DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2005 Páx. 335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2004 que modifica a do 9 de decembro pola que se convocan dúas bolsas de linguaxe administrativa galega.

Co obxecto de precisar máis o período de duración das dúas bolsas de linguaxe administrativa galega convocadas por Resolución do 9 de decembro de

2004 (DOG nº 247, do 22 de decembro), cómpre modificar o primeiro parágrafo da base segunda desta convocatoria que queda redactada da seguinte forma:

«As tarefas relativas a estas bolsas iniciaranse a partir do 1 de marzo e rematarán o 31 de decembro de 2005. Poderán ser prorrogadas, en función do aproveitamento do adxudicatario, sempre que exista crédito adecuado e suficiente, por un ano ou, se é o caso, ata que se resolva a convocatoria do ano 2006».

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA