DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2005 Páx. 112

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 297/2004, do 9 de decembro, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Covelo e A Cañiza (Pontevedra).

Advertidos erros no Decreto 297/2004, do 9 de decembro, polo que se resolve o expediente de des

linde entre os termos municipais dos concellos de Covelo e A Cañiza (Pontevedra), publicado no Diario Oficial de Galicia nº 248, do 23 de decembro, cómpre realizar as seguintes rectificacións:

-Na páxina 17.993, onde di: «... no mapa de situación gráfica a escala 1:25.000...», debe dicir: «... no mapa a escala 1:10.000...».

-Na páxina 17.994 cómpre substituír integramente o anexo do citado decreto polo que figura a continuación, reflectindo deste xeito o que se recolle no texto do decreto ao cal se anexa.