DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de aprobación inicial dun Plan de sectorización en Mugares (Toén).

De acordo co establecido no artigo 86.1º.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aprobado inicialmente mediante un Decreto da alcaldía do 20 de decembro de 2004 o Plan de sectorización dun predio propiedade do concello sito en Mugares (Toén), sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte

ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente poderase examinar na secretaría do concello de luns a venres no horario das 8.00 ás 15.00 horas e durante o devandito prazo os interesados poderán presentar as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas.

Toén, 21 de decembro de 2004.

José Puga Suárez

Alcalde-presidente