DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG 1/2003).

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia deste concello do 21 de decembro de 2004, adoptouse o acordo de subscribir o convenio urbanístico con Altadis, S.A., no ámbito da parcela da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e someter o documento de modificación puntual promovido polo concello no citado ámbito a un novo período de exposición pública.

De conformidade cos artigos 85.6º e 237.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ambos os documentos urbanísticos expóñense ao público durante o prazo dun mes, período durante o cal calquera interesado poderá consultalos e formular as alegacións que ao seu dereito competan. A consulta pode efectuarse no Servizo Municipal de Urbanismo, na rúa Parque s/n, en horario laboral das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 21 de decembro de 2004.

Francisco Vázquez Vázquez

Alcalde