DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2005 Páx. 195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de decembro de 2004 pola que se fai público o volume máximo de operacións subsidiables, o límite de crédito dispoñible e o tipo de xuro aplicable durante o ano 2005, así como a modificación parcial de condicións do convenio de apoio financeiro 2004-2006 aos investimentos das pequenas e medianas empresas financiado mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades de crédito.

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG nº 252, do 29 de decembro de 2004, procede facer a seguinte corrección:

-Na páxina 18.308, na cláusula 8.4.4., onde di: «8.4.4.-O tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o tipo de xuro menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ao 1% para empresas de nova creación, empresas que creen 5 ou máis empregos, empresas que realicen o seu proxecto investidor nalgún ...».

Debe dicir: «8.4.4.-O tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o tipo de xuro menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ao 1% para empresas de nova creación, empresas que creen 3 ou máis empregos con contrato indefinido, sempre que sexa mantido durante polos menos dous anos desde a data de contratación, empresas que realicen o seu proxecto investidor nalgún ...».

SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER