DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Víctor Torrado Oubiña e Manuel Castro Bouzas.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 549/2004 (procedemento abreviado) interposto por Víctor Torrado Oubiña e Manuel Castro Bouzas contra a Resolución do 6 de agosto de 2004 (DOG nº 158, do 16 de agosto) pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a supe

ración definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego previsto na Lei 16/2001, do 21 de novembro, na categoría de técnico superior en psicoloxía.

Os recorrentes pretenden que se lles computen os servizos prestados como persoal laboral en formación polo sistema de residencia e, por conseguinte, que se modifique a listaxe definitiva de aprobados da fase de selección.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos