DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2005 Páx. 174

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 30 de decembro de 2004 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2005.

Dando cumprimento ao disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, procede actualizar os prezos dos servizos prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, ata agora fixados pola Orde do 23 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro), así como establecer os prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a través dos servizos de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras, e os relativos á participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Lei 6/2003, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 51 que a contía destes se acordará por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

1. Os prezos exixibles pola prestación de servizos e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, son os que se fixan no anexo I desta orde.

2. Os prezos relativos á expedición do Carné Xove Euro<26, Carné Máis, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE recóllense no anexo II.

3. Os prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude especificadas nesta orde recóllense no anexo III.

4. Estes prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 6/2003, do 9 de decembro.

Artigo 2º.

1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia ao uso de todas as súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboar as tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 3º.

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude no Programa Campaña de Verán.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure.

Artigo 4º.

Os usuarios do Carné Xove <26 e do Carne Máis gozarán, en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, dun desconto como mínimo do 10% e como máximo do 50%. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso, especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e aos servizos prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán establécense os seguintes prezos por praza:

A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).

A.1.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Por quincena106

Por día10,20

A.1.2. Albergues e residencias:

Por quincena143

Por día15,30

Estes prezos abranguen os seguintes servizos: o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A.2.1. Campamentos:

Promoción normal (por quincena)128

Promoción normal (quenda de 10 días)97

Promoción normal (quenda de 7 días)67

Cursos de especialidade (por quincena)158

Tarifa en euros

Aulas de aire libre (por quincena)133

Aulas de natureza (por quincena)133

Curso de piragüismo (por quincena)158

A.2.2. Albergues:

Promoción normal (por quincena)161

Promoción normal (quenda de 10 días)106

Promoción normal (quenda de 7 días)83

Cursos de especialidade (por quincena)169

Cursos de náutica: vela, táboa e esquí (por quincena)209

Cursos de náutica: vela e táboa (por quincena)176

Rutas turístico-culturais e deportivas176

Cursos de piragüismo (por quincena)176

A.2.3. Campos de traballo:

Ámbito autonómico e nacional (por quincena)72

Ámbito internacional (por quincena)72

B. Por servizos nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX), establécense os seguintes prezos por persoa:

ServizosAta 30 anosMaiores de 30 anos

Pensión completa 15,50 20,50

Aloxamento 6,65 9,70

Almorzo 2 2

Xantar ou cea 6 6

Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

C. Servizo nas residencias xuvenís para estudantes (por praza e mes), durante o curso 2005/2006, que abrangue do 1 de outubro de 2005 ao 30 de xuño de 2006.

Residentes internos251

Medio pensionistas externos (xantar e merenda)102

D. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.

D.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto:

Adestramento/hora para infantís e xuvenís:-Sen enerxía eléctrica: 7.-Con enerxía eléctrica: 10.

Partidos:-Sen enerxía eléctrica: 10.-Con enerxía eléctrica: 19.

D.2. Uso de pistas polideportivas descubertas:

Ata dezaoito anos e maiores/hora:-Sen enerxía eléctrica: 4.-Con enerxía eléctrica: 7.

D.3. Uso de pistas de tenis:

Infantís-xuvenís/hora2,50

Maiores de 18 anos3,50

D.4. Uso de piscina non climatizada:

Infantís-xuvenís1,50

Maiores de 18 anos2,50

D.5. Uso de material náutico:

Un barco de vela media xornada5

Un barco de vela unha xornada10

Unha embarcación pneumática con motor media xornada10

Unha embarcación pneumática con motor unha xornada20

Unha canoa media xornada3

Unha canoa unha xornada6

D.6. Uso de bicicletas:

Unha bicicleta media xornada3

Unha bicicleta unha xornada6

E. Polo uso de locais:

Media xornada6

Unha xornada10

Media xornada é unha mañá ou unha tarde cun máximo de catro horas.

O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.

F. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ao aire libre:

F.1. Acampadas (con tendas da entidade): 2 euros/día e persoa.

F.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

14,50 euros/día/grupo de ata 50 usuarios.

21,50 euros/día/grupo de 51 a 100 usuarios.

36 euros/día/grupo de 101 a 200 usuarios.

70 euros/día/grupo de 201 a 300 usuarios.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude.

Carné Xove Euro<266

Carné Máis6

Carné alberguista xove5

Carné alberguista adulto11

Carné alberguista grupo15

Carné alberguista familiar22

Carné alberguista para estranxeiros (completo)21

Carné alberguista para estranxeiros (cupón)3,50

Guía internacional de albergues7,81

Carné teacher (ITIC)8

Carné internacional xove (IYTC)6

Carné student (ISIC)6

ANEXO III

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude que a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante, agás que se especifique outra cousa:

A. As xuntanzas de Gandarío20

B. Programa Coñece España153

C. Programa Condución Segura25

D. Programa Atlántida24

E. Programa Os Espazos Naturais - Un Mundo Aberto25

F. Xuventude Galicia Net35

G. Programa Urbis (prezo por equipo)48

H. Encontros e congresos15

I. Obradoiros culturais31

J. Navegando entre culturas31

K. Outras actividades de lecer e tempo libre:

K.1 Duración de 3 días20,50

K.2 Duración de 1 semana41

K.3 Duración de 15 días82

L. Descubre Galiza41

M. Longa Noite de Estrelas25

N. En Clave de31