DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.-APROBACIÓN inicial do estudo de detalle da área de repartición 15 (PNC-15).

Aprobado con carácter inicial por acordo da Xunta de Goberno do día 21-12-2004 o estudo de detalle de iniciativa privada, presentado por Jenaro Fernández Piñón estudio de detalle para o desenvolvemento do PCN-15 do PXOU de Ares na rúa dos Castros, redactado polo enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos Ángel Delgado Cid, de conformidade co artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 140 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento urbanístico, aplicable segundo a disposición transitoria sexta da Lei 9/2002, do 30 de

decembro, en tanto en canto non se opoña a citada lei ou resulte afectado por ela, faise público:

Primeiro.-Suspéndese o outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada polo estudo de detalle (PNC-15), polo prazo de dous anos, e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Segundo.-Someter a información pública durante o prazo de vinte días desde a presente aprobación inicial, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, BOP, e nun xornal dos de maior tirada da provincia.

Ares, 21 de decembro de 2004.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente