DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2005 Páx. 374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2005, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convocan probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor.

A Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, determinan que para o exercicio das actividades de transportistas de viaxeiros e mercadorías por estrada, de axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, deberase acreditar previamente o cumprimento do requisito de capacitación profesional. Para estes efectos, e de conformidade co establecido na Lei orgáni

ca 5/1987, do 30 de xullo, pola que se delega na Comunidade Autónoma de Galicia a competencia para a convocatoria, realización e avaliación das probas e posterior expedición do título, procede convocar aquelas, así como determinar as datas de realización das probas e dos tribunais que as avaliarán.

A Orde ministerial do 28 de maio de 1999 (BOE nº 139, do 11 de xuño), de desenvolvemento do capítulo primeiro do título II do regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sobre condicións previas para o exercicio das actividades de transportista e auxiliares e complementarias do transporte, modifican o réxime das probas para a obtención da capacitación profesional, refundindo e establecendo unicamente as modalidades de transporte interior e internacional de mercadorías e a de transporte interior e internacional de viaxeiros.

Por iso, a convocatoria prevé as probas referidas a dúas modalidades actualmente vixentes de acceso á capacitación profesional (1. Transporte interior e internacional de viaxeiros. 2. Transporte interior e internacional de mercadorías).

Na súa virtude, de conformidade coas previsións contidas na Lei 16/1987 e Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, Real decreto 1551/1988, do 23 de decembro (BOE nº 311, do 28 de decembro), Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE nº 260, do 30 de outubro) e Orde ministerial do 28 de maio de 1999 (BOE nº 139, do 11 de xuño) e de acordo coa autorización conferida pola orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 8 de xuño de 1989 (DOG nº 119, do 22 de xuño)

DISPOÑO:

Artigo único.-Convócanse probas de capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, de axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, procedéndose a designar o tribunal encargado de avalialas, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Ámbito das probas.

Convócanse probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, de axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor; que se celebrarán na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Exercicios.

Os exercicios de que constarán as probas, a súa estrutura, forma de cualificación e áreas de coñecemento, serán as establecidas na Orde do Ministerio de Fomento do 28 de maio de 1999 (BOE nº 139, do 11 de xuño), reguladora das devanditas probas.

Terceira.-Solicitudes.

1. A instancia na que se solicita tomar parte nas probas debidamente cuberta, de conformidade co modelo que se xunta a esta resolución (anexo I), presentarase no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita no edificio administrativo de San Caetano, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos no disposto na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días naturais con

tados a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

2. Á solicitude deberáselle xuntar fotocopia do DNI vixente, achegando, de ser o caso, xustificante acreditativo da súa renovación, e o impreso de taxa de autoliquidación correspondente á Administración. Só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que aparece no dito documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

a) Que o aspirante acredite mediante certificado orixinal de empadroamento, no que deberá figurar a data de alta no padrón municipal, que será como mínimo anterior a cento oitenta e cinco días naturais do último ano, contados desde o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios.

b) Que o aspirante acredite que, aínda que tivera o seu domicilio en lugar distinto menos de cento oitenta e cinco días do último ano, viuse na obriga, por razóns familiares ou profesionais de mudar a súa residencia. Esta derradeira circunstancia non se entenderá cumprida cando se trate dunha estadía temporal nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada. A asistencia a unha universidade, escola ou centros docentes non implicará o traslado da residencia habitual. Nestes supostos, xunto ao certificado orixinal de empadroamento, xuntarase a documentación oportuna (a título de exemplo: certificado do centro de traballo ou copia do contrato de traballo).

3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Cuarta.-Dereitos de exame.

1. De conformidade co anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro (DOG nº 240, do 11 de decembro), Lei 8/2003, do 23 de decembro (DOG nº 251, do 29 de decembro), os dereitos de exame fíxanse na cantidade de dezanove con sesenta e oito euros (19,68 A), por cada unha das actividades mencionadas ás que cada interesado se presente, e ingresaranse logo de formalizar dos impresos de taxas (Consellería: PTOPV. Cód.: 06. Delegación: SS.CC. Cód.: 13. Servizo: Transportes. Cód.: 02. Denominación: dereitos exame capacitación. Clave: 31.01.06), que se poderán obter nos servizos centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos servizos provinciais de transportes ou nas delegacións provinciais da citada consellería.

2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda procederá á revisión destas.

Ultimado o proceso, exporanse nos taboleiros de anuncios dos organismos a que fai referencia o punto anterior, a lista provisional de admitidos e excluídos con indicación do motivo da súa exclusión.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da exposición da devandita lista, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de corrección presentadas, a Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Polí

tica Territorial, Obras Públicas e Vivenda publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos nos organismos a que fai referencia o número 1 da base cuarta, podendo obter información chamando ao teléfono 981 54 45 90.

5. Devolveránselles os dereitos de exame aos solicitantes excluídos definitivamente das probas, sempre que no prazo dun mes contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de referencia no número 4 da base cuarta, sexa solicitado segundo modelo que figura nesta resolución como anexo II.

Quinta.-Tribunal, datas e lugar dos exames.

1. O tribunal cualificador das probas estará constituído polos seguintes membros:

Presidente: David González Coalla, Dirección Xeral de Transportes.

Presidente suplente: Javier García Bidegáin, Dirección Xeral de Transportes.

Vogais:

Carlos González Rodríguez, Dirección Xeral de Transportes.

Fidel González Deus, Dirección Xeral de Transportes.

Jorge Veiga Lendoiro, Dirección Xeral de Transportes.

Vogais suplentes:

Luisa García Vilela, Dirección Xeral de Transportes.

María del Mar Estévez Mosquera, Dirección Xeral de Transportes.

Alberto Eiras Martínez, Dirección Xeral de Transportes.

Secretario: Jesús Magariños Negreira, Dirección Xeral de Transportes.

Secretaria suplente: Pilar Méndez Vázquez, Dirección Xeral de Transportes.

2. Para efectos de cualificación, e de conformidade co Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG nº 122, do 25 de xuño), cualifícase o tribunal como de categoría primeira.

3. Calendario, horario e lugar.

Os exercicios terán lugar o día 7 de maio no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, co seguinte horario:

9.30 h. Transporte interior e internacional de mercadorías para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-H (ambas inclusive).

16.30 h. Transporte interior e internacional de mercadorías para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras I-Z (ambas inclusive).

9.30 h. Transporte interior e internacional de viaxeiros para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras I-Z (ambas inclusive).

16.30 h. Transporte interior e internacional de viaxeiros para aqueles aspirantes nos que a primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-H (ambas inclusive).

As portas do recinto abriranse 30 minutos antes da hora fixada para o inicio dos exercicios, procedéndose ao seu comezo na hora sinalada. Os aspirantes deberán acudir provistos de bolígrafo de tinta azul, DNI e o xustificante acreditativo do pagamento da taxa.

Os aspirantes presentarán ao tribunal correspondente no momento do comezo dos exercicios o orixinal do seu documento nacional de identidade.

O enderezo que figure na solicitude considerarase como único válido para efectos de notificación, sendo responsabilidade exclusiva do solicitante, tanto o erro na súa consignación, como a comunicación á Dirección Xeral de Transportes de calquera cambio deste.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2005.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL