DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2005 Páx. 334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga e revisión salarial do convenio colectivo da empresa La Opinión de La Coruña, S.L.

Visto o expediente do acordo de prórroga e revisión salarial do convenio colectivo da empresa La Opinión de La Coruña, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial día 23-11-2004 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 17-9-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de novembro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta de reunión da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo

Lugar de reunión: La Opinión.

Data: 17-9-2004.

Asistentes:

Ausentes:

Sonia Vizoso

Jaime Abella

Angeles Otal

Ana Romero

Luisa Costas

Carlos Pardellas

Pablo González Quintas

Temas debatidos: sinatura do convenio colectivo de La Opinión para 2004.

Acordos adoptados: prorrogar o convenio de 2003 cunha única modificación: incrementar os salarios de 2003 nun 2,8% en concepto de revisión salarial.

Incidencias:

Polo ComitéPola empresa