Co obxecto de precisar máis o período de duración das tres bolsas de biblioteconomía e documentación convocadas por Resolución do 9 de decembro de 2004 (DOG nº 247, do 22 de decembro), cómpre modificar o primeiro parágrafo da base segunda desta convocatoria que queda redactada da seguinte forma:
«As tarefas relativas a estas bolsas iniciaranse a partir do 1 de marzo e rematarán o 31 de decembro de 2005. Poderán ser prorrogadas, en función do aproveitamento do adxudicatario, sempre que exista crédito adecuado e suficiente, por un ano ou, se é o caso, ata que se resolva a convocatoria do ano 2006».
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega de Administración
Pública