DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTIÓN DO TRANSPORTE URBANO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2004 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: constitúe o obxecto da contratación o servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago de Compostela.

Orzamento base de licitación: 96.000 euros/ano (IVE incluído).

Forma de licitación: concurso público por procedemento aberto.

Información e retirada de documentación: na Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) na praza de Camilo Díaz Valiño, s/n (edificio Estación de Autobuses) en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 56 82 10, fax: 981 57 43 24 e enderezo electrónico tussa*tussa.org.

Presentación de proposicións: nas oficinas da sociedade dentro do prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte ao da derradeira publicación deste anuncio.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público no domicilio social da sociedade ás 12.00 horas, no segundo día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.

Carlos González Lozano

Director xerente da Sociedade Municipal

de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA)