DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2005 Páx. 111

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xaneiro de 2005 pola que se prorrogan 30 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Orde do 5 de marzo de 2002 (DOG nº 65, do 4 de abril), a Orde do 15 de novembro de 2002 (DOG nº 233, do 3 de decembro), a Orde do 14 de marzo de 2003 (DOG nº 65, do 2 de abril), a Orde do 18 de decembro de 2003 (DOG nº 249, do 24 de decembro) e a Orde do 4 de marzo de 2004 (DOG nº 56, do 22 de marzo) polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, prevén na súa base cuarta e terceira a concesión de prórrogas aos bolseiros e bolseiras que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expediente do gasto, o gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2005.

Na súa virtude, e de acordo co establecido nas bases cuarta e terceira das citadas ordes, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselles prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro ata o 30 de xuño de 2005, ás persoas que se relacionan no anexo I a esta orde e concédeselles prórroga da bolsa ata o 31 de decembro de 2005 ás persoas que se relacionan no anexo II a esta orde. Os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vaia amparar o gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 11 de febreiro de 1998.

Segundo.-A contía da bolsa durante o período de prórroga será de 800 euros mensuais. O total das bolsas ascende a 285.600 euros (268.800 euros correspondentes ás mensualidades e 16.800 euros á asistencia sanitaria) da partida orzamentaria 07.06.353E.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Terceiro.-Contra esta disposición, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de

dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta disposición. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Nome dos beneficiarios/asNIF

Álvarez Francisco, Mª Esther10198798-T

Lojo Abeijón, Mª Josefa52457249-E

Castaño Torrado, Berta76778972-G

Parrado Freire, Alexandre G.46909881-R

ANEXO II

Nome dos beneficiarios/asNIF

Díaz Lage, José Mª44808383-J

Neira Rodríguez, Marta76970360-D

Filgueiras Fachal, Paulo32693794-F

Cuquejo Enríquez, María Manuela32815850-W

Rodríguez Añón, Marta Mª79320430-P

Veiga Mateos, Inés44813512-J

Suárez Vázquez, Damián34991095-E

Gómez Castro, Sonia34266337-V

Veiga Novoa, Cristina53176358-J

Caamaño Rojo, Mª José79321635-V

García Lozano, Ana33998378-P

Cereixo Silva, Amparo33286523-A

Feijoo García, Jorge44812679-P

Iglesias Iglesias, Gonzalo José36140875-D

González Miranda, Marta76909129-G

Diéguez Diéguez, Concepción33346469-B

Álvarez Villar, Noemí36169840-V

Escourido Pernas, Ana B.46902004-J

Mirón Domínguez, Natalia33999070-X

Martínez Hidalgo, Francisco44821889-H

López Gómez, Mª Belén79327677-X

Vázquez Recarey, Susana79314435-Q

Rodríguez Prieto, Mª Ángeles34966409-S

Fernández Corral, Beatriz33286867-W

Canosa Carballo, Isabel44824720-C

Losada Gómez, Francisco Manuel34899359-X

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL