DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2005 Páx. 64

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2004 pola que se convoca un curso sobre o portal dos concellos de Galicia: eido local e o novo rexistro de entradas e saídas vía web, dirixido ao persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2005 e a través do Centro de Estudos Locais de Galicia, conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre o portal dos concellos de Galicia: eido local e o novo rexistro de entradas e saídas vía web, dirixido ao persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma galega, que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Formar o persoal das 287 corporacións locais da Comunidade Autónoma que utilizan o programa do Rexistro de Entradas e Saídas da Xunta de Galicia na actualidade e que se verán obrigados a levar un novo sistema de rexistro vía web. Formar, en xeral, o persoal da Administración local sobre a utilización e contidos das zonas públicas e privadas do portal eido local, coa finalidade de facer completamente real o uso da internet como vía de comunicación entre a Administración autonómica, a Administración local e os seus cidadáns, é dicir, que o 100% das tramitacións e comunicacións poidan realizarse telematicamente (envíos de anuncios ao DOG, envíos á DXAL, tramitacións de expedientes, etc.).

Segunda.-Destinatarios.

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Desenvolvemento.

3.1. Número de edicións: 11.

3.2. Duración: 10 horas cada edición.

3.3. Lugares: 1 edición na Coruña, 2 en Lugo e Pontevedra, e 3 en Santiago de Compostela e en Ourense.

Santiago de Compostela: aula de informática do 2º andar da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4.

A Coruña: aula de informática do edificio administrativo de Servizos Múltiples, praza Luis Seoane, s/n.

Lugo: aula de informática do edificio administrativo, baixo 2º, Ronda da Muralla, 70.

Ourense: aula de informática da delegación provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, avenida da Habana, 79.

Pontevedra: aula de informática da delegación provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, rúa Benito Corbal, 47, planta baixa.

3.4. Datas:

Santiago de Compostela:

1ª edición: 14 ao 17 de marzo.

2ª edición: 28 ao 31 de marzo.

3ª edición: 4 ao 7 de abril.

A Coruña:

1ª edición: 7 ao 10 de marzo.

Lugo:

1ª edición: 21 ao 24 de febreiro.

2ª edición: 28 de febreiro ao 3 de marzo.

Ourense:

1ª edición: 21 ao 24 de febreiro.

2ª edición: 7 ao 10 de marzo.

3ª edición: 28 ao 31 de marzo.

Pontevedra:

1ª edición: 28 de febreiro ao 3 de marzo.

2ª edición: 14 ao 17 de marzo.

3.5. Horarios: das 17.00 ás 19.30 horas.

3.6. Prazas: 20 por edición.

Cuarta.-Criterios de selección.

A selección dos participantes farase establecendo as seguintes prioridades:

1. Persoal das corporacións locais da comunidade autónoma, que pertenza a un concello actualmente adherido ao convenio de colaboración, asinado o 15 de febreiro de 1996 e á posteriormente addenda a este, asinada o 17 de setembro de 2001, entre a Consellería da Presidencia e Administración Pública, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a Implantación e Desenvolvemento dos Servizos Informáticos e de Telecomunicacións o que permite o acceso aos servizos de consulta e xestión administrativa proporcionados polo portal.

No caso de que nunha provincia ou en Santiago de Compostela o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (60 para Santiago de Compostela e Ourense, 40 para Lugo e Pontevedra e 20 para A Coruña), establecerase a seguinte prioridade:

a) Usuarios do Rexistro de Entradas e Saídas do Portelo Único da Xunta de Galicia. Esta función será acreditada achegando á solicitude certificación expedida polo alcalde do concello.

b) Persoal dado de alta como usuario do eido local que realiza ou realizará a través do portal algunha

das seguintes tarefas, establecéndose a preferencia en función da seguinte orde:

1. Envíos ao DOG.

2. Envíos á Dirección Xeral de Administración Local (DXAL).

3. Xestión de usuarios.

4. Tramitación electrónica de expedientes.

5. Xestión de contidos.

6. Resto de usuarios.

Estas funcións acreditaranse xuntado á solicitude certificación expedida polo alcalde do concello.

En caso de igualdade de condicións establecerase a preferencia en función da antigüidade de adhesión do seu concello ao convenio (data de publicación no DOG do comezo de actividade como Servizo de Portelo Único, do máis antigo ao máis recente), admitíndose en principio, un representante por cada concello e en función do nº de prazas: 2 representantes, 3, etc. ata cubrir todas as prazas.

c) Persoal non dado de alta como usuario do eido local. Establecerase a preferencia en función da antigüidade de adhesión do seu concello ao convenio (data de publicación no DOG do comezo de actividade como Servizo de Portelo Único, do máis antigo ao máis recente), admitíndose en principio, un representante por cada concello en función do nº de prazas: 2 representantes, 3, etc. ata cubrir todas as prazas.

Aplicaranse estes criterios dando prioridade ás persoas que non realizaran o mesmo curso nas edicións do ano 2004.

2. Persoal das corporacións locais da comunidade autónoma que pertenza a un concello que non estea adherido ao convenio anteriormente citado, pero que estea interesado no coñecemento da funcionalidade do portal.

No caso de que nunha provincia ou en Santiago de Compostela o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (60 para Santiago de Compostela e Ourense, 40 para Lugo e Pontevedra e 20 para A Coruña), establecerase a prioridade en función do especificado na Resolución do 11 de febreiro de 2004 pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Unha vez efectuada a selección dos participantes, publicarase no taboleiro de anuncios da escola, nas páxinas web: www.egap.xunta.es e www.eidolocal.es e notificaráselles directamente aos admitidos.

Quinta.-Solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 21 de xaneiro de 2005.

As solicitudes de admisión ao curso axustaranse ao modelo anexo a esta resolución, deberán formalizarse todos os seus epígrafes e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións, nos rexistros de Portelo Único ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para axilizar a xestión e control das solicitudes efectuadas, poderá facer a súa preinscrición adiantando a instancia, previamente rexistrada, por telefax: 981 54 52 74. A dita preinscrición non exime do envío da instancia a través de calquera dos rexistros citados no parágrafo anterior.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade nos cursos, e é obrigatoria a asistencia a todas as sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ao 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Unha vez rematadas todas as edicións do curso publicarase a lista das cualificacións obtidas polos participantes nas páxinas web: www.egap.xunta.es e www.eidolocal.es e os diplomas-certificación de asistencia serán remitidas aos asistentes ao enderezo indicado na súa solicitude.

Sétima.-Modificacións.

O desenvolvemento dos cursos e o contido poderán ser modificados pola EGAP para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Oitava.-Contido.

O portal dos concellos de Galicia en internet (Eidolocal). O novo Rexistro de Entradas e Saídas do Portelo Único vía web. Contidos e servizos dispoñibles en eido local: zona de acceso público e zona de acceso privado. Envíos telemáticos de anuncios ao DOG e da documentación á DXAL. Tramitación electrónica. Xestión de contidos por parte dos concellos. A certificación electrónica e a sinatura dixital.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública