellor medio para a incorporación a este sector gandeiro de novos criterios de manexo e de mellora xenética. As novas orientacións a nivel nacional e internacional no desenvolvemento destes programas fan das asociacións e agrupacións de produtores unha canle

axeitada para a progresiva participación do sector e a garantía da súa viabilidade futura.

A comprobación dos rendementos de gando vacún leiteiro en Galicia ten por obxecto o estudo e determinación dos parámetros produtivos necesarios para documentar os programas de mellora xenética e de manexo. Cumpre dúas funcións, por unha banda achega unha valiosa información sobre aspectos produtivos, reprodutivos e sanitarios dos animais que, unha vez procesados, permiten a súa utilización na xestión técnica da granxa; e por outra, esa información xunto coa xenealoxía e a obtida tras a cualificación morfolóxica serven para realizar as avaliacións xenéticas dos animais.

6. A aplicación a nivel de explotación de programas de cría animal é unha vía para incorporar as novas prácticas e técnicas innovadoras en materia de produción animal ás explotacións galegas.

7. As axudas para a avaliación xenética das femias das especies bovina, ovina e cabrúa de raza pura para reprodución baséanse na xestión da liña de axudas mediante subvencións por lactación completa e válida, regulado polo artigo 9 do Real decreto 1213/1997, do 18 de xullo.

8. As axudas para a adquisición de animais de reposición de determinadas razas bovinas, ovinas e cabrúas autóctonas españolas baséanse na xestión da liña de axudas para gandeiros regulada polo Real decreto 1734/2000, do 20 de outubro, modificado polo Real decreto 836/2002, do 2 de agosto.

9. O fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción baséase na xestión da liña de axudas para as organizacións ou asociacións de gandeiros regulada polo Real decreto 997/1999, do 11 de xuño.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto convocar e regular as axudas para as seguintes actividades:

-O desenvolvemento de programas de xestión zootécnica.

-O desenvolvemento de programas de planificación zoosanitaria.

-Actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

-Apoio aos libros xenéticos da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia.

-A realización de probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

-A realización de programas de cría de animais.

-A avaliación xenética das femias das especies bovina, ovina e cabrúa de raza pura para reprodución.

-A adquisición de animais de reposición de determinadas razas bovinas, ovinas e cabrúas autóctonas españolas.

-O fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación desta orde será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Finalidade.

Os fins que se pretenden acadar coa presente orde son os seguintes:

-O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa competitividade e do nivel de vida dos gandeiros.

-A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.

-A mellora da eficacia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

-A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas os criadores, as asociacións ou agrupacións de criadores e as súas federacións recoñecidas oficialmente, as entidades locais e outras entidades relacionadas co sector agrario, formalmente constituídas, todas elas radicadas en Galicia, que desexen realizar actividades encamiñadas á mellora da eficacia dos sistemas produtivos e das calidades nas súas producións, ou apoien a realización deste tipo de programas, e que presenten un programa de actuación de acordo co contido desta orde.

Os criadores que participen nos distintos programas deberán cumprir na súa explotación as normas mínimas autonómicas, estatais e comunitarias en materia sanitaria, de identificación, de alimentación, de medio natural, de hixiene e benestar dos animais.

Artigo 5º.-Solicitudes e prazo de presentación.

1. As solicitudes presentaranse preferentemente nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, a de calquera Administración das comunidades autónomas, ou a algunha das entidades que integran a Administración local, se neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de envío por correo farase de acordo co regulamen

tariamente previsto no artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, presentándose en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, se faga constar, con claridade, o nome da oficina e a data, o lugar, a hora e minuto da súa admisión.

Á solicitude xuntaráselle a documentación requirida no capítulo IV, que está en función da liña de axuda solicitada.

2. O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, excepto para as axudas á adquisición de animais de reposición de determinadas razas bovinas, ovinas e cabrúas autóctonas españolas, no que o prazo de presentación de solicitudes é nos 30 días seguintes á adquisición dos animais.

3. O solicitante poderá acudir individualmente á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e á Consellería de Economía e Facenda para solicitar a expedición dos certificados acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, para presentalos xunto á solicitude de axuda ou, se é o caso, formalizar debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural poida solicitar por vía informática.

Así mesmo, xunto coa solicitude deberá presentar o certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas súas obrigas con ela.

4. Non obstante, quedan exentas de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78 do texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, as especificadas no artigo 41 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

5. A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 6º.-Tramitación e resolución.

O expediente será resolto polo conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

De acordo co artigo 22 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a proposta de concesión será formulada por un órgano colexiado constituído para o efecto, formado por: presidente

o subdirector xeral de Gandaría; vogal o xefe do Servizo de Planificación Gandeira, e secretario o xefe do Servizo de Produción Gandeira; podendo prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados; neste caso a proposta de resolución formulada terá carácter definitivo. A consellería resolverá e notificará, nun prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a aprobación da solicitude. A falta de comunicación no dito prazo poderase entender desestimatoria das peticións de axuda. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá presentarse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación; ou ben alternativamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da

notificación.

Artigo 7º.-Seguimento e control da concorrencia e acumulación de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

1. Xunto coa solicitude inicial, os peticionarios das axudas presentarán unha declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións ou entes públicos, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

2. En calquera caso, coas xustificacións e se houber modificación da declaración anterior, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Artigo 8º.-Criterios de adxudicación e control da execución dos programas.

1. Os criterios de adxudicación e para a determinación da contía individualizada das distintas liñas de axuda especifícanse en cada unha delas nos capítulos II e III.

2. Cando o número de solicitudes con dereito a axudas exceda o crédito dispoñible destinado para tal fin, a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria proporá, dentro dos límites establecidos para cada liña, o importe correspondente a cada beneficiario, realizándose un rateo entre estes.

3. O control da execución dos programas será levado a cabo por persoal da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

Artigo 9º.-Modificación das axudas.

1. As subvencións a que se refire esta orde serán consideradas como subvencións máximas e poderán

ser reducidas, por proposta da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria, cando exista concorrencia doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

2. O pagamento da subvención realizarase logo de xustificación polo beneficiario da realización da actividade, proxecto, obxecto ou adopción do comportamento para o que se concedeu nos termos establecidos nesta orde.

3. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 10º.-Reintegro da axuda e obriga de facilitar información.

O interesado ten a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, e nos demais supostos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no réxime sancionador sinalado no artigo 79 da mesma lei (Decreto lexislativo 1/1999). Así mesmo, ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle sexan solicitadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 11º.-Réxime de incompatibilidades.

As axudas recollidas nesta orde son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que se cumpran os límites establecidos na normativa aplicable e que en ningún caso se supere o custo total da actividade financiada.

Artigo 12º.-Xustificacións.

1. As xustificacións técnicas e económicas da realización do programa deberán presentarse antes do 15 de novembro, preferentemente no rexistro da consellería, das súas delegacións provinciais ou nas oficinas agrarias comarcais. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades

autónomas, ou a algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xuntando os xustificantes orixinais de investimento total e unha memoria explicativa sobre a realización do programa auxiliado, que probe a entrega efectiva dos produtos ou a prestación efectiva dos servizos.

Considérase gasto realizado o que foi sido efectivamente pagado, de xeito que aqueles gastos presentados nos cales non se xustifique o pagamento, terán que ser xustificados no momento en que sexan realizados, para que a axuda poida ser pagada. Por regra xeral, os pagamentos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas orixinais pagadas. Nos casos en que isto non sexa posible, os pagamentos serán xustificados por documentos contables de valor probatorio equivalente.

De acordo co artigo 31.3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo 3 ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, de ser o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

2. Non obstante, para a liña de axudas á adquisición de animais de determinadas razas bovinas, ovinas e cabrúas españolas, enténdese que os xustificantes da execución das actividades subvencionables se achegan xunto coa solicitude.

3. Os beneficiarios dos programas de xestión zootécnica e de planificación zoosanitaria, ademais do indicado no parágrafo primeiro deste artigo, deberán presentar unha memoria do programa desenvolvido, asinada polo facultativo responsable da súa execución, que mostre a evolución do programa no período, así como as xustificacións das visitas realizadas ás explotacións e os informes técnicos.

4. A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención poderán acreditarse por módulos no caso das axudas destinadas á realización de programas de cría de animais.

5. No caso das asociacións de criadores das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, e dado o reducido número de animais que xestionan, estas poderán subcontratar ata un 100% da actividade subvencionada.

6. De acordo co artigo 30, punto 4º, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

Artigo 13º.-Financiamento.

1. As axudas que deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005: 09.03.613-A.760.0: 76.898,79 A (artigo 16). 09.03.614-A.771.0: 3.856.997,43 A. (953.058,64 A artigo 14; 10.543,75 A artigo 22; artigo 20: leite, de fomento e de protección especial: 1.280.649,30 A, 640.020,71 A e 156.037,75 A; 816.687,27 A artigo 21). 09.03.614-A.781.0: 2.563.182 A (395.179,05 A artigo 16; 932.117,88 A artigo 18; 1.122.125,86 A artigo 19; 113.759,21 A artigo 23). 09.03.613-A.770.1: 2.721.760 A. (1.153.564 A artigo 15 prevención. 1.568.196 A artigo 15 erradicación).

A concesión da axuda estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

2. Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia cos que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos comunitarios, estatais ou autonómicos achegados para o efecto.

Estas axudas son cofinanciadas polo Feoga-Orientación nun 75%.

3. No caso de que quedasen remanentes de crédito nunha aplicación orzamentaria, destinados ao financiamento dunha liña de axudas, tales remanentes poderán ser destinados ao financiamento das liñas de axuda deficitarias financiadas coa mesma aplicación.

4. As axudas enmarcadas nos reais decretos 1213/1997, 997/1999 e 1734/2000 modificado polo R.D. 836/2002, proceden dos orzamentos xerais do Estado, e financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.03.614-A.771.0 e 09.03.614-A 781.0.

Capítulo II

Axudas de apoio técnico ao sector gandeiro

Artigo 14º.-Programas de xestión zootécnica.

Establécense axudas destinadas ás asociacións de gandeiros e ás súas federacións recoñecidas oficialmente na Comunidade Autónoma de Galicia, dirixidas á realización de programas de xestión zootécnica en gando vacún.

1. Criterios de admisión: non se subvencionará ningún programa que non cumpra os requisitos mínimos seguintes:

-Que exista, como mínimo, a contratación dun técnico facultativo.

-Deberán ter un mínimo de 1.500 reprodutoras e 40 explotacións por técnico, e un máximo de 4.000 reprodutoras ou 100 explotacións por técnico.

-Que o programa zootécnico prevexa a realización dun programa de reprodución.

-Que polo menos o 30% das explotacións con orientación produtiva leiteira da agrupación solicitante estean en control leiteiro oficial.

2.1. Cuantificación da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata un 70% dos custos do persoal que executa o programa zootécnico con exclusividade e un 50% dos custos do persoal que executa o programa zootécnico sen exclusividade.

2.2. Establécense os seguintes custos máximos subvencionables para a contratación de persoal ou servizos técnicos:

-Licenciado: 32.415,02 A.

-Diplomado: 27.114,49 A.

-Bacharelato, FP 2º grao ou equivalente: 21.876,23 A.

-Graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente: 18.601,27 A.

-Certificado de escolaridade: 16.697,77 A.

2.3. En todo caso, para os programas de reprodución non poderá exceder de 216 A por explotación e ano, e 8,4 A por vaca e ano; e para os programas de podoloxía 21 A por explotación e ano, e 4,80 A por res e ano.

2.4. A porcentaxe de financiamento dos custos poderase ver reducida do 70% dos custos do persoal que executa o programa zootécnico con exclusividade e un 50% dos custos do persoal que executa o programa zootécnico sen exclusividade en función dos facultativos superiores (licenciado ou diplomado) responsables do programa:

-De 1 a 4, manteranse os límites de 70% dos custos do persoal que executa o programa zootécnico con exclusividade e un 50% dos custos do persoal que executa o programa zootécnico sen exclusividade.

-De 5 a 8, producirase unha redución do 10% na porcentaxe de financiamento.

-De 9 a 12, producirase unha redución do 20% na porcentaxe de financiamento.

-De 13 a 16, producirase unha redución do 35% na porcentaxe de financiamento.

-17 ou máis, producirase unha redución do 50% na porcentaxe de financiamento.

Os solicitantes deberán presentar un programa zootécnico, o cal virá acompañado dun programa sanitario.

Serán realizadas inspeccións de execución do programa. As anomalías detectadas poderán supoñer unha modificación no importe da contías da axuda aprobada. En todo caso, non serán admisibles anomalías en máis dun 15% de explotacións implicadas, para a tramitación do pagamento da axuda.

Artigo 15º.-Programas de planificación zoosanitaria.

Establécense axudas dirixidas a agrupacións de defensa sanitaria gandeira recoñecidas oficialmente pola consellería para a realización de programas de planificación zoosanitaria.

1. En canto aos criterios de admisión, os beneficiarios terán que cumprir os requisitos establecidos nos cinco puntos seguintes:

1.1. Que estean recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras e, polo tanto, inscritas no rexistro oficial de ADSG da Comunidade Autónoma galega e cun programa sanitario oficialmente aprobado pola Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria segundo establece a Orde do 2 de outubro de 2002 pola que se establecen os procedementos relativos ao recoñecemento e extinción das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) á modificación do programa sanitario e ao recoñecemento de novo veterinario responsable, na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 195, do mércores 9 de outubro de 2002). Deberán posuír o recoñecemento expreso anterior á finalización do prazo de solicitude desta axuda e é requisito fundamental que manteñan as condicións do recoñecemento da Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira ao longo do período de execución da axuda.

1.2. Cumprirán cos requisitos establecidos no anexo do Real decreto 428/2003, do 11 de abril, polo que se establece a normativa básica das subvencións destinadas ao fomento das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (BOE nº 103, do mércores 30 de abril 2003).

1.3. Ademais, os programas sanitarios das ADSG beneficiarias deberán cumprir co contido mínimo exixido, segundo a especie, para o seu recoñecemento segundo a mesma Orde do 2 de outubro de 2002, o dito programa deberá indicar os obxectivos que se van desenvolver, orzamento pormenorizado e prazos de execución.

1.4. Deberán dispor de, polo menos, un facultativo veterinario contratado responsable de desenvolver as funcións sanitarias relacionadas cos programas aprobados, e que estean recoñecidos pola consellería.

1.5. Nas agrupacións de defensa sanitaria gandeira da especie porcina será indispensable para optar á axuda posuír un censo gandeiro mínimo de 1500 UGM e para as ADSG de cebadeiros de tenreiros un censo mínimo de 4.000 UGM.

2. O cálculo do citado importe de subvención farase do seguinte xeito:

2.1. Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, os publicados oficialmente, (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia publicado no DOG do 8 de maio de 2001), ou os resultantes de aplicar unha equivalencia.

2.2. En canto á contratación do/s servizo/s técnico/s veterinario/s ou remuneración do persoal facultativo veterinario responsable/s da supervisión e execución do programa sanitario establécese:

2.2.1. As porcentaxes estipuladas serán dun 70% da remuneración de persoal facultativo veterinario responsable do programa sanitario sen exclusividade, que poderá ser incrementado nun terzo se se xustifica a exclusividade e dun 50% da contratación dos servizos técnicos veterinarios.

2.2.2. Subvencionarase como mínimo a contratación de servizos técnicos ou a remuneración de persoal facultativo para un veterinario responsable por ADSG independentemente do nº UGM, podendo subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dun veterinario responsable por ADSG, neste último caso establecerase:

-Nas ADSG que teñan menos ou igual a 1.500 UGM o importe máximo de subvención por cada contratación de servizos ou remuneración dun veterinario será de 9.414,40 A para ADSG.

-Para o resto das ADSG, cun censo gandeiro superior a 1.500 UGM, ese límite verase incrementado polo resultado de multiplicar cada UGM por 6,28 A e non superándose en todo caso os 36.000 A.

2.2.3. Ademais o total do importe de subvención motivada por contratación de técnicos non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o nº de UGM da ADSG polo seguinte valor en cada caso:

-7,9 para ADSG de vacún, porcino, ovino e cabrún.

-3,9 para ADSG de avicultura e demais especies.

-7 para ADSG de cunicultura.

2.3. En canto aos programas sanitarios das ADSG:

2.3.1. As reparticións serán proporcionais ás dimensións do programa sanitario respecto da especie e o número de animais abarcados, así coma os distintos aspectos sanitarios considerados.

2.3.2. Dos investimentos feitos en programas sanitarios polas ADSG subvencionarase un 30% para porcino, 25% para agrupacións avícolas e un 20% para aquelas agrupacións das especies bovina, ovina, cabrúa, equina, cunícola, peletaría e piscícola.

2.3.3. Estes programas sanitarios incluirán no seu proxecto os mínimos establecidos para as distintas especies en base a normativa a que fan referencia os números 1.2 e 1.3. Ademais, poderá incluír programas de prevención e control específicos dunha enfermidade non sometidos a programas de erra

dicación e/ou control oficiais. Estes programas específicos de prevención terán que ser realizados cos requisitos e condicións que estableza a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

2.3.4. A cuantificación dos importes de subvención anteriores terán como límite máximo o establecido para cada agrupación. O dito límite calcularase en función da súa dimensión (número de UGM implicadas) multiplicando polo valor que se estableza para cada UGM. Este valor será o resultante de dividir a dotación orzamentaria dispoñible para o financiamento dos programas sanitarios entre todas as unidades censuais das agrupacións solicitantes. No caso de agrupacións de porcino subiranse os ditos límites nun 15%.

2.3.5. No caso de que reste un remanente orzamentario pola aplicación dos límites especificados no anterior parágrafo, repartirase proporcionalmente entre aquelas agrupacións nas que non se supere o citado límite máximo, incrementándose as porcentaxes do 30%, 25% ou 20% de financiamento dos programas sanitarios. En todo caso, o importe da axuda non superará nunca o 50% dos investimentos subvencionables relacionadas coa execución do programa sanitario.

Artigo 16º.-Actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

Establécense axudas dirixidas a asociacións sen ánimo de lucro de criadores ou as súas federacións formalmente constituídas e recoñecidas oficialmente, así como as entidades locais e a outras entidades sen ánimo de lucro, relacionadas co sector agrario, destinadas a sufragar os custos derivados da organización de competicións, exposicións e concursos de gando da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia, e dos derivados da realización de actividades de profesionalización e especialización do sector gandeiro.

1. Criterios de admisión: os solicitantes deberán acadar 12 puntos tras a aplicación do seguinte baremo:

-Asociacións de criadores e entidades de ámbito autonómico ou superior: 10 puntos.

-Asociacións de criadores e entidades de ámbito provincial: 5 puntos.

-Asociacións de criadores e entidades de ámbito inferior ao provincial: 2 puntos.

-Entidades locais: 5 puntos.

-Representatividade da entidade solicitante respecto do sector e da actividade no ámbito xeográfico en que a desenvolve: 10 puntos.

2.1. Cuantificación da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata un 100% dos custos da realización destas actividades.

2.2. A contía máxima para a realización das actividades de fomento, difusión, profesionalización e

especialización do sector gandeiro galego está en función do ámbito xeográfico da entidade solicitante e son as seguintes:

-Ámbito autonómico ou superior: 18.000 euros.

-Ámbito provincial: 6.000 euros.

-Ámbito local: 3.000 euros.

Para esta liña de axudas, establécese un máximo anual de 48.000 euros por entidade.

O solicitante debe presentar o programa da actividade.

As actividades de profesionalización e especialización do sector gandeiro deberán gardar relación cos programas de xestión zootécnica, de planificación zoosanitaria, de apoio aos libros xenéticos, de control de rendementos ou cos programas de cría.

As actividades de fomento e difusión do sector gandeiro galego deberán ter como actividade principal a gandeira, e deben ter como fins o fomento e a difusión da raza bovina frisona e razas autóctonas de Galicia.

Artigo 17º

A contía total de axudas concedidas polos artigos 14 e 16 non poderá superar os 100.000 euros por beneficiario nun mesmo período de tres anos ou, tratándose de axudas concedidas a explotacións que respondan á definición de pequenas e medianas empresas da Comisión (Regulamento 70/2001, DO de 10, do 13-1-2001), non poderá superar un 50% dos custos subvencionables, segundo cal sexa a cifra máis favorable. Para o cálculo da contía da axuda, considerarase que o beneficiario é a persoa á que se lle prestan os servizos.

Capítulo III

Axudas á mellora da calidade xenética do sector gandeiro

Artigo 18º.-Axudas de apoio aos libros xenéticos da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia.

Establécense axudas dirixidas ás asociacións de criadores ou ás súas federacións, da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia destinadas a sufragar os custos administrativos correspondentes á creación e mantemento dos libros xenéticos.

1. Criterio de admisión: que as asociacións de criadores ou as súas federacións da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia estean oficialmente recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia pola autoridade competente, que xestionen o libro xenético da raza.

2. Cuantificación da subvención: a contía das axudas será ata 100% dos custos administrativos correspondentes á creación e mantemento de libros xenéticos, non superando os 165.750 A por libro.

Os solicitantes deberán presentar xunto coa solicitude unha memoria pormenorizada do programa de actuacións que pretendan desenvolver.

Será imprescindible no devandito programa, a realización dun mínimo do 1% de controis aleatorios de relación de parentesco sobre a poboación total de femias reprodutoras inscritas no libro xenealóxico. Quedarán excluídas deste requisito, as asociacións xestoras do libro xenealóxico daquelas razas en que non estean recoñecidas probas oficiais para estas determinacións.

Artigo 19º.-Axudas destinadas á realización de probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

Establécense axudas dirixidas ás asociacións de gandeiros ou as súas federacións, recoñecidas oficialmente no ámbito da Comunidade Autónoma da raza bovina frisona destinadas á realización de probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

1. Criterio de admisión: as asociacións deben realizar o control de rendementos en todas as explotacións do seu ámbito xeográfico que estean inscritas no libro xenético da raza.

2.1. Cuantificación da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata o 70% dos custos derivados da realización de probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

2.2. As asociacións percibirán os importes máximos seguintes por explotación controlada, en función do número de explotacións acollidas no mes de presentación da solicitude de axuda:

-Menos de 250 explotacións: 580,85 euros.

-Entre 250 e 500 explotacións: 384,03 euros.

-Entre 501 e 1.000 explotacións: 270,14 euros.

-Entre 1.001 e 2.000 explotación: 247,35 euros.

-Entre 2.001 e 3.000 explotacións: 232,10 euros.

-Entre 3.001 e 4.000 explotacións: 212,75 euros.

Os solicitantes deberán presentar xunto coa solicitude unha memoria pormenorizada do programa que pretendan desenvolver.

As probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro deberán ter a consideración de oficiais.

Artigo 20º.-Axudas destinadas á realización de programas de cría de animais.

Establécense axudas dirixidas a criadores da Comunidade Autónoma, da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia para desenvolver programas de cría de animais que teñan por obxecto a aplicación a nivel da súa explotación de prácticas ou técnicas innovadoras nesta materia.

Estes programas de cría, para a súa aprobación pola consellería serán elaborados e presentados previamente polas entidades colaboradoras na xestión dos libros xenéticos de cada raza.

1. Criterios de admisión: criadores que teñan os seus animais inscritos no libro xenético da raza correspondente, e que desenvolvan o programa de cría establecido pola asociación de criadores dela que serán as recoñecidas oficialmente No caso do gando frisón as súas ganderías deberán realizar o control leiteiro oficial.

2. Cuantificación da subvención: a contía das axudas poderá acadar ata un 40% dos custos subvencionables de implantación a nivel de explotación de programas que desenvolvan técnicas ou prácticas innovadoras no ámbito da cría de animais.

Debido á complexidade da xustificación documental individual dos custos derivados do desenvolvemento destes programas, e tras a súa análise económica, establecerase unha tarifación deles. Neste senso determinaranse aquelas metas intermedias que resulten claves de cara á eficacia do programa deseñado e que, en consecuencia, necesariamente impliquen o desenvolvemento del. De acordo con estas e unha vez comprobada a execución do programa, determinaranse os importes unitarios por meta intermedia.

Tendo en conta os límites establecidos nos parágrafos anteriores subvencionaranse nas mesmas porcentaxes os custos de realización destes programas ata a repartición total do importe orzamentario dedicado a financiar estes programas entre as solicitudes admitidas.

Os solicitantes deberán comprometerse a cumprir co programa que, para tal fin, elabore a asociación de criadores da raza considerada.

Artigo 21º.-Axudas reguladas polo Real decreto 1213/1997, do 18 de xullo, polo que se regula o control de rendementos leiteiros para a avaliación xenética das femias das especies bovina, ovina e cabrúa de raza pura para reprodución.

Establécense axudas dirixidas a titulares de ganderías sometidas a control de rendementos leiteiros.

1. Criterios de admisión: que os gandeiros realicen o control de rendementos leiteiros na Comunidade Autónoma de Galicia, e que as lactacións subvencionables sexan de femias inscritas no libro xenealóxico da raza.

2. Cuantificación da subvención: a contía das axudas será de ata 9,02 A por cada lactación completa e válida das vacas da súa propiedade, fillas de semental nacional ou comunitario en proceso de valoración, e de ata 6,01 A para as vacas, fillas do resto de sementais que se atopen, no momento da súa importación, dentro do percentil superior 25, referido a doses seminais procedentes de países non comunitarios, e referidos á súa valoración xenética, ambas controladas polo método A-4 e A-T, aprobado polo ICAR.

No suposto de femias ovinas e cabrúas, poderán percibir unha subvención de ata 4,51 A por cada lactación válida finalizada, de acordo co seu esquema de valoración.

O Servizo de Produción Gandeira da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria será o encargado de certificar as lactacións rematadas e válidas.

Artigo 22º.-Axudas á adquisición de animais de reposición de determinadas razas bovinas, ovinas e cabrúas autóctonas españolas.

Establécense axudas dirixidas a gandeiros da Comunidade Autónoma de Galicia titulares de explotacións de gando bovino, ovino e cabrún que adquiran en pública poxa femias de reposición ou machos reprodutores dalgunha das razas incluídas no anexo 1 do Real decreto 1734/2000, do 20 de outubro, modificado polo Real decreto 836/2002, do 2 de agosto, e que cumpran os requisitos enunciados no anexo 2 da anterior normativa.

As condicións das poxas e dos animais serán as recollidas no anexo 4 da anterior normativa.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria a organización das poxas públicas que se celebren na Comunidade Autónoma de Galicia.

1.1. Cuantificación da subvención: a contía total da subvención poderá acadar o 50% do custo do animal nas zonas desfavorecidas incluídas nas listas ás que fai referencia o punto 4 do artigo 55 do Regulamento (CE) 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, sobre a axuda ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola (FEOGA) é polo que se modifican e derrogan determinados regulamentos, e o 40% dese mesmo custo no resto das zonas, sen superar en ningún caso os seguintes importes:

-48,08 A por femia reprodutora das especies ovina e cabrúa.

-210,35 A por xovenca.

-90,15 A por macho reprodutor das especies ovina ou cabrúa.

-300,50 A por macho reprodutor da especie bovina.

1.2. Se o solicitante é titular dunha gandería inscrita no libro xenealóxico da raza adquirida na poxa, os importes máximos serán:

-36,06 A por femia reprodutora das especies ovina e cabrúa.

-157,76 A por xovenca.

-67,61 A por macho reprodutor das especies ovina ou cabrúa.

-225,38 A por macho reprodutor da especie bovina.

Artigo 23º.-Axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción.

Establécense axudas dirixidas ás asociacións das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción en aplicación do Real decreto 997/1999, do 11 de xuño, sobre fomento das razas

autóctonas españolas de protección especial en perigo de extinción.

As actuacións obxecto desta subvención son:

-A realización de estudos sobre os aspectos etnolóxicos, zootécnicos e produtivos das especies, así como sobre a súa caracterización morfolóxica e reprodutiva.

-A realización de estatísticas, que recollan os aspectos produtivos, estruturas de poboación por localización de rabaños, liñas e estirpes, idades e capacidade reprodutiva.

-Creación de bancos de xermoplasma, seme e embrións conxelados ou reserva en vivo.

-Elaboración de programas de conservación e mellora xenética e a súa posta en práctica.

1. Criterios de admisión: as organizacións ou asociacións deben cumprir os seguintes requisitos:

-Estar recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

-Carecer de ánimo de lucro.

-Acreditar que os gandeiros que as integran dispoñen dun mínimo do 60% das reprodutoras da raza, ou razas, en perigo de extinción.

-Garantir nos estatutos a participación democrática dos seus membros.

-Dispor de medios técnicos, laboratoriais e de persoal axeitados para a realización das actividades subvencionadas.

2. Cuantificación desta subvención: ata un máximo de 12.020,24 euros por asociación, non obstante, o financiamento das actuacións previstas nos puntos terceiro e cuarto das actuacións obxecto da subvención, non poderá ser superior ao 50 e 70% do seu custo, respectivamente.

Capítulo IV

Artigo 24º.-Documentación.

Os beneficiarios das axudas recollidas nos artigos, 14º, 15º, 16º, 18º, 19º e 23º presentarán unha memoria do programa de actuación que se vai desenvolver. Esta memoria deberá describir:

-A sistemática de traballo que se seguirá na execución do programa.

-As funcións do persoal cunha contratación susceptible de ser financiada.

-Os censos de explotacións e reses sobre os que se desenvolve o programa.

-Desagregación dos investimentos previstos.

Os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación dependendo da liña de axuda solicitada:

1. Programas de xestión zootécnica.

-Solicitude segundo o anexo I.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Relación informatizada de socios no programa de xestión zootécnica, segundo o anexo VIII.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

-Memoria do programa zootécnico de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Contrato en exclusividade dos técnicos responsables da súa execución.

-Declaración de dedicación en exclusividade das contratacións de técnicos.

-Fotocopia cotexada do título dos técnicos responsables da súa execución.

2. Programas de planificación zoosanitaria.

-Solicitude segundo o anexo II.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Relación informatizada de socios no programa de planificación zoosanitaria, segundo o anexo VIII.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Copia da acta ou certificación do secretario da Asociación Defensa Sanitaria Gandeira conforme se acordou en asemblea xeral a solicitude da axuda.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

-Memoria do programa sanitario de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución asinada polo veterinario.

-Contrato dos técnicos responsables da súa execución e, se é o caso, con inclusión dunha cláusula no dito contrato que especifique a dedicación profesional exclusiva para o programa sanitario da asociación de Defensa Sanitaria Gandeira.

-Fotocopia cotexada do título dos técnicos responsables da súa execución.

-Factura proforma dos materiais a adquirir, se é o caso.

En relación á acreditación da personalidade xurídica a fotocopia cotexada do código de identificación fiscal e a/s fotocopia/s cotexada/s do/s título/s do/s técnico/s responsable/s, o secretario da ADSG poderá presentar declaración de que os ditos documentos xa se atopan en poder do órgano actuante e que as condicións ao respecto non cambiasen.

3. Actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

-Solicitude segundo o anexo III.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Programa da actividade que se pretende desenvolver: programa, orzamento pormenorizado, número de prazas, lugar e data de realización.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente

de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

4. Axudas de apoio aos libros xenéticos da raza bovina frisona e das razas autóctonas de Galicia.

-Solicitude segundo o anexo IV.a.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

-Memoria do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Avaliación económica dos investimentos que se van realizar.

-Avaliación económica da subvención solicitada.

5. Axudas destinadas á realización de probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro.

-Solicitude segundo o anexo V.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante e os seus estatutos, se é o caso.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

-Memoria do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Avaliación económica dos investimentos que se van realizar.

-Avaliación económica da subvención solicitada.

6. Axudas destinadas á realización de programas de cría de animais.

-Solicitude segundo o anexo VI no que se compromete a cumprir coas prácticas e técnicas innovadoras do programa elaborado pola asociación da raza considerada. Así mesmo, comprometerase a cumprir na súa explotación coas normas mínimas estatais e comunitarias en materia sanitaria, de identificación, de alimentación, de ambiente, hixiene e benestar dos animais.

-Fotocopia cotexada do DNI ou NIF.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

7. Axudas reguladas polo Real decreto 1213/1997, do 18 de xullo, polo que se regula o control de rendementos leiteiros para a avaliación xenética das femias das especies bovina, ovina e cabrúa de raza pura para reprodución.

-Solicitude segundo anexo VI en que se compromete a cumprir na súa explotación coas normas mínimas estatais e comunitarias en materia sanitaria, de identificación, de alimentación, de ambiente, hixiene e benestar dos animais.

-Fotocopia cotexada do DNI ou NIF.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

8. Axudas á adquisición de animais de reposición de determinadas razas bovinas, ovinas e cabrúas autóctonas españolas.

-Solicitude segundo o anexo VII.

-Fotocopia cotexada do DNI/NIF.

-Fotocopia cotexada da páxina ou páxinas do Libro de Explotación Gandeira nas que figuren as inscricións das altas correspondentes aos animais polos que se solicitan as axudas ou fotocopias compulsadas dos DIB emitidos a nome do novo propietario.

-Documentación acreditativa da adquisición dos animais da poxa.

-Certificado da entidade financeira que acredite a titularidade da conta ou libreta por parte do solicitante.

-Certificación da Asociación do Libro Xenealóxico da raza correspondente que indique se o solicitante é ou non é titular dunha gandería inscrita no citado libro.

-Documentación que acredite a viabilidade económica da explotación conforme ao establecido no punto 17º do artigo 2 do R.D. 613/2001, do 8 de xuño, para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

-Certificación da capacidade e a competencia profesional adecuada.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

-Se é unha explotación de aptitude cárnica e ten máis de 15 UGM debe presentar fotocopias cotexadas da/s acreditación/s sanitaria/s e do impreso RS (Resumo de Axudas Superficies e Declaración de Superficies Forraxeiras) da Solicitude de Axuda «Superficies» Campaña 2003/2004 e de Primas Gandeiras.

9. Axudas para o fomento das razas autóctonas galegas en perigo de extinción:

-Solicitude segundo anexo IV.b.

-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

-Acreditación da representatividade do solicitante.

-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

-Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda acreditativos de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no

anexo IX, para os efectos de que a consellería os poida solicitar por vía informática.

-Certificado da Seguridade Social que acredite estar ao día nas obrigas con ela.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto.

-Memoria do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

-Avaliación económica dos investimentos que se van realizar.

-Avaliación económica da subvención solicitada.

-Copia cotexada dos estatutos de creación para verificar que carece de ánimo de lucro e que garanten a participación democrática dos seus membros.

-Acreditación de que os gandeiros que a integran dispoñen dun mínimo do 60% das reprodutoras da raza, ou razas, en perigo de extinción.

-Acreditación que se dispoñen dos medios técnicos, laboratoriais e de persoal apropiados para a realización das actividades subvencionadas.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todas aquelas cuestións non previstas na presente orde, será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Segunda.-As axudas reguladas pola presente orde, rexeranse polas normas comunitarias aplicables e concretamente polo Regulamento (CE) nº 1447/2001 do Consello, do 28 de xuño de 2001 que modifica o Regulamento (CE) nº 1260/1999 polo que se establecen disposicións xerais sobre os fondos estruturais, o Regulamento (CE) nº 1257/1999 sobre axuda ao desenvolvemento rural a cargo do FEOGA e o Documento 2000/c28/02 Directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria para ditar as normas necesarias para o mellor cumprimento e desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2005.

Jose Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural