DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2005 Páx. 374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 decembro de 2004 pola que se lle dá publicidade ao acordo do tribunal encargado de avaliar as probas para a obtención da capacitación profesional para o exercicio da actividade de transporte por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 2 de xullo de 2004, e se elevan a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Publicadas o 1 de decembro de 2004 as relacións provisionais de aprobados correspondentes ás probas de constatación profesional para a actividade de transportista por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 2 de xullo de 2004, transcorrido o prazo establecido para presentar as correspondentes reclamacións, e unha vez examinadas estas, este tribunal,

ACORDA:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Segundo.-Expoñer as devanditas relacións nos lugares establecidos para o efecto en resolución de convocatoria.

Terceiro.-Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución pode interpoñerse recurso de alzada ante o director xeral de Transportes (CPTOP y V), da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo. Transcorridos tres meses dende a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2004.

David González Coalla

Presidente do Tribunal