DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de subministración.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 fai solicitude pública de ofertas para os seguintes expedientes de contratación:

* Arrendamento e mantemento de desfibriladores semiautomáticos externos (expediente E04/0036).

* Arrendamento e mantemento de dúas fotocopiadoras (expediente E04/0037).

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, ata o 19 de xaneiro de 2005 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, ou a través do internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es, ata o 19 de xaneiro de 2005 (incluído). No caso de precisar máis información poden chamar ao teléfono: 981 54 64 31.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abrirase o día 26 de xaneiro de 2005 a partir das 13.30 horas (expediente E04/0036) e das 14.00 horas (expediente E04/0037).

Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2004.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública

Urxencias Sanitarias de Galicia-061